Hedra (Hedera helix)

Parede chía d’hedra en Brañanoceo (Mieres) (21/12/2014).

El hedra (Hedera helix) é úa pranta que se pode ver engarabitando en valaos, paredes, árboles y penedos. É perenne, así qu’einda destaca máis nel inverno, cuas súas foyas verdes y lustrosas gabiando polos árboles encoiros. Hai dalgúas razas forasteiras del xénero Hedera que medran máis axina y que tein as foyas máis grandes, y por eso avezan a prantarse nos xardíos, pro a raza brava é a helix.

Eu sempre crera qu’as hedras iban matando pouco a pouco os árboles, pro en realidá nun é úa pranta parásita senón qu’el único que fai é competir col árbol na busca de luz y nutrientes. Se se repara nel hedra, vese qu’as canas que botan frutos tein as foyas de xeito romboidal, mentres qu’as estériles son as que tein a feitura típica lobulada. Anque el gao cúmela ben, é velenosa pra os humanos, sobre todo el fruto. Cuntáronme en Mántaras que se daban us ramayos d’hedras ás vacas qu’acababan de parir pra que botaran ben as libraduras.

El hedra é úa especie con muita tradición na literatura por todo el que pode suxerir de fidelidá, d’eternidá, sempre agarrada, sempre engatando pra riba. Nun fai falta máis qu’acordarse da famosa cántiga italiana d’últimos dos cincuenta, «Como el hedra», popularizada en ben versióis. Pro é úa especie que tamén s’atopa muito na poesía en galego-asturiano. Aurora García Rivas diríxese nel poema «Pantasmas» a un interlocutor que compara cua pranta: «como hedra velenosa / amortáxasme a vida». A poeta samartiega Lucía Iglesias ten un poema ben guapo que se titula col nome d’esta pranta y que fala del hedra «que s’alza esquiva / e medra al día», que «sube, / corona, / empuxa, / reveira polas ramas de lo qu’encontra», «sempre rodiando, / sin soltar el ansia que la leva / en alto./ A hedra. / Sobrevivir». Pódese ler entera esta poesía nel númaro 3 da revista Trabatel.

Pódese estremar el xeito romboidal das foyas del hedra nas canas que tein fruto. Brañanoceo (Mieres) (21/12/2014).

Ben sei que daquén xa botará en falta el reportorio de variantes dialectales de sempre, pro neste caso nun hai muito que dicir: chámase hedra en todo el estremo occidental asturiano, como recoyen os vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Ponticella, Monón y Castaedo, y A Veiga, qu’apunta tamén a espresión Nun haber hedras unde apousarse, col sentido de nun atopar a naide con quen tar un bocadín. A pronunciación semiaberta del –e– correspóndese cua evolución del e curtia que ten el étimo latín hédera. Al ser palabra esdrúxula, el e postónico acabóu perdéndose, col que chegamos el noso hedra. As únicas variacióis nel territorio eonaviego tán nel artículo que s’use con este sustantivo, porque nel máis del Navia-Eo, condo a palabra é feminina y empeza por vocal tónica, el artículo é el (el hedra, el augua, el incra, el obra, etc.), mentres que na veira máis occidental dicen a hedra (a augua, a incra, etc.).

A imaxe d’un hedra veya subindo por un penedo é ben chamadeira nos montes y puido ser en muitos sitos úa referencia nel paisaxe, col que temos a palabra en dalgús topónimos. Ei temos sitos como El Peneo el Hedra, en Bustalfoyao (Villayón). Tamén hai topónimos unde se fala de penas hedradas, querse dicir, chías d’hedra. É el caso del Penedo ou Penedos da Peneidrada, derriba del ribeiro da Salmueira, en Campos (Tapia), sito que ta asociao a liendas da noite de San Xuan. A forma Peneidrada puido vir d’un paso ai > ei favorecido pola súa posición átona (Penahedrada > Penahidrada > Penehidrada, como en Caitano > Queitano, bailar > beilar, paisano > peisano).

En galego, ademáis d’hedra y hedreira, dáse a forma hereira. En asturiano, unde el e curtio latín diptongóu, el resultao pode ser yedra, anque en búa parte del centro y en todo el oriente d’Asturias a forma popular é hedra. En casteyano dáse a pronunciación yedra, admitida na escritura, anque a norma quer miyor a forma etimolóxica hiedra, máis tresparente pra ver esa equivalencia col étimo latín.

3 opinións sobre “Hedra (Hedera helix)

    1. Luisa Méndez Fdez

      É prestoso ver as florías que vas seleccionando, y agora as hedras, Xosé Miguel. Acórdome que medraban en paredes veyas y un pouco abandonadas.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s