
Pitíos da especie R. angustifolius nun prao de Penanes (Morcín) (13/5/2012).
As comparanzas das formas das prantas con outras realidades que nos arrodían deron pé a muitas denominacióis populares. Por poñer un caso, se as flores recordan de dalgún xeito a cabeza d’un ave, de seguro qu’ha a levar un nome relacionao con páxaros ou pitos. Como hai muitas especies que tein inflorescencias con esas características, podemos atopar a mesma denominación popular pra máis d’úa pranta, el que complica abondo tentar d’aclarar esa confusión aparente.
Esa comparanza dáse nel xénero Rhinantus, del qu’en Asturias temos dúas especies mui aparecidas pral non especialista: Rhinanthus angustifolius y Rhinanthus minor. Por esa asomeñanza, en galego-asturiano chamámoyes pitíos, pitas, pitías ou pitos. A denominación refírese máis ben ás inflorescencias, y d’ei el plural, pro al cabo é el nome popular que temos prá pranta. As corolas marelas das flores tein el xeito d’un casco nel labio de riba, mentres qu’el de baxo amaña tres lóbulos. Son mui característicos os dous rabíos azul escuro ou morao qu’asoman debaxo del labio de riba y qu’amañan, seguindo a comparanza, el pico da cabeza del pito que deu el nome popular. Outros, nel sito d’un pico, viron úa nariz: precisamente, Rhinanthus vén del grego rhís ‘nariz’ y ánthos ‘flor’. Sería como dicir ‘a flor da nariz’. As flores de R. angustifolius son máis grandes qu’as de R. minor, ademáis de teren el tubo curvao y el pico sobresalindo muito, non como en minor, qu’é mui nacho. Al ser úa pranta qu’hibrida muito, ás veces poden tar malas d’estremar as dúas especies.
Os pitíos vense muito nos praos que se segan y nas veiras dos camíos. É úa pranta hemiparásita, querse dicir, que se pode amañar pra fer a fotosíntesis y alimentarse de sou por si, pro que tamén vive dos nutrintes d’outras prantas. D’esa peculiaridá conocida polos labradores vein dalgúas das denominacióis populares que ten, como en casteyano, que, ademáis de chamarye cresta de gallo, tamén hai unde se conoce como matatrigo.
Nun hai ningúa información da pranta nos vocabularios de galego-asturiano, agá nel de Ponticella (Villayón), que recoye a forma pitíos. É el nome que tamén me deron en Cartavio (Cuaña), cua variante en feminino, pita ou pitía, pr’aquelas prantas máis pequenas y con menos flores nel pico. En Marentes (Ibias), chámanyes sin el diminutivo: pitos.

Peteiro de pitíos nun prao, con dalgús arbanzolos detrás. Penanes (Morcín) (13/5/2012).
Hai outro detalle chamadeiro da especie: condo madurece a flor, el fruto amaña úa cápsula cua semente dentro que ruxe al axenegala. Por eso ye chaman en muitas linguas col nome del ruxerruxe ou ruxideiro dos nenos pequenos (en inglés, rattle; en alemán, klappertopf). A denominación prá pranta que me deron nel conceyo de Grandas ten que tar relacionada con eso, porque se trata d’un diminutivo de cáscara: cazcarolo, na vila, y cascarolo, en Penafonte. Pode que sía esa a pranta sin identificar chamada cascarolo en conceyos del oriente de Lugo como Navia de Suarna ou Cervantes.
Como se dixo, os nomes populares, al referírense ás flores ou a os frutos, avezan a ser en plural, anque nos vocabularios pode pasar qu’os autores regularicen a entrada en singular. En asturiano tán recoyidas formas como gallu, pitu, pitín, paxarina, centella, centellón, cascabel ou ruxidor, unde se ven as dúas motivacióis: a da forma y a del ruido.
En portugués chámase crista-de-galo ou galo-de-crista y en galego nun atopéi máis datos que crista de galo, anque é úa denominación compartida con outras especies que recordan esa feitura. Al nome pinta qu’axuda a feitura del peteiro qu’amaña a pranta nas inflorescencias, con brácteas (as foyas apegadas á flor) das veiras aserradas y alargadas que poden asomeñar úa cresta.
En casteyano, ademáis del nome xa visto de cresta de gallo, úsanse outras variantes que cambían el ave protagonista, como cresta de gallina ou cresta de pollo. Tamén ye chaman chumpa. Relacionao col asunto del ruido, tán denominacióis como rugidera, badajosa (ben sei que por comparanza col badayo da campá), barajosa, cascarita, cascabelera, cascabeles…