Arquivo por etiquetas: escambrón

Abruñeiro (Prunus spinosa)

Abruños maduros núa mata d’abruñeiros na Volta (Tapia), derriba da Xungueira (15/8/2017).

En muitas casas del occidente faise licor d’abruños. Hai discusióis sobre se ta bon ou ta ruin, pro a tradición de botar a macerar estos frutíos del abruñeiro (Prunus spinosa) nel anís ou nel auguardente haila y é conocida. Precisamente con abruños é col que fain el famoso pacharán navarro.

Se partimos da definición d’árbol y arbusto, unde intervéin criterios como el altura que pode chegar a ter y el feito de que teña un tronco definido ou non (con canas salindo dende el couz), hai que chamarye arbusto al noso abruñeiro, anque poda chegar a ter os tres metros d’altura. Pode verse nos valaos y na primavera as súas flores brancas destacan nas canas encoiras, da paraza escura y chías de pinchos. Y é qu’as flores salen primeiro qu’as foyas, que son pequenas y oblongas ou lanceoladas. Pro sin duda el que lo fai máis inconfundible son os sous frutíos entre mouros y azulaos cos que se fai el licor xa dito.

Os máis dos datos publicaos en galego-asturiano fálannos del término abruñeiro, anque as máis das veces os estudiosos acórdanse de recoyer el nome del fruto y non el del arbusto (quizabes poda ser qu’haxa quen chame á pranta col nome del fruto). Rexistran abruñeiro os vocabularios d’Avecedo y Fernández, A Roda, El Franco y Mántaras, lugar unde tamén se dá a forma feminina: abruñeira. El vocabulario de Bual namáis recoye el nome del fruto: abruño. Alberto Calvín, el escritor de Pardiñas (Taramunde), nel sou O canto do carro, ten precisamente úa poesía infantil dedicada a este arbusto: «O meu vecín ten abruñeiros / alí na cima d’un prado, / alí entre unhos penedos / nun tarrén desterrado […]».

En conto a datos inéditos, déronme el nome d’abruñeiro nas Campas, Brañatruiye y Vilarín (Castripol) y en Ortigueira (Cuaña). En Serantes (Tapia) dixéronme abruñeira y agruñeira, con un cambeo xa conocido entre consonantes oclusivas sonoras (groma, agomitar…). Tamén nel Valín (Castripol) recoyín as variantes abruño y agruño. Anque el vocabulario da Veiga nun recoye abruñeiro, si rexistra el nome del fruto: abruño, que define como ‘cirola moura’.

Este tipo de denominación é a que predomina en Galicia (tamén en Portugal), con formas como abruñeiro, bruñeiro, y tamén con -g-: agruñeiro, gruñeiro. Ademáis danse as variantes abruñeira, eguñeiro, ambruñeiro, ambruiñeiro…

A palabra abruño vén del latín prunu ‘ameixa’, anque ese resultao -ñ- en galego-asturiano pide un étimo *pruneu que día pé despóis á yode: nj > ñ. Pra esplicar a sonorización del p- inicial, Coromines pensa qu’houbo un cruce con outra palabra, *brunu ‘escuro’. Esa alternancia nas iniciales exemplifícalas el etimólogo catalán con exemplos dialectales del catalán y el occitano (prunyó, pro tamén brunyó y brunhon), anque tamén lo atopamos nel asturiano (prunal y brunal).

El vocabulario da Veiga recoye as palabras ceroyo y ameixa brava, definidas como ‘cirola brava’. Pintan referirse al fruto del abruñeiro porque eu recoyín el nome de ceroyo nel Valín y Brañatruiye (Castripol) con ese significao. Aparte, nel vocabulario da Veiga rexístranse os sinónimos espieiro y escambrón (neste caso, concretamente en Vixande y Abres): anque a definición que dá, ‘cambrón’, nun recoya el nome científico, si diz que dá cirolas mouras, polo que seguramente se trata de Prunus spinosa (el nome casteyano de cambrón refírese a especies que, ou ben nun dan frutos comestibles ou ben nun las hai nel norte peninsular). Xa se comentóu al falar del espieiro (Crataegus monogyna) que son habituales as confusióis na denominación popular entre esta especie y Prunus spinosa porque as dúas avezan a usarse pra inxertar frutales y tein espías. Ei encaxan dous datos que me deron pra chamar al abruñeiro: espieiro (Grandas) y espieiro mouro (Santalla d’Ozcos). Tamén en galego a Prunus spinosa chámanye en sitos escambrón, escambroeiro ou espiño, denominacióis que normalmente úsanse máis pra Crataegus monogyna.

