Arquivo por etiquetas: toxo

Toxo (Ulex spp.)

Flores de toxo. Los Cabriales (Uvieo) (25/1/2017).

Mía bola, qu’era de Rozadas (Bual), al pé da serra de Penouta, cantábanos úa cántiga que dicía «A reiz del toxo verde éche mala d’arrancar; os amores da montaña sonche malos d’olvidar». As imaxes qu’atopamos nas letras das cántigas populares son ben guapas ás veces. Préstame esa comparanza tan poética entre a reiz del toxo agarrada á terra y el acordanza d’un amor que costa caro esqueicer. El toxo (Ulex spp.) forma parte fundamental del medio natural del occidente asturiano y quizabes por eso tamén é un elemento enreizao nel noso paisaxe sentimental. Sempre ta presente: as especies d’este xénero que se dán pola nosa terra tein etapas distintas de floración y todo el ano podemos ver as flores marelas nel monte. El polen recóyenlo as abeyas nel sou engalar sin descanso por entre os toxos. Nunca sentín ningún nome específico pras súas flores en galego-asturiano, y eso qu’en galego hai un xeito ben guapo de chamarye: chorima ou chorida (variante esta última recoyida en conceyos del oriente lugués, así que de seguro que pra Os Ozcos ou Grandas conoceráse).

É pranta que s’estende ben polos sitos de monte y amaña bouzas terribles agora que naide la roza nin la aproveta. Son os toxeiros, toxales, toxedos ou toxeiras, que con todos estos sinónimos se conoce nel estremo occidental asturiano. As súas espías siguen picando ben tempo despóis de pasar por entre elos y como comparanza col muito que pincha arrimarse a os toxos ta a espresión aplicada ás personas de mal carácter de ser un toxo ou como un toxo bravo.

Anque lo tíamos asociao al idea de monte, de terras de vaco, noutros tempos el toxo labrábase. A súa gra, a nabía de toxo, semábase en leiras que despóis se segaban pra dar de comer a os cabalos. As especies que se labraban eran Ulex gallii ou Ulex minor, razas pequenas y moles, porque el outra especie qu’hai na nosa terra, Ulex europaeus, medra muito máis (chega a os dous metros y medio d’altura) y pode botar troncos ben gordíos.

Toxos en flor entre as penas calcáreas da Mostayal (Morcín) (17/2/2013).

Os toxos miudos segábanse col rozón, úa gadaña de foya curtia y resistente, y pañábanse col forcao. Pra cortalos tamén s’usaban el foucín ou fouzo y a fouz ou podón. Íbase a elos pra os cabalos condo einda taban tenros y verdes. É el qu’en Tapia y El Franco chaman verdeñas y, anque s’entende tal cousa como ‘toxo verde’ en xeneral, nun sei se se referiría en orixe ás razas miudas del xénero das que faléi antias.

Pra feryes máis búa a comedeira a os burros, os toxos picábanse con úa cuitela, picadeira ou pica. Eran dous ferros cortantes eneixaos y el de baxo taba encaxao nun banco, de tal xeito que s’iba pasando el toxo y cua cuitela de riba, que podía ser recta ou curva, íbase cortando.

El toxo muido tamén se segaba pra fer estrume, esa mezcra de toxos y outras prantas del monte como a gancela y as folgueiras cua que s’estraba el tarrén das cortes, pro tamén as corradas das casas y os camíos. Da mezcra d’ese estrume cuas buleiras y el mexo das vacas amañábase el cuito que despóis de curtido valía pra cuitar as terras. Pro el toxo tamén tía máis aplicacióis prá labranza. En Mántaras cuntábanme os labradores veyos que se botaban verdeñas nos regos porque se dicía qu’axudaban a qu’a terra cocera, a que se puxera suave, pra despóis labrar os nabos. Tamén m’esplicaron que condo se semaba cebada ou avías, un xeito de felo era ir andando pol rego botando a gra y levando atao al cinto por detrás un toxo. D’ese xeito iba arrastrando y tapando un pouco a semente pra que nun la comeran os páxaros.

El toxo tamén ten importancia como leña. El olor que dá el toxo condo queima na cocía é dulce y ben rico. Era con esta pranta cua que se roxaban os fornos pra fer pan, porque ten muito poder calorífico. Y tamén con ela se fía carbón nel monte pra despóis vendelo a xastres y costureiras nas vilas, que lo usaban pra calentar as pranchas. Emilia Fernández, de San Xuyán (El Franco), tenme cuntao cómo s’amañaba ese carbón. A grabación pódese escuitar nel Atlas Sonoro da Rede de Museos Etnográficos d’Asturias.

Pro einda hai máis: a madera de toxo é mui dura y os troncos máis gordíos eran mui al xeito pra fer estrobos pras lanchas unde amarrar el remo. Tamén pra fer os tornos que valían de pasos pra engaramarse nas poleas que s’usaban pra subir el ouca dos ribeiros. Esa ouca iba metida núa dopra, úa especie de goxo feito con varías retorcidas de toxo. A flesibilidá das canas fía que tamén s’usaran na construcción de casas pra entretexer en horizontal con almas verticales feitas de castañeiro ou pino, macizar despóis con barro, dar de cal y amañar d’este xeito bolaos de sebe pra xebrar cuartos nas salas. De toxo eran tamén os bolos ou birlos que s’apegaban con bula nas soleiras de pedra y cos que se botaban partidas de pasabolo ou matabolo, el qu’agora chaman nas competicióis bolo celta. De toxo era el pincho col que xugaban os nenos a ese xogo, tamén chamao pico en roma, tentando de tumbar el palo espetao del outro. Acevedo y Fernández falan nel sou vocabulario, editao en 1932, d’un xogo que taba desaparecendo daquela nel occidente, a choca, que se xugaba con un palo de toxo, el cayado ou gayardo, y úa pelota.

Toxeiro nun ribón de monte nos Cabriales (Uvieo) (25/1/2017).

A palabra toxo ta recoyida en galego-asturiano nos vocabularios de Mántaras, A Roda, A Veiga, El Franco, Bual, Eilao, Ponticella y Castaedo y Monón. A verdá é que, al ser palabra tan xeneral, nun la teño apuntada máis qu’en Rozadas (Bual), Piñeira (Castripol), San Tiso d’Abres, Castro (Grandas), Pezós y Seroiro (Ibias). É término sobre el que nun hai seguranza etimolóxica y os máis dos autores fainlo proceder d’úa voz seguramente prerromana: *toju.

En galego é a forma toxo a máis común, con variantes dialectales como touxo ou toixo. Estrémase entre toxo arnio, arnaz, arnelo, arnello, arnao, albar, branco, cachas ou cachudo (Ulex europaeus), por un lao, y toxo femia, gateño, molar ou mouro (Ulex gallii, Ulex minor), por outro. Tamén ye chaman árgoma, palabra qu’eu nel Navia-Eo namáis sentín en San Tiso d’Abres, anque col sentido xeneral de ‘bouza, maleza’. É mui habitual este tipo de xeneralizacióis a partir d’acepcióis qu’al principio eran máis restrinxidas. Por exemplo, a palabra galega brexón ‘toxo grande’ (que ta recoyida na Veiga como broxón) eu ougüínla en Mántaras, cua forma berxón, pro col acepción máis xeneral de ‘bouza, sito chen de toxos y maleza’.

En asturiano hai trés xeitos de chamarye á pranta: a forma toxu é a propia da parte occidental, cotolla é a usada na zona central y oriental, y árgoma dase por todas as zonas.

Nel casteyano da península ibérica chámanye aulaga ou aliaga, ademáis de formas irmás del galego y el asturiano, como tojo ou árgoma.