Minoca (Lumbricus terrestris)

Minoca na terra d’un horto en Santuyano (Mieres).

Piyábamos un garrucho y íbamos escarrapatar un pouco nel horto de Ca el Mónico. Axina parecían entre a terra moura y húmeda. Metíamolas nun bote y tirábamos pral Río de San Antonio cuas nosas varas de pescar a ver se con aquel engado nel anzolo cayía dalgúa anguila despistada. A aquel bichín qu’usábamos de cebo chamábamoye binoca (Lumbricus terrestris). A pesar da mía crianza urbana, pra min sempre foron binocas, anque despóis en Uvieo foran meruques. Y eso nel camín ou nel barrio, porque na escola, nos libros en casteyano, eran lombrices. Alí aprendías que son anélidos (porque tein el corpo segmentao en aniyos) y que s’alimentan de materia orgánica procesando un feixe de terra que botan despóis en forma d’humus, polo que fain úa laboría ecolóxica importante. A verdá é qu’a palabra lombriz sempre me suóu a condo tabas malo. É irmá d’outro término, lombriga (ou llombriga), qu’é el qu’usamos en galego-asturiano pra referíremonos a os parásitos del intestino humano. Por certo, vén del mesmo étimo latín que ta nel nome del xénero del noso anélido da terra (lumbrica).

Botando un oyo a os vocabularios, vese que recoyen a forma binoca os de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual y el d’Acevedo y Fernández. A estos datos podo amecer outros máis de binoca que me deron nas Figueiras, As Campas y El Valín (Castripol), Serantes (Tapia) y Valdepares (El Franco). Fernández recoye a variante binocra nas Figueiras, como asina me confirmaron alí. Sendo como é lugar marineiro, nun podo evitar recordar esa mesma vacilación -ca / –cra nel nome da nocra (Cancer pagurus), crustáceo que nel porto vecín de Tapia chaman noca.

Pinta evidente qu’el galego-asturiano binoca é úa evolución a partir de minoca por confusión de bilabiales sonoras (como pasa en buñuelo/muñuelo, bilango/milango). A variante minoca ta máis estendida territorialmente. Recóyese nos vocabularios d’Acevedo y Fernández, ademáis de nos d’Eilao y A Veiga, unde diz qu’é resultao propio d’Abres. Aparte, tamén me deron esta forma nos conceyos del Franco (Samarfún, Villar, San Xuyán), Castripol (Vilarín, Os Niseiros, Tabes), Santalla d’Ozcos, Samartín d’Ozcos, Grandas (Penafonte, Castro), Eilao (Cachafol) y Pezós. En dalgús sitos a palabra convive cua variante sin -n- intervocálico: mioca. É el caso d’Abres, como señala el vocabulario da Veiga, ou de Santalla, como me dixeron alí. En Vilela (San Tiso d’Abres) y Teixeira (Santalla d’Ozcos) namáis me deron a variante mioca. É esta a denominación usada nel oriente da provincia de Lugo y na d’Ourense, anque a xeneral en galego é miñoca (tamén se pode dar en dalgún punto a forma biñoca).

El última variante d’esta clas é miroca, qu’aparece nel vocabulario d’Acevedo y Fernández como propia de Grandas. Na reiz hai úa consonante líquida -r- que recorda al outra forma que temos pra chamar al anélido y qu’é a que s’usa en todo el metá oriental del Navia-Eo, en continuidá cos resultaos de tipo asturiano: meruca. Esta palabra rexístranla os vocabularios d’Acevedo y Fernández, El Franco, Ponticella, Monón y Castaedo y El Valledor (aquí cua realización zarrada miruca), y Xoán Babarro recóyela en Sarandías (Bual). Tamén la incluye Braulio Vigón nel sou vocabulario de Colunga (1896) entre un mañuzo de palabras del galego-asturiano que ye apurriran, neste caso señalándola como de Navia. En conto a datos inéditos, recoyín meruca en puntos del conceyo del Franco unde alterna con binoca ou minoca: Valdepares (cua pronunciación miruca), San Xuyán y Villar. Aparte, constatéila nos conceyos de Cuaña (Lloza, Ortigueira, Trelles) y Navia (Andés, Villouril).

A partir d’este tipo oriental amáñanse en galego-asturiano outras variantes cua labialización da vocal pretónica: moruca, qu’é a que me deron en Santolín (Ibias), y a correspondente col zarramento d’esa vocal (muruca), qu’é a forma que recoyín en Tormaleo y Mourentán, tamén nel conceyo d’Ibias.

