Cochín (Armadillidium vulgare)

Cochín Mántaras IMG_9535 (2)

Cochín. Mántaras (Tapia).

Nel medio natural hai úa chía d’especies de seres vivos y, evidentemente, non todos tein un nome popular. As clasificacióis intuitivas qu’a xente femos da variedá biolóxica nun se corresponden cuas que fain os científicos, que, entre outras cousas, son muito máis detalladas: xa se víu ben veces cómo un mesmo nome popular úsase pra chamar al qu’en realidá son úas contas especies diferentes. Como nos pintan mui aparecidas, métemolas todas nel mesmo saco y chámamosyes igual. Noutras ocasióis é que nin las vemos ou nun reparáramos na súa esistencia y, condo reparamos, chamámosyes herbas ou bichos, sin máis. Se pra detrás se trata d’especies mui pequenas, como pasa con dalgús paponcíos, hai máis posibilidades de que nun yes díamos un nome particular. Namáis dalgúas d’estas especies, por seren mui chamadeiras ou mui numerosas ou afectarnos directamente na nosa economía, na nosa salú… reciben úa denominación popular.

Pral caso dos nomes en galego-asturiano, como xa se dixo tantas veces, amécese un problema máis: el da perda del vocabulario propio por causa del peso del casteyano y da desaparición da cultura rural. Na especie que nos ocupa d’esta volta, el cochín (Armadillidium vulgare), temos todos estos elementos xuntos. É un bichín ben chamadeiro pola súa capacidá d’enroscarse hasta convertirse núa bolía y ten nome popular en galego-asturiano, anque se ta esqueicendo ás carreiras. Por se fora pouco, al ser un papón col qu’os nenos pequenos enredaban (nun m’atrevo a usar el presente), recibe nomes descriptivos infantiles del tipo bicho bola que fain esqueicer a denominación tradicional.

Dos vocabularios nun podemos botar mao buscando información, agá del de Mántaras, unde recoyín cochín y cochín de Dios. Os demáis datos que podo xuntar son todos inéditos: constatéi cochín en Vilarín (Castripol), A Roda (Tapia), Ortigueira (Cuaña) y Penafonte (Grandas), mentres qu’a forma feminina cochía déronma na Roda y Serantes (Tapia).

En asturiano atopéi ben poucos datos. Ta recoyida a denominación de gocha na zona centro-oriental, mentres qu’en Santuyano (Mieres) déronme el nome de coca. En galego, cocho bravo ta recoyido na Ribeira de Piquín, ben apegao a Asturias, pro nun voléi en máis datos del resto de Galicia. Si en Portugal, unde ye chaman bicho-de-conta ou porquinho-de-santo-antão.

Convén aclarar qu’el cochín nun é un insecto, senón qu’é un crustáceo, pro destaca nél a peculiaridá de qu’é terrestre. Como ten branquias, precisa d’un sito con muita humedanza pra vivir, por eso os sous avezos son nocturnos y ta bon de velo se erguemos daqué que tuvo pousao por fora muito tempo. Debaxo d’un caldeiro veyo ou d’úa louxa, é fácil que tían os nosos cochíos. D’ese hábitat húmedo vén a denominación estándar casteyana de cochinilla de la humedad.

Anque el máis común na nosa zona é Armadillidium vulgare, hai muitas especies y xéneros que clasifican a variedá d’estos crustáceos terrestres. Xúntanse todos nel suborde Oniscidea. Nun hai que confundilos con outro bicho tamén chamao cochinilla en casteyano, qu’esté si é insecto: Dactylopius coccus, parásito asociao al nopal, un cáctus suramericano que s’introducíu nel sur d’Europa y que tamén é conocido polos frutos, os figos chumbos. Secando as femas d’este insecto sácase un tinte encarnao de muito valor, que foi perdendo importancia pola chegada dos tintes químicos. Pro antias de que se popularizara pola súa calidá este tinte americano, en toda a zona mediterránea a color encarnada sacábase d’outro insecto, Kermes vermilio, conocido popularmente en casteyano como grana ou cochinilla de las encinas. A larva chupa el zume de dalgúas especies del xénero Quercus, sobre todo Quercus coccifera, y el árbol deféndese amañando alredor úa escrecencia redonda encarnada, tamén chamada grana, que se pañaba y da que se sacaba el tinte. As escrecencias nos carbayos, chamadas agallas en casteyano, tein nomes en galego-asturiano como béilaro (béillaro) ou cascarela (cascarella).

Se falo dos tintes é, como s’ha a ver despóis, pra esplicar a relación entre estos crustáceos y os cochos. Como sempre, a primeira idea, a que nos dá a intuición, é pensar que, vendo cómo noutras linguas chaman vaquía al rinchín (Coccinella septempunctata) ou cadela á forcadela (Forficula auricularia), nun pinta raro qu’os nosos antepasaos visen nestos bichíos regordetos dalgún aire aparecido a os cochíos mamíferos. Esta relación vese na denominación casteyana cochinilla, pro tamén en catalán (porquet de san Antoni), italiano (porcellino di terra) ou nel xa visto portugués (porquinho-de-santo-antão). A presencia de san Antón vén da mao del cocho, qu’é el animal col qu’aveza a representarse sempre el santo. En Mántaras, unde hai úa capiya dedicada a San Antonio, había a tradición de criar entre todo el barrio un cochín pra vender despóis el día da festa y sacar cuartos. Como andaba ceibe por todas as corradas, nacéu a espresión ser como el cochín de San Antonio pra referirse a os qu’andaban de porta en porta pol lugar, sobre todo nenos, y que nun dicían que non condo yes brindaban daqué pra comer.

Cochín Tapia IMG_9528 (2)

Condo nota peligro, el cochín amaña úa bola. Mántaras (Tapia).

A palabra cocho (tanto nos dá que se tía referindo al crustáceo ou al mamífero) ten úa etimoloxía discutida. Vén repetíndose que nacéu da onomatopeya pra chamar al cocho (coch, coch…). Alomenos en galego-asturiano, a voz máis común pra chamalos é quino, quino ou chino, chino. Pro hai teorías qu’apuntan a que foi primeiro el nome del bichín y qu’eso d’usalo pra chamar al mamífero veu despóis, polo qu’el uso d’outros sinónimos de cocho pra referirse al crustáceo sería un proceso posterior.

El latinista Benjamín García-Hernández estudióu el sustantivo coccum, -a, que tía en latín diferentes acepcióis relacionadas: ‘béilaro, escrecencia de dalgús árboles’, ‘tinte sacao d’ese béilaro’, ‘color encarnao del tinte’ y tamén ‘insecto que parasita el árbol y que provoca el béilaro’. Polo tanto, nese étimo tarían as ideas de redondo, insecto y encarnao. Da primeira idea virían palabras asturianas como cocu ou coca, pra chamar precisamente a bichíos pequenos. Xa se falóu del nome de coca recoyido en Mieres pral noso cochín.

Pra García-Hernández, as palabras cochino y cocho vein d’adxetivos latinos de color aplicaos al mamífero (porcus coccinus, porcus cocceus) qu’acabaron sustantivizándose. Poden poñerse perós a esta teoría en conto á evolución fonética. Primeiro, porque coccinus era esdrúxulo, pro nel paso al romance puido acabar sendo chao por analoxía con outras palabras chas en –inus. Tamén ta el problema d’esa palatalización a –ch-, anque nel romance mozárabe déronse casos. García-Hernández pensa que, ademáis de calificar a color encarnada del cocho dende a referencia al insecto que daba el colorante, tamén se debéu usar a palabra pra chamar a outros insectos aparecidos pol color ou a forma arredondiada. Sería el caso del rinchín ou del noso cochín.

Máis perós: os estudiosos namáis atopan na documentación veya el término grana pra chamar na península a os insectos del tinte. ¿Cómo esplicar entoncias qu’os conquistadores españoles que chegaron a América chamaran cochinilla al insecto del qu’os americanos sacaban tinte? García-Hernández pensa qu’é evidente qu’a palabra tamén tía qu’usarse popularmente na península, anque tuvera fora da documentación porque debéu piyar un matiz peyorativo por causa da denominación del mamífero, que tamén coyera ese sentido despectivo polos sous avezos cotrosos (cochino).

A palabra cochinilla, entoncias, viría de coccum, -a al través d’úa forma *coctina, da que saliría cochina. El sufixo –illa puido amecerse xa na fase romance ou vir directamente d’úa forma latina *coctinella > cochinilla.

En resumidas contas, según esta teoría, pódese manter que primeiro chamóuse cocho al paponcín y despóis veu usalo pral mamífero, y non al rovés.

Advertisements

15 opinións sobre “Cochín (Armadillidium vulgare)

  1. Aurora

    Na mía familia sempre se ye chamóu ” cochín”. Teño na memoria a mía tía Nieves roñando contra ” esos dichosos cochíos que vein entre a lleña…” y se quedaban na cocía, claro.

    Gústame

    Resposta
  2. conchitaalvarezlebredo

    El amigo meu profesor de galego tuvo investigando un pouco, a ver cómo ye chamaban en Galicia. Perguntóu a xente conocida súa que vive en puntos distintos. Parece que nel sur, alomenos nel suroeste, chámanye “zapateiro”. Eso contestaron xente de puntos diversos, como Cangas ou A Lama. Nel norte, bicho bóla.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Xa ves, pro, como verías, tamén pasa col nome del rinchín, al que ye chaman nas linguas románicas con denominacióis relacionadas col cocho.
      Costóume atopar un nome pral cochín en galego. Nel Dicionario de dicionarios namáis se recoye a forma da Ribeira de Piquín y pola rede nun voléi en ningún dato.

      Liked by 1 person

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É mui típico d’etimólogos latinoamericanos que busquen a etimoloxía de muitas palabras casteyanas usadas aló en linguas americanas y qu’esqueizan qu’antias de chegar a palabra a América xa s’usaba en Europa.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s