Mexigón (Mytilus spp.) 

Os mexigóis medran apeteiraos apegaos ás pedras.

Teño falao ben veces, y con muita xente, sobre a velocidá da sustitución lingüística nel estremo occidental d’Asturias. Este proceso encamíanos sin romedio á desaparición da lingua que se leva falando dende hai tantos centos d’anos nestas terras y é cousa que nos esmol a os que tamos comprometidos vitalmente col futuro del galego-asturiano. Frente al diagnóstico pesimista (ou realista), sempre hai quen ten a visión contraria. Tamén é verdá que muita xente nega qu’a lingua da casa se vaya perder porque asina xustifica que nun se tomen decisióis políticas pra darye a volta a esa situación precaria. Se nun ta en peligro, ¿pra qué imos fer nada? Así y todo, teño atopao quen negaba de búa fe ese proceso de desaparición progresivo y qu’atesaba qu’el galego-asturiano nunca iba deixar de falarse. Ta ben ser optimistas, pro, pra cualquera que poña el ouguido y atenda (y máis se teis a perspectiva de 35 anos atendendo), resulta evidente qu’el proceso vai ás carreiras d’úa xeneración al outra. Y a demostración máis clara vémola nel vocabulario de prantas y bichos, unde el peso das formas casteyanas ta fendo esqueicer ben veces as denominacióis patrimoniales.

D’esta volta escoyo úa especie unde el sou nome en casteyano, mejillón, popularizao pol sou uso alimentario tan estendido, ta acantuando os nomes autóctonos hasta el estremo de que muita xente falante de galego-asturiano xa nun los conoce. Tamos tratando d’úa especie marina, así qu’hai que botar mao del imprescindible Atlas Léxico Marinero de Asturias, d’Emilio Barriuso. Recoye nas Figueiras as denominacióis de mixigón y muxillón. En Tapia, mixigón y, como forma veya, cuxigón. Nel Porto, cascarón. Y, al pé das formas tradicionales, rexistra en todos os sitos encuestaos a palabra casteyana mejillón, como en Ortigueira, unde namáis constata esa forma. Podo amecer un par de datos nestos portos: nas Figueiras dixéronme muxiyón y en Ortigueira, cascarón. Aparte, na Villallonga, na parroquia naviega d’Andés, apuntéi mixigón. Ignacio Vares recoyéu en Piñeira (Castripol) a forma meixuyón y esplica que cascarón é el nome que s’oi pra chamar a os exemplares pequenos.

Nesto del cascarón ten toda a traza d’haber úa especialización diglósica nel vocabulario: os falantes escoyen el término considerao fino pral producto qu’atopa nos estantes das tendas, mejillón, y deixa el autóctono, cascarón, pra os exemplares pequenos que ve nel ribeiro. Outro exemplo d’esta repartición desigual entre linguas (lo bon, pr’aquela que ten prestixo; lo ruin, pr’aquela que nun lo ten) atopámolo noutra denominación pral molusco que s’usa nos lugares alredor de Tapia, en sitos como Mántaras ou Casarego. Condo iban á praya ou al ribeiro pra cocer us poucos, iban ás houchas. Así yes chamaban, núa comparanza evidente col arca de madera usada pra guardar trigo y outras cousas: abrindo a tapa d’aquela houcha marina, taba a carne del molusco. Condo perguntaba en Mántaras pol nome, aclarábanme que namáis ye chamaban houchas a aquelos exemplares ruíos qu’arrincaban elos das pedras, qu’os grandes que compraban nas pescadeirías eran mejillóis.

Mixigóis Serantes 2

Pedra nos Friales chía de mexigóis. Serantes (Tapia) (9-8-2017).

A realidá é que todo é a mesma especie, ou el mesmo xénero, qu’a cousa ten a súa complicación. Nel título namáis puxen Mytilus spp. Porque, fóra dos biólogos, a raza Mytilus edulis ta ruía d’estremar de Mytilus galloprovincialis, conocidos respectivamente na literatura científica en casteyano como mejillón atlántico y mejillón mediterráneo. Normalmente el segundo é máis grande y ten a cáscara máis arredondiada qu’el primeiro, que la ten máis alargada, pro danse casos d’hibridación entre entrambos, así qu’hai qu’ir a probas d’ADN pra sabelo seguro. El que dicen os especialistas é qu’a especie común na península ibérica é M. galloprovincialis. Pinta qu’esta raza acabóu desprazando a M. edulis da costa del Cantábrico, unde antano era propio. Hai que señalar qu’a especie que se cultiva en bateas dende mediaos dos anos 40 del siglo pasao en Galicia é M. galloprovincialis, que ta incluída nas listas d’especies invasoras máis dañibles. El cultivo en bateas d’esta raza de mexigón xa empezara en Cataluña nos anos veinte, pro foi desaparecendo alredor dos anos setenta col aumento da contaminación del augua.

El mexigón que podemos atopar nas pedras das prayas y ribeiros medra apeteirao cubrindo superficies grandes, d’un xeito aparecido a un crustáceo tamén mui común nas nosas costas, el cascarín (Balanomorpha). Como xa se señalóu al falar d’esta especie, en dalgús sitos costeiros chaman cascarón al cascarín, col que, cos datos del Porto y Ortigueira qu’espuxemos antias, resulta qu’a forma aumentativa úsase en galego-asturiano pra chamar a dúas especies distintas (eso si, non nos mesmos sitos). ¡Y mira que quedaba tan curiosín y perfecto se el diminutivo fora namáis pral crustáceo pequenín y el aumentativo se reservara pral molusco, que ten a cáscara máis grande! Pro el mundo del vocabulario é asina d’arrevesao.

Einda hai máis voltas na denominación del mexigón. Se seguimos contra el leste, entrando nos portos unde se fala asturiano, en Veiga chámanye vexigón y mixigón. Alternando cua forma casteyana, imos atopando estas variantes y outras como muxigón, hasta que chegamos a os portos da zona central, unde se recoyen denominacióis como mexillón, mosillón, muxón, moxón, muxión ou musión, con variacióis nas vocales átonas, máis ou menos abertas, y cua despalatalización dacondo del –x– a –s-. Nos puntos máis orientales xa entra outro tipo de nome: morcillón y morción.

Se imos pral oeste, al dominio galego-portugués, el nome habitual é mexillón (en portugués, mexilhão), anque en ben de portos galegos, aparte de variantes como merxillón ou morxillón, tamén se diz muito mexilón. Por seguir a secuencia das variacióis xeográficas contra el oeste, Ríos Panisse, a investigadora qu’estudióu el vocabulario galego da fauna marítima, recoye nas Figueiras muxillón, mentres qu’en Ribadeo anotóu mexillón y mexigón, y en Rinlo, muxillón y munxillón.

Xa son muitos datos y, pra nun perder el filo, hai que falar da etimoloxía da palabra. Eso vai darnos dalgúas claves pra interpretar todo este feixe de variantes. Coromines propón un étimo hipotético del latín hispánico, *muscellione, que sería un aumentativo de muscellu, forma qu’é un diminutivo d’un xeito de chamar al molusco en latín: musculu. Polo tanto (y esta é a primeira clave importante), ese –ll– de mexillón (y de mexilhão) viría da evolución del grupo –lj– qu’hai en muscellione. Como xa temos esplicao máis veces, ese grupo evolucionóu a -ll- en galego-portugués, a -y- en asturiano y a -j- en casteyano. Se esa sílaba final –llón  é el resultao galego-portugués, ¿cómo s’esplica entoncias qu’haxa portos en Galicia unde dicen mexilón? Ríos Panisse pensa que se trata d’un hipergaleguismo y recorda como exemplo el híbrido cuchilo (por cuchillo ou coitelo).

De seguro que xa daquén se precataría a estas alturas de qu’en casteyano a palabra mejillón nun pode ser patrimonial senón que ten que ser un empréstamo del galego-portugués, porque se non tería que dicirse algo así como *mejijón. Pois resulta qu’en portos de Cantabria inda ye chaman a este molusco mocejón y mazajón.

Mexigóis nun sito pouco accesible entre pedras na praya del Mayolo. Serantes (Tapia) (9-8-2017).

