Arquivo por etiquetas: zampeña

Zampeña (Carcinus maenas)

Zampeña Represas IMG_0217

Zampeña nel ribeiro de Represas (Tapia).

Hoi xa nun se ven nas pescadeirías, pro, nun tempo, das nasas botadas na Ría del Eo polos marineiros das Figueiras salían muitos quilos de zampeña (Carcinus maenas) pra vender en Uvieo. Hoi el que se vende máis é outra raza de crustáceo, Necora puber, el andarica, da mesma feitura de casco, trapezoidal, anque neste caso é meirande. As zampeñas son máis pequenas.

Se ides por un ribeiro condo ta vazando el mar, na barba del augua igual podedes ver dalgúa escapando pr’abaxo ou tamén núa poceira das que quedan entre as pedras. As zampeñas son averdosadas, pro a coloración tamén pode ser tirante a encarnao.

Nun ye chaman asina en todos os portos de mar da zona unde se fala galego-asturiano, porque en dalgús, como nas Figueiras y El Porto, chámanye cangrexo, pro escoyín el nome de zampeña por ser característico noso. Según el Atlas Léxico Marinero d’Emilio Barriuso é el nome que ye dán a esta especie en Tapia y Ortigueira, pro tamén mo deron en Serantes y Mántaras, nel conceyo de Tapia, y en Andés (Navia). Condo se falóu aquí d’outra especie de crustáceo, Pachygrapsus marmoratus, pra titulala escoyémos el nome de cangrexo basándonos nos datos da zona.

Y é qu’en cada porto estreman as dúas especies con diferentes recursos. Nas Figueiras, como ye chaman cangrexo a Carcinus maenas, pra referírense al outra especie amécenye el adxacente molieiro ou del molín. En Tapia, deixan zampeña prá primeira y cangrexo prá segunda, igual que fain en Ortigueira. Nel Porto, el que fain é cambiar el xénero: cangrexo prá primeira y cangrexa prá segunda. En Cartavio (Cuaña), sicasí, fainlo al rovés: chámanye cangrexa á zampeña, y cangrexo a Pachygrapsus marmoratus, cousa que lleva máis xeito, porque aveza a usarse el feminino pras realidades máis grandes (rato/rata, pataco/pataca, caldeiro/caldeira) y a primeira especie é máis grande qu’a segunda.

Acevedo y Fernández recoyen nel sou vocabulario a denominación de cangrexo, que definen col nome científico de Cancer maritimus, pro deben tar referíndose al noso, a Carcinus maenas. É a especie que se conoce normalmente en casteyano estándar como cangrejo de mar común o cangrejo común.

IMG_0209

Pódese estremar a feitura trapezoidal del casco da zampeña y, neste caso, a súa coloración averdosada

Se miramos pra os laos da nosa zona, podemos comprobar tamén a variedá de denominacióis. En Galicia volvemos atopar zampeña nel porto de Burela (Lugo), pro el máis común é el nome de cangrexo, con dalgúas variantes máis: caranquexo, cancarexa, caranquexa, cancrexa, candrexo, caranguexo, carangueixo, cangreixo, carambexo, canguexo, cranguexo... Tamén ye amecen outros elementos: caranquexa da raña, cangrexo galego, cangrexo do rei ou canguexo da pedra. Einda hai máis xeitos de chamarye en galego: nácara, nacra, anacra, xacra, lánguicho, jaiba, jabato ou vaca mona.

En asturiano, nos portos máis achegaos á zona eonaviega chámanye distinto: en Veiga, centolla, y en L.luarca, cangrexa, anque en Ouviñana, ademáis de cangrexu, chámanye zarampeñu. Outros nomes que ye dan nos portos asturianos, aparte del xa dito cangrexu, son moranata, costaraña, cámbaru y cambarón. El Atlas Léxico Marinero d’Emilio Barriuso recoye en Cuideiru a denominación zampeña como outro xeito de chamarye al andarica, el que s’esplica, como s’apuntóu, pol asomeñanza das dúas especies. Precisamente en Andés atopéi xente que ye chamaba andarica á zampeña. É úa confusión entre as dúas especies que se dá noutros sitos da costa peninsular.

¿Y d’únde vén este nome de zampeña? Antón Santamarina relaciónalo con zampar ou con zambo, ‘torpe al andar’. Y é verdá qu’os biólogos describen estos crustáceos como mui fartóis, que comen de todo, dende moluscos hasta crías de pexes. Anque son orixinarios das costas atlánticas europeas y del norte d’África, estendéronse por muitos mares del mundo hasta ser consideraos especie invasora.

Se efectivamente zampeña ten que ver con zampar, pode entenderse como un adxetivo que describe al bicho y que despóis acabóu convertíndose en sustantivo. El adxetivo taría formao por derivacion col sufixo –eño, –eña, como rouqueño ‘de voz rouca’ (de rouco), rapeño ‘de pouca altura’ (de rapar) ou os xentilicios veigueño ‘da Veiga’, santiseño ‘de San Tiso’ ou castripoleño ‘de Castripol’.

Postos a elucubrar, podemos darye outra volta de torca. ¿Y se se trata d’un diminutivo de sapa, úa denominación típica del asturiano pral cangrexo (Pachygrapsus marmoratus)? El sufixo atopámolo en galego-asturiano en angareña ‘tableiro con úa vara por cada lao pra levar cargas entre dous’ (en asturiano, angariella ou angariya > angaría, con outros sufixos tamén diminutivos). Y nesta segunda llingua ta en palabras como carreña (tamén carriella) ‘clas de carro pequeno sin rodas, que se move arrastrándolo’. Pois ben, nel caso del crustáceo, el resultao sería un diminutivo sapeña. A vacilación s-/z- nun é rara, como se ve en samborca/zamborca ‘clas de pexe’, sapuada/zapuada ‘cayida de focíos’. Y tamén pode darse a presencia d’un elemento nasal: zapuada/zampuada. ¿Por qué non sapeña > zapeña > zampeña? Y, se seguimos a relación apuntada por Santamarina col galego zambo ‘torpe’, temos en galego-asturiano adxetivos como zamprón, zampeiro ‘malcurioso, desdeixao’ ou zambro ‘qu’anda xuntando as rodiyas’, que puideron axudar por asociación semántica nese resultao zampeña.