Anque todas estas palabras pinta que naceron pra chamar al anélido, hai que señalar tamén el significao figurao posterior de minoca y meruca como ‘pene’, sobre todo como término usao cos nenos.

Como xa se dixo, a palabra habitual en asturiano é meruca ou merucu, con todas as variantes posibles resultao das evolucióis xa apuntadas na vocal pretónica (mir-, mor-, mur-). Ademáis, danse as formas moluca, molucu, con úa vacilación esplicable entre consonantes líquidas. Úa variante mui oriental, recoyida en Peñamellera, moruga, presenta úa sonorización da oclusiva velar.

En resume, outra vez el territorio eonaviego é sito d’encontro entre as formas galegoportuguesas y as asturlionesas. Según os datos qu’acabo d’espoñer, a fronteira entre as dúas zonas, con partes intermedias grandes de convivencia dos dous resultaos, vai pol medio del conceyo del Franco y entra en Bual, únde alomenos na parte máis nororiental hai datos de meruca. Sigue por Eilao, unde sabemos que na veira esquerda del Navia dicen minoca, y baxa deixando dentro d’este resultao el conceyo de Pezós y nun sabemos se todo Grandas. Ayande y Ibias quedan pral lao de meruca, moruca, muruca. A raya podíamola seguir escontra el sur, pol Bierzo (unde dicen mioca y meruca), hasta chegar al sur da península, porque a forma miñoca sigue por Portugal (escrito minhoca) y hasta entra en Estremadura (con variantes como biñoca ou miñocla, parente esta na terminación del binocra figueirolo), ademáis de constatarse mioca nel occidente zamorano (en continuidá con Ourense) y albiñoca en Andalucía. Hai qu’apuntar qu’os diccionarios de casteyano, ademáis de lombriz, poin como sinónimo miñosa, pro nun puiden volar en ningún dato d’únde se diz esa palabra, que quizabes sía úa variante máis del tipo occidental miñoca en territorios vecíos col portugués. Se pasamos pral lao oriental, en zona lingüistica asturlionesa, tamén atopamos variantes del tipo meruca: en Aliste (Zamora), dicen meluca, igual que nas Hurdes, nel estremo nororiental de Cáceres. Índonos pral norte peninsular, moruca ou moruga oise en Santander y en Palencia.

Nun primeiro retento, podía pensarse que dous tipos léxicos tan aparecidos (minoca y meruca) podían vir del mesmo étimo, pro son muitos os perós: a estabilidá na vocal da reiz nel primeiro caso (min-) en comparanza cuas variacióis nel segundo (mer-, mir-, mor-, mur-) y esa evolución diverxente da consonante nasal –n– y a líquida –r– tan mala d’esplicar. Nun se m’ocurren casos d’ese paso nel noso léxico, agá na terminación verbal dos perfectos –eron > –enon que se dá en zonas del gallego, del asturiano y tamén del gallego-asturiano: fixenon, tuvenon, cantanon… Aparte, a cada tipo de reiz asocíase un sufixo diminutivo diferente: –n + oca / –r + uca (el miroca grandalés pode ser sin máis un cruce entre entrambas formas).

Hai quen apunta como étimo prá reiz da forma miñoca el latín miniu ‘cinabrio’, ‘sustancia mineral acolorazada’, palabra d’orixe hispánico que dicen que ta detrás del hidrónimo Miño. A denominación galega pral anélido, con ese diminutivo –oca, podía entenderse como úa descripción del sou color y tamaño: sería como chamaye a coloradía. Ese grupo latín -nj- (miniu) esplica a evolución romance a -ñ- (como calcaneu > calcanio > calcaño ou vinea > vinia > viña), pro pinta incompatible col resultao mioca del galego oriental, qu’implica que primeiro tuvo qu’haber un -n– que se perdéu. Recórdame este caso el da palabra farina, qu’é solución xeneral en galego-asturiano, con úa forma faría máis al occidente pra chegar xa, se seguimos máis aló, al resultao galego fariña. Anque nun coincide a estensión territorial das variantes, si lo fai a secuencia xeográfica: fariñamiñoca, faríamioca hasta chegar al noso farinaminoca.

