Couxelo (Umbilicus rupestris)

Peteiro de couxelos na regandixa d’úa parede en Santuyano (Mieres) (21/12/2014).

El couxelo (Umbilicus rupestris) chama ben el atención porque as súas foyas pintan parauguas ou sombreiríos. É úa pranta que se ve muito nas regandixas das paredes, en sitos húmedos. Bota pra riba úa inflorescencia da que salen un feixe de florías con xeito de campá todo al largo del rabo. El nome científico ten que ver cua concavidá que ten a foya, que pode asomeñar a un embeligro (Umbilicus), y col medio unde aveza a salir, as pedras (rupestris). Pola feitura tan chamadeira das foyas, el couxelo usábanlo os máis pequenos pra xugar, pro ten ademáis aplicacióis melecieiras. En Mántaras cuntáronme qu’antano usábase pra curar os malucos que salen nel peleyo: el sombreiro del couxelo ten pol revés úa telaxa que se pode pelar y que, moyada en aceite tépida, poñíase derriba del maluco.

Trátase d’úa especie que ten abonda variedá pra chamala y hai ben datos publicaos sobre as súas denominacióis en galego-asturiano. En Mántaras rexístranse couxelo y couxela. A forma masculina, tamén col resultao en –ll– nel metá oriental (couxello), recóyenla Acevedo y Fernández, qu’esplican nel sou vocabulario as virtudes melecieiras pr’almorranas, cortaduras y queimaduras (el valor etnográfico d’esta información, anque sía verdá, é relativo, porque é un párrafo copiao ce por be de vocabularios galegos anteriores). Tamén citan como propia de Bual a forma cousello y como propia del Porto (El Franco), coraxello, denominacióis estas que tamén recoyen, respectivamente, os vocabularios máis actuales de Bual y El Franco. El resultao couxello rexístranlo ademáis os vocabularios da Roda, El Franco y Ponticella. A forma balloco recóyenla os vocabularios de Bual y de Mántaras (neste caso, baloco ou boloco).

Tamén a lexicografía galega nos dá datos. Aníbal Otero Vázquez recoyéu a forma capelo nel Mazo de Mon (Samartín d’Ozcos) y Xoán Babarro rexistra couxelo na Grandela (Tapia). Outra estudiosa de Galicia, Rocío Dourado Fernández, ten estudiao as denominacióis que se recoyen pra esta pranta nel Atlas Lingüístico Galego (ALGa), qu’incluye sete puntos d’encuesta na zona Navia-Eo. Os datos eonaviegos son estos: couselo (Vilanova d’Ozcos), cousello (Cuaña), couxelo (Salave; ten que ser un error, porque alí é couxello, seguro), chuletas (Bual), caracoles (Piantón) y capelo (Pezós y Santolín).

Os datos de campo inéditos que teño recoyido nestos anos completan a estensión xeográfica das variantes que s’acaban de ver y hasta ye amecen dalgún sinónimo máis. Couxelo apuntéilo nel Val d’Obanza y As Campas (Castripol); couselo, en Brañatruiye (Castripol); cousello, nos lugares franquíos del Castro d’Arancedo, El Chao das Trabas y Villar, ademáis de nel lugar cuañés das Mestas. Úa variante queiseyo (pronunciación yeísta de queisello) dixéronma nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo. Pola metá norte del Navia-Eo tamén apuntéi a forma baloco na Ovellariza y Bustapena (Vilanova d’Ozcos), y balloco en San Xuyán, Andía, Villarín (os tres nel Franco), Nadóu (Cuaña) y Navedo (Eilao). En Villouril (Navia), dixéronme a forma gorito. Outro sinónimo pra chamar al Umbilicus rupestris é el de caracoles, que recoyín nos Niseiros y El Val d’Obanza (Castripol), y en Salcedo (Vilanova d’Ozcos). Máis pra enriba del Navia-Eo, en Santolín (Ibias), apuntéi a forma capelo, palabra que tamén me deron en San Salvador (Ayande). En Centiales (Ibias), dixéronme outra variante, capón. Na capital d’Ibias tamén ougüín fillolo, forma que ten el sou equivalente fonético en Monón y Castaedo (Ayande): fiolo (que vén da perda del –y– de fiyolo). Anque Marcelino Lozano, el autor d’este vocabulario, nun recoyéu esa acepción da palabra nel sou libro, deixóume claro núas fotos por qué alí ye chaman d’ese xeito á pranta: namáis había que ver os prataos figuraos de fiolos ou cereixolos qu’amañaban os nenos arrincando y apilando as foyas redondas da pranta.

