Arquivo por etiquetas: cascaron

Mexigón (Mytilus spp.) 

Os mexigóis medran apeteiraos apegaos ás pedras.

Teño falao ben veces, y con muita xente, sobre a velocidá da sustitución lingüística nel estremo occidental d’Asturias. Este proceso encamíanos sin romedio á desaparición da lingua que se leva falando dende hai tantos centos d’anos nestas terras y é cousa que nos esmol a os que tamos comprometidos vitalmente col futuro del galego-asturiano. Frente al diagnóstico pesimista (ou realista), sempre hai quen ten a visión contraria. Tamén é verdá que muita xente nega qu’a lingua da casa se vaya perder porque asina xustifica que nun se tomen decisióis políticas pra darye a volta a esa situación precaria. Se nun ta en peligro, ¿pra qué imos fer nada? Así y todo, teño atopao quen negaba de búa fe ese proceso de desaparición progresivo y qu’atesaba qu’el galego-asturiano nunca iba deixar de falarse. Ta ben ser optimistas, pro, pra cualquera que poña el ouguido y atenda (y máis se teis a perspectiva de 35 anos atendendo), resulta evidente qu’el proceso vai ás carreiras d’úa xeneración al outra. Y a demostración máis clara vémola nel vocabulario de prantas y bichos, unde el peso das formas casteyanas ta fendo esqueicer ben veces as denominacióis patrimoniales.

D’esta volta escoyo úa especie unde el sou nome en casteyano, mejillón, popularizao pol sou uso alimentario tan estendido, ta acantuando os nomes autóctonos hasta el estremo de que muita xente falante de galego-asturiano xa nun los conoce. Tamos tratando d’úa especie marina, así qu’hai que botar mao del imprescindible Atlas Léxico Marinero de Asturias, d’Emilio Barriuso. Recoye nas Figueiras as denominacióis de mixigón y muxillón. En Tapia, mixigón y, como forma veya, cuxigón. Nel Porto, cascarón. Y, al pé das formas tradicionales, rexistra en todos os sitos encuestaos a palabra casteyana mejillón, como en Ortigueira, unde namáis constata esa forma. Podo amecer un par de datos nestos portos: nas Figueiras dixéronme muxiyón y en Ortigueira, cascarón. Aparte, na Villallonga, na parroquia naviega d’Andés, apuntéi mixigón. Ignacio Vares recoyéu en Piñeira (Castripol) a forma meixuyón y esplica que cascarón é el nome que s’oi pra chamar a os exemplares pequenos.

Nesto del cascarón ten toda a traza d’haber úa especialización diglósica nel vocabulario: os falantes escoyen el término considerao fino pral producto qu’atopa nos estantes das tendas, mejillón, y deixa el autóctono, cascarón, pra os exemplares pequenos que ve nel ribeiro. Outro exemplo d’esta repartición desigual entre linguas (lo bon, pr’aquela que ten prestixo; lo ruin, pr’aquela que nun lo ten) atopámolo noutra denominación pral molusco que s’usa nos lugares alredor de Tapia, en sitos como Mántaras ou Casarego. Condo iban á praya ou al ribeiro pra cocer us poucos, iban ás houchas. Así yes chamaban, núa comparanza evidente col arca de madera usada pra guardar trigo y outras cousas: abrindo a tapa d’aquela houcha marina, taba a carne del molusco. Condo perguntaba en Mántaras pol nome, aclarábanme que namáis ye chamaban houchas a aquelos exemplares ruíos qu’arrincaban elos das pedras, qu’os grandes que compraban nas pescadeirías eran mejillóis.

Mixigóis Serantes 2

Pedra nos Friales chía de mexigóis. Serantes (Tapia) (9-8-2017).

A realidá é que todo é a mesma especie, ou el mesmo xénero, qu’a cousa ten a súa complicación. Nel título namáis puxen Mytilus spp. Porque, fóra dos biólogos, a raza Mytilus edulis ta ruía d’estremar de Mytilus galloprovincialis, conocidos respectivamente na literatura científica en casteyano como mejillón atlántico y mejillón mediterráneo. Normalmente el segundo é máis grande y ten a cáscara máis arredondiada qu’el primeiro, que la ten máis alargada, pro danse casos d’hibridación entre entrambos, así qu’hai qu’ir a probas d’ADN pra sabelo seguro. El que dicen os especialistas é qu’a especie común na península ibérica é M. galloprovincialis. Pinta qu’esta raza acabóu desprazando a M. edulis da costa del Cantábrico, unde antano era propio. Hai que señalar qu’a especie que se cultiva en bateas dende mediaos dos anos 40 del siglo pasao en Galicia é M. galloprovincialis, que ta incluída nas listas d’especies invasoras máis dañibles. El cultivo en bateas d’esta raza de mexigón xa empezara en Cataluña nos anos veinte, pro foi desaparecendo alredor dos anos setenta col aumento da contaminación del augua.

