Paporrubio (Erithacus rubecula)

Monte Altu

Paporrubio pousao núa cana nel parque del Monte Altu (Uvieo) (22/11/2020).

Todas as linguas tein pra os sous falantes espresióis que yes resultan mui queridas. Pode qu’al dicilas se yes renembre, como se fora un conxuro, daquén que las usaba. Pode que sían, sin máis, palabras guapas, palabras que deixan bon gusto al mazcalas. Hai úa espresión que me presta muito, que s’usaba na mía casa y seguro que muita xente conocerá. Condo ques dicirye a daquén que sabes úa cousa que ten que ver con él, pro buscas darye un aire de misterio, y tamén de compricidá, empezas d’este xeito: «Díxome un paxarín del papo marelo que…».

Hasta que nun empecéi a interesarme pola ornitonimia en galego-asturiano nun me precatara de que paxarín del papo marelo era en Mántaras ún dos xeitos de chamarye, ademáis de papo marelo a secas, al paporrubio (Erithacus rubecula), ese páxaro miudo y regordeto, dos oyos y el piquín mouros, con úa mancha colorada ben chamadeira nel papo. El específico del nome científico destaca precisamente esa característica da súa color, porque rubecula é un diminutivo del latín rubeus ‘colorao’. A forma estándar casteyana, petirrojo, tamén é un composto que fala da color del sou peto.

É un páxarín bon de ver porque nun é miga esguitón. Sintes nun árbol ou nun valao a súa voz de reclamo, como chip-chip, y axina lo ves ei pousao. Condo t’achegas pra velo miyor ou sacarye úa foto, tarda en escapar, como se tuvera pousando pra ti. Nun m’esqueice úa escena que vin en Quirós: úa muyer tía un paporrubio que se ye presentaba na corrada y ela dábaye faraguyas de pan. El paxarín pousábaseye nel colo y na mao a comer.

Dependendo da edá, pro tamén da postura, el paporrubio non sempre ten esa parecencia regordeta. Llatores (Uvieo) (28/11/2020).

El paporrubio ten un canto mui guapo, tanto qu’en Mántaras tamén ye chaman el gueiteiro, como se el páxaro fora un músico y el sou piar foran as voltas y revoltas del sonido da gaita repinicando.

Al ser un ave tan conocida, dispoñemos d’us contos datos publicaos sobre a súa denominación en galego-asturiano. Ademáis dos nomes xa ditos recoyidos nel vocabulario de Mántaras, el de paporrubio rexístranlo os da Veiga, Eilao y Bual. El da Roda recoye a forma papo colorado y el del Franco, ferreirín. Nel nomenclátor da web de Sabencia, grupo que, entre outras cousas, estudia a bionimia en Asturias, recoyen na nosa zona as denominacióis de ranchín en Pezós y Navia, y de reitán en Navia, anque nun especifican en qué zona lingüística del conceyo naviego, se na del galego-asturiano ou na del asturiano.

Teño ademáis muitos datos inéditos, pro, pra nun alouriar xa con detalles, tou na fe de qu’é miyor fer primeiro un resume del panorama terminolóxico na zona estremooccidental d’Asturias que se pode dibuxar cos datos publicaos y os inéditos, pra despóis cuntar dafeito únde recoyín as informacióis orales.

Paprorrubio núa cana. El Barcu, na parroquia de Les Caldes (Uvieo) (14/11/2020).

A primeira constatación que se pode fer é qu’a forma máis estendida nel territorio del Navia-Eo é a de paporrubio, un término que fai referencia á color del paxarín na parte del corpo debaxo del pico, el papo. É úa palabra composta, xuntoiro d’un sustantivo máis un adxetivo, como se comproba con dalgúa xente que lo pronuncía einda con dous acentos, papo rubio, y fai el plural dicindo papos rubios y non paporrubios. En realidá, paporrubio vén d’outra denominación anterior, máis larga, qu’é a pura descripción del ave: páxaro ou paxarín del papo rubio. Polo tanto, a evolución foi páxaro del papo rubio > papo rubio > paporrubio.

