Arquivo por etiquetas: blechnum spicant

Folgueira (Pteridium aquilinum, Dryopteris spp., Athyrium filix-femina, Blechnum spicant)

Folgueiral da especie Pteridium aquilinum na Manxoya (Uvieo) (18/7/2012).

Hai tempo, falando con un home de Mieres que taba limpando un prao, esveirando y quitando as herbas ruías, cuntóume qu’as folgueiras tríanlo tolo y que probara de todo pra descastalas. Hasta botóu mao d’un romedio que ye cuntaran a sou padre: había que cortar as folgueiras pol rabo pegándoyes úas vardascuadas con úa varía d’aveyaneiro. A solución máxica nun funcionóu y, al cabo, tuvo qu’ir arrincando pranta por pranta, mirando de que salira toda a reiz.

É verdá qu’a folgueira é úa especie que coloniza axina as terras. Condo queimóu el monte ou se rozóu, é a primeira pranta que se ve verdegar. Axina asoman arrentes del tarrén esos xermolos tan característicos da folgueira, todos enroscaos, que despóis van estirándose y medrando hasta amañar úa pranta briza y alta. Os praos al pé dos montes que xa nun se segan lougo se ven chíos de folgueiras, como úa avanzada que volve polas terras que yes roubóu a mao amansadora del ser humano. Y al faltar os labradores, os praos vólvense monte. Se reparamos en qu’as máis das razas de folgueira son canceríxenas y qu’os animales nun las comen, ou cómenlas mui mal, y qu’ademáis a reiz resiste muito ben el lume, nun costa caro entender por qué tán tan estendidas por todo el mundo.

Pr’aclaráremonos miyor na variedá d’estas especies convén conocer daqué del sou vocabulario específico. As foyas das folgueiras chámanse frondes y tán divididas en foyas máis pequenas, as pinnas ou foliolos. Polo tanto, nun son prantas de foyas simples, senón que son foyas pinnadas. As pinnas poden dividirse ou pinnarse noutras pínnulas, col qu’a pranta sería bipinnulada, y, se as pínnulas tán divididas, sería tripinnulada, etc. Tamén son mui característicos das folgueiras os órganos reproductores, os esporanxos, que s’apeteiran en soros nel rovés das foyas. D’ei salen as esporas, que vein a ser a semente.

Hai un feixe d’especies, todas clasificadas botánicamente dentro da clas Filicopsida. Son úas contas as que se dan nel estremo occidental asturiano y qu’a xente chama en xeneral folgueira (ou foleto, como imos a ver). Deixamos fora dalgúas razas que tein un nome popular específico en galego-asturiano; anque tamén muita xente yes chame folgueiras, nun las incluímos aquí.

Entre as especies de folgueira, quizabes a máis común sía Pteridium aquilinum, qu’é a que bota un rabo en vertical del que salen as frondes, que poden tar pinnadas tres ou cuatro veces. Podemos vela undequera porque aguanta ben el sol, non como outras folgueiras que queren miyor sitos avesíos. É el caso das del xénero Dryopteris, que se caracterizan porque as frondes, pinnadas dúas veces, salen nun peteiro arrentes del tarrén y espárranse. Na nosa zona danse especies como Dryopteris filix-mas, qu’é a máis común, y outras como D. afinnis ou D. oreades. Tamén hai outra folgueira, Athyrium filix-femina, qu’é aparecida a Dryopteris filix-mas. Hai qu’aclarar qu’eso de que nel nome científico yes chamen fema (femina) y macho (mas) sigue úa tradición popular que vía máis fina a primeira qu’á segunda, pro nun é qu’as especies teñan esos xéneros. Un bon xeito d’estremalas é mirando as frondes por detrás y reparando na forma dos soros, ovalaos nel Athyrium y redondos nel Dryopteris. El outra especie de folgueira característica é Blechnum spicant, propia de ribóis de monte mui avesíos, búa d’estremar porque namáis ta pinnada úa vez y as pinnas son arredondiadas na punta. Outra traza característica d’ela é que ten frondes fértiles, que salen deretas y cuas pinnas mui separadas, y frondes estériles, que son as que s’esparran pra os laos.

Folgueira da especie Dryopteris_filix-mas na Manxoya (Uvieo) (18/2/2012). Á esquerda vese deitada úa folgueira de Pteridium aquilinum.

As folgueiras, sempre presentes nel noso paisaxe, tían un uso fundamental como parte del mulido das cortes del que despóis iba salir el cuito. Tanta falta fía el esterco que s’estraban corradas y camíos con folgueiras pra despóis pañalo todo xunto mezcrao cuas bulas das vacas y a lama. Tamén, al seren prantas tan brizas, as folgueiras usábanse pr’amañar con elas el bazcayo, basaxe ou barredoiro col que se barría a cinza del forno despóis de roxar y retirar el remole.

