Arquivo por etiquetas: ferreirin

Paporrubio (Erithacus rubecula)

Monte Altu

Paporrubio pousao núa cana nel parque del Monte Altu (Uvieo) (22/11/2020).

Todas as linguas tein pra os sous falantes espresióis que yes resultan mui queridas. Pode qu’al dicilas se yes renembre, como se fora un conxuro, daquén que las usaba. Pode que sían, sin máis, palabras guapas, palabras que deixan bon gusto al mazcalas. Hai úa espresión que me presta muito, que s’usaba na mía casa y seguro que muita xente conocerá. Condo ques dicirye a daquén que sabes úa cousa que ten que ver con él, pro buscas darye un aire de misterio, y tamén de compricidá, empezas d’este xeito: «Díxome un paxarín del papo marelo que…».

Hasta que nun empecéi a interesarme pola ornitonimia en galego-asturiano nun me precatara de que paxarín del papo marelo era en Mántaras ún dos xeitos de chamarye, ademáis de papo marelo a secas, al paporrubio (Erithacus rubecula), ese páxaro miudo y regordeto, dos oyos y el piquín mouros, con úa mancha colorada ben chamadeira nel papo. El específico del nome científico destaca precisamente esa característica da súa color, porque rubecula é un diminutivo del latín rubeus ‘colorao’. A forma estándar casteyana, petirrojo, tamén é un composto que fala da color del sou peto.

É un páxarín bon de ver porque nun é miga esguitón. Sintes nun árbol ou nun valao a súa voz de reclamo, como chip-chip, y axina lo ves ei pousao. Condo t’achegas pra velo miyor ou sacarye úa foto, tarda en escapar, como se tuvera pousando pra ti. Nun m’esqueice úa escena que vin en Quirós: úa muyer tía un paporrubio que se ye presentaba na corrada y ela dábaye faraguyas de pan. El paxarín pousábaseye nel colo y na mao a comer.

Dependendo da edá, pro tamén da postura, el paporrubio non sempre ten esa parecencia regordeta. Llatores (Uvieo) (28/11/2020).

El paporrubio ten un canto mui guapo, tanto qu’en Mántaras tamén ye chaman el gueiteiro, como se el páxaro fora un músico y el sou piar foran as voltas y revoltas del sonido da gaita repinicando.

Al ser un ave tan conocida, dispoñemos d’us contos datos publicaos sobre a súa denominación en galego-asturiano. Ademáis dos nomes xa ditos recoyidos nel vocabulario de Mántaras, el de paporrubio rexístranlo os da Veiga, Eilao y Bual. El da Roda recoye a forma papo colorado y el del Franco, ferreirín. Nel nomenclátor da web de Sabencia, grupo que, entre outras cousas, estudia a bionimia en Asturias, recoyen na nosa zona as denominacióis de ranchín en Pezós y Navia, y de reitán en Navia, anque nun especifican en qué zona lingüística del conceyo naviego, se na del galego-asturiano ou na del asturiano.

Teño ademáis muitos datos inéditos, pro, pra nun alouriar xa con detalles, tou na fe de qu’é miyor fer primeiro un resume del panorama terminolóxico na zona estremooccidental d’Asturias que se pode dibuxar cos datos publicaos y os inéditos, pra despóis cuntar dafeito únde recoyín as informacióis orales.

Paprorrubio núa cana. El Barcu, na parroquia de Les Caldes (Uvieo) (14/11/2020).

A primeira constatación que se pode fer é qu’a forma máis estendida nel territorio del Navia-Eo é a de paporrubio, un término que fai referencia á color del paxarín na parte del corpo debaxo del pico, el papo. É úa palabra composta, xuntoiro d’un sustantivo máis un adxetivo, como se comproba con dalgúa xente que lo pronuncía einda con dous acentos, papo rubio, y fai el plural dicindo papos rubios y non paporrubios. En realidá, paporrubio vén d’outra denominación anterior, máis larga, qu’é a pura descripción del ave: páxaro ou paxarín del papo rubio. Polo tanto, a evolución foi páxaro del papo rubio > papo rubio > paporrubio.

