Malva (Malva sylvestris)

Flor de malva. Güeñu (La Ribera), 26/5/2015.

Diz el ditame que se te curas con malvas, mal vas. A realidá é qu’a malva (Malva sylvestris) é úa pranta ben meleciera y úsase muito pola industria farmacéutica y nos romedios populares. Por eso, outras versióis del refrán dicen que se nun te curas con malvas, mal vas.

As flores da malva vense undequera, nas veiras dos camíos, nos praos, nas terras de vaco… Tein cinco pétalos y avezan a ter un vetiao d’un morao máis escuro. É úa pranta ruderal típica que coloniza os sitos sin cuidar. Precisamente, esa facilidá pra salir undequera ta detrás da espresión tar criando malvas, que s’usa pra referirse a condo daquén ta morto. A malva pode chegar a ter un valume grande, d’hasta metro y medio d’alto, condo nun se corta. Ten as foyas aparecidas ás dos xeranios y as flores son del color al qu’a pranta dá nome, porque primeiro foi el nome da especie, malva (término que xa vén del latín con ese significao), y despóis foi el uso da palabra pra referirse al color (como pasa col naranxa ou el rosa).

Prao chen de malvas en Mántaras (Tapia) (12/7/2016).

Hai muitas especies del xénero Malva y dalgúas danse na nosa zona, como Malva moschata (usada tamén en parques y xardíos como ornamental) ou M. tournefortiana, entrambas de flores máis ben arrosadas, pro deixamos nel título a especie máis común, M. sylvestris, qu’é á que nos referimos pras propiedades melecieiras. Nun sabíamos d’esas virtudes da pranta condo éramos pequenos, pro muita xente recordará andar de nenos comendo nel fruto das malvas, qu’amañan úas capsulías con gayos dentro como se foran úa mandarina. Nun recordo que souperan a gran cousa, pro mandabas el tempo y entretíaste. D’este avezo infantil dá fe a denominación casteyana de panecillos o quesitos, paninos en asturiano.

Ten pouca fortuna a palabra malva nos vocabularios nosos, quizabes porque é igual qu’en casteyano, cousa que tamén pasa cuas denominacióis en galego y en asturiano. Aparece a pranta nos vocabularios de Mántaras y A Veiga, publicación esta última que tamén recoye as súas propiedades melecieiras y a espresión tan conocida de tar ou quedar como úa malva, col sentido de ‘tranquilo, asosegao’. Anque súen igual, nun hai que relacionar a palabra malva col verbo malvarse ‘apedrar, botar a perder’, ‘volverse ruin’, ‘amalar’, porque a súa etimoloxía nun ten miga que ver: malvarse vén de malvao, del latín vulgar *malifatius ‘desgraciao, maldito’.

8 opinións sobre “Malva (Malva sylvestris)

  1. Marian

    Úa malva malva é tamén por Andés (Navia).
    You teño comío caramelos pero penso que nun probéi inda las infusióis qu´hai a vender.
    Vense abondo las malvas por ei, ya qué pouco aprecio yes tuven dando por nun saber lo qu´eran esas prantas.
    Tamos aprendendo muito col blog. 🙂

    Gústame

    Resposta
  2. Poutaloba Autor/a do artigo

    Gracias, Conchita, Aurora y Manolo polos vosos comentarios. É verdá, Conchita, qu’as malvas son as prantas que colonizan as islas de Tapia que tein campo por derriba. Forman parte del paisaxe costeiro y nun sei cómo nun m’inspiraron dalgún comentario. Pro pra eso tades vosoutros… 😉

    Gústame

    Resposta
  3. conchitaalvarezlebredo

    É unha das mías flores preferidas. Unha das cousas que máis me presta das malvas é que nacen hasta nas penas, nas rocas arrodiadas de mar. El Isla, en Tapia, está muitas veces chía de malvas, y todos os ribeiros da zona. Algunhas alcanzan muita altura y, condo las vexo, acórdame unha cancioncía casteyana medieval de tipo popular: “Alta estaba la peña/ estaba la malva en ella”. Dous versos con doble sentido (erótico, como sempre) que me fain ver que, efectivamente, as malvas sempre prenderon nas pedras y que deberon ter un valor simbólico importante na Edá Media. Dígolo porque ese calambur del que falas (malvas – mal vas) eu lo conozo, pero non como refrán, senón como unha d’esas anécdotas apócrifas que se yes atribuyen a os Reyes Católicos. Na mía casa dícese: “Como ye dixo Isabel a Fernando (señalándoye una mata de malvas): Fernando, mal-vas”.
    Felicidades pol blog. Xa sabes que m’encanta. Un saludo.

    Gústame

    Resposta
  4. Andrea González González

    Bus dias. Como sempre da gusto ler el tou articulo. Tamos esperándolos como augua de mayo. A malva debe ser malva en toda a zona, eu sempre ouguín chamarye así. Un abrazo y muito ánimo pra seguir trabayando tan ben.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s