 Se reparamos nel nome popular, como xa se dixo, é folgueira el término máis común nel territorio del galego-asturiano, con úa zona máis pequena nororiental unde se diz foleto. Convén deixar claro que nun tuven en conta a vacilación que s’atopa nos datos orales entre fol– y ful-, normal al tar esa vocal en posición átona. Polo tanto, pra nun amañar un xareo de variantes qu’al cabo son secundarias, aténdome a criterios normativos unifico os datos igualando todo en fol-. Recóyese folgueira nos vocabularios tapiegos de Mántaras y A Roda, nos da Veiga, Eilao, El Franco, Bual y nel ayandés de Monón y Castaedo. Tamén aparece a palabra nel Atlas Sonoro da Rede de Museos Etnográficos d’Asturias, nel lugar de Cornoyo (Samartín del Valledor, Ayande).

Amáis, teño datos de folgueira de Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Zreixido (A Veiga), O Chao (San Tiso d’Abres), El Valín y Vilarín (Castripol), Serantes (Tapia), Valdepares y San Xuyán (El Franco), Nadóu (Cuaña), Cachafol (Eilao), Pezós, Castro (Grandas), Corondeño (Ayande) y Villares d’Arriba (Ibias).

El sito unde se dá a folgueira é el folgueiral (evidentemente tamén cua posibilidá d’úa pronunciación máis zarrada da vocal átona: fulgueiral), polo que se poden amecer á zona de folgueira os datos de folgueiral sacaos das encuestas del ETLÉN: A Garda (Taramunde), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Teixeira (Santalla d’Ozcos), San Salvador (Ayande), El Pato y Navedo (Eilao), Valdeferreiros, Villamayor y Fanduvila (Ibias).

Hai menos datos de foleto, tamén porque se dá núa zona xeográficamente máis pequena. Acevedo, por exemplo, recoye a palabra como propia de Cuaña. Tamén ta nel vocabulario de Ponticella (eu apuntéila nel Couz, nesa mesma parroquia) y dixéronma nel Monte, Villouril y Andés (Navia), ademáis d’en Vivedro (Cuaña). El abondativo máis habitual na zona unde se diz foleto é foletal, anque en Vivedro dixéronme foleteiro.

Folgueira da especie Blechnum spicant núa ladeira avesía en Brañanoceo (Mieres) (10/6/2014).

¿D’únde vein os nomes qu’usamos pra chamar estas prantas? En latín, a folgueira chamábase filix, pro, pra referirse al ‘sito chen de folgueiras, folgueiral’, amañáronse derivaos como filictu y filicaria, formao este amecéndoye á reiz el sufixo abondativo –aria (el qu’evolucionóu al noso –eira). Pinta qu’ese significao colectivo dos derivaos foi desgastándose y acabaron usándose pra chamaren á pranta individual. É d’esas dúas palabras d’unde vein, respectivamente, os nosos foleto y folgueira. Pro esa acepción colectiva debéu manterse einda nas primeiras etapas da lingua romance: folgueira tuvo nun tempo que significar ‘folgueiral’, como deixan ver topónimos como A Folgueira Redonda nos Coutos (Ibias), Folgueiramayor en Castriyón (Bual), Folgueirarrubia en Santa Ufemia (Vilanova d’Ozcos) ou El Río da Pontafolgueira (< a ponte da folgueira) en Casarego (Tapia). Ta claro qu’úa sola pranta de folgueira nun puido dar nome a un paraxe y qu’esos topónimos fálannos d’un folgueiral con dalgúa característica chamadeira (redondo, grande, cuas prantas secas…). Einda hoi, en lugares del galego-portugués como Dragonte (El Bierzo), ta constatao ese uso de folgueira como colectivo. Xa se comentóu este mesmo fenómeno al falar da bidureira y del castañeiro, que tamén son nomes formaos amecendo á reiz el sufixo –eira, –eiro (< –aria, –ariu). A palabra castañeira significa ‘sito chen de castañeiros’ y bidureira tamén debéu significar ‘bidureiral’, como deixan ver dalgús topónimos.

Aparte, son muitos máis os lugares eonaviegos que deben el nome a ser sitos unde se daban as folgueiras: A Folgueirosa (Taramunde), Folgueiras (Os Coutos, Cecos, Seroiro, Cuaña, Piantón), A Veiga de Folgueiras (Balmonte), As Folgueiras (Salave), A Folgueiriza (Bustantigo), El Folgueiral (A Veiga), Folgosa (Trabada)…

Del étimo latín primeiro, filix, virían formas actuales del galego como felgo ou felga (anque us dicen qu’estas palabras proceden d’un hipotético *fílica y outros atesan qu’en realidá trátase d’úa especie de volta atrás, al reconstruíren os falantes esas formas a partir de felgueira < filicaria).

Del derivao filictu vein as formas galegas fieito, feito, fento, fenta… (cua perda del -l-), as asturianas felechu, folechu… y a casteyana helecho. A galego-asturiana foleto ten a particularidá d’esa disimilación da vocal pretónica (fol-) y da reducción del diptongo (-eto): filictu > feleito > foleto.

De filicaria virían as formas galegas filgueira, felgueira, folgueira y el asturiana folguera (ademáis de topónimos como La Felguera o Felgueres). A disimilación na vocal pretónica (que xa se comentóu pral caso de foleto) amaña úa zona que piya el asturiano máis occidental (unde dicen folguera), el galego-asturiano y, como muitas veces xa temos visto con outros nomes de prantas, a veira máis oriental de Lugo (folgueira): Ribadeo, Trabada, Riotorto, A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna…