Arquivo por etiquetas: tordo

Tordo (Turdus philomelos)

 

Tordo nel parque de Vega (Uvieo) (11/1/2021).

El tordo ou malvís (Turdus philomelos), que son os dous xeitos máis populares de chamarye en galego-asturiano, é úa das aves que tein un canto máis melodioso. Igual qu’a merma (Turdus merula) y cuase todas as especies del xénero Turdus, son páxaros que descatan polo guapo que cantan. El macho del tordo ponse nel pico d’un árbol ou d’un louxao y empeza a cantar frases curtias y mui claras, ben veces copiadas d’outros páxaros, que vai repetindo y mudando por outras. Hasta máis de cen pode ter nel sou reportorio.

El tordo é grandín, da feitura da merma, anque un pouquín máis pequeno, pro a coloración é diferente de todo: pardo por derriba y branco amarelao nel papo y por debaxo, unde destacan as pintas marróis con forma de punta de frecha apuntando pra enriba, y del pico escuro cua parte d’embaxo marela. Al rovés qu’a merma, nun ten dimorfismo sexual, querse dicir, que nun cambía a color del plumaxe ou a grandura del corpo dependendo de se é macho ou fema. Os tordos son bus de ver en eiros, praos y parques, picotiando nel tarrén buscando minocas, viermos, frutos, bichíos… É mui característico cómo al andar espurren el corpo pr’adelantre y despóis érguense y poinse a velar alredor. Nel norte peninsular crían y viven todo el ano, anque camín d’outubre empezan a chegan poblacióis del norte d’Europa fuxindo del frío.

Hai outra especie máis de Turdus qu’é residente habitual nas nosas latitudes: Turdus viscivorus, el máis grande d’este xénero, que podemos velo muitas veces erguido y ben teso, cuas alas como colgando. Y hai outros tres que chegan namáis a pasar a invernada: Turdus iliacus, el máis pequeno, chamadeiro pola mancha ferruxenta que ten debaxo das alas; Turdus pilaris, tamén con úa mancha ferruxenta, pro nel papo; y Turdus torquatus, el único d’estos que presenta dimorfismo sexual: os machos son mouros y as femas apardazadas, os dous con un babeiro branco.

Os tordos cazáronse muito y empezaban a escasiar. Nel occidente asturiano comíanse guisaos ou con arroz y tamén se piyaban pra ter en xaulas y sentilos cantar. Ben deitaron, y deitamos, de qu’agora a súa caza ta prohibida.

Nel mesmo parque y el mesmo día. El pico ta dexobao d’andar buscando a comida entre a terra.

Nun é un páxaro nel que repararan os vocabularios dialectales de galego-asturiano. Namáis recoye el sou nome autóctono el de Mántaras, y tamén hai dalgún dato nel ALPI (Atlas Lingüístico de la Península Ibérica), pro teño máis información que puiden xuntar das mías pezquizas. Os rexistros máis abondantes son os de tordo, denominación que me dixeron en Folgueiras, Zreixido y Abres (A Veiga), Busdemouros (Vilanova d’Ozcos), Penafonte (Grandas de Salime), Santolín y Tormaleo (Ibias), Castaedo (Villayón), Anlleo y Andés (Navia), Ortigueira (Cuaña) y Balmonte (Castripol). Datos máis veyos son os das encuestas del ALPI, que recoyeron tordo en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos), Cuantas (Ibias), na villa de Bual y en Freal (Navia).

En conto al nome de malvís, recóyese nel vocabulario de Mántaras y nas Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga de Fernández Vior. Tamén apuntéi malvís nel Valín (Castripol), Bustapena y Penacova (Vilanova d’Ozcos), A Roda y Serantes (Tapia) y Carbueiro (Ibias). En Balmonte (Castripol) y Zreixido (A Veiga) constatéilo convivindo cua denominación de tordo.

Relacionao cua color del ave, déronme dúas denominacióis que quizáis tán mezcradas con nomes conocidos d’outras aves tamén d’esa coloración: pardel en Cartavio (Cuaña) y pardón en Penafonte (Grandas). 

A palabra tordo vén del nome que se ye daba a este xénero d’aves en latín, turdus, anque tamén ye chamaban así a pexes da mesma color. Según destaca García Arias, quizáis xa d’entoncias seña el uso del nome como adxetivo cromático. Qu’eu sepa, como tal en galego-asturiano namáis s’aplica a os cabalos con pelo entre mouro y branco, con pencas escuras. Del mesmo étimo turdus pinta vir el noso verbo tordiar ‘andar entornándose pra un lao y pra outro, andar en ciszás por causa d’un mal ou por tar enfilao’. Y hasta s’usa el término despectivo torda pra chamar a daquén que nun é mui listo. Esas ideas d’andar con dificultá ou tar un pouco afatao tein toda a traza de tratarse de desprazamentos del significao a partir del nome del páxaro. Os estudiosos destacaron xa hai muito tempo el avezo del tordo de fartarse d’olivas ou uvas y quedar despóis tresposto pra esplicar espresióis en casteyano como tener cabeza de tordo, comparanza que s’aplicóu non solo al que taba mariao senón tamén al que nun tía muita listeza, así qu’el verbo casteyano aturdir pode ter esa orixe, como esplica Coromines.

Outro tordo nel parque de Vega (Uvieo) (13/1/2021).