El dato veigueño d’ameixa brava remítenos a outra posibilidá pra chamar al noso arbusto, qu’é usar denominacióis referidas a especies cultivadas aparecidas. Efectivamente, en Serantes (Tapia), ademáis das formas xa ditas d’abruñeira y agruñeira, déronme el dato de que tamén ye chaman ameixeira brava, forma que se rexistra así mesmo en galego. Hai que recordar qu’entre as especies del xénero Prunus hailas que son cultivadas, como é el caso del ameixeira ou ciroleiro (Prunus domestica), y outras que son bravas: ademáis de Prunus spinosa, ta a especie Prunus insititia, el niseiro, mui aparecido, pro de frutos y foyas máis grandes qu’el abruñeiro. D’esa asomeñanza pode vir el dato d’Acevedo y Fernandez, que rexistran nel sou vocabulario a forma niseiro como sinónimo d’abruñeiro y niso como sinonimo d’abruño. Pro tamén en muitos sitos del Navia-Eo chaman niso ou nisa al fruto de Prunus domestica. Ben veces ta amolao de determinar claramente a qué se tán referindo as denominacióis d’ameixa, niso, nisa y cirola en galego-asturiano, porque varían según a zona. Anque designan el fruto de Prunus domestica, hai sitos unde deixan úa denominación pras razas que dan frutos grandes y redondos, y usan el outra pra chamar a variedades que dan frutas máis pequenas ou máis alargadas. Y xa que se falóu de cirola, a palabra ceroyo del galego-asturiano pra chamar a os abruños ten relación etimolóxica evidente con ela, que vén del latín cereola, un adxetivo pra referirse a un tipo d’ameixa da color da cera (pruna cereola).

As flores del abruñeiro salen condo el arbusto cuase nun empezóu a botar as foyas. Vega (Uvieo) (7/4/2018).

Pra zarrar este recorrido de denominacióis hai que falar d’úa orixinal namáis del estremo occidental asturiano: arrecheiro ou arrecheira (y arrechos os frutos). El vocabulario d’Eilao recoye el nome d’arrecho, y tamén Pérez de Castro rexistra esa forma en Trelles (Cuaña). Polos poucos datos que puiden xuntar sobre el nome del arbusto, pinta usarse na veira máis oriental del Navia-Eo: recoyín arrecheira en Rozadas (Bual) y arrecheiro en Cachafol (Eilao), Trelles (Cuaña) y Salcedo (Navia). Tamén se rexistra a denominación d’arrechu pral fruto na parroquia de La Polavieya, na parte del conceyo de Navia de fala asturiana (anque os vocabularios de Tox y de Santa Marina y Vigu rexistran namáis abruñu y nas encuestas del ETLEN recoyémos abruñeiru en Bárzana). Máis pra enriba, en Oneta (Villayón), según datos tamén del ETLEN, chámanye arrecheiru.

Haberá que relacionar a palabra arrecho con términos propios del galego-asturiano como arrechar ‘salir augua en forma de chorro’ y arrecho ‘chorro d’augua’, ‘pipelo d’úa fonte’. Tamén usamos el adxetivo arrechao ‘decidido, botao pr’alantre’ (que se dá en asturiano y en galego, neste caso tamén cua forma arrichado). Según el estudioso alemán Joseph M. Piel, formas galegas como arrichar, arrixar ‘recuperar a salú, as forzas’, ‘animarse, atreverse’, remitirían a un étimo latín vulgar *erectiare ‘erguerse’. Nun costa caro esplicar el desprazamento semántico dende el idea d’erguerse á de decidirse, atreverse, nin a de chorro que mana con forza. Nel que nun acabo de volar, se é qu’a palabra vén del mesmo étimo, é na motivación pra chamarye asina al noso arbolín.

Como xa se víu, as formas del tipo abruñeiru danse na veira máis occidental del asturiano, na fronteira col galego-asturiano, porque se avanzamos un pouco contra el leste, atopamos xa formas con -n-. Precisamente hai un lugar en Parl.leiru (Villayón) que se chama Los Abruneiros. En Oneta (Villayón), nas encuestas del ETLEN, recoyéuse, ademáis de abruñeiru, a forma abrueiru (< abruneiro), col nome d’abruono pral fruto. É Villayón úa zona interesantísima unde, dependendo das zonas, crúzanse, como se ve neste exemplo, características del galego-portugués (perda ocasional del -n-) con outras del asturlionés (diptongación –uo-). Anque en asturiano pra Prunus spinosa hai variantes occidentales con a- (ablunu, abrunu, abrún), predominan nel resto del territorio as formas sin él: prunal, brunal, prunera, prunacu (pode que d’ei veña el topónimo somedano de La Pornacal), prunu, purunu, perunu, brunu… Outro tipo de denominación común é a d’andrinal ou andrín, ademáis das equivalentes ás xa vistas en galego-asturiano por comparanza con outras especies, como escayu negral, espín, espinal, nisu andrín, nisu bravu, nisu de raposa…

