Toxo (Ulex spp.)

Flores de toxo. Los Cabriales (Uvieo) (25/1/2017).

Mía bola, qu’era de Rozadas (Bual), al pé da serra de Penouta, cantábanos úa cántiga que dicía «A reiz del toxo verde éche mala d’arrancar; os amores da montaña sonche malos d’olvidar». As imaxes qu’atopamos nas letras das cántigas populares son ben guapas ás veces. Préstame esa comparanza tan poética entre a reiz del toxo agarrada á terra y el acordanza d’un amor que costa caro esqueicer. El toxo (Ulex spp.) forma parte fundamental del medio natural del occidente asturiano y quizabes por eso tamén é un elemento enreizao nel noso paisaxe sentimental. Sempre ta presente: as especies d’este xénero que se dán pola nosa terra tein etapas distintas de floración y todo el ano podemos ver as flores marelas nel monte. El polen recóyenlo as abeyas nel sou engalar sin descanso por entre os toxos. Nunca sentín ningún nome específico pras súas flores en galego-asturiano, y eso qu’en galego hai un xeito ben guapo de chamarye: chorima ou chorida (variante esta última recoyida en conceyos del oriente lugués, así que de seguro que pra Os Ozcos ou Grandas conoceráse).

É pranta que s’estende ben polos sitos de monte y amaña bouzas terribles agora que naide la roza nin la aproveta. Son os toxeiros, toxales, toxedos ou toxeiras, que con todos estos sinónimos se conoce nel estremo occidental asturiano. As súas espías siguen picando ben tempo despóis de pasar por entre elos y como comparanza col muito que pincha arrimarse a os toxos ta a espresión aplicada ás personas de mal carácter de ser un toxo ou como un toxo bravo.

Anque lo tíamos asociao al idea de monte, de terras de vaco, noutros tempos el toxo labrábase. A súa gra, a nabía de toxo, semábase en leiras que despóis se segaban pra dar de comer a os cabalos. As especies que se labraban eran Ulex gallii ou Ulex minor, razas pequenas y moles, porque el outra especie qu’hai na nosa terra, Ulex europaeus, medra muito máis (chega a os dous metros y medio d’altura) y pode botar troncos ben gordíos.

Toxos en flor entre as penas calcáreas da Mostayal (Morcín) (17/2/2013).

Os toxos miudos segábanse col rozón, úa gadaña de foya curtia y resistente, y pañábanse col forcao. Pra cortalos tamén s’usaban el foucín ou fouzo y a fouz ou podón. Íbase a elos pra os cabalos condo einda taban tenros y verdes. É el qu’en Tapia y El Franco chaman verdeñas y, anque s’entende tal cousa como ‘toxo verde’ en xeneral, nun sei se se referiría en orixe ás razas miudas del xénero das que faléi antias.

Pra feryes máis búa a comedeira a os burros, os toxos picábanse con úa cuitela, picadeira ou pica. Eran dous ferros cortantes eneixaos y el de baxo taba encaxao nun banco, de tal xeito que s’iba pasando el toxo y cua cuitela de riba, que podía ser recta ou curva, íbase cortando.

El toxo muido tamén se segaba pra fer estrume, esa mezcra de toxos y outras prantas del monte como a gancela y as folgueiras cua que s’estraba el tarrén das cortes, pro tamén as corradas das casas y os camíos. Da mezcra d’ese estrume cuas buleiras y el mexo das vacas amañábase el cuito que despóis de curtido valía pra cuitar as terras. Pro el toxo tamén tía máis aplicacióis prá labranza. En Mántaras cuntábanme os labradores veyos que se botaban verdeñas nos regos porque se dicía qu’axudaban a qu’a terra cocera, a que se puxera suave, pra despóis labrar os nabos. Tamén m’esplicaron que condo se semaba cebada ou avías, un xeito de felo era ir andando pol rego botando a gra y levando atao al cinto por detrás un toxo. D’ese xeito iba arrastrando y tapando un pouco a semente pra que nun la comeran os páxaros.

El toxo tamén ten importancia como leña. El olor que dá el toxo condo queima na cocía é dulce y ben rico. Era con esta pranta cua que se roxaban os fornos pra fer pan, porque ten muito poder calorífico. Y tamén con ela se fía carbón nel monte pra despóis vendelo a xastres y costureiras nas vilas, que lo usaban pra calentar as pranchas. Emilia Fernández, de San Xuyán (El Franco), tenme cuntao cómo s’amañaba ese carbón. A grabación pódese escuitar nel Atlas Sonoro da Rede de Museos Etnográficos d’Asturias.

Pro einda hai máis: a madera de toxo é mui dura y os troncos máis gordíos eran mui al xeito pra fer estrobos pras lanchas unde amarrar el remo. Tamén pra fer os tornos que valían de pasos pra engaramarse nas poleas que s’usaban pra subir el ouca dos ribeiros. Esa ouca iba metida núa dopra, úa especie de goxo feito con varías retorcidas de toxo. A flesibilidá das canas fía que tamén s’usaran na construcción de casas pra entretexer en horizontal con almas verticales feitas de castañeiro ou pino, macizar despóis con barro, dar de cal y amañar d’este xeito bolaos de sebe pra xebrar cuartos nas salas. De toxo eran tamén os bolos ou birlos que s’apegaban con bula nas soleiras de pedra y cos que se botaban partidas de pasabolo ou matabolo, el qu’agora chaman nas competicióis bolo celta. De toxo era el pincho col que xugaban os nenos a ese xogo, tamén chamao pico en roma, tentando de tumbar el palo espetao del outro. Acevedo y Fernández falan nel sou vocabulario, editao en 1932, d’un xogo que taba desaparecendo daquela nel occidente, a choca, que se xugaba con un palo de toxo, el cayado ou gayardo, y úa pelota.

Toxeiro nun ribón de monte nos Cabriales (Uvieo) (25/1/2017).

A palabra toxo ta recoyida en galego-asturiano nos vocabularios de Mántaras, A Roda, A Veiga, El Franco, Bual, Eilao, Ponticella y Castaedo y Monón. A verdá é que, al ser palabra tan xeneral, nun la teño apuntada máis qu’en Rozadas (Bual), Piñeira (Castripol), San Tiso d’Abres, Castro (Grandas), Pezós y Seroiro (Ibias). É término sobre el que nun hai seguranza etimolóxica y os máis dos autores fainlo proceder d’úa voz seguramente prerromana: *toju.

En galego é a forma toxo a máis común, con variantes dialectales como touxo ou toixo. Estrémase entre toxo arnio, arnaz, arnelo, arnello, arnao, albar, branco, cachas ou cachudo (Ulex europaeus), por un lao, y toxo femia, gateño, molar ou mouro (Ulex gallii, Ulex minor), por outro. Tamén ye chaman árgoma, palabra qu’eu nel Navia-Eo namáis sentín en San Tiso d’Abres, anque col sentido xeneral de ‘bouza, maleza’. É mui habitual este tipo de xeneralizacióis a partir d’acepcióis qu’al principio eran máis restrinxidas. Por exemplo, a palabra galega brexón ‘toxo grande’ (que ta recoyida na Veiga como broxón) eu ougüínla en Mántaras, cua forma berxón, pro col acepción máis xeneral de ‘bouza, sito chen de toxos y maleza’.

En asturiano hai trés xeitos de chamarye á pranta: a forma toxu é a propia da parte occidental, cotolla é a usada na zona central y oriental, y árgoma dase por todas as zonas.

Nel casteyano da península ibérica chámanye aulaga ou aliaga, ademáis de formas irmás del galego y el asturiano, como tojo ou árgoma.

11 opinións sobre “Toxo (Ulex spp.)

  1. Denisss

    Ola! Saberías se o escaldamur sería quizás unha variedá dalgún “toxo”? O outro día preguntein a unha familiar ia si que “claro claro”. mais eu vin esta palabra no vocabulario de Dragonte (Castelao 2012) onde o autor comenta unha anécdota entre dous termos sendo ao final o mesmo: escaldarratos ia escaldamur. Según él é o toxo.
    Mil gracias ia saludos!

    Gústame

    Resposta
  2. Mª Ángeles

    En Andés (Navia) temos muitos toxos, chamámosyes asina tamén. La verdá é que you nunca yes tuven muito aprecio porque quitan d’andar ben polos montes. Nunca penséi que se poderan falar cousas tan guapas del toxo. Sentíndovos vénenme a la cabeza los tempos nos que na casa tríase ganza pa mullir la corte; pero vía sin toxo, porque arrancábanse no monte pa teyo llimpo. Na nosa casa nun se ye daba toxo al burro, la verdá; la pica usábase pal meiz namás.

    Gústame

    Resposta
  3. conchitaalvarezlebredo

    Eu chámoye “toxal” al sito unde hai muitos toxos, peró tamén teño sentido “toxeira”. En Tapia tamén se ye chama despectivamente “toxal” a un tarrén que nun sirve pra nada, qu’é improdutivo. Neste sentido tamén s’utiliza a palabra “xaral”.
    A min encántame el monte condo ta el toxo florido. Hai unhos anos en Galicia tentaron que la xente el día 23 d’abril regalase un libro y unha ramía de toxo florido, imitando al Sant Jordi catalán. Anque nun me gustan nada esas “tradicióis inventadas”, neste caso a idea parecéume ben guapa. Condo podo, regalo as dúas cousas a alguén a quen ye presten tanto como a min.
    A cántiga da túa bola, como xa saberás, é mui común en Galicia: “A raíz do toxo verde é moi mala de arricanre; os amoriños primeiros son moi malos de olvidare…”.
    Gracias pola túa información. Como sempre, completísima.

    Gústame

    Resposta
  4. Iván Iglesias Fernández

    Pra chamar ás bouzas de toxo, en Valdepares nun é estraño escuitar tamén a forma “toxeiral”, anque penso qu’a más avezada sía “toxeira”.

    Gústame

    Resposta
  5. Andrea

    Gustóume muito como sempre el tou trabayo. Esta vez si que che podo dicir qu’en Vilarin hai toxos abondos, tan ganando a luita coa gancela agora que nel monte hai menos gado y, sobre todo, menos cabalos, qu’eran os que los controlaban.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Vese qu’os cabalos rañan de todo y por eso yes amañaban ese toxo picao de menú. Da gancela hei a falar un día d’estos. 😉

      Gústame

      Resposta
  6. Belén

    ” Pra roxar el forno nun hai como el broxón” dícese pola terra da Veiga e contornada. Asina se ye chama á leña de toxo gorda.
    Ás veces se che chaman “flor de toxo” podes tomalo como unha flor que che dicen…depende de quén e cómo cho digan.
    ¿ Chamaráse asina Arnao das Figueiras òr ser nalgún tempo un toxal?

    Inda nun m’esqueice cuando ye picaban el toxo al ” Lindo”, el cabalo que tían na casa meus bolos de Louteiro; e tampouco cuando “Cuca” , a nosa burra buena que tantos sonos nos abalencióu de nenas camín da casa, guarismaba col toxo brizo que ye picaba meu padre.

    E por todo eso. Pola mía patria da infancia, quero deixar aquí escrito esto que se me vén á cabeza unde reside el corazón:

    El olor dos toxales
    tan dulce, dulce,
    ben deitamos das espiñas.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Belén, polas túas palabras, sempre ben guapas.
      Ese broxón veigueño é úa variante del brexón galego y del berxón tapiego. Agora que lo dixiche, reparéi en que ta recoyido nel vocabulario da Veiga, así que correxín a entrada na parte que falaba d’esto. Sempre escapa dalgún dato.
      En conto a Arnao, pinta remitir a un abondativo da palabra arna ‘paraza del carbayo’, anque García Arias tamén apunta a que poda vir d’arena. Ese arnal que s’usa pra calificar al toxo, pro tamén a un tipo de largato, ten que ver cua idea del arna, porque en galego defínese como ‘duro y aroxo’.

      Gústame

      Resposta
  7. Rafa Cascudo

    Na mía casa, y condo eu era pequeno, usábamos el toxo cortao pra darye de comer a os equinos (burro, cabalo ou mulo) y tamén s’usaba como fondo ou base pra renovas a corrada. Poñíamos toxo na parte d’abaxo y lougo por derriba estrábamos con gancela pra nun pinchas as pernas nos primeiros días.
    Y teño un recordo de meu padre, condo xa taba malo del cáncer, y levaba a mía sobría Maite hasta el alto dos Campos. Al ir ou al volver, paraba a descansar nun prao costedo qu’había pasada a casa da Cagaya, xusto por debaxo da casa que ten el que fora ministro de Defensa ou d’Educación y antias de cruzar a carretera. Ese prao foi volvéndose úa bouza pouco a pouco porque nun lo pacían as vacas, nin se segaban os toxos. Ben, meu padre pra que nun se y’escapase a mía sobría metíala nun recanto de prao arrodiado de toxos por todas partes menos por úa pequena boqueira unde se sentaba él. Picardías de veyo.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Ese uso del toxo como alindador nun lo conocía eu… 😉
      El que si s’usaba como elemento disuasorio, que me precato agora de que nun lo comentéi, era como bozo pra os animales, pra que nun poderan usar el focín.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario