
As bolas coloradas d’un acebro fema en Brañanoceo (Mieres) (21/12/2014).
D’esta volta nun toca falar d’herbas nin de florías, anque si d’úa especie vexetal. Trátase del acebro (Ilex aquifolium), un árbol que, se nun se frada, pode chegar a ter hasta quince ou veinte metros d’altura y durar dalgús centos d’anos. A popularidá que ten como adorno prá Navidá ponlo en peligro en muitos sitos, pro tamén aforra de dar máis datos prá súa identificación porque é conocido de sobro hasta prá xente máis urbanita.
As súas foyas son duras, brillantes porriba y con pinchos por toda a veira, d’ei el epíteto del nome científico, aquifolium, que vén ser como ‘foya aguzada’ ou ‘foya que pincha como úa aguya’. A madera, muito búa y dura, usábase pra fer cachabas, pértigas dos mayos ou fueiros dos carros. Cua súa paraza amañábase a liga, sustancia mui pegañosa cua que s’armaba pra cazar páxaros pequenos. Por certo, a merbos y malvises gústanyes con delirio os frutos del acebro, que duran nel árbol de setembre hasta marzo. Como ademáis el árbol ten foya todo el ano, é aveiro y alimento da fauna del monte, entre outros, del feisán (Tetrao urogallus), razón pola qu’é un árbol protexido en Asturias y considerao «especie d’interés especial».
En galego-asturiano recóyese a palabra acebro, ademáis de nel vocabulario d’Acevedo y Fernández, nos de Mántaras, A Roda, A Veiga y Bual. Nos de Ponticella (Villayón) y Castaedo y Monón (Ayande) aparecen dous sinónimos pra chamar ese árbol: acebeiro y xardón. El vocabulario de Ponticella tamén recoye como sinónimo espieiro, pro teño medo que sía úa confusión con outro árbol que tamén ten canas que pinchan: Crataegus monogyna.
Eu apuntéi acebro en Zreixido (A Veiga), Os Niseiros, Brañatruiye y El Valín (Castripol), acebreiro en Villarín (El Franco), acebo y acebeiro na Ovellariza (Vilanova), y acebo en Mourentán (Ibias). Neste lugar ibiano, chámanyes acebas a os exemplares que nun tein pinchos nas foyas, porque pensan que son femas. Esa é úa crencia que tamén ta mui estendida noutros sitos. A realidá é qu’esta especie é dioica, querse dicir, as flores masculinas y femininas necesarias prá súa reproducción nacen en árboles distintos y namáis os exemplares fema dan esas bolías tan chamadeiras condo se poin coloradas, pro el xénero nun ten miga que ver cua feitura das foyas. Qu’os acebros teñan pinchos é un xeito de defendérense dos hervíboros. Por eso os exemplares máis altos tein a parte de riba del árbol con foyas máis lisas, pro poden ser tanto machos como femas.
El acebro podémolo atopar dende a veira del mar hasta altitudes de 1.800 metros. Na montaña einda se poden ver montes d’acebros, que se chaman acebreiros, según recoyen el vocabulario de Bual y el da Roda, ou acebreirales (A Roda). Como testimonio d’esos sitos chíos d’Ilex aquifolium tán nomes de lugares como El Acebeiral en Vilanova d’Ozcos ou Cebedín, A Veiga Cebedín, Acebedo y Acebreiral na parte interior del conceyo de Tapia (costa caro crelo vendo qu’agora todos esos montes son úa prantación desadorme de calitros).
En galego danse por todo el sou territorio as mesmas formas pra chamar al árbol qu’en galego-asturiano, anque tamén tein variantes con -i-, polo qu’á lista hai qu’amecer formas como acivo, acivro, acivra, aciveiro, acivreiro, acivreira, acevedo, acevicho, aceviño, cevro y civro (regularizo todo con –v-, qu’é el xeito normativo d’escribilo en galego y portugués), ademáis de xardo y xardeira. En portugués é azevinho, azevinheiro y azevim, entre outras variantes.
En asturiano úsanse formas como acebu, acéu y, na metá occidental, xardón y xardu. Hai outro xeito mui estendido de chamar a esta especie, propio da zona centro-oriental d’Asturias: carrascu.

Un acebro na cortía d’úa casa en Brañanoceo (Mieres) (21/12/2014).