Outras variacióis nel nome vein de cambiar el sustantivo ou el adxetivo d’ese composto por outro sinónimo. Hai unde, nel sito de falar de papo, falan de barba ou barbía, y hai unde, nel sito d’usar rubio, usan marelo (tamén marello) ou colorao (tamén colorado). Os sustantivos barba ou barbía úsanse en galego-asturiano tanto pra falar del pelo que sal na cara como pra referirse á parte da queixada que sobresal debaxo da boca: Cayéu y levóu un golpe na barbía. Os resultaos qu’encontréi con estas variacióis de sustantivo y adxetivo nun cubren toda a combinatoria posible nin todas as fases da evolución dende as formas máis largas, pro de seguro que, se dera xuntao máis información, iban atoparse muitas das que faltan. Rexistréi as formas páxaro da barba marella, barba marella, barbía marella, barbías marellas, paxarín del papo marelo, papo marelo, papo marello, páxaro del papo colorao, papín colora(d)o y papo colora(d)o. Hai que fer notar que nun atopéi combinacióis barbía + colorada.

Hai outras denominacióis, ademáis da xa dita de gueiteiro, que nun tein miga que ver cua coloración del papo. Úa d’elas é a de reichín. Tamén recoyín a variante reicha, que pode ser úa creación posterior quitándoye el diminutivo a reichín. Xa se falóu d’esta palabra al referirse al rinchín (Coccinella septempunctata), insecto tamén conocido como reichín. Dudábamos de cuál fora a especie que primeiro levara ese nome y que despóis pasara al outra, se el bichín ou el páxaro. Así y todo, dicíamos, é un empréstamo bon d’esplicar al ser os dous mui apreciaos pola xente. En conto á etimoloxía, al haber denominacióis pral insecto como rei ou reinín, comentábase a posibilidá de que fora un diminutivo d’esa palabra ou, pral caso del páxaro, que tuvera úa esplicación onamatopéyica. El dato de ranchín de Pezós y Navia que dá a web de Sabencia encaxa con este viaxe de nomes entre el insecto y el páxaro, porque ranchín ou ranchía é como ye chaman en muitos sitos del Navia-Eo a Coccinella septempunctata.

Paporrubio picotiando nun prao del parque dos Catalanes (Uvieo) (28/11/2020).

Hai outra clas de denominación en galego-asturiano que se trata d’un asturianismo: reitán, roitán ou raitán, forma ésta qu’é a máis común en asturiano. Nun deixa de ser chamadeira a coincidencia de reit– col tipo anterior reich-, anque pinta que -ei- é úa evolución dende -ai– por tar en posición átona, como pasa con reigón (< raigón), reigaño (<raigaño) ou Reimundo (< Raimundo).

Pra rematar este recorrido quédanos el nome de ferreirín, que xa se comentóu al falar del charchar (Saxicola rubicola) que se trata d’úa denominación compartida con outras aves, neste caso ben sei que pola comparanza da color del sou papo cua del ferruxo qu’enche todo el trabayo dos ferreiros.

Pois, desque xa tán apuntadas as linias xenerales de cómo se chama en galego-asturiano, queda señalar ún por ún esos datos inéditos dos que faléi al empezar. Y tamén ta ben recordar qu’ás veces nun mesmo sito recoyéuse máis d’úa denominación.

Os pitíos de paporrubio son tan grandes como os adultos, pro son pintos y apardazaos. Este taba brincando de cana en cana d’úa aveyaneira nel Valle Angón (Amieva) (19/8/2020).

