Loureiro (Laurus nobilis)

El loureiro, sempre verde cuas súas foyas características de veiras un pouquín onduladas. Mántaras (Tapia) (12/7/2016).

En Mántaras (Tapia), había un loureiro (Laurus nobilis) nel balao de riba del Camín Veyo, entre Ca Paramesa y Ca Baltesar. Era un árbol veyo como el mesmo camín, que vería pasar ben pelegríos andando pra Santiago, pro que máis a miudo escuitaría el rinchar dos carros de muitas xeneracióis de labradores mantaregos. Anque tía bon couz embaxo, el loureiro erguía pouco y era malcurioso: fora fradao muitas veces y a xente iría a él pr’aferse de ramayos pra bendicir nel domingo de Ramos. Condo nos anos oitenta del siglo pasao enancharon el camín pr’asfaltalo, na mía inxenuidá, einda novo, atrevínme a falar col encargao del obra, por se houbera dalgúa posibilidá de mover us poucos metros el trazao da vía pra qu’el loureiro seguira velando el paso da xente. Debéu pensar qu’aquel rapaz taba tolo. El caso é qu’el loureiro acabóu arrincao por úa paliadora.

Nun sei se é pola súa tradición histórica, que coronóu césares victoriosos, ou pola tradición ancestral que lo ten por árbol de poderes benéficos, pro el loureiro é úa especie con úa personalidá especial. Ben sei qu’axuda el feito de que sía un árbol de foya perenne, que nun queda espido nel inverno como os demáis, y, sobre todo, el olor das súas foyas, mui usadas na cocía. Repasando un libro tan interesante como Dende a llareira con señardá, da bualesa María Teresa López, cuase nun hai receta tradicional de carne ou guiso que nun leve úa foya de loureiro pra darye un toque de sabor. Hasta hai quen yo bota a os chourizos al fer a enayada.

Precisamente Benjamín López, padre de María Teresa y escritor ben popular en galego-asturiano, recorda a tradición benefactora del loureiro núa das súas composicióis máis conocidas, «A meyor noite del ano», unde describe úa escena de tormenta: «Suaba nel monte a curuxa / dos rellámpagos cegada / —¡Santa Bárbara bendita! / —dixo mía bola asustada—. / —Botái lloureiro nel llume / pa escorrentar a tronada». Y é qu’a crencia popular dicía qu’as fogueiras de loureiro bendito tornaban os nubreiros, esos seres imaxinarios qu’engalaban d’a cabalo das nubres y que levaban y trían as tormentas, como esplican Acevedo y Fernández nel sou vocabulario publicao en 1932. Tamén de loureiro avezaba a poñerse un ramo na chaminía condo acababa de ferse a cuberta da casa: A casa cuberta, el ramo posto, dicían os carpinteiros. D’ei a espresión poñer el ramo pra referirse a rematar un labor.

El nome del árbol vén del latín clásico laurus, al través da forma vulgar laurariu, incrementada con ese sufixo que deu en portugués, galego y galego-asturiano loureiro (lloureiro na zona de resultaos palatalizadores). A primeira forma, loureiro, recóyese nos vocabularios de Mántaras y A Veiga, y tamén apuntéi ese dato nos Niseiros (Castripol) y Penafonte (Grandas). A forma lloureiro ta recoyida nos de Bual, El Franco, A Roda y Ponticella. Tanto Acevedo y Fernández como el vocabulario d’Eilao recoyen as dúas formas. A vacilación habitual del diptongo átono entre –ou– y –au– dá pé tamén á variante llaureiro, que rexistra el vocabulario de Monón y Castaedo (Ayande). Aparte, recóyense variantes sin sufixación, quizabes adaptacióis relativamente modernas, porque a forma laurel chegóu á península ibérica pinta que como un empréstamo del occitano laurier. Rexístranse lourel (A Veiga) y llaurel (Monón y Castaedo), y eu mesmo sentín llourel á mía bola de Rozadas (Bual), anque penso que máis ben referido á foya usada na cocía, máis qu’al árbol. Outra forma, que me deron en Mourentán (Ibias), é aureiro, resultao da interpretación polos falantes d’ese l- inicial como se fose un artículo.

Na zona máis fronteiriza del asturiano occidental col galego-asturiano, en Tox (Navia), constátase a denominación rameiru pra chamar al árbol, y esto ten que ser por causa del uso dos sous ramos pra bendicilos. Así y todo, nel vocabulario de Santa Marina y Vigu, na parroquia vecía á de Vil.lapedre, estrémase entre rameiru ‘ramayo de loureiro pra bendicir’ y l.lourel ‘loureiro’. Tamén en galego s’atopa a denominación gamallo pra Laurus nobilis, quizabes pola mesma razón qu’el nome naviego.