Pra esplicar miñoca tamén se falóu del étimo mina, pol avezo escavador na terra que ten este bicho, pro mina é úa palabra que chegóu mui tarde á península ibérica (alredor del s. XVI), procedente de Francia, y polo tanto os sous derivaos actuales en galego mantéin el -n- intervocálico. Nun é razonable pensar que miñoca veña d’un continuador de mina que namáis deixóu el nome del anélido y que tuvo que ser anterior á chegada da palabra francesa: daríaye tempo a perder el –n– y despóis, en parte de Galicia y en todo Portugal, a repoñer úa consonante palatal –ñ– (é el que pasóu nos demáis casos d’esta clas en galego, mentres que nel máis del Navia-Eo el proceso quedóu parao na perda del -n-: vecía, molieiro, dieiro…). En Brasil, unde tamén dicen miñoca (minhoca), tein dao úa esplicación errada, buscando a orixe núa palabra d’úa lingua amazónica, esqueicendo todo el reportorio de variantes que temos nel noroeste peninsular con úa perda del –n– que nos fala de periodos anteriores á chegada a América, condo se taba formando a lingua qu’hoi conocemos.

Coromines apunta qu’a palabra miñoca é afín a outras que se dan nas máis das linguas romances y que deron pé a términos como meniño, menino, miñón, minyó ‘neno’, mignon ‘pequeno, guapo’ y tamén monín, moñín, menín, meñín, meñique… ‘dido máis pequeno da mao’. Todos remitirían a úa reiz céltica minn- que ta detrás de muitos términos espresivos cos qu’as madres chamaban a os sous nenos pequenos. Esta sería outra posibilidá, anque el etimólogo catalán nun entra en detalles pra esplicar ese -ñ-, condo el esperable en Galicia sería que dera -n- (como nel galego-asturiano binoca, minoca); muito menos encaxa a perda de -n- en mioca. Sempre queda a posibilidá pra esplicalo de pensar en analoxías ou ultracorreccióis, pro nun cayo en qué outros casos aparecidos poda haber.

Seguindo cuas elucubracióis, einda queda outra palabra interesante qu’entra en xogo y que se podía relacionar con minoca. Trátase del sustantivo bioco ou mioco ‘mimo, capricho’. Reparéi nél porque en Mántaras, unde dicen binoca y bioco, recoyín el adxetivo minoqueiro ‘mico, repunante pra comer (un neno)’. Se amecemos a este dato que nel Lugo fronteirizo con Asturias ese adxetivo é mioqueiro (y os sustantivos son mioco ‘mimo’ y mioca ‘minoca’), é tentadora a relación posible de mioqueiro-mioca con minoqueiro-minoca (ou binoca). En Mántaras os falantes nun relacionan binoca y minoqueiro, pro ben sei que se pode tratar de resultaos da mesma reiz. En conto á relación semántica entre mioqueiro, mioca y mioco, nun la vexo ruía d’esplicar. En galego, andar á miñoca ou á mioca é ser mui probe y nun ter qué comer. Y, en asturiano, ser un merucu ou tar como un merucu úsase pra referirse a un neno pequeno y froxo. Pra chegar al adxetivo que tamos analizando, ben puido ferse úa comparanza cua minoca d’un xeito aparecido a os exemplos del galego y del asturiano pra falar d’un neno mimao, caprichoso, repunante, que nun come nada y que ta froxo por eso. Puido ser primeiro el adxetivo mioqueiro ‘mimoso’ a partir de mioca y d’él derivar un sustantivo masculino mioco ‘mimo’, ou quizabes puido dárseye esa acepción a úa forma masculina de mioca y por derivación nacer despóis el adxetivo. En conto a ese baile de formas en estaos evolutivos diferentes en Mántaras (binoca, bioco, minoqueiro), nun é miga raro que convivan na fala d’un mesmo sito palabras procedentes d’un mesmo étimo anque tían en fases distintas d’evolución y máis núa zona de transición como el Navia-Eo unde se cruzan tantos fenómenos y empréstamos d’un y d’outro lao. Na fala de Mántaras úase el sustantivo marina ‘terra achegada á costa’ y el adxetivo feminino maría ‘del mar’, anzolo y amucelo, enhalar y engalar, inda y einda, pranteira y chanteira, traba y tableiro