Outras variacióis nel nome vein de cambiar el sustantivo ou el adxetivo d’ese composto por outro sinónimo. Hai unde, nel sito de falar de papo, falan de barba ou barbía, y hai unde, nel sito d’usar rubio, usan marelo (tamén marello) ou colorao (tamén colorado). Os sustantivos barba ou barbía úsanse en galego-asturiano tanto pra falar del pelo que sal na cara como pra referirse á parte da queixada que sobresal debaxo da boca: Cayéu y levóu un golpe na barbía. Os resultaos qu’encontréi con estas variacióis de sustantivo y adxetivo nun cubren toda a combinatoria posible nin todas as fases da evolución dende as formas máis largas, pro de seguro que, se dera xuntao máis información, iban atoparse muitas das que faltan. Rexistréi as formas páxaro da barba marella, barba marella, barbía marella, barbías marellas, paxarín del papo marelo, papo marelo, papo marello, páxaro del papo colorao, papín colora(d)o y papo colora(d)o. Hai que fer notar que nun atopéi combinacióis barbía + colorada.

Hai outras denominacióis, ademáis da xa dita de gueiteiro, que nun tein miga que ver cua coloración del papo. Úa d’elas é a de reichín. Tamén recoyín a variante reicha, que pode ser úa creación posterior quitándoye el diminutivo a reichín. Xa se falóu d’esta palabra al referirse al rinchín (Coccinella septempunctata), insecto tamén conocido como reichín. Dudábamos de cuál fora a especie que primeiro levara ese nome y que despóis pasara al outra, se el bichín ou el páxaro. Así y todo, dicíamos, é un empréstamo bon d’esplicar al ser os dous mui apreciaos pola xente. En conto á etimoloxía, al haber denominacióis pral insecto como rei ou reinín, comentábase a posibilidá de que fora un diminutivo d’esa palabra ou, pral caso del páxaro, que tuvera úa esplicación onamatopéyica. El dato de ranchín de Pezós y Navia que dá a web de Sabencia encaxa con este viaxe de nomes entre el insecto y el páxaro, porque ranchín ou ranchía é como ye chaman en muitos sitos del Navia-Eo a Coccinella septempunctata.

Paporrubio picotiando nun prao del parque dos Catalanes (Uvieo) (28/11/2020).

Hai outra clas de denominación en galego-asturiano que se trata d’un asturianismo: reitán, roitán ou raitán, forma ésta qu’é a máis común en asturiano. Nun deixa de ser chamadeira a coincidencia de reit– col tipo anterior reich-, anque pinta que -ei- é úa evolución dende -ai– por tar en posición átona, como pasa con reigón (< raigón), reigaño (<raigaño) ou Reimundo (< Raimundo).

Pra rematar este recorrido quédanos el nome de ferreirín, que xa se comentóu al falar del charchar (Saxicola rubicola) que se trata d’úa denominación compartida con outras aves, neste caso ben sei que pola comparanza da color del sou papo cua del ferruxo qu’enche todo el trabayo dos ferreiros.

Pois, desque xa tán apuntadas as linias xenerales de cómo se chama en galego-asturiano, queda señalar ún por ún esos datos inéditos dos que faléi al empezar. Y tamén ta ben recordar qu’ás veces nun mesmo sito recoyéuse máis d’úa denominación.

Os pitíos de paporrubio son tan grandes como os adultos, pro son pintos y apardazaos. Este taba brincando de cana en cana d’úa aveyaneira nel Valle Angón (Amieva) (19/8/2020).

Empezando pol tipo máis común y repartido por todo el territorio (papo + rubio), apuntéi a forma páxaro del papo rubio en Vilarín y Brañatruiye (Castripol), Folgueiras (A Veiga), Penacova (Vilanova d’Ozcos), Castro (Grandas) y Corondeño (Ayande). En Valdeferreiros (Ibias), páxaro do papo rubio, col artículo o propio da fala d’alí. Con diminitivo, paxarín del papo rubio, dixéronmo nos Niseiros (Castripol), Ouria (Bual) y Cachafol (Eilao). A forma con dous acentos, papo rubio, déronma nel Valín y en Barres (Castripol), y Santolín (Ibias). En conto á forma con un acento, paporrubio, recoyínla en Freixe (Taramunde), Santalla (Santalla d’Ozcos), Batribán, Busdemouros y A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos), Penzol (A Veiga), Granda, As Figueiras, A Bouza, El Valín, As Campas, El Grilo, Sabugo, Lantoira, Tabes, Balmonte, Obanza y Santa Colomba (Castripol), Valdepares, A Braña, El Chao das Trabas, Villarín, Villalmarzo y Llobredo (El Franco), Santesteba, Trelles y Vivedro (Cuaña), Cova y Rozadas (Bual), Navia, El Monte, Sante y Villouril (Navia), Navedo y Sarzol (Eilao), Sanzo y Pezós (Pezós), Penafonte y Grandas (Grandas), y Carbueiro, Mourentán y Tormaleo (Ibias).

Del tipo papo + colora(d)o teño menos datos y coyen menos territorio. Déronme a forma páxaro del papo colorado en San Xuyán (El Franco) y páxaro del papo colorao en Limayosa (Tapia). En Ouria (Taramunde), papín colorado; en Salave (Tapia), papín colorao. Sin diminutivo, dixéronme papo colorado na Roda (Tapia), San Xuyán (El Franco) y Vilela (San Tiso d’Abres). Y papo colorao en Villalmarzo (El Franco) y Zreixido (A Veiga).

El territorio unde rexistréi formas del tipo papo + marelo coye puntos da marina entre Tapia y Cuaña: paxarín del papo marelo y papo marelo en Mántaras (Tapia), y papo marello na Folgueirosa (El Franco) y Cartavio (Cuaña).

Pódese ver ben el color apardazao del paporrubio, menos chamadeiro qu’el colorao del papo. Les Caldes (Uvieo) (3/10/2020).

Máis pequena einda, núa parte del conceyo del Franco, é a zona unde constatéi el tipo barba + marella: páxaro da barba marella (A Nogueira), paxarín da barba marella (Arancedo), a barba marella (Miudes), a barbía marella (Villar) y el barbías marellas (Godella).

Coye sitos de Castripol y A Veiga a zona unde ye chaman reichín: As Campas, El Preiral y Siares (Castripol), Porzún, Tremiado y Zreixido (A Veiga). Na Mundiña (A Veiga), dixéronme reicha.

En conto al tipo reitán, dase en continuidá territorial col asturiano occidental y, seguramente pola influencia da villa de Navia, entra nel territorio de Cuaña: déronmo en Xarrio (Cuaña), Navia y Salcedo (Navia). A variante roitán dixéronma en Ortigueira y raitán, en Andés (Navia).

Como xa se dixo, a denominación de gueiteiro namáis la sentín en Mántaras (Tapia) y a de ferreirín, que recoye el vocabulario del Franco, tamén ma confirmaron en Lloza (Cuaña).

En galego tamén pinta ser paporrubio a forma máis estendida, cuas variantes paporruibo, paporroibo, paparrubio, paparrubia, paparroi y paporroi, ademáis d’outras denominacióis como paporroxo, pisco, paifoque, peizoque, maceirento y maceirudo.

A forma máis común en asturiano é raitán (tamén raitana), cua variante reitán sobre todo nel occidente. Por exemplo, na zona de fala asturiana de Navia, é como ye chaman en Tox y en Vigu y Santa Marina. En asturiano hai tamén denominacióis basadas nel color como papu coloráu ou papín coloráu y outras máis minoritarias como papu bermeyu, paparroxa, paparroxu, papurrubiu ou pimentera. Na web de Sabencia recoyen aparte as formas reita, rinchán, ritán y tatá. Col dato de reita (< reitán) volve renembrárseme a relación xa apuntada con reicha (< reichín).

3 opinións sobre “Paporrubio (Erithacus rubecula)

  1. Alberto

    Na casa de meus padres nun chegamos a darye faraguyas, peró houbo úa temporada na que condo fía calor y las ventás taban abertas, entraba pa dentro un día sí y outro tamén. Pousábase nas siyas y mesas y tamén nas contras, unde podía chegar a pasar minutos enteiros sin moverse. Al final, avezara tanto a entrar, que mía madre púxoye nome y todo: colorín.

    Gústame

    Resposta
  2. Félix Martín Martínez

    Prestóme muito, vótolo de menos n´el Banco de la Rula. Fai falta ei, pra compensar tantas carayadas que a veces escríbense n´esti grupo. Mal que eu lo diga, que tamén escribo abondas.

    Gústame

    Resposta
    1. Concepción García Vázquez

      Olaaa, a min gustame moito o Peizoco, así é como lle chamamos pola zona de Melide.
      Máis coido que os que viven por aquí son un pouco máis tímidos e non se deixan fotografar.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario