Charchar (Saxicola rubicola)

Exemplar de charchar macho pousao derriba d’un toxo nas arribadas da praya de Torimbia (Llanes) (18/7/2020).

Acórdome d’aquel día y del sito como se fora hoi. Debéu ser a últimos dos anos 80 del siglo pasao, que xa chovéu. Baxaba pra Mántaras dende El Cortaficio pol Camín Veyo acompañao de Pepe del Bourio, que tuvera a paciencia de vir comigo a dicirme nomes de prantas. Iba eu cada pouco parando y perguntando: «¿Y a esta herba cómo ye chamades?», «¿y a esta outra…?». Nesto, señalóume pra un paxarín que taba cantando nel pico d’us artos: «Mira, un bichacho». Eu nun sabía miga de páxaros (agora nun sei muito, pro daquela nun sabía nin papa), así que tentéi de recordar a traza y apuntéi, pra despóis buscalo nos libros, algo asina como «paxarín da cabeza y costas mouras, col peto colorao y con úa tiría branca nos laos del pescozo». Quedóume grabao tamén el reclamo que fía, con un xiprido curtio y un cruxido seco repetido. Precisamente el nome de bichacho é claramente onomatopéyico, tentando d’arromendar esos dous sonidos.

Axina voléi na especie: Saxicola rubicola. En realidá, el qu’atopara fora Saxicola torquatus, qu’é el nome científico que se vía usando pra referirse al noso paxarín, pro qu’agora ta en discusión porque, según análisis d’ADN, hai que reordenar todo el complexo d’especies d’este xénero Saxicola, deixando S. torquatus prá variedá africana y chamando S. rubicola á europea. Tamén souben despóis qu’el que vira aquel día era un macho da especie col plumaxe del brao, porque as femas y os pitíos qu’inda nun son grandes tein colores máis apardazaos, sin esa cabeza moura y esa mancha branca marcada nel pescozo tan chamadeiras. Outro detalle característico da especie son as patías, que son sempre mouras. Trátase d’un ave sedentaria, anque prá montaña, condo é inverno, cuasemente desaparece toda a población.

As femas y os inmaduros da especie tein el colorido muito menos marcao. A Ribeira Nova (Mántaras, Tapia) (29/8/2020).

El nome xenérico de Saxicola quer dicir ‘que vive nas pedras’ y el epíteto específico rubicola significa ‘que vive nos artos’. Esa é úa das súas características, porque é nas arteiras mestas unde anía y é nel pico d’elas unde lo podemos ver mui a miudo. Pro ta claro qu’el que máis ten chamao el atención á nosa xente é ese ruido peculiar que fai col sou reclamo. D’ei as denominacióis que ten en galego-asturiano y, como imos ver, tamén en asturiano y en galego.

Xa faléi ben veces dos problemas dos vocabularios y a súa pouca precisión al hora d’identificar as especies vexetales. Nel caso dos páxaros é aparecido. Non solo pola pouca formación en Bioloxía que temos os que nos dedicamos a recoyer palabras senón porque nun é tan fácil amostraryos a quen nos informa pra que nos diga cómo yes chama. Y as fotos engañan muito, porque a xente ta avezada a velos de lonxe y non tán cerca como salen nelas. Eso si, os qu’anduveron de pequenos cazando páxaros con liga, si que saben ben cómo son. El problema é que, por desgracia, d’esos informantes xa deben quedar poucos. Por eso, ás veces é miyor saber ben as dúas ou tres características chamadeiras da especie pra esplicalas y qu’a xente diga: «Ah, si, xa sei el que me dices». Nel caso que nos ocupa, recoyín abondas denominacióis con facilidá namáis con arromendar el reclamo del bichacho. Tamén a xente tentaba de reproducir con palabras el que sentían y us atesaban que dicía «bicha-bicha» y outros, que «chacho-chacho». Anque tamén ten un canto guapo, pirlando como el que máis, é ese ruido repetido el que lo fai reconocible. Na rede hai un feixe de sitos unde escuitalo.

Exemplar de charchar pousao nun arto derriba del ribeiro de Turbela (Mántaras, Tapia) (29/8/2010).

Temos poucos datos sobre esta especie nos vocabularios locales. El da Veiga recoye bichachá, mentres qu’el de Bual define charchás como ‘herrerillo’, igual que fai el da Roda (Tapia) con charchar. El d’herrerillo é a denominación casteyana d’outra especie ben diferente (Cyanistes caeruleus). Como recoyín pral bichacho el nome de charchar na Grandela y en Rapalcuarto (Tapia), y en Ouria (Bual) dixéronme que ye chamaban charchás, tou na fe de qu’esos datos dos libros correspóndense col noso paxarín. A denominación de charchar é a máis estendida en galego-asturiano. Déronma ademáis nas Campas, El Valín, Sabugo y Leirío (Castripol), en Vivedro (Cuaña), en Navia y El Monte (Navia), en Santolín (Ibias) y en Busdemouros (Vilanova d’Ozcos). Con un diminutivo, charcharín, esplicable polo miudo qu’é el paxarín, chámanye en Cartavio (Cuaña). A esplicación del nome é evidentemente onomatopéyica, anque se centra nel chasquido (char-char) y quita a representación del piar qu’aparece na sílaba bi– de bichacho y bichachá. Recoyín máis variacióis sobre esa repetición da onomatopeya. Chámanye chirchar nel Chao das Trabas y A Braña (El Franco) y en Barres (Castripol). Na Mundiña (A Veiga), chaschás. Quizabes sían intentos de marcar un xénero, como pode pasar en bichacho, as formas charcho, que me dixeron en Salcedo (Santalla d’Ozcos), y charcha, que me deron en Penacova (Vilanova d’Ozcos). A partir del -chacho de bichacho, pro col sufixo –eiro, amañóuse a denominación que sentín en Zreixido y en Tremiado (A Veiga): chacheiro. Aparecido al bichacho mantarego é a forma bichachá que me deron en Presa (Castripol).

Recoyín outro nome que podía pensarse de primeiras qu’é úa confusión, pro déronmo en tres sitos, dalgús con continuidá territorial: ferreiro, que me dixeron en Salave (Tapia) y en Villar, na parroquia franquía de Miudes; y ferreirín, que me deron como propio de Valdepares (El Franco), parroquia fonteiriza cua tapiega de Campos y Salave. Falo de posible confusión porque ese nome aveza a usarse en galego-asturiano pra chamar outra especie, Phoenicurus ochruros, pro ten a súa esplicación se pensamos qu’ese cruxido que fai el charchar se poda comparar col golpe del ferreiro mazando na forxa, igual que pasa con outras denominacióis de bichos basadas en comparanzas con oficios humanos. A esplicación que dan pral nome casteyano d’herrerillo vén precisamente d’eso, del canto del paxarín, que pode entenderse con un pouco d’imaxinación como el ruido del martelo dando nel incra. El vocabulario da Roda, parroquia que ta al pé da de Valdepares, recoye ese nome, ferreirín, anque namáis lo define como ‘páxaro pequeno y pardo’, pro ten que tratarse del noso.

Charchar nun valao derriba del ribeiro de Turbela (Mántaras, Tapia) (30/8/2020).

As denominacióis en asturiano tamén son onomatopéyicas, dalgúas coincidentes cuas del galego-asturiano, como charchar, ou aparecidas, como becharchar ou birchachás. Outros xeitos de chamarye son charraplada, chicharru, rechárchara, richarte, zarzar, bichar y birchu, todos ben onomatopéyicos. Pol sou avezo de pousarse en sitos altos (como artos, toxos y tamén mangos y postes) pra outiar os insectos y, desque los pañan, volver al porondico pra comelos, tamén recibe el nome de cagamangos ou cagapraos. Por causa da color moura da cabeza y das costas nel macho ten que ser a denominación que tamén ye dan de carbonera ou carboneru.

En conto al galego, chámanye con nomes como chasco, chasca, chácaro, charchego ou charra, ademáis de chaschás, denominación esta que xa vimos que se dá tamén en galego-asturiano.

Ben sei qu’a denominación estándar en casteyano tía basada na onomatopeya, porque ye chaman tarabilla. Esa palabra ten equivalente na nosa lingua: tarabela, úa peza del molín qu’é úa trabía pousada na mola que, condo se move, axenega a caleya, por unde cai el grao que ta na moxega. Pro hai outros nomes populares casteyanos pra chamar al paxarín: por exemplo, en sitos de Córdoba chámanye cagaestacas, cagarrache, tronchaestiles, aperaor, aperaorcillo, por ese avezo que ten de pousarse nos mangos das ferramentas.

3 opinións sobre “Charchar (Saxicola rubicola)

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s