Xungo (Juncus spp.)

Chanteira de xungos na praya de Penarronda (Castripol) (8/7/2012).

É normal que nun haxa un nome popular pra cada especie vexetal, por mui común que seña, y qu’a xente chame del mesmo xeito ás razas que s’asomeñan. Este é el caso del xungo ou xunco, formas que s’usan en galego-asturiano pra chamar ás especies del xénero Juncus que se dan na zona, como Juncus maritimus, J. acutus, J. inflexus, J. gerardi, etc. Esa indefinición de qué especie concreta é esprésase poñendo namáis el nome xenérico y amecendo despóis (en letra redonda) el abreviatura spp., del latín species: Juncus spp. Así y todo nun é descartable que tamén chamen xungo a outras especies da mesma traza pro d’outros xéneros.

El xénero Juncus caracterízase por ser propio de sitos moyaos, como moledóis, veiras de ríos y, claro, xungueiras. A pranta é de sección cilíndrica y ten na punta as flores, de color apardazao, como se foran gra. De nenos enredábamos pelando os xungos y esmiuzando a miola branca da pranta. Tamén se fían trincas cos elos, porque son largos, lisos y flesibles. Acórdome de mía bola enrestrando cebolas axudándose de xungos.

En conto al nome, é normal, ás veces na mesma zona, a variación entre -g- y -c- (xungo / xunco), que tamén se dá en galego y en asturiano. Ta malo d’atopar un reparto xeográfico claro dos resultaos. Os vocabularios eonaviegos dan el dato de xungo en Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Monón y Castaedo; y de xunco, na Veiga, Eilao y na parroquia de Ponticella (Villayón). Precisamente en Poxos, na parroquia de Ponticella, el que recoyín foi a forma xungo, col que se confirma esa variabilidá nos resultaos hasta nun mesmo sito. Tamén teño el nome de xungo apuntao en Mourentán (Ibias), Bustapena (Vilanova), San Xuyán (El Franco), y Anlleo y Villouril (Navia). De xunco namáis teño datos de Zreixido (A Veiga) y O Chao (San Tiso). Fernández Vior esplica nel sou vocabulario da Veiga que xunqueira, a forma común nel conceyo pra chamar os sitos unde hai muitas prantas d’este xénero, alterna con xungueira na parte costeira que testa con Castripol. Eu sentín a forma xunqueira en Granda, al pé da Ría, ben cerquía da vila de Castripol. Acevedo y Fernández tamén recoyen nel sou vocabulario a palabra xuncal. Pódese ver con todos estos datos qu’a forma con -g- é a máis estendida nel Navia-Eo y qu’as formas con -c- danse máis ben nas veiras noroccidental y oriental.

Xungos na Xungueira (Tapia) (11/10/2014).

En galego, como xa se dixo, danse xunco y xungo, ben veces convivindo nos mesmos sitos. É máis común a forma con -c- y, cos datos qu’hai, nun se ve úa repartición xeográfica clara. Se acaso, na provincia de Lugo pódese estremar úa zona central de xungo, en continuidá cua del galego-asturiano, porque al norte y al sur lugués os datos son de xunco. En asturiano tamén se dá esa variación fonética y as formas repártense pol territorio sin úa distribución marcada: xuncu y xungu, cuas variantes xunclu, xóncalu, xunglu, xúngalu… En casteyano, a forma pras especies del xénero Juncus é junco.

Xa se falóu de xungueiras y xuncales, pro einda temos máis palabras derivadas del latín iuncus: Acevedo y Fernández recoyen el adxetivo xungoso ou xuncoso pra chamar un sito unde se dá muito esta pranta. Ademáis, a presencia del xungo dá nome a muitos paraxes, dalgús ben conocidos como A Xungueira, na volta que fai el Río del Enguileiro en Tapia antias de chegar á Praya dos Campos y unde ta el campo de fútbol del Real Tapia. Todo por alredor da Xungueira vai úa carretera. Antias de chegar á praya hai úa desviadeira que sube á esquerda camín da Lama y Serantes. Aquelo ta mui desfigurao pola carretera, pro supoño que dacondo entraría el río y taría enchagozao. Esa parte chámase Xungos Maríos, un nome ben guapo que fala de cómo a xungueira s’enche d’augua salada condo ta de mar chen. Se houbera dacondo que discurrir un nome pra cada úa das especies, como se fai en todas as linguas, este topónimo ben valía pra chamar al Juncus maritimus en galego-asturiano: xungo marín.

Advertisement

8 opinións sobre “Xungo (Juncus spp.)

  1. bibliolaboral

    No Loureiro, Taramundi, tamén chamamos ‘xungo’ a planta de esta entrada e ‘xonza’ o Cyperus longus, de distribución parecida a anterior pro mas resistente e de sección triangular co as aristas muy marcadas.

    Gústame

    Resposta
  2. F.

    En Vilanova (Ayande), pregunté a la güela de la casa y dixo xungo, y un nietu dixo les dos, xungo y xunco. Y como tábamos falando d’eso, salió lamorcal, que supongo será lo mesmo que lameira.

    Gústame

    Resposta
  3. F.

    En Las Montañas (Cangas) dicen xunglu y n’El Valledor paezme que xungo.
    Nun sabía lo que son moledóis, busqué y topé la toponimia de Serantes, onde diz que son los praos o tierres mui moyaes, ¿entós ye lo mesmo que les llamargues?
    Otra cosa, en 2011 falaben de tirar el campu de fútbol d’A Xungueira pa recuperar la marisma, ¿en qué pararía aquello? A ver si é verdá.

    Gústame

    Resposta
    1. poutaloba Autor/a do artigo

      Se podes, has a confirmar el dato ayandés, cua localidá concreta.
      En conto a os moledóis ou moledas son sitos mui enchumazaos, chíos d’augua, anque entendo que se los pisas muito acaban fendo úa lameira ou llamuerga, como se diz en asturiano.
      De tirar el campo de fútbol xa s’encargóu úa vaga de mar terrible a primeiros d’este ano.

      Gústame

      Resposta
      1. albiua

        En Andés (Navia) temos algús praos que son molledas, abondo cheos d’augua como pa puer los pes ben en llama. Pero por acó penso que nun me tocóu a mín ouguir nunca las palabras “moledóis” ou “lameiras”.

        Gústame

  4. albiúa

    Nel pueblo d´Andés (Navia) chámaseye xungo, ya al sito unde medra, xungueira. En Navia siempre houbo muito xungo desde´l Pardo hasta Veiga d´Arenas, ou sea, desde más ou menos unde tan agora los institutos de despós del astillero, hasta la praya. Por ehi po´l Pardo tía xente d`Andés praos, ya inda hoy los fiyos d´esa xente nun s´esqueiceron de que houbo us tempos nos que s´iba busca´l xungo pa amañalo como si fora ganza, pa muyi´los bois, las vacas, ya outros animales.

    Liked by 1 person

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s