El mexigón que podemos atopar nas pedras das prayas y ribeiros medra apeteirao cubrindo superficies grandes, d’un xeito aparecido a un crustáceo tamén mui común nas nosas costas, el cascarín (Balanomorpha). Como xa se señalóu al falar d’esta especie, en dalgús sitos costeiros chaman cascarón al cascarín, col que, cos datos del Porto y Ortigueira qu’espuxemos antias, resulta qu’a forma aumentativa úsase en galego-asturiano pra chamar a dúas especies distintas (eso si, non nos mesmos sitos). ¡Y mira que quedaba tan curiosín y perfecto se el diminutivo fora namáis pral crustáceo pequenín y el aumentativo se reservara pral molusco, que ten a cáscara máis grande! Pro el mundo del vocabulario é asina d’arrevesao.

Einda hai máis voltas na denominación del mexigón. Se seguimos contra el leste, entrando nos portos unde se fala asturiano, en Veiga chámanye vexigón y mixigón. Alternando cua forma casteyana, imos atopando estas variantes y outras como muxigón, hasta que chegamos a os portos da zona central, unde se recoyen denominacióis como mexillón, mosillón, muxón, moxón, muxión ou musión, con variacióis nas vocales átonas, máis ou menos abertas, y cua despalatalización dacondo del –x– a –s-. Nos puntos máis orientales xa entra outro tipo de nome: morcillón y morción.

Se imos pral oeste, al dominio galego-portugués, el nome habitual é mexillón (en portugués, mexilhão), anque en ben de portos galegos, aparte de variantes como merxillón ou morxillón, tamén se diz muito mexilón. Por seguir a secuencia das variacióis xeográficas contra el oeste, Ríos Panisse, a investigadora qu’estudióu el vocabulario galego da fauna marítima, recoye nas Figueiras muxillón, mentres qu’en Ribadeo anotóu mexillón y mexigón, y en Rinlo, muxillón y munxillón.

Xa son muitos datos y, pra nun perder el filo, hai que falar da etimoloxía da palabra. Eso vai darnos dalgúas claves pra interpretar todo este feixe de variantes. Coromines propón un étimo hipotético del latín hispánico, *muscellione, que sería un aumentativo de muscellu, forma qu’é un diminutivo d’un xeito de chamar al molusco en latín: musculu. Polo tanto (y esta é a primeira clave importante), ese –ll– de mexillón (y de mexilhão) viría da evolución del grupo –lj– qu’hai en muscellione. Como xa temos esplicao máis veces, ese grupo evolucionóu a -ll- en galego-portugués, a -y- en asturiano y a -j- en casteyano. Se esa sílaba final –llón  é el resultao galego-portugués, ¿cómo s’esplica entoncias qu’haxa portos en Galicia unde dicen mexilón? Ríos Panisse pensa que se trata d’un hipergaleguismo y recorda como exemplo el híbrido cuchilo (por cuchillo ou coitelo).

De seguro que xa daquén se precataría a estas alturas de qu’en casteyano a palabra mejillón nun pode ser patrimonial senón que ten que ser un empréstamo del galego-portugués, porque se non tería que dicirse algo así como *mejijón. Pois resulta qu’en portos de Cantabria inda ye chaman a este molusco mocejón y mazajón.

Mexigóis nun sito pouco accesible entre pedras na praya del Mayolo. Serantes (Tapia) (9-8-2017).

Se xa houbo quen se precatóu de qu’ese -ll- nun encaxaba en casteyano, de seguro que tamén repararía en que tampouco nun concuaya cua evolución fonética del asturiano, que tería que dar un resultao con -y-. Nas formas muxión ou morción temos a clave: pra que se chegara a elas tuvo qu’haber primeiro úa cayida del -y-. Así qu’esos datos asturianos que se citaron con -ll- (mexillón, mosillón, morcillón), se nun son trescripcióis incorrectas por yeísmo del encuestador, tein que tratarse de hipercorreccióis influídas pola forma casteyana. García Arias propón úa evolución hacía as denominacióis asturianas d’este xeito: prá forma máis oriental, *muscellione > *mosceyón > *morceyón > morciyón < morción (nesta vía poden encaxar os resultaos cántabros xa ditos de mocejón y mazajón). Y prá forma central, *mosceyón > *moxeyón > moxión > moxón. D’ei virían outras variantes posteriores como muxón ou musión. En conto a muxigón, esplícalo como un -g- antihiático dende muxión. Y pra esplicar vexigón, pensa nel influxo da palabra asturiana vexigón ‘folle’. Todos esos cambeos fonéticos son bus d’esplicar (por exemplo, el rotacismo de -s- a -r-, ou tamén a confusión de bilabiales sonoras -m-/-b-), pro de seguro que pesóu el cruce con vexiga y tamén con morciya pral caso da denominación máis oriental.

Anque nun dispoña de datos de vexigón en galego-asturiano, tou na fe de que se tuvo que dicir, porque esa idea de ‘vexiga’ ten que tar detrás del nome, éste si ben constatao, de mixigón (uso mexigón por criterios normativos, igual qu’hai qu’escribir vexiga y non vixiga). El cruce, como xa se señalóu pral caso da forma asturiana, viría favorecido pola confusión de bilabiales sonoras (binoca/minoca, milango/bilango, buñuelo/muñuelo) y, nel plano del significao, pola idea común d’úa forma arredondiada que zarra daqué (a idea de zarrar daqué tamén taba na denominación d’houcha).

Nestos cruces entre vexiga y muxiyón, igual ta tamén metida outra palabra: el coxiyo ‘erupción nel peleyo’, ‘grao, espía atribuída á picadura d’un bicho’, que, igual qu’a vexiga, é un tipo d’afección cutánea. D’este xeito podía esplicarse a forma cuxigón que recoye Barriuso en Tapia. Outra posibilidá é que teña que ver con coxigón ou couxigón ‘zanca d’ave’, palabra que nun se constata, qu’eu sepa, na marina estremooccidental asturiana.

Pra rematar, anque poda resultar redundante, hai que recordar qu’as formas recoyidas con -ll- na parte costeira d’Asturias unde se fala galego-asturiano deben ser en realidá con –y-. Xa s’esplicóu outras veces qu’a evolución del grupo -lj- estrema el territorio eonaviego en dúas zonas: úa unde se dan resultaos consonánticos de tipo galego-portugués (muliere > muller, folia > folla, palea > palla) y que, resumindo muito, coye dúas parroquias da Veiga (Abres y Guiar), San Tiso d’Abres, Taramunde, os tres Ozcos, Grandas y Ibias; y outra de resultaos de tipo asturlionés, con -y- (muyer, foya, paya), qu’abarca el resto del conceyo da Veiga y os de Castripol, Tapia, El Franco, Cuaña, Bual, Eilao, Pezós, Navia, Villayón y Ayande. Nesta segunda zona é unde tán os nosos portos marineiros y unde podemos ver os mexigóis nel sou medio natural.

Cascarín (Balanomorpha)

Cascarín apegao ás arribadas de Barayu (Valdés).

Nel brao andábamos todo el día polos ribeiros: A Ribeira Nova, Turbela, Salgueiriza, El Cántaro, As Poleas, Fontá, Burdeos, A Louxeira… Engarabitando y saltando de pedra en pedra, de mar vazo íbamos fendo treitos da costa hasta qu’un olga mui fonda ou úa parede mui lisa nos quitaba de seguir a nosa espedición costeira. Y fíamolo descalzos, qu’as alparagatas eran un estongo pra poder usar as maos na travesía. El cascarín das pedras unde batía el mar abrasábanos os pés os primeiros días, pro al cabo d’úas contas xornadas viaxeiras acabábamos aféndonos a aquel tarrén aroxo tapizao d’esos crustáceos pequeníos.