Se xa houbo quen se precatóu de qu’ese -ll- nun encaxaba en casteyano, de seguro que tamén repararía en que tampouco nun concuaya cua evolución fonética del asturiano, que tería que dar un resultao con -y-. Nas formas muxión ou morción temos a clave: pra que se chegara a elas tuvo qu’haber primeiro úa cayida del -y-. Así qu’esos datos asturianos que se citaron con -ll- (mexillón, mosillón, morcillón), se nun son trescripcióis incorrectas por yeísmo del encuestador, tein que tratarse de hipercorreccióis influídas pola forma casteyana. García Arias propón úa evolución hacía as denominacióis asturianas d’este xeito: prá forma máis oriental, *muscellione > *mosceyón > *morceyón > morciyón < morción (nesta vía poden encaxar os resultaos cántabros xa ditos de mocejón y mazajón). Y prá forma central, *mosceyón > *moxeyón > moxión > moxón. D’ei virían outras variantes posteriores como muxón ou musión. En conto a muxigón, esplícalo como un -g- antihiático dende muxión. Y pra esplicar vexigón, pensa nel influxo da palabra asturiana vexigón ‘folle’. Todos esos cambeos fonéticos son bus d’esplicar (por exemplo, el rotacismo de -s- a -r-, ou tamén a confusión de bilabiales sonoras -m-/-b-), pro de seguro que pesóu el cruce con vexiga y tamén con morciya pral caso da denominación máis oriental.

Anque nun dispoña de datos de vexigón en galego-asturiano, tou na fe de que se tuvo que dicir, porque esa idea de ‘vexiga’ ten que tar detrás del nome, éste si ben constatao, de mixigón (uso mexigón por criterios normativos, igual qu’hai qu’escribir vexiga y non vixiga). El cruce, como xa se señalóu pral caso da forma asturiana, viría favorecido pola confusión de bilabiales sonoras (binoca/minoca, milango/bilango, buñuelo/muñuelo) y, nel plano del significao, pola idea común d’úa forma arredondiada que zarra daqué (a idea de zarrar daqué tamén taba na denominación d’houcha).

Nestos cruces entre vexiga y muxiyón, igual ta tamén metida outra palabra: el coxiyo ‘erupción nel peleyo’, ‘grao, espía atribuída á picadura d’un bicho’, que, igual qu’a vexiga, é un tipo d’afección cutánea. D’este xeito podía esplicarse a forma cuxigón que recoye Barriuso en Tapia. Outra posibilidá é que teña que ver con coxigón ou couxigón ‘zanca d’ave’, palabra que nun se constata, qu’eu sepa, na marina estremooccidental asturiana.

Pra rematar, anque poda resultar redundante, hai que recordar qu’as formas recoyidas con -ll- na parte costeira d’Asturias unde se fala galego-asturiano deben ser en realidá con –y-. Xa s’esplicóu outras veces qu’a evolución del grupo -lj- estrema el territorio eonaviego en dúas zonas: úa unde se dan resultaos consonánticos de tipo galego-portugués (muliere > muller, folia > folla, palea > palla) y que, resumindo muito, coye dúas parroquias da Veiga (Abres y Guiar), San Tiso d’Abres, Taramunde, os tres Ozcos, Grandas y Ibias; y outra de resultaos de tipo asturlionés, con -y- (muyer, foya, paya), qu’abarca el resto del conceyo da Veiga y os de Castripol, Tapia, El Franco, Cuaña, Bual, Eilao, Pezós, Navia, Villayón y Ayande. Nesta segunda zona é unde tán os nosos portos marineiros y unde podemos ver os mexigóis nel sou medio natural.

6 opinións sobre “Mexigón (Mytilus spp.) 

  1. Conchita Á. Lebredo

    Prestoume muitísimo esta entrada, como sempre. Pola cantidá de datos que dás y lo ben espricaos que tán, y tamén pola coincidencia de qu’hai ben poucos días que renembraba eu esta palabra y pensaba, como tu dices, en lo rápido que se remprazan as palabras propias y s’esqueicen as veyas.
    Tou d’acordo contigo en que na forma tapiega con -g- ten que ver a palabra ‘vexiga’ y el sou aumentativo ‘vexigón’/’vixigón’ (por cruce ou por procedendia directa). Lo que nun entendo é por qué recurrir (como fai Coromines y outros muitos que lo siguen) a ‘MUSCULUS’/*MUSCELLIONE, se temos ei el latín MYTILUS, que era como os romanos chamaban a parte comestible (‘edulis”, he, he) dos moluscos bivalvos, y que probablemente deu tamén a nosa palabra ‘ameixola’ (casteyano “almeja”, galego común ´”ameixa”), unde el a- inicial pinta ser protética, por fonética sintáctica (algunhos dicen que del al- árabe, eu nun lo creo; el -l- casteyano de “almeja” sí pode ser por analoxía con outras formacióis d’orixe árabe). Frente a *mytileula > *mitiliola > meixola > a meixola (molusco bivalvo pequeno), teríamos el aumentativo (que taría detrás das formás mexillón/mexilón/mejillón) pr’al molusco grande. Por certo, detrás del nome de Mitilene, a capital del isla de Lesbos, tamén s’escondería esta mesma etimoloxía. Debían ser buenísmos os mixigóis d’alí. ; )
    Encantóume a denominación “houcha” pra os mexigóis ruíos que quedan nas penas. Muitísimas gracias pol tou trabayo de difusión.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, nía. Pois nun sei qué dicir. Chama ese outro étimo máis “clásico” que propóis, pro el étimo de Coromines encaxa miyor con outros resultaos (mira el musclo del catálán ou el mussel del inglés). Xa anduvera mirando etimoloxías por se dalgún día falaba del ameixa/ameixola y paréceme qu’a proposta *pruna (d)amascia esplica ben os resultaos galegos y asturianos. É que ¿cómo s’esplican dende mytilus resultaos con -x- (muxiyón) y con -z-(mocejón)? Cua proposta de Coromines, ese grupo -sc- esplica as dúas posibilidades (como en asciata > eixada/azada, piscem > pexe/pez). Y na reiz é raro que nun se mantuvera el diptongo, anque quede en posición átona (as formas actuales como a que dá Vares de meixuyón ben poden ser analoxías modernas). Nun sei, a verdá. Eu xa perdo pé se me meto en tantas fonduras. Quero miyor andar pola veira. 😉

      Gústame

      Resposta
  2. coraluxio

    Mui búas outra vez.
    ¡Qué ben de cousas aprendemos gracias ás túas entradas neste espacio!
    Só úa cousía: Mytilus edulis e Mytilus galloprovincialis son los dóus autóctonos. Efectivamente, o galloprovincialis é úa peligrosa especie invasora… fora de eiquí. Nós tambén exportamos invasores, por desgracia.
    Pego un extracto dúa tesis doutoral sobre este tema (Borja Díaz Puente, 2014 –2018Disertación de Tesis Doctoral de la Universidad de VigoEvaluación de la dinámica poblacional y de la variabilidad genética del mejillón cultivado, Mytilus galloprovincialis.Universidad de Vigo, Vigo, Pontevedra, España. Octubre de 2018):

    “Mytilus galloprovincialispresenta un rango de distribución natural que abarca el Mar Mediterráneo (Hickman,1992) y la costa atlántica oriental, desde Irlanda y Reino Unido (Gosling,1992) hasta la costa africana septentrional (Comesañaetal.,1998;Ouagajjou et al., 2010). Pero también ha sido observado en Islandia (Varvio et al., 1988) y en Groenlandia (Wanamaker et al., 2007). Por otro lado, esta especie también se encuentra a lo largo de las zonas costeras de otros continentes debido principalmente a la acción antropogénica, bien de manera accidental o deliberada, como la costa pacífica de Norteamérica (California) (McDonaldyKoehn,1988), Japón (Wilkinsetal.,1983), Hong Kong (LeeyMorton,1985), Sudáfrica (GrantyCherry,1985), Chile o Australia (Gérardetal.,2008;Hilbishetal.,2000). En Europa además de M. galloprovincialisexisten otras dos especies del mismo género, M. edulis yM. trossulus.Con respectoa M. edulisaún existe cierto debate acerca del estatus taxonómico de ambas especies, ya que sus distribuciones se solapan a lo largo de 2.000 km de costa noratlántica, dando lugar a una zona en la que se han encontrado poblaciones con individuos híbridosfértiles (Daguin et al., 2001). Debido a su gran tolerancia a la variabilidad ambiental, adaptabilidad, resistencia a la desecación o a la exposición al aire, M. galloprovincialis es capaz de colonizar y formar poblaciones naturales fuera de su rango de distribución natural. Por ello, se encuentra ampliamente distribuida y forma parte de la lista de las “100 especies exóticas más invasoras” (Global Invasive Species Database, 2018)”.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias pol tou comentario. Xa lera dalgúas cousas sobre este tema, pro nun me quixen meter en máis fonduras de biólogo, que nun lo soi. Igual nun m’espliquéi ben nel post, pro nun digo nayundes que nun sía autóctono Mytilus galloprovincialis. Namáis que M. edulis, polo que lin, ta sendo desprazao d’unde era propio por M. galloprovincialis.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s