Arquivo por etiquetas: Digitalis purpurea

Arto (Rubus spp.)

Recimo d’amoras nun valao de Penanes (Morcín) (8/9/2015).

¿Quén nun foi ás amoras condo era rapacín? Esas frutías que nos brinda el final del brao sempre foron el ayalga buscada nos valaos polas cuadriyas de nenos y nenas. Eu teño el recordo d’ir con úa caxa de cartón de galletas pra ir metendo nela el botín. Despóis, xa na casa, vía el operación de lavalas y pisalas con un tenedor pra fer viño y mezcrar as amoras estrapeladas con ben azucre.

Cuas concentracióis parcelarias y as pistas novas que se fixeron desapareceron muitos suqueiros, noiros y valaos qu’eran el sito al xeito pra que saliran as prantas que dan as amoras: os artos ou silvas (Rubus spp.). A sustitución del epíteto ou nome específico da especie por ese spp. significa que chamamos con esos nomes populares a úas contas especies del xénero Rubus. Efectivamente, hai muitas razas mui aparecidas que pra os que somos profanos na materia tán malas d’estremar: a todas esas prantas con espías que cubren os valaos, que dan amoras y que tein esas foyías aparecidas á foya da lameira (Ulmus minor) chamámoyes artos. A especie máis común d’arto nel occidente é Rubus ulmifolius (nome científico que significa algo asina como ‘arto da foya como a lameira’), pro hai outras que se dan aquí, como R. henriquesii, R. galloecicus ou R. lainzii.

Chaman amora al fruto en Galicia y nel Navia-Eo, anque apuntéi a forma mora en Vivedro (Cuaña) y Santolín (Ibias). En realidá, el nome d’amora recóyese nos vocabularios del occidente asturiano y hasta chega a Cabranes, nel centro-oriente d’Asturias. Se falamos de variantes, é chamadeiro el nome que ye dan na marina máis oriental del Navia-Eo: amores (singular, el amor), que me dixeron en Ortigueira (Cuaña) y que ta recoyido nos vocabularios naviegos de Santa Marina y Vigu, y de Tox, os dous del asturiano fronteirizo col galego-asturiano.

Recimo cuas flores y grumos das que van ser amoras. La Ferraúra (Santuyano, Mieres) (9/6/2012).

El nome d’arto recóyenlo os vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Eilao, Monón y Castaedo, y Ponticella. D’arto salen os sustantivos arteira y artedal, pra chamar al sito unde hai muitas d’estas prantas, y un verbo: enartarse, qu’é condo te prendes nun arto y amañas rabuñóis nel peleyo cuas espías. Con arto pinta que tamos delantre d’úa palabra mui veya, preindoeuropea, anterior á chegada del latín, qu’os etimólogos relacionan col vasco arteQuercus ilex’ y col aragonés arto ‘espín’. Trátase d’un xeito de chamarye á especie propio del asturiano y que piya abondo territorio eonaviego.

En conto á forma silva é úa denominación propia del galego que piya menos d’estensión na nosa zona qu’arto. Evidentemente, é na parte máis occidental unde se diz. Por exemplo, el vocabulario d’Acevedo y Fernández dá a forma silva como propia de Castripol. Neste conceyo, Mari Carmen García, nel sou libro Literatura de tradición oral en Presno, usa a forma silva al referirse á especie. A min nel Valín, tamén en Castripol, cuntáronme qu’elos dicen silva y qu’en Piñeira, un pouco máis al leste, xa dicen arto. Nel mesmo conceyo tamén apuntéi el nome de silva en Lantoira, na parroquia de San Xuan, y El Arco, na de Balmonte, ademáis de silveiro pral sito chen d’artos, en Obanza, nesa mesma parroquia. Se pasamos máis al oeste, el vocabulario da Veiga namáis recoye silva y non arto (silveiro y silveira pral conxunto de prantas). Tamén de silvas fala Alberto Calvín, de Pardiñas (Taramunde), nel sou libro O canto do carro.

Así y todo, a palabra silva convive col sou sinónimo arto en sitos máis al leste, como se comproba nel vocabulario de Mántaras (Tapia), anque aquí non solo se chama silva al arto, senón tamén al arteira: A donicela metéuse naquela silva. El mesmo pasa nel vocabulario de Bual de María Teresa López García, unde define silva como ‘zarzal’. El feito de que na parte oriental del Navia-Eo haxa datos de silveira pra referirse al conxunto d’artos, anque xa nun digan silva pra chamar a pranta, fai pensar qu’este término puido usarse dacondo y que se víu desprazao pola palabra arto. El término silveira non solo se recoye en Mántaras y A Roda, unde einda dicen silva, senón tamén en Bual, y ta constatao ben máis al leste, en Tox (Navia). Tamén en Bual se recoye silveiral, col que pinta que tamén houbo el nome de silveira pra referirse á pranta y non solo al conxunto, como pasa en galego.

Todas estas palabras vein del latín silva ‘monte d’árboles’, que deu pé al actual selva, el que nun deixa de recordarnos un sito tan especial dende el punto de vista histórico y botánico como Os Llagos de Silva, en Salave (Tapia), al pé da fronteira con Mántaras. Os datos mantaregos y bualeses de silva como ‘arteira’ chaman el atención, anque nun é difícil ese paso semántico se reparamos nel xeito de medrar d’esta especie, amañando silveiros ben grandes unde nun s’estreman cada úa das prantas.

As flores dos artos poden ser brancas ou arrosadas. Güeñu (La Ribera) (26/5/2015).

Na zona oriental del Navia-Eo tamén hai outros xeitos de chamar ás arteiras, anque ás veces el sentido da palabra ábrese tamén al de maleza en xeneral. É el caso de balseira, recoyida nos vocabularios de Bual, Eilao y Monón y Castaedo (Ayande). Esta palabra constátase en Cospeito, nel centro-norte de Lugo, anque pra referirse al arto. Tamén s’usa balsa en galego, pro col significao de ‘arteira’. Se saltamos al outra veira del Navia-Eo, na zona vecía del asturiano, en Tinéu, chaman balsera y balsa al montón d’artos, toxos y maleza.

Danse poucas variantes en galego pra chamar al arto: ademáis da palabra silva, como xa se dixo, creóuse a partir d’ela el derivao silveira, non solo pral conxunto d’artos senón pral nome da pranta. En asturiano, aparte d’artu, qu’é a máis xeneral, dáse a forma escayu, palabra que sobre todo úsase pra chamar as espías da pranta. En casteyano, a forma máis común é a de zarza ou zarzamora.

Xa nun ten gracia despóis de saber de qué tamos falando, pro aquí vai úa adivianza que recoyen con variantes pequenas tanto el libro de Mari Carmen García xa dito como el de Marcelino Lozano (Castaedo y Monón en poucas palabras): ¿qué cousa cousilía é qu’é tan largo como úa soga y ten os dentes como úa loba?

Estoupóis (Digitalis purpurea)

Flores d’estoupóis en Sontolaya (Morcín) (22/6/2015).

Chámanse estoupóis tanto as prantas como as flores da especie Digitalis purpurea. Ese nome tan sonoro vénye de qu’os nenos arrincaban as flores, que tein xeito de campá, zarrábanlas pola boca y estampábanlas cua mao. Eran us estoupidos pequeníos, caseiros, á espera del día da festa, qu’el estrombeiro dos cuetes si qu’era un estoupido de verdá.

Condo os estoupóis florecen, a pranta destaca nos suqueiros y nas veiras dos montes, col sou peteiro de campanías arrosadas (d’ei el epíteto de purpurea que ten el nome da especie), cua boca da flor chía de pelos y úas pencas de color máis intenso y arrodiadas de branco. Nel segundo ano da pranta, bota pra riba úa vara que pode pasar del metro y medio, y qu’é d’unde salen as flores todo porriba d’ela.

Trátase d’úa especie conocida de sempre prá farmacoloxía polas propiedades da súa toxina, a dixitalina, pro el sou uso é peligroso porque hai qu’acertar cua dosis. Polo tanto, é miyor quedar cua idea de qu’é velenosa. A os estoupóis tamén se ye atribuían poderes máxicos relacionaos cua noite de San Xuan: en Galicia poñíanse ramos d’esta pranta nas portas pra tornar as bruxas, tradición que nos cuntaron como propia dos lugares del conceyo de Castripol al pé da Bovia, na parroquia de Balmonte. De seguro que tía que ferse en máis sitos del noso occidente.

Os vocabularios de galego-asturiano recoyen a forma estoupóis en Ponticella (Villayón), balloco nos conceyos del Franco, Cuaña y Bual (Dámaso Alonso cita concretamente el lugar de Prelo), estallóis en Bual y en Monón y Castaedo (Ayande), y campanías ou campaniyas en Mántaras (Tapia). Neste lugar da marina tapiega, chamábamos estoupóis ou estalóis a algo un pouco máis moderno, a os esplosivos pequenos que vían naquelas tiras de papel colorao que se poñían nas pistolas y que despóis veron en aríos de plástico pra encaxar nel cargador: era úa pistola d’estoupóis ou d’estalóis. Pro condo nun había estas modernidades, de seguro qu’a palabra tuvo qu’usarse prá pranta. Tamén Dámaso Alonso fala da denominación estoupóis como propia dos nenos en Samartín d’Ozcos.

Ás flores da Digitalis purpurea tamén yes chaman con outro nome en Monón y Castaedo: gallopos, úa denominación que pinta tar formada pola reiz gallo máis un diminutivo –opo, -opa (como se dá en galego-asturiano en manxopo ou en raopa). Anque nun deixa de chamar el atención el asomeñanza fónica con ballocos

Outra forma que recoye a bibliografía é a que dá Dámaso Alonso pral conceyo de Samartín d’Ozcos y qu’Aníbal Otero apunta como propia del lugar samartiego del Mazo de Mon: estrincóis, palabra que ten tamén que ver tamén col estoupido da flor. Alonso esplica qu’estrincar significa alí ‘fer ruido mazcando cousas duras’. El sustantivo estrincón úsase en asturiano col sentido de ‘secudiyón, tirón’, igual qu’en Cantabria, anque en galego-asturiano, a pesar del dato samartiego, os vocabularios namáis recoyen a palabra estracón, y con ese significao de ‘secudiyón’.

As varas chías de flores dos estoupóis destacan nos ribóis y veiras dos montes. Santuyano (Mieres) (9/6/2012).

En conto a os datos inéditos que podo apuntar, tamén yes chaman estoupóis nel Valín (Castripol), A Antigua (San Tiso d’Abres) y Tormaleo (Ibias). Se sumamos el dato publicao de Ponticella (Villayón) y el de Samartín d’Ozcos, vendo a estensión que ten el nome, d’oriente a occidente y de norte a sur, escoyín esa forma, estoupóis, pral título. Seguindo cos estoupidos, apuntéi el nome d’estallos en Villar (El Franco). En Vilanova d’Ozcos, nos lugares de Batribán y Salcedo, déronme a denominación d’estrincóis, col que s’enancha xeográficamente os datos samartiegos d’Aníbal Otero y Dámaso Alonso. Nel Franco, en Villalmarzo, dixéronme campanías. En conto á forma balloco, recoyínla nas Mestas (Cuaña), El Chao das Trabas y Llobredo (El Franco). A forma caracoles apuntéila en Trigo, na parroquia castripoleña de Presno, y tamén na de Balmonte, en Obanza y Brañatruiye. Como se ten dito al falar del Umbilicus rupestris, os nomes de balloco y de caracoles úsanse tamén noutros sitos pra referirse al couxelo.

En galego hai úa chía de xeitos de chamar a pranta. Ademáis del conocido estoupón (estoupallo, estroupallón), tán denominacióis como estalote, baboca, abelloca, abeluria (abeloira, abeloura, abrula…), alconoz, borleta, boto (botexo), dedaleira, porreta y un feixe de variantes a partir da súa relación con San Xuan: sanxoáns, xoane, seoane, soane, soandes… Outra retafila de formas, a máis grande, é a que ten que ver col onomatopeya del suar da choca ou da campá, cos cruces correspondentes col idea d’estalar ou d’escrocar: croques, alcroque, alicroque, cocalos, cocos, crocas, croches, cróquele, herba dos troques, belicroque, belitroques, bilincroques, melicroque, melitroque, farricoques, riquilicroques, estráqueles, estroleques, estraleques, estraloque, estralotes, estralantes, palitroques, quiquiricallos, tróqueles… Tamén en galego usan el nome de baloco y os datos publicaos fálannos sempre de puntos da provincia de Lugo.

En asturiano, a Digitalis purpurea tamén se chama con nomes que tein que ver col estalar, sobre todo nos conceyos del centrooccidente: estoupón, estalleta, estallón, restal.lón… Outras denominacióis fálannos da forma das flores (calza de raposu, campanón, capuchinos) y outras recordan a súa relación máxica con San Xuan (sanxuán, sanxuaniegu).

En casteyano chámanye, entre outros nomes, dedalera, dedales, dediles (denominacióis que tein que ver col asomeñanza cos dedales: ei ta el xenérico de Digitalis), villoria, trompetilla, campanilla, san juan, guantes de la virgen, calzones de zorro, manguitos de cuco, vueltaperra

Flores d’estoupóis na veira d’un camín en Valdepares (El Franco) (11/7/2015).

Da relación fónica da nosa denominación caracol con outras formas galegas como cróqueles xa se falóu al referirse al couxelo, pro quedóu por darye úa voltía al outro término popular que comparten Umbilicus rupestris y Digitalis purpura: balloco. Precátome de que na zona eonaviega de resultaos con –l– (lume, alindar) nun recoyín datos de baloco pra chamar á Digitalis purpurea y que toda el información qu’atopéi foi de balloco, na zona de –ll-. Así y todo, sabendo qu’en Lugo si se constata el uso de baloco prá pranta, de seguro qu’é un problema de falta d’abondos datos de campo.

Pode tentarse de buscar dalgúa esplicación non solo á etimoloxía da palabra baloco ou balloco, senón tamén a por qué se comparten as denominacióis pras dúas especies. En conto á orixe, Coromines fala da reiz fitonímica prerromana ball– (que taría detrás d’outros nomes hispanos de prantas como ballico ou ballueca). Así y todo, se buscamos outras acepcióis da palabra baloco ou balloco, pode atoparse dalgúa pista máis. En galego-asturiano tamén é ‘lanco, barroco de terra ou neve’ y ‘grolo, laragoto’. Nel estremo oriental de Lugo, na Ribeira de Piquín, recóyese baloco cua primeira d’esas acepcióis; cua segunda acepción, a forma que se documenta é boloco, con –o– na reiz (variante tamén recoyida en Mántaras). Aníbal Otero, al falar d’esta palabra, apunta un étimo latín claro: bulla ‘bola’, ‘pompa’. A verdá é qu’el étimo concuaya tanto pra baloco como pra boloco (con ese sufixo diminutivo –oco, –oca que vemos en barroco, mazaroca, moca ou faxoca). Puido darse úa asimilación dende baloco a boloco ou úa disimilación dende boloco a baloco, ou ben cruces ente palabras que son semántica y fonéticamente aparecidas. ¿Quizabes un cruce de boloco ‘grolo’ y barroco ‘lanco, bola de terra ou neve’?  En conto á relación cua pranta, podemos seguir mantendo a idea del estoupido, de daqué arredondiao que s’estracuña: a relación semántica é esplicable se pensamos en laragotos que se desfáin ou nel ruido d’un balocazo.

Outra pergunta que tamén podemos tentar de responder é a de por qué s’aplica baloco ou balloco á Digitalis purpurea y al Umbilicus rupestris. Resulta qu’a palabra baloco ten úa acepción máis na provincia de Lugo, a de ‘garrote, cachiporra’ (y seguimos cua idea de golpe, de ruido). Precisamente, el padre Sarmiento apuntaba qu’en Lugo chámanye baloco al tronco da Digitalis purpurea; na Ribeira de Piquín chámanye asina al Verbascum, pranta que tamén bota pra riba úa vara larga d’unde salen as flores apegadas a ela. ¿Poderá haber entoncias úa comparanza del palo pra pegar golpes col rabo que botan tanto a pranta dos estoupóis como a del couxelo, todo chen de florías al largo d’él?