Faya (Fagus sylvatica

Fayedo subindo al Altu Ventana (Teberga) (5/2/2012).

A faya (Fagus sylvatica) é un árbol que se pode ver hoi en Asturias en sitos da montaña, húmedos y avesíos. Vese mui pouco pola marina porque as que puido haber dendói que las tumbaron pola súa madera y a súa leña, qu’é muito búa. Pro ten habido exemplares centenarios en dalgúas vilas como Castripol ou A Caridá qu’einda se recordan.

Según cuntaban nel periódico El Aldeano, dende os tempos da pola medieval de Castripol había a tradición de qu’os conceyales que tomaban posesión del cargo prantaban un árbol nel conocido na documentación como Campo del Tablado. Condo construíran el parque, respetaran úa faya centenaria recordo d’aquellos tempos. Taba delantre da Capiya del Campo y debaxo d’ela aveirábanse os vecíos pra tar de parola. Igual qu’outros árboles emblemáticos como el Carbayón d’Uvieo, cayéu víctima da insensibilidá de xente que tanto ye daba a valía d’esta clas de monumentos naturales. Nel caso de Castripol, foi un coronel del Exército amo da casa que taba delantre da faya el que mandóu primeiro fradarye as canas de baxo y al cabo, en febreiro de 1924, según cunta el periódico Castropol, con alevosía y nocturnidá, sin fer caso del guardia municipal que tentóu de chamarye el atención, fradóulo porriba. Foi el acabo da faya.

Nel caso da Caridá, a fayeira, qu’asina ye chamaban os caridexos, taba delantre da igresia, nel conocido como El Campo das Almenas, y tumbóula un ciclón en 1971. Tanto d’úa como d’outra hai fotos na rede. A da Caridá pode verse núa nota qu’escribín nel 2001 na sección «El houcha» da revista Entrambasauguas.

Faya nel Aramo, porriba de Grandiel.la (Riosa) (5/5/2018).

Pro pra ver montes de fayas, os conocidos como fayedos ou fayeiras, hai que subir prá montaña. En Ibias, nos paraxes de Valdebóis y Muelos, hai bus exemplos (por certo, ta ben recordar que Muelos é el xeito que tein de chamarye en galego-asturiano al que se conoce en Cangas del Narcea como Munieḷḷos). A paraza lisa y abrancazada das fayas é inconfundible. Ademáis, as foyas salen dispostas en horizontal y amañan úa cuberta mui mesta qu’estorba el paso da luz. Eso fai que nun medre cuase miga de vexetación debaxo y día pé a un paisaxe alfombrao de foyas. Hai poucas cousas tan guapas como un fayedo nel outono, con todas as tonalidades entre roxo y encarnao que se poda ún figurar y col tarrén estrao das mesmas colores. Aló unde hai fayas conocen ben a súa madera, usada pra mangos de ferramentas, xugos y galochas, y tamén a súa leña, mui chufada polas súas propiedades caloríficas y a facilidá pr’arder; tanto, que, según recoye Marcelino Lozano nel sou libro Castaedo y Monón en poucas palabras, dizse qu’a faya díxoye al carbayo que, se nun fora por vergonza, ardía debaxo del augua.

El árbol dá un fruto comestible, el fayuco, envolto núa cáscara como pasa cuas castañas y as noces. É un nome que nun atopéi en galego-asturiano agá núa fonte escrita, un soneto en casteyano publicao nel periódico Castropol en 1907 unde aparece a palabra fayucos en cursiva, señal evidente de qu’esa era a súa denominación local. É tamén como se chama en asturiano, fayucu, mentres qu’en galego dicen fabuco. En casteyano, unde el f- inicial del latín acabóu evolucionando hasta perderse, é hayuco (y haya, claro).

Fayucos einda verdes. Al madurecer empezan a regañar y a deixar ver a semente. Fayas indo pral Valle d’Angón (Amieva) (19/8/2020).

