Forniga (Formicidae)

As fornigas entran por undequera y tán búas de ver nas casas. Mántaras (Tapia).

¡Conto temos mirao de nenos pras fornigas! Víamos os furaos dos fornigueiros testos d’elas y as fileiras indo y vindo, acarrexando comida prá casa. Condo nel brao s’enchía todo de fornigas d’ala, axina había dalgún veyo que dicía: «Eso é que vai chover». Y tían razón, porque despóis aprendémos que son fornigas que, nesas condicióis de calor y humedanza, salen del fornigueiro pra realizar a cópula.

Como pasa con muitos outros insectos, de fornigas hai miles y miles d’especies, así que xuntamos a identificación del nome popular en galego-asturiano na familia que las coye a todas: Formicidae. Reparando na estructura del corpo, el que las define é que ten tres partes, cua cabeza y dous segmentos abdominales separaos por úa cintura estretísima, y as antenas fendo un coldo. Hai ben aspectos chamadeiros das fornigas, como a súa vida en colonias, os fornigueiros, palabra que creóu outra acepción metafórica pra ‘montón de xente movéndose’. Tamén chama el atención a especialización de laborías qu’hai nelas entre reinas y obreiras ou soldaos. Aparte, é ben interesante el sou xeito de comunicación con feromonas, úas sustancias químicas que botan y que mandan mensaxes d’alarma, de rastro, sexuales… Por poñer un caso, condo atopan comida, marcan el camín con feromonas y d’ei a imaxe das fornigas acarreiradas en fileiras sin perder el rumbo.

A denominación en galego-asturiano máis común pral insecto é forniga, con –n-, como se recoye nos vocabularios d’Acevedo y Fernández, A Veiga, Bual, Mántaras, A Roda, El Franco, Ponticella, y Castaedo y Monón, anque os tres primeiros tamén dan a variante formiga. Na obra Literatura de tradición oral de Presno (Castropol), de María del Carmen García, aparece forniga, y tamén Manuel Calvín Corredoira, el poeta de Pardiñas (Taramunde), usa nas súas composicióis esa forma con -n-. Aparte, eu recoyín datos da palabra forniga de Mourentán y Fandovila (Ibias), Grandas y Castro (Grandas), A Ovellariza y Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Sanzo (Pezós), Eilao, Navedo y Cachafol (Eilao), As Figueiras, El Valín y Vilarín (Castripol), Serantes (Tapia), Vivedro y Ortigueira (Cuaña), Rozadas (Bual) y Villouril, Andés y El Monte (Navia). En Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres) dixéronme formiga.

Nun recoyen os vocabularios de galego-asturiano muitos detalles sobre clases de fornigas. Namáis os vocabularios de Ponticella (Villayón) y de Castaedo y Monón (Ayande), pra chamar ás razas pequenas y arroxadas que tein úa picadura mui doliosa, dan el nome de forniga rubia, que tamén me dixeron en Grandas, Vilarín (Castripol), Eilao y Cachafol (Eilao), y Sanzo (Pezós), anque nel Monte (Navia) dixéronme forniga roxa, denominación que me deron en Fandovila (Ibias) alternando col outra. Pra os exemplares sexuaos, que tein alas, os datos qu’apuntéi son forniga d’ala, en Vilarín y en Navedo y Cachafol (Eilao), y forniga d’alas, nel Monte (Navia), Ortigueira (Cuaña), Grandas y Sanzo (Pezós). Trátase de fornigas reina y fornigas macho que salen pra emparexarse. Anque elos morren a os poucos días, as reinas guardan el esperma, que van usar muitos anos pra ir fecundando os ovos que pon. Se son quén a amañar úa colonia, han a ter al fornigueiro trabayando pra cuidalas y manter as larvas.

Fornigueiro al pé d’un árbol. Uvieo.

Forniga é resultao característico del galego-asturiano porque se miramos pra galego y asturiano a forma común nestas linguas é formiga. A solución con -n- entra pol leste de Lugo, que ta constatada en Burón, Suarna y na Ribeira de Piquín, y tamén chega al asturiano máis occidental, como se comproba nel vocabulario de Tox y nel de Vigu y Santa Marina (Navia), y nun conxuro recoyido en Monesteriu’l Coutu (Cangas) que s’ha a ver despóis. Aparte, como dato islao, nel outra punta d’Asturias, en Cabrales, ta documentada a forma h.orniga.

A evolución nas demáis linguas romances a partir del latín formica é mayoritariamente con –m-: hormiga, formiga, fourmi, formiche, furmicla, furmica, frommiga… Sicasí, hai dalgúas escepcióis como el aragonés forniga, fornica (tamén formiga), el occitano forniga y el rumano furnică.

Cua orixe nesa mesma palabra naceron outras. Condo por úa postura ou un golpe notamos qu’úa parte del corpo pica como se nos anduveran por ela un montón de fornigas, dicimos que se nos durmíu, pro tamén podemos dicir que temos fornigas, que se nos afornigóu, esfornigóu, aforniguexóu, forniguexóu ou esforniguexóu. Pódese sentir «Aforniguexóuseme un brazo», «Afornigóume un pé», «¡Case m’esforniguexa a mao!», «Forniguéxame esta perna»… Tamén tán recoyidas en galego-asturiano formas con –m-: aformigar, formiguexar y esformiguexar.

Acórdome de qu’os veyos dicían qu’esa sensación quitábase moyando un dido con cuspio y fendo cruces con él na perna ou nel brazo durmido. É úa tradición conocida na península ibérica y hai conxuros pra ir recitando da que se fain as cruces. González Riaño y Castro Menéndez publicaron un artículo en 1984 con tradicióis recoyidas en Ponticella (Villayón) y citan este: «Adormecéume este pé detrás de casa Tomé cargao de cepetillíos pa queimar os meus vecíos que son poucos y mui ruíos. Fornigas al río, you polla ponte y tu por el río». En sitos achegaos á zona del Navia-Eo tamén hai constataos outros, como este al que me referín máis atrás y que recopilaron Xosé Ambás y Ramsés Ilesies en Monesteriu’l Coutu (Cangas): «Fornigas al ríu, you pola ponte, ya vós pol ríu». Ou este outro publicao por Aníbal Otero nel vocabulario da Ribeira de Piquín (Lugo): «Forniga, vaite ó río, que o meu pé xa dormíu».

Forniga arrubiada. Brañanoceo (Mieres).

Ben sei que como comparanza cua traza das fornigas ou quizabes cuas pupas brancas que se ven apeteiradas nos fornigueiros, amañóuse en galego-asturiano outro sustantivo, neste caso col sufixo masculino: fornigo. Úsase pra referirse a tres ou cuatro realidades relacionadas semánticamente entre elas, anque ta ruin de saber cuál foi a primeira da que despóis se foi desprazando el significao. Chámase fornigos al calostro, el primeiro leite da vaca despóis de parir, y tamén ás papas de meiz ou cereixolos feitos con ese leite, pro en Castaedo y Monón os fornigos son cachos de pan rebozaos en ovo y fritidos. Pode que pola traza farinenta que presentan os cascos dos burros afectaos por bacterias ou fungos é polo que chaman fornigo a esa malura y seguramente d’ei acabóu aplicándose pra chamar a outra malura mui dolorosa nos didos das maos ou dos pés, arrentes del uña. Con estas acepcióis ou aparecidas tamén s’usan noutras linguas vecías formas como hormiguillo hormigos, formigos, etc. Pode pasar que se recoyan derivaos con -n- referidos a estos significaos secundarios, pro con -m- pra chamar al insecto: por exemplo, constátase fornigo ‘pan fritido con ovo y farina’ nel norte da Coruña, pro al bicho alí chámanye formiga. Este dato pódese interpretar como señal de qu’os resultaos con -n- tuveron máis estensión xeográfica noutros tempos ou, al rovés, qu’a denominación derivada chegóu a esa zona con -n- sin qu’os falantes la relacionaran cua denominación local pral insecto.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s