Cioyo (Foeniculum vulgare)

Umbela de cioyo en Santa Gadía (3/8/2014).

Umbela de cioyo en Santa Gadía (3/8/2014).

Cioyo ou fioyo é el nome que se ye dá en galego-asturiano al Foeniculum vulgare, esa pranta qu’arrecende a anís. Nel brao, as súas flores del xeito d’úa sombriya (el qu’os botánicos chaman úa umbela) enchen de marelo os valaos, cunetas y terras de vaco.

Na mía casa acórdome de téremos botao cioyo ás castañas condo las comíamos cocidas, avezo culinario qu’é tradicional en muitos sitos. Nel vocabulario d’Acevedo y Fernández (1932), al falar del cioyo, cuntan que daquela a gra usábase como condimento y que cuas ramas estraban as cayes na procesión del Corpus. Tamén esplican qu’os mozos engalanaban con cioyo as ventás das súas mozas na noite de San Xuan.

En Italia avézase muito a botar el canouco del cioyo nas ensaladas, anque usan úa variedá seleccionada da mesma especie (Foeniculum vulgare var. azoricum).

Fioyo vén directamente del latín foeniculum: mantén el f- inicial, perde el -n- (como pasa en galego-portugués: minutus > miudo) y tresforma en -y- ese grupo -c’l- (como pasa en asturlionés: auricula > oreya, apicula > abeya). Nas zonas máis al occidente y sur del Navia-Eo, unde el resultao de -c’l- é -ll- (como en galego-portugués: orella, abella), a forma correspondente é fiollo. Hai outro dato interesante nel nome popular d’esta pranta en galego-asturiano: el paso en ben sitos de fioyo a cioyo. É un fenómeno fonético que se dá en máis palabras (fereixolo/cereixolo, cebiya, fedoreya/cedoreya, cerruyeiro), así que nun é miga rara esa variante cioyo, que, polo demáis, é mayoritaria na zona. Recóyenla, por exemplo, os vocabularios de Mántaras, A Roda y A Veiga. Eu constatéi esa forma en Vivedro (Cuaña), Armal (Bual), San Xuyán (El Franco), Sanzo (Pezós) y Poxos (Villayón), anque tamén la ougüín, alternando con fioyo, en sitos como Pezós, Penarronda (Castripol) ou El Roso (Castripol). Precisamente al pé d’este lugarín da parroquia de Balmonte hai úa salimeira que leva el nome da pranta: El Cioyo ou Fioyo. É un salto d’augua ben guapo en medio del monte y muita xente vai velo. El río amaña dúas cayidas, úa nel Pozo da Señora y outra, a máis grande, nel Pozo del Cioyo.

Valao en Santa Gadía chen de cioyo (3/8/2014).

Valao en Santa Gadía chen de cioyo (3/8/2014).

Se tresparente é a evolución da palabra en galego-asturiano, outro tanto pasa cuas linguas vecías. En asturiano, unde se mantén el -n- intervocálico del latín, chámanye fenoyu ou cenoyu, tamén con esas dúas posibilidades na consonante inicial. En Anlleo (Navia), unde se fala galego-asturiano con muitos detallíos xa del asturiano, recoyín a forma cinoyo.

En casteyano, el nome da pranta é hinojo. ¿Y qué pasóu en galego? Primeiro de nada, hai qu’aseñalar el feito de qu’os vocabularios galegos nun recoyen formas con c- inicial; todos os datos son con f-. Aparte de fiollo, qu’é a forma típica na parte oriental y sur de Lugo, en continuidá col galego-asturiano, noutras zonas de Galicia esa perda del -n- trouxo outra consecuencia fonética, qu’é el aparición d’outro -n-: d’ei que se diga fionllo, fioncho, fiúncho, funcho ou fruncho. Úa d’esas formas, fioncho, apuntéila no Chao (San Tiso), xa al pé de Galicia.

Advertisements

4 thoughts on “Cioyo (Foeniculum vulgare)

  1. albiua

    En Andés (Navia) chámase cinoyo, aunque la i muitas veces confúndese falando con úa e, ya entós ben podera ser cinoyo ou cenoyo. D´este xeito, si e cinoyo dícese en Andés como lo que ta recoyío de Anlleo (tamén Navia) ou un pouco más parecío al cenoyu del asturiano. Deixando la cuestión de la variabilidá del e ya del i, e verdá que e ben chocante que nun se perda el n, esto nun pasa muito, nin en Navia tampouco.

    Liked by 1 person

    Resposta
    1. poutaloba Autor/a do artigo

      É mui interesante el dato que das, porque vén confirmar el dato naviego d’Anlleo. Tades en zona de fronteira lingüística, así que nun son raras esas interferencias ou solapamentos entre características d’un lao y del outro. Teño máis datos naviegos unde se mantén ese -n-, hasta noutro nome de pranta. Xa verás condo se fale da xestra… 😃

      Gústame

      Resposta
  2. Fragaria Vesca

    Fioyo nun vén diretamente del llatín feniculum. Vén d’ua forma tardía fenuculum. Se non nun se xustificaría el /o/ tónica.

    Gústame

    Resposta
    1. poutaloba Autor/a do artigo

      Efectivamente, pra ser ben sobraba el “directamente”. Fioyo vén del latín clásico foeniculum, peró non “directamente”, senón “a través” d’outra forma posterior, fenuculum, del latín vulgar. É que quería tentar de manter un tono divulgativo sin meterme en demasiaos detalles y al resumilo tanto quedóu por esplicar ese paso evolutivo. Gracias pola aportación.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s