A denominación máis común en casteyano é a d’endrino ou ciruelo silvestre, formas consagradas pol uso escrito, con variantes como andrino, andrina, andrinillo, cirolilla, ciruelica…, pro hai formas dialectales aparecidas ás xa vistas, como abrueño, brunal, abrunal, bruñal, bruno, abruno, bruño ou bruñedo. Tamén espino, espino negro, espino de abrunos, espinillo, arañón, marañón, amargaleja

As denominacióis d’endrino y andrín encaxan nas características, respectivamente, da terminación casteyana y da asturiana, pro as formas rexistradas en galego andrino, andrina, endrino, endriño, agá esta última, tein traza de casteyanismos, como el andrino que recoye el vocabulario de Ponticella (Villayón).

Espieiro (Crataegus monogyna)

Flores d’espieiro na veira del camín a Brañanoceo, en Santuyano (Mieres) (15/5/2016).

Condo el brao xa ta ás portas, as veiras dos camíos énchense de branco cuas flores que botan os espieiros (Crataegus monogyna). Son bus de reconocer de lonxe porque as florías salen por todas as canas del árbol y vénse as ramas chías de branco como se foran gadeyas nevadas. Das flores han a salir despóis us frutíos coloraos ben chamadeiros. El espieiro é un arbusto que se ten usao muito pra zarramentos y vese estragayao polos valaos alí unde einda quedan. Pode chegar a fer un arbolín curioso y nos portos vense exemplares ben guapos unde se mete el gao a moscar á súa solombra. Ten úa madera dura y por eso avezaba a usarse pra fer mangos prá ferramenta.

Das canas del espieiro salen outras pequenías acabadas en pincho. Nun son espías como as que poda ter el arto, pro tein a mesma función disuasoria que tein noutros árboles. Da palabra espía precisamente ye vén el nome. Os vocabularios da zona brindan as formas espieiro (Bual) y espín (Mántaras), sinónimos os dous que recoyen tamén nel da Roda. Nel da Veiga estrémase el espín (anque nun pon el nome científico, pola definición trátase del noso árbol) del espieiro ou escambrón (Prunus spinosa). Nel vocabulario d’Acevedo y Fernández aparecen espieira y espín, que tán marcaos como recoyidos el primeiro pol bualés Acevedo y el segundo pol franquín Fernández. El franquín diz qu’hai espín coraleiro y espín d’inxertar, anque nun esplica máis nada. El vocabulario de Monón y Castaedo (Ayande) recoye a forma espieiro, árbol del que diz qu’é bon pra inxertar nél as pereiras. Esa é úa característica pola qu’é conocida a especie, así que xa temos a esplicación d’esa raza d’espín d’inxertar que recoye Fernández. El que nun sei é qué será eso d’espín coraleiro, se úa variedá del árbol ou un sinónimo sin máis. Ta claro que coraleiro ten que ter que ver cos frutos coloraos que dá, aparecidos a os corales.

El nome d’espín, como se víu, úsase na veira máis al norte del Navia-Eo: é nome que recoyín en Zreixido (A Veiga) y O Chao (San Tiso d’Abres), lugar este unde tamén me dixeron el sinónimo d’escambrón. Precisamente, en Montavaro, na parroquia de Balmonte (Castripol), apuntéi ese nome d’escambrón pra Crataegus monogyna. Na mesma parroquia, en Brañatruiye, dixéronme espín y escambrón. En todo el resto del noso occidente recoyín sempre espieiro, nome que sentín en Bustapena (Vilanova), Os Niseiros (Castripol), Castro (Grandas), Pezós, Doiras (Bual), San Xuyán (El Franco), Vivedro (Cuaña) y El Monte (Navia). En Poxos (Villayón), tamén apuntéi a forma espĩeiro, con úa nasalidá mui pronunciada nel primeiro -i-. É esta úa característica da fala d’allí que tamén teño escuitao a falantes del Franco.

Os frutos del espieiro poden quedar nel árbol ben tempo despóis de que perdera as foyas, como neste al pé da Campa Utriel (Riosa), en pleno outono (29/11/2015).

Dispoñemos de máis datos sobre el nome d’este arbolín gracias al ETLÉN, un proyecto da Universidá d’Uvieo nel que participo que busca medir a transición entre os dominios lingüísticos galegoportugués y asturlionés na zona que vai del Navia al Eo. Pra fer esta medición fixemos encuestas por alí perguntando miles de palabras y frases cuas que buscar fenómenos fonéticos y morfosintácticos, y entre os exemplos que se manexaban coincidíu qu’había nomes de prantas. Dalgús dos datos que vin dando sobre nomes populares d’especies vexetales saquéilos dos sitos que me tocóu encuestar, tanto da propia encuesta como de perguntas feitas desque acababa, porque era xente d’edá que sabía muito y, se había vagar, aprovetéi pra perguntaryes cousas de vocabulario. Cos datos das encuestas feitas polos meus compañeiros del ETLÉN tamén podo amecer máis información sobre el nome popular de Crataegus monogyna (igualo en –o as formas recoyidas, qu’ás veces apuntáronse con –u): espiñeiro, col resultao á galega, en Valdeferreiros (nos Coutos, Ibias) y A Garda (Taramunde); y espieiro en Villamayor y Fanduvila (Ibias), El Pato y Navedo (Eilao), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Teixeira (Santalla) y San Salvador (Ayande).

Na encuesta del ETLÉN buscábase namáis a palabra derivada d’espía, polo que non sempre quedóu claro a qué especie ou especies se referían. É seguro que se trata del noso árbol… anque non solo. El feito de qu’outras razas bravas con espías como Prunus spinosa s’usaran pra inxertar nelas frutales fexo que se confundan ás veces os nomes y que tamén ye chamen espieiro, ou, al rovés, que chamen con nomes habituales pra esta especie, como escambrón, al noso Crataegus monogyna. Hasta entra neste xareo a peruyeira (Pyrus pyraster), raza brava que tamén s’usa pra inxertar y que ten pinchos, polo que tamén ye dan dacondo el nome d’espieiro.

Espieiro na veira da subida á Malena (Morcín) (20/5/2016).

Espieiro na veira da subida á Malena (Morcín) (20/5/2016).

Se buscábamos a palabra espieiro ou espiñeiro era porque nos interesaba el comportamento da cayida del –n– intervocálico, propia del galegoportugués, nese tipo de derivaos. A forma espieiro nun é máis qu’a reiz espía ou espín con un sufixo –eiro que xa se víu ben veces pra chamar outros árboles y prantas (binteiro, acebreiro, pesegueiro bravo…). A palabra espieiro viría a ser ‘árbol das espías’. Como se comentóu nel espĩeiro de Poxos, a perda del -n- intervocálico deixóu un rastro de nasalidá na vocal precedente que, nel caso del galego y del portugués derivóu nel sonido nasal palatar [ɲ], grafiao –ñ– ou –nh-, respectivamente, nas súas normativas escritas: espiñeiro ou espinheiro. Nel caso del galego-asturiano, agá en sitos como Poxos, esa nasalidá desaparecéu na palabra: espieiro. Son chocantes as formas d’esta clas unde ta pol medio a perda del -n- porque dan resultaos mui variaos en galego-asturiano dependendo del sufixo, da palabra y da zona. Por poñer dalgún caso, en Tapia os qu’andan al mar son marineiros, pro en Barres ou nas Figueiras (Castripol) son mariñeiros. En Zreixido (A Veiga) cain de focíos, pro enfociñan; van a os molíos, pro mol el moliñeiro, condo en Tapia dicimos molieiro. Tamén en Tapia dicimos farina, pro en Castro (Grandas) dicen faría, anque ás cousas que tein a traza da faría chámanyes alí farinentas… y ás muyeres que subían a vender xardías chamábanyes xardieiras. Son cousas ben guapas da nosa riqueza dialectal.

En conto a os nomes populares en galego de Crataegus monogyna, hai ben d’elos ademáis del d’espiñeiro: espiño, estripo, estripeiro, escaramiñeiro, escambrón, pirliteiro…. El asunto é que, como se dixo, tamén se poden aplicar dacondo ás outras especies xa vistas. En asturiano, a forma máis estendida é sin duda espinera, en feminino, anque tamén se dan espineru, espín y espina. Nas denominacióis populares en asturiano confúndese tamén dacondo con Prunus spinosa y por eso tamén ye chaman pruneral. En casteyano os nomes máis comúis son espino albar, espino blanco ou majuelo.