Arquivo por etiquetas: cyperus longus

Xunga (Cyperus longus)

Terra chen de xungas en Serantes (Tapia) (12/7/2012).

Nas veiras de regueiros, nos praos moyaos, é búa de ver a xunga (Cyperus longus) relumando condo ye dá el sol y axenegando as súas espiguías acastañadas condo la aneina el vento. Tanto a xunga como el xungo (Juncus spp.) son prantas propias de terras húmedas y podemos atopalas nos mesmos sitos, pro a pesar del sou nome aparecido son especies búas d’estremar. El xungo nace máis teso y a xunga dobra y fai un arco, pro el que los diferencía ben fácil é qu’a sección del primeiro é redonda y a da xunga é triangular. Ademáis, el rabo da xunga ábrese na punta en varias foyas (son en realidá brácteas, as foyas qu’envolven a flor) y é d’esa parte d’unde salen as inflorescencias, úas espiguías mui características.

As xungas son resistentes y antano con elas amañábanse atadeiros trincando úas con outras. Tamén s’avezaba a usar brazaos d’elas pra tapar as morenas d’herba seca y defendelas asina del augua por se chovía. En Mántaras iban ás xungas a Os Llagos de Silva. Nun acaba ei a súa utilidá, anque xa lonxe da nosa terra: al parecer, a reiz da xunga é mui olorosa y úsase, ou usóuse, pra fer perfumes. D’ei que tamén se ye chame en casteyano juncia aromática.

Inflorescencia d’úa xunga. Penarronda (Castripol) (1/8/2015).

Como noutros casos, a pesar de tar tan presente nel noso paisaxe, a xunga nun tuvo sorte nos vocabularios de galego-asturiano: namáis ta constatada nel de Mántaras. Os poucos datos orales que teño apuntaos son xunga en Mourentán (na parroquia ibiana de Seroiro) y xunca en Zreixido (A Veiga). A falta de máis información, é evidente qu’el reparto xeográfico dos resultaos con -c- ou con -g- será igual qu’el que se daba nel caso de xungo/xunco, ás veces con convivencia de resultaos nun mesmo punto.

En galego chámaseye xunca, xunga y xunza. En asturiano, xuncia y, anque nun ta mui clara a identificación nos vocabularios, pola súa forma en feminino pinta que tamén se refiren a Cyperus longus as formas xunca, xungla y xúngala. En casteyano a palabra máis usada é a de juncia ou juncia loca, ademáis de junca. Como se pode ver, todas estas formas provéin del latín iuncus, y non de kypeiros, nome grego da pranta d’unde provén el nome del xénero. El parecido das prantas y del sou hábitat habitual levóu a estremar el nome namáis pol xénero: xungo pra úa espacie y xunga pral outra.