Empezando pol tipo máis común y repartido por todo el territorio (papo + rubio), apuntéi a forma páxaro del papo rubio en Vilarín y Brañatruiye (Castripol), Folgueiras (A Veiga), Penacova (Vilanova d’Ozcos), Castro (Grandas), Corondeño (Ayande) y Ouria (Bual). En Valdeferreiros (Ibias), páxaro do papo rubio, col artículo o propio da fala d’alí. Con diminitivo, paxarín del papo rubio, dixéronmo nos Niseiros (Castripol) y Cachafol (Eilao). A forma con dous acentos, papo rubio, déronma nel Valín y en Barres (Castripol), y Santolín (Ibias). En conto á forma con un acento, paporrubio, recoyínla en Freixe (Taramunde), Santalla (Santalla d’Ozcos), Batribán, Busdemouros y A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos), Penzol (A Veiga), A Granda, As Figueiras, A Bouza, El Valín, As Campas, El Grilo, Sabugo, Lantoira, Tabes, Balmonte, Obanza y Santa Colomba (Castripol), Valdepares, El Chao das Trabas, Villarín, Villalmarzo y Llobredo (El Franco), Santesteba, Trelles y Vivedro (Cuaña), Cova y Rozadas (Bual), Navia, El Monte, Sante y Villouril (Navia), Navedo y Sarzol (Eilao), Sanzo y Pezós (Pezós), Penafonte y Grandas (Grandas), y Carbueiro y Tormaleo (Ibias).

Del tipo papo + colora(d)o teño menos datos y coyen menos territorio. Déronme a forma páxaro del papo colorado en San Xuyán (El Franco) y páxaro del papo colorao en Limayosa (Tapia). En Ouria (Taramunde), papín colorado; en Salave (Tapia), papín colorao. Sin diminutivo, dixéronme papo colorado na Roda (Tapia), San Xuyán (El Franco) y Vilela (San Tiso d’Abres). Y papo colorao en Villalmarzo (El Franco) y Zreixido (A Veiga).

El territorio unde rexistréi formas del tipo papo + marelo coye puntos da marina entre Tapia y Cuaña: paxarín del papo marelo y papo marelo en Mántaras (Tapia), y papo marello na Folgueirosa (El Franco) y Cartavio (Cuaña).

Pódese ver ben el color apardazao del paporrubio, menos chamadeiro qu’el colorao del papo. Les Caldes (Uvieo) (3/10/2020).

Máis pequena einda, núa parte del conceyo del Franco, é a zona unde constatéi el tipo barba + marella: páxaro da barba marella (A Nogueira), a barba marella (Miudes), a barbía marella (Villar) y el barbías marellas (Godella).

Coye sitos de Castripol y A Veiga a zona unde ye chaman reichín: As Campas, El Preiral y Siares (Castripol), Porzún, Tremiado y Zreixido (A Veiga). Na Mundiña (A Veiga), dixéronme reicha.

En conto al tipo reitán, dase en continuidá territorial col asturiano occidental y, seguramente pola influencia da villa de Navia, entra nel territorio de Cuaña: déronmo en Xarrio (Cuaña), Navia y Salcedo (Navia). A variante roitán dixéronma en Ortigueira y raitán, en Andés (Navia).

Como xa se dixo, a denominación de gueiteiro namáis la sentín en Mántaras (Tapia) y a de ferreirín, que recoye el vocabulario del Franco, tamén ma confirmaron en Lloza (Cuaña).

En galego tamén pinta ser paporrubio a forma máis estendida, cuas variantes paporruibo, paporroibo, paparrubio, paparrubia, paparroi y paporroi, ademáis d’outras denominacióis como paporroxo, pisco, paifoque, peizoque, maceirento y maceirudo.

A forma máis común en asturiano é raitán (tamén raitana), cua variante reitán sobre todo nel occidente. Por exemplo, na zona de fala asturiana de Navia, é como ye chaman en Tox y en Vigu y Santa Marina. En asturiano hai tamén denominacióis basadas nel color como papu coloráu ou papín coloráu y outras máis minoritarias como papu bermeyu, paparroxa, paparroxu, papurrubiu ou pimentera. Na web de Sabencia recoyen aparte as formas reita, rinchán, ritán y tatá. Col dato de reita (< reitán) volve renembrárseme a relación xa apuntada con reicha (< reichín).

Charchar (Saxicola rubicola)

Exemplar de charchar macho pousao derriba d’un toxo nas arribadas da praya de Torimbia (Llanes) (18/7/2020).