Y é que, anque pinte ser un molusco por tar sempre apegao ás pedras, en realidá el que chamamos cascarín (Balanomorpha) son especies de crustáceos con úa cáscaría que ten nel pico úas placas móviles qu’abren y pechan el opérculo. Por ese furao sacan os apéndices, os cirros, cos que filtran el augua en busca de plancton y detritus. Como viven na veira del mar, unde enche y vaza a marea, ou tamén nas pedras unde chisca, namáis poderíamos ver a súa actividá condo tán debaxo del augua. É entoncias condo abren el opérculo y sacan os cirros, que se moven pra piyar el alimento. Al quedar outra vez fora del augua, zarran ese opérculo con augua dentro pra nun quedar secos.

Identificamos estos crustáceos col suborde Balanomorpha, qu’engloba as familias máis conocidas que se poden atopar na nosa costa: Balanidae, Archaeobalanidae y Chthamalidae. Cos porcebes, el cascarín amaña úa infraclas, Cirripedia, que xunta esos crustáceos que nos pintan moluscos por tar agarraos as pedras. Se imos a un ribeiro del estremo occidental asturiano imos a poder atopar, dependendo del hábitat, alomenos tres especies, todas mui aparecidas, del suborde Balanomorpha: Chthamalus stellatus, a especie máis pequenía, que s’atopa na parte mediolitoral, unde baxa y sube a marea, y tamén na supralitoral, nas pedras unde chisca el mar; Semibalanus balanoides, que chega a ter un pouco máis de diámetro qu’el anterior y que tamén vive nas zonas intermareales, anque, se hai Chthamalus stellatus, sal en niveles por debaxo d’él; y Perforatus perforatus, máis grande, con traza d’un volcanín, d’hasta tres centímetros de diámetro, que vive na zona infralitoral, nel augua, sempre nun nivel por debaxo da especie anterior y qu’ás veces podemos ver apegao ás cáscaras de dalgús moluscos ou de gasterópodos. Evidentemente, al nun teren interés comercial ou práctico, nun s’estreman as razas con outro nome popular que nun sía el de cascarín pra todas elas.

Emilio Barriuso, nel sou Atlas léxico marinero de Asturias, recoye a mesma denominación, cascarín, en todos os portos qu’encuestóu nel estremo occidental d’Asturias: As Figueiras, Tapia, El Porto y Ortigueira, anque neste punto tamén recoyéu a denominación de raña del penedo. Outros datos que me deron en Ortigueira señalan el uso de raña a secas, tamén aplicao a os peteiros de porcebes mui pequenos. Sentín en Mántaras a forma cascarón, denominación que me deron ademáis en Llóngara y Valdepares (El Franco). En Castripol déronme el dato de cascarín.

Pódese estremar a feitura tubular qu’amaña el cascarín condo tán muitos exemplares apeteiraos. Praya de Barayu (Valdés).

Según Barriuso, cascarín é forma que s’usa hasta L.luarca y a partir d’ei contra el leste tamén aparecen outras denominacióis como cáscara, raspa, costra, sarna, cascayu, llámpara y, xa na punta máis oriental, en Llanes, coral. Se miramos pral oeste, d’esta volta nel estudio sobre flora y fauna marítima de Galicia de María do Carmo Ríos Panisse, tamén na costa de Lugo ta recoyido el nome de cascarín, en Foz y Burela.

El nome que se ye dá en galego-asturiano nun precisa de muitas esplicacióis: é un diminutivo (ou aumentativo) de cáscara: cascarín (y cascarón). A denominación de raña ten que ver col acepción que ten a palabra de ‘coda de cotra que s’apega a úa superficie’. Xa s’aseñalaron as denominacióis en asturiano de raspa, costra y sarna. Pois en sitos como Rinlo, Foz y Bares chámanye raña, raña da pedra, raña da pena ou roña do mar. A partir d’esa idea de coda ou d’arna naceron outros nomes galegos como sarrio, arneiro, arneirón, arneste ou arnesto. Y, levao al asomeñanza col corteyo da borona ou del pan en xeneral, tamén tán as denominacióis galegas de boroeira ou carolo. Outros nomes con motivación distinta son coco, cuco, craca, chifle da pedra, subiote ou solbitincho. Parente da esplicación de cascarín, en sitos de Galicia unde ás cáscaras yes chaman cunchas, é a denominación de cunchago.

A palabra balanus en latín significa ‘lande, fruto del carbayo’, ‘especie de marisco’. Esa comparanza pra chamar al crustáceo é a que se mantén en casteyano, lingua na que ye dan el nome de bellota de mar, pol parecido con úa lande.