Sobre a etimoloxía d’acebo hai teorías distintas porque costa caro encaxar ben nas esplicacióis os resultaos de galego-portugués, asturlionés y casteyano. Resumindo, a orixe haberá que buscala non na palabra clásica aquifolium, senón núa forma del latín vulgar, acífulum, qu’evolucionaría a acíbolo ou acébolo. Como en galego-portugués pérdese el -l– intervocálico, el resultao sería acibo ou acebo, forma que tamén se constata en portugués antigo. Sobre a palabra ameceríanseye despóis sufixos como –eiro, igual que pasa col nome d’outros árboles, ou –iño y –ín, como os resultaos galegos y portugueses. Dalgús defenden entoncias qu’el acebo del casteyano é un empréstamo del galego-portugués, pro outros propóin qu’a evolución en casteyano foi a acébalo y qu’ese –alo poderon interpretalo os falantes como un sufixo y refixeron d’ei a palabra acebo. Outra hipótesis diz qu’ese –o– átono d’acébolo puido fer derivar a palabra d’un xeito distinto: aceblo y despóis acebro (con ese –r– como en dobre ou nebra). García Arias, pola súa parte, propón un étimo acífidum que daría acébedo > acebdo > acelbo > acebo.
En conto a xardón (temos na zona el apelido Jardón casteyanizao), fálase d’úa orixe núa posible palabra perromana, sarta, irmá da zarza casteyana ou da zarta ‘vara’ vasca.
É un tema interesante y con muitas voltas, pro entendo que pode alouriar a os que nun yes chista muito esto da filoloxía, así que será miyor quedar cua imaxe das bolías encarnadas relumando entre el verde das foyas del acebro y el branco da neve, mentres un merbo s’aveira del vento entre a rama.
E se en galego e en portugués é con uve ¿por que aquí se escribe con be?
GústameGústame
Ben sei que por úa razón aparecida a por qué en galego s’escribe aceviño y en portugués s’escribe azevinho. ¿Por qué galego y portugués nun escriben cua mesma ortografía?: por razóis fonolóxicas, históricas, d’avezos escriturales, de cambeos ortográficos, de consideracióis políticas ou didácticas…
Pra empezar, en portugués, como estreman a pronunciación labiodental (v) da bilabial (b) é normal que lo escriban asina. Como en galego, casteyano, asturiano, etc., pronuncíase sempre de xeito bilabial, al largo da súa historia escrita sempre houbo confusióis. En casteyano, por exemplo, hai un feixe de palabras que s’escriben con “b” y qu’el sou étimo en latín nun tía “b”, senón “v”, “ph” ou “f”. En portugués tamén escriben con “v” palabras de vein d’étimos latinos que tían “b” y al rovés (escriben haver, abutre, dever…). As autoridades lingüísticas galegas decidiron hai úas décadas seguir un criterio etimoloxicista máis estricto qu’el portugués y, por suposto, qu’el casteyano, y mandan escribir con “v” esas palabras que vein de “v”, “ph” y “f” latinos (por eso escriben verza, vulto ou voitre).
En Asturias a escolarización tanto del asturiano como del galego-asturiano féxose d’un xeito muito máis precario qu’en Galicia y tuvo (ten) que luitar contra muitas circunstancias adversas: asignatura voluntaria, críticas mediáticas contra el enseño, falta d’información y de consideración social, ausencia de campañas d’apoyo potentes… Ese contesto sociopolítico levóu (tou resumindo muito) a qu’as autoridades lingüísticas asturianas escoyeran úa ortografía que nun amecera ás complicacióis da súa tradición escrita embelgos novos pra os nenos que tían qu’aprender a usala. El resultao é que nesta cuestión del “b” y el “v” a normativa del galego-asturiano y a del asturiano siguen os avezos das súas tradicióis literarias que, por razóis evidentes, eran dependentes del ortografía á que taban avezaos os escritores: a casteyana.
Nun sei se respondo con esto á túa pergunta. En todo caso, el tema queda un pouco desviao del obxetivo d’este blog.
GústameGústame
E se a ortografía é a castellana, sen ánimo de seguir desviando o tema: ¿por que se escribe ‘hai’ e non ‘hay’?
