Arquivo por etiquetas: ortiga

Ortiga (Urtica dioica)

Ortigas en flor na Ferraúra, en Santuyano (Mieres) (9/6/2012).

Tía que tocarye a vez al ortiga (Urtica dioica), esa pranta conocida humorísticamente como el herba dos cegos, que nos chafóu tantas espedicióis infantiles en calzóis curtios y sandalias. Ta tan presente y é tan conocido el sou picor que temos un verbo dedicao a condo razpías cua pranta: ortigarse. Namáis outra especie vexetal, el arto, comparte esa circunstancia en galego-asturiano, col verbo enartarse. Os romedios dos que dispoñíamos pras ronchas, aparte de dar brincos y asoprar, era botar cuspio ou buscar un cosco pra untar cua baba a parte ortigada. ¿Qué fer condo un ortigal s’interpoñía na nosa correiría infantil? Pois pasar correndo sin respirar. A solución xa ta demostrao que nun val pra miga, pro fíamolo con toda a fiúnza. Os pelíos cuase microscópicos da pranta tein sustancias urticantes que namáis con achegarse rompen y quedan espetadas nel peleyo. El adxetivo urticante, qu’é un cultismo, vén del sou nome latín, urtica.

A pesar del respeto que dá a súa picadura, ten muitas aplicacióis melecieiras y tradicionalmente usábanse as fregas con ortigas pra miyorar dos dolores musculares ou del reuma, como nos cuntan Fernández Vior nel sou Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga y María Teresa López, de Bual, nel sou Cousas d’entointe pa pasado mañá.

Se atopades úa cabana pol monte ou muros de casas cayidas, ides a ver ortigas alredor. Eso é porque a pranta dáse ben nas terras con muito compoñente orgánico, mui nitrificadas, por exemplo unde hai cuito. Unde tuveron os humanos (y el sou gao), ei tán as ortigas. Por algo se diz de daquén que morréu hai tempo que xa ta dando ortigas.

Hai ben pouco que cuntar del sou nome popular en galego-asturiano porque en toda a zona occidental d’Asturias dizse ortiga, qu’é a evolución del latín urtica (con esa sonorización de –c-, como pasóu en sabugo < sabucu ou en lagosta < locusta). Recoyen a forma ortiga os vocabularios da Veiga, Mántaras, El Franco y Ponticella. Pode escuitarse ese o– inicial máis ou menos zarrao, pro nun hai máis variantes agá esa. Si las hai en galego, unde tamén hai as formas estruga y entruga; y en asturiano, unde pral centro-oriente dicen ortigua y, máis pral oriente, h.ortiga, con ese hache aspirao propio da zona, asimilándolo a outros resultaos de f- latín (h.aba, h.umu, h.acer, etc.).

D’ortiga vén el topónimo cuañés Ortigueira, ben sei que pra describir úa terra unde se daban muito as ortigas. Reparo agora en qu’os vocabularios nosos nun recoyen a palabra ortigal ‘sito chen d’ortigas’, pro úsase ben condo hai que describir un sito abandonao: Ta feito un ortigal.