Da qu’avanzamos dende el occidente al centro d’Asturias imos atopando as variantes l.loureiru, lloureiru y lloreru. É na zona central unde empeza a predominar a forma lloréu y, xa nel estremo oriental, atopamos a denominación alloru.

Na toponimia del Navia-Eo é úa especie que deixóu a súa marca: temos lugares como Loureiro (Castripol) y outros que se chaman a partir de derivaos formaos con sufixos habitualmente colectivos como –edo (Llouredo, en Villayón) y –ido (Lourido, en San Tiso d’Abres y Taramunde), este último sufixo ben típico del galego. Tamén hai topónimos que xuntan dous sufixos abondativos seguidos, –edo y –al (Louredal, en San Tiso d’Abres), incluso cua cayida da vocal pretónica na forma El Llourdal (El Franco).

Derivao del nome latín Laurentius (que procede d’un topónimo, Laurentum, que vía precisamente del nome del árbol) é el nome noso de Lourenzo (ou Llourenzo na zona correspondente), qu’aparece, por poñer un caso, na denominación da capiya y campo en Santa Gadía (Tapia) dedicada al santo.

Lorbagas inda verdes nun loureiro cerca de Calambre, en Serantes (Tapia) (8/8/2017).

Un aspecto chamadeiro nel loureiro é tamén el sou fruto, que se pon mouro condo ta maduro. Chámase en galego-asturiano lorbaga (ou llorbaga, na zona de palatalización d’estos resultaos). Usábanlas os nenos como munición pra os sous tiratacos ou taqueiras. A palabra é un composto que vén del latín vulgar lauri baca ‘fruto del loureiro’, dende a forma clásica bacca ‘fruto’, ‘perla’. En galego tamén se chama lorbaga, anque se dan denominacióis derivadas a partir de metátesis y cruces con outras palabras: lorbarga, luberga, lombarga, lamberga… Y non solo s’usa en galego pra chamar al fruto del loureiro, senón tamén, por úa estensión del significao, pra referirse al grao de lin qu’envolve a liaza. Ademáis, nesta lingua dáse a forma baga, que s’usa en xeneral pra cualquera fruto miudo con gouña ou pebida.

Pra chamar al fruto del loureiro, en asturiano namáis se conserva a forma composta, lloribaga ou lluribaga (cuas variantes con l.l- nas zonas correspondentes), na parte occidental. Por certo, nun sei qué esplicación poda ter úa espresión usada en Tox, na parroquia naviega de Vil.lapedre: ser un l.loribagas ‘nun ter personalidá’. Anque en Asturias s’use a forma composta, nel sur del cordal, en sitos como Palacios ou Cepeda (Llión), rexístrase a palabra baga, neste caso pra chamar á cápsula del lin. A partir de baga, incrementada con sufixos, naceron palabras pra designar ese tipo de frutos despóis de mayaos, como el lin, as aceitunas ou as uvas: en galego, bagaño, bagazo, bagullo… y en asturiano, bagayu, y, por confusión de bilabiales, magaya, tamén pra referirse á mazá mayada.

7 opinións sobre “Loureiro (Laurus nobilis)

  1. Alberto

    Lloureiro sentinlo en Navia y tamén a un neno de Busmayor (Villayón) nel cole. En Busmente oín L.loureiro pa falar non del árbol si non d’úa casa del poblo, polo qu’entendo, que si ye chamaran asina.

    Gústame

    Resposta
  2. Emma Méndez

    Por Cartavio úsase lloureiro pral árbol y prás foyas y había en tempos úa casa que se chamaba “Llouredal”, igual pol sito unde taba, qu’inda hoi medran allí lloureiros asgaya.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Emma. Xa metín el dato en Fitonimia. En conto al topónimo que dices, ta claro que vén d’eso. Noutros casos de fitotopónimos, quizabes non, pro nel caso dos loureiros cuase sempre siguen ei. Se vas a Lloreo (Mieres), has a ver cómo ta todo chen del noso árbol. 🙂

      Gústame

      Resposta
  3. Luis

    ¡Fenomenal! Como pequena aportación, noutro lugar “liminar”, concretamente en Trabáu (Degaña), chámase “rameiral” al Laurus nobilis. Guapa historia a del vano intento por salvar ese arbolín. Xa vexo que levas muito tempo sufrindo os sinsabores deste mundo amnésico noso…

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Luis. Xa sabemos en qué mundo vivimos. 😉
      En conto al dato que das, mira, na Estierna, al pé, ta recoyido rameira. Nun deixa de ser chamadeiro qu’esta clas de denominación se día nesas tirías fronteirizas qu’hai nel estremo norte y nel sur.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s