El Umbilicus rupestris recibe en asturiano dalgún nome irmao de dalgún dos que xa vimos: el capelo noso ten el sou parente lingüístico nel capiel.lu de Cangas del Narcea. Outras denominacióis tamén relacionadas cua feitura son planta’l paragües, sombreiru, caldera ou oreya de sapu. Das súas propiedades melecieiras fálanos el nome de planta’l lluviesu (qu’é como chaman en asturiano a os malucos).

En conto al galego, el ALGa recoye hasta 29 tipos de denominación, dalgún con ben variantes. Un feixe d’elas son formas del tipo couselo, coucelo, coucrelo, consello, couchelo… Outras tein que ver cua comparanza con daqué pra cubrir a cabeza: capelo, pucho, capurucho, sombreiro… Outro peteiro amáñanlo resultaos del tipo caracóis, cróqueles, crouquelo… Y, al cabo, recóyense outras denominacióis como vaselo, arroz, botos, xilo, caramelo… Aparte, os diccionarios galegos recoyen formas como cantarola, orella de frade, gorrete, capelexo, caixelo… sempre relacionaos cua feitura da foya.

En casteyano, aparte del máis culto d’ombligo de Venus, chámanye con todo tipo de denominacióis relacionadas tamén cua forma ou cuas aplicacióis da pranta: ombliguera, campanita, curalotodo, escudete, gorro de sapo, gorrito (¿terá que ver col gorito recoyido en Villouril?), sombrerillo, vasillo, vasarillo, oreja de monje… Así y todo, na bibliografía sempre costa caro saber cóndo se trata de formas autóctonas de territorios casteyanofalantes y cóndo son adaptacióis ou casteyanizacióis de palabras d’outras linguas vecías.

Pódense ver as inflorescencias tan chamadeiras que bota pra riba el couxelo, cuas florías en forma de campá. Camín de Santuyano a Brañanoceo (Mieres) (23/5/2015).

Centrándose na etimoloxía de couxelo, Coromines suxeríu que sería un resultao de capsellum, un diminutivo del latín capsa ‘caxa’; querse dicir, sería úa comparanza relacionada cua concavidá que fai a foya, que pode asomeñar un recipiente. Dourado Fernández tamén cita outra posibilidá tamén basada nesa comparanza, qu’é que veña de calicelum, un diminutivo de cálix ‘cáliz’. Esplicaríanse asina un mañuzo de variantes vidas d’un mesmo étimo, ben con palatalización del –s– (couxelo) ou ben con resultao –ll– na zona con ese tipo de solucióis (couxello, cousello).

Pra esplicar as formas caracol y chuleta, Dourado pensa en parecidos da casca d’esos moluscos y dos ósos da carne cua feitura del rabo da pranta, pro pinta úa xustificación un pouco arrevesada. Ben sei que se poden buscar outras esplicacióis máis fáciles. A denominación de caracoles pode ser un caso d’etimoloxía popular: el nome de cróqueles que ye dan dayundes á pranta puido reinterpretarse en muitos sitos como caracoles. Ademáis, os puntos unde se recoyen esas dúas denominacióis amañan úa zona amplia del sur de Lugo, occidente del Bierzo y occidente del Navia-Eo. Imos volver aló sobre esta cuestión al falar da Digitalis purpurea, úa especie que comparte nome popular col Umbilicus rupestris en muitos sitos de Galicia y del Navia-Eo; pasa igual cua forma balloco, usada muito pra chamar á Digitalis.

En conto á esplicación pral nome de chuleta, qu’é un dato del ALGa recoyido en Bual, puiden confirmar alí qu’era nome que ye daban os máis pequenos condo xugaban a fer comidas cuas prantas. Esta clas de nomes lúdicos témola tamén na denominación xa vista de fiolo ou fillolo.