Se hai dudas sobre el étimo de minoca, einda máis pral de meruca. García Arias relaciónalo col latín merus ‘puro’, ‘abrancazao’ (que viría d’úa hipotética reiz indoeuropea *mer- ‘relumar’) y esplica el nome de meruca pol color claro da panza del anélido. Con ese sufixo diminutivo –uca é como se ye chamáramos a branquía. Así y todo, é raro qu’el feito de qu’a minoca sía máis abrancazada por debaxo poda ser a característica máis chamadeira pra darye nome, sendo como é úa cousa común a ben bichos ter a panza máis clara. Tamén se pode pensar nel latín merulus ‘merbo’, ‘pexe da familia Labridae’, qu’os estudiosos dicen que pode tar detrás del nome de pexes como el mero. Pinta qu’a merucaMolva molva’, pexe que chaman asina nas Figueiras y Tapia, y maruca en Ortigueira, debe ser un cruce col nome asturiano da minoca, porque, anque nos portos marineiros del centro tamén ye chaman meruca, noutros el nome é merúa ou morúa.

10 opinións sobre “Minoca (Lumbricus terrestris)

  1. Alberto

    En Navia “meruca” , de nenos tíamos la fatada de decir “guarda la meruca” condo taba algún mexando. A las de río, que s’usan pa pescar, chamaseyes “xorra” ou “xorrón” en función de las dimensióis.

    Liked by 1 person

    Resposta
  2. Dennis AG

    A palabra que eu coñecín hai ben pouco era mioca en Paradela do Río no Bierzo, mentras lía o blog digo, voulle dicir sobre o Bierzo pero logo xa vin que puxeches ambas :). ia si xusto iso, meruca en Cacabelos condo preguntein ia hai un “Campo de las merucas” en Quilous, alao onde inda pódese escuitar algo de galego.
    preciosa entrada ia precioso blog como sempre, muita identificación como sabes entre as falas nosas. Arroubachesme a idea de escribir sobre as miocas. haberá que facer algunhas colaboraciois ou algo logo !
    Saúdos !!

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Muitas gracias polas túas observacióis, Dennis. Claro que s’asomeñan as nosas falas. Al cabo, é todo galegoportugués con influencias asturlionesas. 😉
      Ás veces teño feito entradas mui circunscritas al territorio eonaviego, ben por falta de tempo ou ben por falta de datos, pro sempre é miyor ter úa perspectiva xeográfica mayor pra entender el reparto das variantes y fer hipótesis sobre estos fenómenos, anque dacondo podan volver a ún tolo con tanta información. 😉

      Gústame

      Resposta
  3. conchitaalvarezlebredo

    Mui interesantes as túas hipótesis etimolóxicas. A relación con “bioco” paréceme mui ben fundamentada, prestoume lamar. Eu sentín a tamén a variante “merouca”, peró nun che podo dicir en qué sitio esacto, porque condo la ouguín inda nun me dedicaba a apuntalo todo, ha, ha. Foi na adolescencia: algunhos rapaces que vían a discoteca de Tapia os domingos dicían “merouca” y nosoutras, as mías amigas y eu (¡qué ignorantes éramos!) ríamonos delos y empezamos a dicir tamén “merouca” pra chanciarnos. A ver se alguén pode achegar esa información.

    A relación col latín “merus”, da que fala Arias, nun me parece miga verosímil. O “r” de “meruca / miruca / merouca” máis ben parece unha típica disimilación de líquidas da que esisten muitísimos exemplos (pos, como sabes, as nasales antes eran consideradas líquidas y, entran en muitos procesos de asimilación/disimilación con r / l). Seguro que hai muitos exemplos en galego-asturiano, peró agora nun me vén á cabeza ningún bon. Namáis se m’ocurre el caso de VENENO > veleno, con cambio n> l, que noutras zonas da península cambia a -r-: ‘vereno’ en zonas del aragonés; ‘verí’ en catalán. Parez lo mesmo que pasa en “meruca” a partir dunha reiz
    “min-“, teña a orixe que teña.

    Muitísimas gracias por esta entrada tan trabayada. Un abrazo.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Pois é raro eso de meoruca, con ese diptongo-ou-. ¡Quén sabe a historia d’ese merouca discotequeiro! 😉 Xa comento al final qu’el único uso de meruca na zona de minoca é en Tapia, pro pra chamar a un pexe.
      É un exemplo interesante ese que pois pral paso de -n- a -r-/-l- y é úa vía mui chamadeira pensar que veñan todas as variantes d’un mesmo étimo, anque tamén esplico os reparos. Salíume úa entrada elucubrativa de máis.
      Gracias polas túas observacióis, nía. 🙂

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario