Cosco (Helicoidea)

IMG_8847 Viyadún

Exemplar d’Helix aspera. Viyadún (Castripol).

Os carreiros pratiaos dos coscos nas foyas da figueira trainme recordos: enredos de condo neno que tamén deixaron carreiros nel acordanza. Son os que me levan a escenas dos primeiros contactos cua naturaleza. Por eso, al ver salir os coscos despóis de chover, renémbraseme condo amañábamos con elos aquelas carreiras que nunca acababan de chegar á meta, ou condo yes fíamos de rabiar vendo cómo encoyían y espurrían os cornos mentres yes cantábamos que los sacaran al sol, convencidos da eficacia da cántiga. Tamén máis d’un cosco perecéu estrapelao, qu’axina aprendémos dos máis veyos a piyalos y tripalos col pé por enemigos declaraos da verdura del horto.

Hai úas contas especies na nosa zona, anque a máis común y conocida é Helix aspera, úa raza europea que s’introducíu accidentalmente en Latinoamérica y que ta considerada alí como úa auténtica praga. Tamén son bus de ver exemplares del xénero Cepaea, de color amarelada con úa raya máis escura recorrendo toda a espiral da cáscara. Como hai úas contas especies de familias distintas y a todas yes damos el mesmo nome popular, resúmolo cua identificación científica d’Helicoidea, qu’é úa superfamilia qu’engloba as que podemos ver por ei.

Da denominación dos coscos toca falar, anque nun é ese el único nome que se ye dá en galego-asturiano a estos gasterópodos terrestres con cáscara. Acevedo y Fernández poin a palabra cosco como a forma principal de chamarye y tamén la recoyen os vocabularios da Veiga, Mántaras, A Roda y El Franco. Ademáis, é a resposta que dan nas Campas (Castripol) na encuesta del ALPI (Atlas Lingüístico da Península Ibérica). Aparte, eu teño datos d’este nome no Chao (San Tiso d’Abres), Ouria (Taramunde), Zreixido (A Veiga), As Figueiras, El Valín, Obanza y Trigo (Castripol), Valdepares y El Porto (El Franco), y Trelles (Cuaña). Noutros sitos a palabra nun s’usa pra chamar al gasterópodo, senón que ten el significao de ‘cáscara, paraza (da castaña, da noz, del aveyana)’. Asina lo recoyen os vocabularios de Bual, Monón y Castaedo (Ayande), y El Couz (Villayón), ademáis das Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga de Fernández Vior. Tamén teño datos orales d’este uso na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) y en Cachafol (Eilao).

Na parte máis nororiental del Navia-Eo danse denominacióis cua mesma reiz cosc-, pro incrementada con outros sufixos. É el caso de coscudo, con ese sufixo –udo que crea adxetivos col matiz de calidá ou d’abondancia (abeyudo, frebudo, barbudo, cabezudo, cornudo…), polo qu’a palabra viría a ser úa definición: ‘con cosco, da cáscara dura’. Acevedo rexistra coscudo en Sarandías (Bual) y en Navia. Precisamente, na encuesta feita nel llugar naviego de Freal pral ALPI a resposta recoyida foi cuscudo. Eu xuntéi datos de coscudo de Vivedro (Cuaña), da villa de Navia y de Villouril, nel mesmo conceyo. Nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo, dixéronme cozcudo, nun fenómeno fonético ben conocido que se dá en galego-asturiano condo el /-s-/ vai delantre de /k-/ (mozcar, mázcara, ozca). Ademáis, Acevedo recoye en Cuaña as denominacióis de cozcurro y coscurro. Tamén mas dixeron a min, anque cua realización zarrada típica na vocal pretónica: cuzcurro en Meiro, Cuaña y Lloza (Cuaña), y cuscurro en Andés (Navia).

Queda outra forma, neste caso col sufixo diminutivo –elo: coscorelo de limaco, que recoye Xoán Babarro en Cabaza (Taramunde) y que por contraste bota mao del nome del limaco, el gasterópodo terrestre que nun ten cáscara por fora. Nesta denominación pártese da reiz cosc-, pro incrementada primeiro con outro sufixo (cóscoro), del mesmo xeito que casca y cáscara. Nun conozo datos de *cóscoro, pro el vocabulario da Veiga si recoye el adxetivo cóscaro, pra referirse al pan ou á empanada con partes mui turradas. En San Tiso d’Abres tamén me dixeron a palabra, y referida así mesmo a os torrezos. Al cabo, a relación semántica cua idea de recubrimento duro ta clara. Tamén temos ha forma limaco, a secas, qu’é a resposta qu’obtuvo a encuesta del ALPI feita en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos).

Volvemos atopar a comparanza col limaco na denominación que me deron en Penafonte (Grandas): limaco de concha, anque trátase d’un nome qu’usaban os veyos porque agora en Grandas predomina a forma caracol, como en toda a zona interior y sur del Navia-Eo. En muitos sitos da marina, pol peso da lingua oficial, tán esqueicéndose as formas xa ditas de cosco, coscudo, cozcurro…, pro tamén é verdá que caracol é palabra patrimonial en muitos conceyos. Ta recoyida nel vocabulario da Veiga y é a resposta qu’obtuvo el ALPI nas encuestas de Bual y Cuantas (Ibias). Tamén ma deron como a forma qu’usaban de sempre nos Niseiros y Obanza (Castripol), San Xuyán (El Franco), Castro (Grandas), Pezós, Corondeño (Ayande), Armal (Bual), Navedo y Cachafol (Eilao), y Carbueiro y Tormaleo (Ibias). Aparte, hai que recordar el uso d’esta palabra en dalgús sitos pra chamar especies vexetales, ben a Digitalis purpurea, ben a Umbilicus rupestris.

IMG_9500 Cepaea hortensis Mántaras

Exemplar de Cepaea hortensis. Mántaras (Tapia).

Pr’acabar este recorrido polas denominacióis en galego-asturiano d’estos gasterópodos hai que destacar úa forma ben orixinal, a qu’usan nel lugar pixoto d’Ortigueira: caco. Sabendo os dexobeiros que fain nos hortos, podía pensarse qu’a palabra tuvese que ver col sustantivo caco ‘ladrón’, que, a pesar da súa pinta de palabra coloquial, ten úa orixe ben clásica: Cacus, el xigante que ye roubara bois a Heracles na Eneida. Pro tamén dá que pensar qu’en galego chamen caco a un pedazo de loza, de texa ou de vidro, porque eso relaciona a denominación pixota cua idea de cáscara ou cosco.

En galego, a forma cosco pra chamar al gasterópodo ta presente nos diccionarios, anque nun voléi en muitos datos sobre a súa estensión xeográfica: ta rexistrada en Santa Cilla do Valadouro (Foz) y nel conceyo de Ribadeo en Cedofeita y A Devesa (neste caso, na encuesta feita pral ALPI). Tamén la usan escritores da contornada de Mondañedo, así que ten traza de ser úa forma oriental. É máis común en galego el uso de cosco col significao de ‘foyas qu’envolven a espiga de meiz’. A denominación mayoritaria en galego é caracol, ademáis d’usarse outras como cascarolo, cornacha, caricola y carricola.

Na veira máis noroccidental del asturiano hai continuidá cuas denominacióis en galego-asturiano: en Veiga y Tox (Navia) dicen cascudu. Outras formas, ademáis del xeneral caracol, cua variante caricol, parten da reiz casc-, cosc-: cascariellu, cascariella, cascarote, cascoxu, coscoxu, coscoyu, cuiscu. Tamén ye chaman llimiagu, igual qu’al gasterópodo sin cáscara.

As etimoloxías tanto de caracol como de cosco son mui discutidas. En latín chamábase cochlea y nun pinta que d’ei veñan formas como caracol y outras como el catalán caragol ou el francés escargot. Según Coromines poden todas vir d’úa reiz prerromana d’orixe espresiva. Tampouco ta miga clara a etimoloxía de cosco y os estudiosos remiten tamén a posibles formas prerromanas que deron pé al latín cusculiu ‘béilaro’. Benjamín García-Hernández propón úa orixe núa forma cosco/cuscu que daba nome a os béilaros que botan dalgús árboles pra defenderse d’insectos parásitos usaos al largo da historia como tinte. Esas ideas de bola arredondiada ou de recubrimento duro atopámolas noutras palabras de linguas romances como coscojo ‘béilaro del carbayo’, cuscurro  (> currusco) ‘pico de pan mui turrao’, coscorrón ‘golpe na cabeza’, cosco ‘cáscara del grao de trigo’, ‘foya da espiga de meiz’, ‘paraza’… y, claro, nel noso cosco.

Advertisements

2 opinións sobre “Cosco (Helicoidea)

  1. Emma Méndez

    Por Cartavio, a forma máis común é “cosco”, peró oise tamén “cascudo”.
    Tamén podo comentar que ye chamámos “cuzcurro” ou “cuscurro” al pedazo de pan con muita corteza ou duro y “bellaros” ás bolías que botan os árboles pra defenderse dos insectos y a os bultos que ye salían al ganao alredor das llarvas da mosca “Hipoderma”.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s