A posibilidá de cruces entre úas formas y outras, como víamos nel caso del galego, atópase nel resultao eonaviego coraxello, unde puido mezcrarse el orixinal couxello cua palabra coraxe. Outro tanto puido pasar cua palabra coruxelo, qu’usa Conrado Villar núa poesía dedicada ás festas de Tapia, condo fala da limpeza de cayes y caleyóis: «os coscos y coruxelos, todos desaparecerán». De seguro que ten que ser úa variante tapiega dos coraxellos, col sufixo con  –l– propio da vila, pro d’esta volta cruzada a reiz cua palabra coruxa. Quédanos outro caso de cruce, el queiseyo d’Anlleo, que pode ser úa mezcra de cousello (ou couseyo, na pronunciación yeísta xa veya en Navia) y queiso (nesa zona nun dicen queixo). Al falar d’este caso, renémbraseme el cruce que se dá en asturiano col nome del famoso postre, a casadiella, palabra que García Arias supón que vén tamén d’un diminutivo del latín capsa: *capsatella. Pois en Quirós chámanyes queisadiel.las, resultao que recorda el exemplo del queiseyo naviego.

Advertisements

18 thoughts on “Couxelo (Umbilicus rupestris)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Vexo qu’en Ayande buscan as comparanzas pra chamar esta pranta, porque en Monón y Castaedo chámanyes fiolos. É guapa eso de candela, qu’eu conocía namáis prá flor dos castañeiros ou del meiz. Por certo, ¿nun pronunciades d’outro xeito, paraugas ou parauguas?

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É mui interesante este dato del estremo occidental del asturiano porque amostra úa continuidá xeográfica col dato del queiseyo naviego y fálanos d’esos cruces cos derivaos del latín capsa ‘caxa’. ¿Y esa denominación úsase tamén pral postre?

      Gústame

      Resposta
      1. candel

        Eso non, nin “queisadiel.las” nin “casadiel.las” nin nada parecIo. Pal postre diz “bol.linas”, y amás piensa que ye una innovación gastronómica reciente… Igual en Ca Queitano nun yeren mui l.lambiones.

        Gústame

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Pois esto demostra que tamén da literatura podemos sacar datos y que Conrado botaba mao da variedá tapiega (máis aló de diferencias fonéticas pequenas).

      Liked by 1 person

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Con esto de couxelín xa temos outro derivao de couxelo que sumar al formao cua desinencia feminina (couxela). Gracias pol dato, Andrea.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Se a verdá a mía suposición de qu’el nome de caracoles é un caso d’etimoloxía popular a partir del parecido fónico con cróqueles, este dato que nos das de cosco (supoño que da Antigua) dáye outra volta de torca con un paso evolutivo máis. Supoñería que de caracoles pasarían a chamaryes col nome autóctono que se dá a esos moluscos, querse dicir, coscos. Se reparamos nel dato que nos deu outro santiseño, Manolo, de Vilela, de qu’alí chamábanyes caracoles, pódese ver que conviven os dous resultaos nun territorio tan pequeno (anque xa se falóu de máis casos de teren dous nomes nel mesmo sito prá mesma especie).
      En conto a os estoupóis, ben sei que tas falando d’outra especie, porque as flores del couxelo son amareladas. Debe ser a Digitalis purpurea, que ten as flores rosa escuro. Así y todo, como xa s’apuntóu, as dúas especies comparten nome en muitos sitos.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Un dato ben guapo, Carmen, que brinda outra variante al coruxelo y al coraxello, anque d’esta volta crúzase con un sufixo que xa vimos máis veces (-olo).

      Gústame

      Resposta
  1. Andrea González González

    Bus dias,
    un paisano de Grandas díxome qu’el couxelo era lo miyor pra quitar as berrugas. Pra xogar os nenos tamén resulta mui bon, faise un arroz estupendo coas suas flores.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Por eso hai unde ye chaman arroz. ¿Y en Vilarín é couxelo? Porque por embaxo, nel vale, dixérome tamén caracoles.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s