Paredeiro da especie Parus major pousao núa cana d’un mazueiro en Mántaras (31/8/2022).
Tradicionalmente, a relación dos nenos (que non das nenas) cos páxaros era conflictiva, por dicilo d’un xeito suave. Os que sempre salían perdendo eran os probes dos paxaríos, que sufrían úa persecución inclemente: básicamente, cazalos ou atopar os níos pra coyeryes os ovos (é el que se chamaba saber níos). Pra cazalos vivos usaban técnicas como a da liga, que xa espliquéi al falar del xilgueiro (Carduelis carduelis), ou artefactos como el pesugo ou presugo, úa especie de pirámide embrocada feita de paliquíos.
Tamén é verdá qu’ese contacto tan achegao cos páxaros daba pé a que los conoceran muito ben y ademáis de cerca. Eso axudaba a que muitas especies tuveran un nome tradicional y qu’este se mantuvera y tresmitira. Ta ben que s’esqueiceran aquelas prácticas cinexéticas tan ruías, pro non que s’esqueizan as denominacióis populares pra os páxaros. En Mántaras ben deitéi de chegar a tempo pr’atopar bus informantes que daquela, a últimos dos anos 80, condo fixen el vocabulario, xa eran veyos, pro recordaban os sous tempos de nenos cazadores. Hoi, máis de treinta anos despóis, se perguntamos a cualquera persona veya del lugar, de seguro que nun sabe dicir máis d’úa docía de nomes autóctonos. Tamén é verdá qu’einda quedan personas mui observadoras ou que yes manan esas cousas y que s’acordarán de máis. El asunto é atopalas.
Ás veces, as denominacióis que se recordan costa caro identificalas. Por falta de conocementos ornitolóxicos abondos pra saber perguntar con xeito, atópome con muitos datos que condo los recoyín nun din sabido a qué especie concreta se referían. Ás veces nun apuntéi máis que descripcióis mui vagas («un paxarín mouro…», «un páxaro con algo de mouro y marelo…»), conque teño que fer suposicióis ou asignar esos nomes a máis d’úa especie pra nun erralo. Se son aparecidas as feituras das aves, é mui normal qu’a xente las confunda ou que yes día el mesmo nome a todas. É el caso dos páridos, úa familia de paxaríos qu’incluye muitas especies, pro qu’en Asturias ten cinco representantes. Os tres máis conocidos y bus de ver na marina son Parus major, Cyanistes caeruleus y Periparus ater. Antano el nome del xénero de todos tres era Parus y namáis mudaban el epíteto, pro esto da taxonomía científica vai evolucionando y perfeccionándose, y hoi é aceptao que cada especie pertenece a xéneros distintos da familia. Como hei a esplicar agora, nun teño abondos datos como pra dedicaryes cadasúa entrada, conque decidín titular as tres cua denominación popular en galego-asturiano de paredeiro.
Na foto nun s’estrema muito ben el color azul na cabecía, pro vese a feitura rechonchía que ten Cyanistes caeruleus. Vega (Uvieo) (13/1/2021).
Empezo pol máis común y el máis grande dos nosos páridos, como indica el epíteto del sou nome científico, Parus major. É un paxarín mialma ben guapo, del corpo marelo y a cabeza moura, con úas meixelas brancas ben chamadeiras. Ademáis, destaca nél a lista moura que baxa por todo el peto, como se fora úa corbata. Pol lombo, a color é averdosada tirante a marela.
A segunda especie, Cyanistes caeruleus, tamén ten as meixelas brancas, pro ten ademáis úa lista branca paralela porriba dos oyos, que quedan enmarcaos núa tira moura que sigue por detrás da cabeza. Ten úa traza mui regordetía, qu’hasta pinta que nun ten pescozo, pro é lixeiro y nun para quieto nas canas, ben veces aporondando cuas patas pra enriba. Quizáis el que máis lo individualice seña el azul das alas y del pico da cabeza.
A terceira especie, a máis pequena das tres, Periparus ater, resumindo muito, vén ser úa versión en muido y en branco y mouro de Parus major, anque en proporción a cabeza é máis grande y nun ten esa especie de corbata. É chamadeira nél a mancha branca vertical que ten por detrás da súa cabeza moura.
Os tres anían en furaos d’árboles y, mui a miudo, de paredes. D’este gusto por fer os níos nas regandixas das paredes ten que vir el nome en galego-asturiano de paredeiro. Nun hai que deixarse engañar pol asomeñanza fónica cua denominación que yes daban en latín a estas aves, parus, que vén del nome del isla grega de Paros. A palabra paredeiro recoyínla en Mántaras, tamén cua variante feminina paredeira, pra chamar a Cyanistes caeruleus y a Periparus ater. Nun lo recordo, pro quizáis nun din atopao máis datos pra estender a denominación tamén a Parus major. Pra os páridos en xeneral, apuntéi paredeiro na Bouza y As Campas (Castripol), El Viso, Salave y A Roda (Tapia), y Villar (El Franco). Nel vocabulario de Bual de María Teresa López, paredeiro defínelo como ‘herrerillo común’, mentres qu’el da Veiga, pra esta mesma definición dá a forma ferreirín. Este nome déronmo na Caridá (El Franco), pro pra chamar a Parus major. Primeiro de seguir falando d’outros datos que teño, é ben saber cómo yes chaman a estos páridos nas linguas vecías porque eso ha a axudarnos.
El máis pequeno dos páridos de noso, Periparus ater. Brañanoceo (Mieres) (28/3/2021).
Hai que recordar que todas as linguas estandarizadas ou en proceso d’estandarización buscan poñer xeito á variedá de denominacióis populares, y ás confusióis y xeneralizacióis pra máis d’úa especie, decidindo us nomes vulgares estándar (en contraposición cos nomes científicos, que son iguales pra todas as linguas). En casteyano, el nome estándar pra Cyanistes caeruleus é herrerillo, pra Parus major é carbonero y pra Periparus ater é carbonero garrapinos. Como se comproba, condo se comparten popularmente nomes pra máis d’úa especie, el que fain os ornitólogos estandarizadores é poñeryes adxetivos a esos nomes, muitas veces basaos nas denominacióis que dá a xente. Nel caso del portugués, os nomes estándar son, respectivamente, chapim-azul, chapim-real y chapim-carvoeiro. A proposta galega sigue ese mesmo esquema: ferreiriño azul, ferreiriño real y ferreiriño carboeiro. As referencias al carbón y al ferro tamén se dan popularmente na ornitonimia asturiana dos páridos, anque na proposta asturiana os adxetivos coinciden col reparto del casteyano y non col del galegoportugués: veranín ferreru, veranín carboneru y veranín garrapinos. Evidentemente, anque poda haber un faraguyo d’arbitrariedá en cualquera decisión estandarizadora, pra ben ser ten que tar fincada nun bon conocemento da realidá dialectal y por eso neste caso, como base pra os nomes, botaron mao das denominacióis máis estendidas nesas linguas: herrerillo, carbonero, chapim, ferreiriño y veranín.
¿Y cuál é a realidá dialectal? Os vocabularios galegos recoyen muitas denominacióis populares, anque, condo especifican, céntranse nas dúas especies máis conocidas, Parus major y Cyanistes caeruleus. Prá primeira rexístranse nomes como abelleira, abelleiro, almixelo, almixendro, ameixengo, carboeiro, carboeira, chapiño, ferreiriño, ferreiró, ferreirolo, maceiro, patachín, patacho, picafolla ou tinque. Prá segunda, bacachís, bacachés, chapiño, chinchín, ferreira, ferreiriño, ferreirolo, frade, picafolla ou maceiro. Como se pode comprobar, muitos coinciden. Tamén hai dalgún dato recoyido de cómo arromendan popularmente el sou piar trisílabo: chichichí.
En asturiano a denominación máis estendida pra os páridos é veranín ou branín, anque tamén ye chaman dayundes veranu ou capellán. Pra Parus major específicamente, tán recoyidas tamén as formas carboneru, corbatín y chichipán. Pra Cyanistes caeruleus, ferreru, ferrerín y pequeñancín. Pra Periparus ater, abeyerín y veranín real. En Lión y máis al sur, hasta Estremadura, danse denominacióis como cacafú, chichipán, chichifón, ferrerín, mosquerín, papín, pepechín, pepecruz…
Un paredeiro picotiando entre os fayucos d’úa faya nos Arrudos, en Caliao (Casu) (10/6/2023).
En casteyano, según recoye Francisco Bernís nel sou Diccionario de nombres vernáculos de aves, os primeiros naturalistas, dende el s. XVII hasta el XIX, pra Parus major citan os nomes de santa cruz, chichipán, monje y carbonero. Pra Cyanistes caeruleus, herrerillo. Pra Periparus ater, garrapinos, pinero y pinariego, porque é un ave típica dos pinales. Nas encuestas que fexo él, Bernís recoye como a máis estendida en casteyano pra Parus major a de chichipán, con variantes relacionadas como chapín, pepechín, chachapín, machachín, cuchinchín, chinchín, chinche, pichichí, fifirifí, tintín pérez, aguaquí, cagachín…, en dalgús casos tamén aplicadas a Cyanistes caeruleus. Ademáis recoyéu denominacióis como abejarillo, catabeja, carbonero, chocolatera, curica, santa cruz… Pra Cyanistes caeruleus rexistróu datos de cerrojero, cerrajero, cerrajillo, coronilla, herrerillo, herrerico, herrerín, herrerino, herrerito, herrereta… ás veces referidos tamén a Parus major. Pr’acabar hai que señalar un dato chamadeiro: Bernís fexo encuestas na zona noroccidental asturiana y, anque nun especifica el punto, diz que recoyéu en Asturias a forma paradeda. ¿Será un error por paradeira?
Con toda esta chía de datos dialectales, compróbase cómo s’usan muitos nomes indistintamente entre as especies de páridos y qu’as motivacióis pras denominacióis tein que ver cua color del plumaxe, col sou piar de reclamo, cua súa alimentación… y sempre presente el diminutivo polo pequenos que son. Esos datos, como dixen, tamén nos valen de marco pra interpretar os qu’hai del galego-asturiano. Como se pode comprobar, a motivación prá denominación de paredeiro, basada nel sito unde aveza a fer el nío, pinta ser úa creación autóctona del territorio noroccidental d’Asturias que nun se dá noutras zonas peninsulares. Einda máis, en Sabugo (Castripol) tamén me deron el sinónimo de picapedreiro, outro oficio máis que sumar ás xa citaos d’outras linguas como carvoeiro, carboneru, carbonero, cerrajero, ferreiro, ferrerín, herrerillo, capellán, curica, frade ou monje, anque todos estos tein que ver cua color ou, nel caso del cerruyeiro y del ferreiro, col piar metálico del sou reclamo.
Pódese estremar a tiría branca que ten detrás da cabeza a especie Periparus ater. Brañanoceo (Mieres) (28/3/2021).
En conto os datos de ferreirín, qu’enlazan cua denominación galega de ferreiriño, vein a complicar el panorama denominativo en galego-asturiano porque, como xa se víu al falar del paporrubio (Eritacus rubecula) y del charchar (Saxicola rubicola), hai datos dos conceyos da marina de qu’hai quen chama tamén asina a estas dúas especies.
En Zreixido recoyín pra os páridos el nome d’abeyeiro, qu’enlaza cua denominación galega d’abelleiro ou abelleira, col asturiana d’abeyerín y con outras peninsulares como mosquerín, abejarillo ou catabeja. Relacionao cuas denominacióis trisíslabas qu’arromendan el reclamo del ave, ta a forma que me deron na Mundiña (A Veiga): chincherín. Sorprendéume saber qu’en muitos sitos de Huelva, Cádiz, Sevilla… chámayes santacruz, forma que tamén me deron, con artículo masculino ou col feminino, en cuatro puntos de Castripol das parroquias de Piñeira, San Xuan y Siares: El Valín, Sabugo, Granda y Presa. Nos dous primeiros sitos téñolo apuntao como pra todos os páridos en xeneral, pro vexo agora que nos dous últimos dixéronme que tía úa raya branca porriba da cabeza, así qu’a referencia é clara a Periparus ater. A motivación pra este nome de matiz relixoso debe ser pola mor da forma peculiar qu’en Parus major fai a lista moura vertical al chegar dende a barriga hasta debaxo del pico y seguir polos laos fendo úa especie de cruz. Col paso del tempo, muitos falantes deberon mudar el nome pral outra especie.
En Anlleo (Navia), recoyín el nome de furasebe pra Cyanistes caeruleus. A variante furasebes tíala apuntada cerca, en Villouril, nel mesmo conceyo, pra un páxarín agrisao sin muita máis descripción. Quizáis se refira tamén a Periparus ater, pro paréceme que, esfoutándose nel dato d’Anlleo, podemos identificalo alomenos como párido.
Un feixe de paredeiros novos taban picotiando al pé d’un horto en Mántaras. Esta é úa das fotos que yes saquéi (29/5/2021).
Recoyín nel Chao das Trabas (El Franco) el nome de carbueiro pra os páridos, anque terá que ser pra os dous da cabeza moura (Parus major y Periparus ater), mentres qu’en Salcedo (Vilanova d’Ozcos) a descripción que me deron encaxa perfectamente con Periparus ater, como en Penacova, nel mesmo conceyo, unde ye chamaban carbueira. Quédame namáis un nome por identificar, chichí, que me deron en Santolín (Ibias), y que concuaya con todo el feixe de denominacióis onomatopéyicas que xa se viron en toda a península, cua veigueña chincherín, cua galega chinchín y col chichichí que se mencionóu como descripción del sou reclamo. Como sei que nun se trata del charchar (qu’así ye chaman alí a Saxicola rubicola), nun me parece que seña aventurarse demasiao identificalo como nome xeneral de párido.
Por se einda nun taba abondo repetido, el caso dos páridos é úa mostra máis del arrevesao qu’é determinar os nomes tradicionales das especies en situacióis como a del galego-asturiano, que nun dispón d’abondos trabayos de campo específicos. Y, xa que se falóu tanto d’estandarización ornitolóxica, entrementres nun chegan máis datos, cos poucos que temos estrévome a propoñer estos nomes: pra Parus major, paredeiro; pra Cyanistes caeruleus, paredeiro ferreirín; pra Periparus ater, paredeiro carbueiro.