GústameGústame
Xoán, teño amolao poder contestar a túa pergunta porque partes pra fela d’úa premisa equivocada (“Se a ortografía é a castellana…”). Nun dixen nayundes eso. Se volves ler el que dixen, taba falando del peso da ortografía casteyana nos escritores del siglo pasao pral caso del uso del b y el v.
A ortografía que s’usa pra escribir en galego-asturiano (neste blog, nas escolas, nel Administración asturiana) nun é “a castellana”, porque, como ben te precatache, nun s’usarían entoncias as terminacióis en -i (ou poñeríase h- a ermao ou a oso). Seguro qu’has a poder atopar nela máis cousas que consideres que miran pral casteyano, como el sistema d’acentuación das palabras acabadas en diptongo, por poñer un caso, pro nel acentuación dos diacríticos has a ver que miran pral galego (por poñer outro exemplo).
Vexo que nun ques desviar el tema del blog, pro el caso é que se desvía, así que, se nun che dá máis, y despóis de contestar a túa pergunta, déixolo aquí. 🙂
GústameGústame
En Andés chamámosye acebo, pero supuemos que nun tía por qué ser asina n’outros tempos.
¡Qué cousa lo de Jardón ya xardón!.
Ya nun teñas medo, a los de Ciencias préstanos allourianos, como yes prestan a las merbas las bolías coloradas. 😉
GústameGústame
En Las Montañas (Cangas) ye sardón y n’El Valledor (Ayande) nun caigo si ye con s o con x.
GústameGústame
Bus días, en Vilarin decimos acebro, pro conservase el topónimo acebeiro. En Regodeseves, Vilanova d’Ozcos chamanlle acebeiro y en Labiarou Samartín d’Ozcos acebo.
GústameGústame
El curso pasao tuvemos na escola, fendo úa salida pola contornada pa pañar foyas y frutos d’outono y topamos col árbol. Asina de memoria acórdome que los nenos de Villayón chámanye xardón, tamén los de Villartoréi, Busmayor, Masenga, Concernosu y Busecu, en Busmente nun lo reconocían, los d’Arbón tampóuco. Lo que nun fun quen a conseguir é que naide me dixera como se chaman las bolías coloradas, nin falando colos mayores del pueblo.
Prestóume muito esta entrada, un saludo.
GústameGústame
Mui interesante. Este verao fun coas mías fiyas a os xardines de El Chano (os de “Panrico”, como dice a xente) y el guía explicounos qu’os que tían pinchos eran os exemplares macho. Xa ves… pa unha cousa qu’aprendo, resulta qu’e mentira!
A foto é preciosa. Un saludo.
Unha pergunta: el outra pranta navideña, el “muérdago”, ¿hailo por aquí? Y se lo hai, ¿cómo se chama en galego-asturiano?
GústameGústame
Así y todo, tamén son interesantes esas crencias populares y por eso me presta comentalo.
En conto ás fotos, failas a máquina ;-). Dalgún día hei a quitarye el automático y felas manuales, pro pra eso hai que dedicarye tempo.
Quén me dera saber el nome del Viscum album, que chaman arfueyu en asturiano. Tamén ye chaman marfueyu, col que nun podo evitar relacionalo col noso marfoyo (qu’usamos pra chamar a un tipo d’ouca que ten esos globíos aparecidos a os que ten el Viscum album). En todos os sitos hai cortías con frutales veyos chíos d’ese parásito, así que nun costará caro atopar quen ye día nome. Dende aquí animo a quen lía esto que nos diga cómo ye chaman en galego-asturiano nel sou lugar de nacemento. A ver se sacamos dalgúa información cua túa pergunta.
GústameLiked by 1 person
Todo el mundo dá información sobre el nome del acebo na súa contornada, peró naide dixo inda nada del “muérdago”. En galego chámanye “visgo” (y en portugués), peró nun me súa nada ese nome en galego-asturiano. Desque che perguntén si lo había na nosa zona, vinlo muitísiimo por todas partes, engaramao nos troncos doutros árboles (a nun ser que lo confundise con outra cousa). Bueno, de momento, quedo cua duda. Tía curiosidá por saber el nome, porque sempre me chamóu el atención esa pranta, tanto pola pinta, como polos mitos (ou realidades) que la acompañan: falo del sou celtismo y da relación cos druidas, as propiedades curativas, máxicas y todo eso.
GústameGústame