Acórdome d’aquel día y del sito como se fora hoi. Debéu ser a últimos dos anos 80 del siglo pasao, que xa chovéu. Baxaba pra Mántaras dende El Cortaficio pol Camín Veyo acompañao de Pepe del Bourio, que tuvera a paciencia de vir comigo a dicirme nomes de prantas. Iba eu cada pouco parando y perguntando: «¿Y a esta herba cómo ye chamades?», «¿y a esta outra…?». Nesto, señalóume pra un paxarín que taba cantando nel pico d’us artos: «Mira, un bichacho». Eu nun sabía miga de páxaros (agora nun sei muito, pro daquela nun sabía nin papa), así que tentéi de recordar a traza y apuntéi, pra despóis buscalo nos libros, algo asina como «paxarín da cabeza y costas mouras, col peto colorao y con úa tiría branca nos laos del pescozo». Quedóume grabao tamén el reclamo que fía, con un xiprido curtio y un cruxido seco repetido. Precisamente el nome de bichacho é claramente onomatopéyico, tentando d’arromendar esos dous sonidos.

Axina voléi na especie: Saxicola rubicola. En realidá, el qu’atopara fora Saxicola torquatus, qu’é el nome científico que se vía usando pra referirse al noso paxarín, pro qu’agora ta en discusión porque, según análisis d’ADN, hai que reordenar todo el complexo d’especies d’este xénero Saxicola, deixando S. torquatus prá variedá africana y chamando S. rubicola á europea. Tamén souben despóis qu’el que vira aquel día era un macho da especie col plumaxe del brao, porque as femas y os pitíos qu’inda nun son grandes tein colores máis apardazaos, sin esa cabeza moura y esa mancha branca marcada nel pescozo tan chamadeiras. Outro detalle característico da especie son as patías, que son sempre mouras. Trátase d’un ave sedentaria, anque prá montaña, condo é inverno, cuasemente desaparece toda a población.

As femas y os inmaduros da especie tein el colorido muito menos marcao. A Ribeira Nova (Mántaras, Tapia) (29/8/2020).

El nome xenérico de Saxicola quer dicir ‘que vive nas pedras’ y el epíteto específico rubicola significa ‘que vive nos artos’. Esa é úa das súas características, porque é nas arteiras mestas unde anía y é nel pico d’elas unde lo podemos ver mui a miudo. Pro ta claro qu’el que máis ten chamao el atención á nosa xente é ese ruido peculiar que fai col sou reclamo. D’ei as denominacióis que ten en galego-asturiano y, como imos ver, tamén en asturiano y en galego.

Xa faléi ben veces dos problemas dos vocabularios y a súa pouca precisión al hora d’identificar as especies vexetales. Nel caso dos páxaros é aparecido. Non solo pola pouca formación en Bioloxía que temos os que nos dedicamos a recoyer palabras senón porque nun é tan fácil amostraryos a quen nos informa pra que nos diga cómo yes chama. Y as fotos engañan muito, porque a xente ta avezada a velos de lonxe y non tán cerca como salen nelas. Eso si, os qu’anduveron de pequenos cazando páxaros con liga, si que saben ben cómo son. El problema é que, por desgracia, d’esos informantes xa deben quedar poucos. Por eso, ás veces é miyor saber ben as dúas ou tres características chamadeiras da especie pra esplicalas y qu’a xente diga: «Ah, si, xa sei el que me dices». Nel caso que nos ocupa, recoyín abondas denominacióis con facilidá namáis con arromendar el reclamo del bichacho. Tamén a xente tentaba de reproducir con palabras el que sentían y us atesaban que dicía «bicha-bicha» y outros, que «chacho-chacho». Anque tamén ten un canto guapo, pirlando como el que máis, é ese ruido repetido el que lo fai reconocible. Na rede hai un feixe de sitos unde escuitalo.

Exemplar de charchar pousao nun arto derriba del ribeiro de Turbela (Mántaras, Tapia) (29/8/2010).

Temos poucos datos sobre esta especie nos vocabularios locales. El da Veiga recoye bichachá, mentres qu’el de Bual define charchás como ‘herrerillo’, igual que fai el da Roda (Tapia) con charchar. El d’herrerillo é a denominación casteyana d’outra especie ben diferente (Cyanistes caeruleus). Como recoyín pral bichacho el nome de charchar na Grandela y en Rapalcuarto (Tapia), y en Ouria (Bual) dixéronme que ye chamaban charchás, tou na fe de qu’esos datos dos libros correspóndense col noso paxarín. A denominación de charchar é a máis estendida en galego-asturiano. Déronma ademáis nas Campas, El Valín, Sabugo y Leirío (Castripol), en Vivedro (Cuaña), nel Monte (Navia), en Santolín (Ibias) y en Busdemouros (Vilanova d’Ozcos). Con un diminutivo, charcharín, esplicable polo miudo qu’é el paxarín, chámanye en Cartavio (Cuaña). A esplicación del nome é evidentemente onomatopéyica, anque se centra nel chasquido (char-char) y quita a representación del piar qu’aparece na sílaba bi– de bichacho y bichachá. Recoyín máis variacióis sobre esa repetición da onomatopeya. Chámanye chirchar nel Chao das Trabas y A Braña (El Franco) y en Barres (Castripol). Na Mundiña (A Veiga), chaschás. Quizabes sían intentos de marcar un xénero, como pode pasar en bichacho, as formas charcho, que me dixeron en Salcedo (Santalla d’Ozcos), y charcha, que me deron en Busmente (Vilanova d’Ozcos). A partir del -chacho de bichacho, pro col sufixo –eiro, amañóuse a denominación que sentín en Zreixido y en Tremiado (A Veiga): chacheiro.

Recoyín outro nome que podía pensarse de primeiras qu’é úa confusión, pro déronmo en tres sitos, dalgús con continuidá territorial: ferreiro, que me dixeron en Salave (Tapia) y en Villar, na parroquia franquía de Miudes; y ferreirín, que me deron como propio de Valdepares (El Franco), parroquia fonteiriza cua tapiega de Campos y Salave. Falo de posible confusión porque ese nome aveza a usarse en galego-asturiano pra chamar outra especie, Phoenicurus ochrurus, pro ten a súa esplicación se pensamos qu’ese cruxido que fai el charchar se poda comparar col golpe del ferreiro mazando na forxa, igual que pasa con outras denominacióis de bichos basadas en comparanzas con oficios humanos. A esplicación que dan pral nome casteyano d’herrerillo vén precisamente d’eso, del canto del paxarín, que pode entenderse con un pouco d’imaxinación como el ruido del martelo dando nel incra. El vocabulario da Roda, parroquia que ta al pé da de Valdepares, recoye ese nome, ferreirín, anque namáis lo define como ‘páxaro pequeno y pardo’, pro ten que tratarse del noso.

Charchar nun valao derriba del ribeiro de Turbela (Mántaras, Tapia) (30/8/2020).

As denominacióis en asturiano tamén son onomatopéyicas, dalgúas coincidentes cuas del galego-asturiano, como charchar, ou aparecidas, como becharchar ou birchachás. Outros xeitos de chamarye son charraplada, chicharru, rechárchara, richarte, zarzar, bichar y birchu, todos ben onomatopéyicos. Pol sou avezo de pousarse en sitos altos (como artos, toxos y tamén mangos y postes) pra outiar os insectos y, desque los pañan, volver al porondico pra comelos, tamén recibe el nome de cagamangos ou cagapraos. Por causa da color moura da cabeza y das costas nel macho ten que ser a denominación que tamén ye dan de carbonera ou carboneru.

En conto al galego, chámanye con nomes como chasco, chasca, chácaro, charchego ou charra, ademáis de chaschás, denominación esta que xa vimos que se dá tamén en galego-asturiano.

Ben sei qu’a denominación estándar en casteyano tía basada na onomatopeya, porque ye chaman tarabilla. Esa palabra ten equivalente na nosa lingua: tarabela, úa peza del molín qu’é úa trabía pousada na mola que, condo se move, axenega a caleya, por unde cai el grao que ta na moxega. Pro hai outros nomes populares casteyanos pra chamar al paxarín: por exemplo, en sitos de Córdoba chámanye cagaestacas, cagarrache, tronchaestiles, aperaor, aperaorcillo, por ese avezo que ten de pousarse nos mangos das ferramentas.