El nome xeneral en galego-asturiano pral árbol é faya, como en asturiano, tal como recoyen os vocabularios da Veiga, Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Ponticella, Eilao, y Castaedo y Monón. Eu recoyínlo tamén en Penacova (Vilanova d’Ozcos), O Chao (San Tiso d’Abres) y Carbueiro (Ibias). Nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo, dixéronme fayeira, como na Caridá, con ese sufixo típico pra os árboles, como pasa con acebro y acebreiro, abruño y abruñeira, bidur y bidureira, beneito y beneiteiro ou espín y espieiro. Nas encuestas del ETLEN tamén se recoyéu a denominación de faya en Fanduvila y en Villamayor (Ibias), anque nestos casos y noutros da zona sur y del estremo máis occidental del Navia-Eo a pronunciación d’ese -y- nun é consonántica, achegando a punta da lingua a os alveolos, senón qu’é úa semivocal palatal, sin chegar a tocar nelos (faia). É úa pronunciación ésta que se dá en continuidá territorial col galego y col asturiano occidental. Hai que recordar qu’a normativa escrita galega nun ten a grafía -y- y, seguindo a pronunciación semivocálica propia de Galicia, escriben faia (y raia, praia, maio, etc.). Por exemplo, Fernández Vior recoye nel conceyo da Veiga a pronunciación xeneral faya, mentres que nas parroquias máis occidentales d’Abres y Guiar dicen faia.

A palabra faya é a evolución normal dende el latín fagea (materia fagea ‘madera de faya’), a partir da súa denominación nesta lingua: fagus ‘faya’. De faya vén el verbo fayar ‘pisar de madera’ y os sustantivos fayao y fayo ‘piso de trabas de madera d’úa sala, d’un desván’, acepción ésta da que derivóu a de ‘desván’. Xa se dixo qu’a madera de faya era mui valorada antano y del sou uso cuase esclusivo pra pisar crearíase, a partir del verbo fayar, un participio regular fayao, cua súa versión irregular ou forte, fayo. É el mesmo que pasóu col sou sinónimo soyar ‘pisar, poñer el piso’, que ten os sustantivos soyao y soyo ‘piso’, derivaos dos participios regular y irregular respectivamente.

2 opinións sobre “Faya (Fagus sylvatica

  1. coraluxio

    De novo outra grande aprotación. Moitísias gracias pola entrada.
    Gostaríame aportar algún aspecto botánico que creo que pode ser históricamente mui interesante.
    A faya é un recén chegado ,ás nosas terras, exténdese desde o Cáucaso a partir dúa expansión posglaciar que comenzóu hai uns 9.000 anos, chegando á península Ibérica hai só 4.000 anos, e a nosa zona, probablemente, non hai máis de 1.000 anos (Huntley e Birks, basado na concentración polínica en xacementos holocenos). A súa expansión foi moi rápida polo seu carácter moi competitivo, capaz de excluir da súa área a outras especies arbóreas típicas desta distribución (carballos, prádanos..), aínda que poden convivir en cabornos e fondos de val moi húmedos (Costa Tenorio et Al. 2005).
    A súa “recente” chegada explica a súa concentración só nos sitios máis propicios para estes bosques (zonas de montaña) e que a súa manifestación boscosa máis occidental como especie, a nivel global, se sitúe mui cerca de nós, nas devesas de Romeor, Fonteformosa e a Rogueira, no Courel (Lugo). Aínda non foi quén de chegar máis aló, nun proceso adaptativo que a leva a instalarse nos lugares máis favorables (solos calcáreos, tan escasos no occidente) antes de poder ocupar outros lugares. (Ollo, neste parrafo fálase sempre de fayedos, non de exemplares aillados).
    Sen embargo, foi tamén unha especie moi querida polas poboacións humanas, pénsase que tambén puido este ser un factor que facilitóu o seu espallamento. E por iso, hai centos de anos que a faia é plantada en moitos lugares, como nos adros das capelas, campos da feira, prazas, parques… Probablemente de aquí veñan os exemplares dos que disfrutamos aínda cerca da costa, ou no campo de San Roque de Tineo ou na beira de vellas carreteras (exemplar d’a Ronda, xusto onde empeza a baixada a L_Luarca )
    Úa grande aperta, un placer seguir aprendendo con herbas y florías en 2021.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, ho. 🙂 Nun me decataba da faya de L.luarca (acabo de vela col Street View). Hai tempo que nun paso pola carretera veya, dende qu’era neno y cuntaba as voltas que daba. 😉

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s