En conto a malvís, os etimólogos búscanye a orixe nel nome del ave nel francés antigo, malvis, qu’hoi é mauvis. El caso é que tuvo fortuna na península, sobre todo nel norte. Xa se víu qu’a denominación atópase por muitas partes del territorio del galego-asturiano, anque sin amañar úa zona compacta y ás veces convivindo cua máis xeneral de tordo. En asturiano úsase muito: hai datos dende Cangas del Narcea hasta Llanes y dende el Cabo Peñes hasta Quirós, y tamén nel noroeste de Lión. Como pasa col galego-asturiano, malvís compite col nome de tordu. A cousa complícase porque en muitos sitos d’Asturias chaman tordu non a Turdus philomelos, senón a Turdus merula, querse dicir, á nosa merma, así que nun é raro que nesos sitos ye chamen tordu malvís ou torda malvís, pra estremalo del outro tordu. As confusióis tamén se dan en galego-asturiano: citéi máis atrás el dato de tordo pra Turdus philomelos que me deran de Castaedo, en Ponticella (Villayón), pro nel vocabulario d’esa parroquia recóyese tordo aplicao claramente a Turdus merula

A distinción entre tordo y tordo malvís recóyela Aníbal Otero nel galego máis oriental, pro nun dá máis datos d’a qué especies corresponden. A denominación de tordo ou torda é a máis xeneral en Galicia, anque é verdá que malvís ta recoyido en muitos diccionarios galegos, aplicao sobre todo a Turdus iliacus. É chamadeira el aplicación d’este nome a úa das especies de Turdus que chegan de fóra nel inverno, porque tamén hai datos d’esto en puntos del norte peninsular como en Palencia (malvís) ou en Cantabria (malvís francés).

Francisco Bernís, ornitólogo y estudioso dos nomes vernáculos das aves na península, chega á conclusión de que nel ámbito lingüístico casteyano tordo especializóuse sobre todo pra referirse a outros páxaros, os estorníos, y que foi nas demáis zonas lingüísticas (y enténdese que tamén nas de contacto) unde s’aplicóu ás especies del xénero Turdus. Así y todo, el panorama é mui complexo y hai confusióis entre especies del xénero ou xeneralizacióis a todo el xénero. A denominación estándar en casteyano, mui estendida, é zorzal, qu’é palabra d’orixe árabe y que ten variantes como zarzal, torzal, zarzalero… Eso si, en toda a xeografía del casteyano úsanse outros xeitos de chamarye como tordo, tordo pardo, tordo blanco, torda, torda parda, torda francesa, tordilla, tordeja, malvís, malviz, charra, merla parda, mierla blanca 

Merma (Turdus merula)

IMG_1701

Exemplar de macho nos xardíos da Facultá de Bioloxía d’Uvieo (17/11/20)

De rapaz taba muito máis interesao en saber todo sobre os Beatles qu’en saber de páxaros ou da lingua que se falaba na mía casa. Asi que condo escuitaba a Paul McCartney cua súa guitarra cantando «Blackbird», col canto del ave al final da cántiga, y vía a traducción del título que poñía el casete, «Mirlo», qué sabía eu que taba referíndose al qu’en Mántaras chamamos merbo (Turdus merula). D’eso enteréime anos despóis. McCartney esplicóu que cua figura d’aquel ave moura cuas alas rotas que tuvera aguardando el momento pra botar a engalar taba falando en realidá da luita civil da población afroamericana nos Estaos Unidos. É úa metáfora guapa a qu’atopóu el de Liverpool.

Pro miyor deixo as veiras del río Mersey pra, cruzando el mar, achegarme hasta a ribeira da Ría de Navia. Alí un escritor en galego-asturiano, el poeta naviego José Fernández García (Navia 1878 – 1942), máis conocido como Pepe Muestras, tamén falóu del noso páxaro nus versos que me chegaron de xeito oral y que publiquéi nel 2006 nel libro Unde letras falan. Antoloxía da poesía en galego-asturiano (1891-2006). A poesía titúlase «Pa los nenos» ou «Los merbíos» y empeza asina: «Indo úa vez por San Francisco / a pasiar con os pequenos, / subindo hacia Ca Ordenanza / xunto al camposanto veyo, / encontréi entre los toxos / un nío de merba con merbos». Pepe Muestras cúntanos que, fendo caso a os rogos dos nenos, piyóu el nío cos merbíos qu’había dentro y qu’al cabo d’aquel día morreron. El autor acaba el poema llamentando a decisión y recordando que nun hai que quitaryes miga a os páxaros. Os que foron nenos hai muitos anos han a recordar as espedicióis que se fían buscando níos y cazando con liga. Ben deitamos de qu’os gustos y as sensibilidades cambiaran.

A verdá é qu’é muito máis guapo y respetuoso ver as especies en libertá, observalas aspacio y mirar cómo se moven, cómo buscan comida ou cómo cantan nel sou pousadoiro. Nel caso del merbo, ou merma (que, como imos ver, é a denominación máis estendida), nun fai falta ir al monte pra velo ou sentilo cantar. Se pasiades por un parque y vedes fuxir un páxaro mouro engalando rastreiro como úa bala y cacarexando como un tolo, ése é el merbo. Tamén ta bon de ver escarrapatando col pico nos praos buscando insectos ou dalgúa binoca y hasta nos árboles, ás frutas. El macho, mouro, ten el pico marelo tirante a naranxa, qu’é tamén a color que ten alredor dos oyos, nel que se chama aniyo ocular; sicasí, á fema y os inmaduros son apardazaos y del pico tamén d’esa color, anque vai amarelando col tempo. Os merbos, ademáis d’andar a pasuadas, móvense a saltiquíos cuas dúas patas a un tempo. Úa das súas características chamadeiras é el canto, llarguísimo, mui melódico y con muitas variacióis. Dende mui cedo, condo einda nun é día, a últimos del inverno xa s’empezan a sentir cantar os machos pousaos nos sitos altos, muitas veces nel pico de dalgún árbol. Esta actividá cantora pode ouguirse toda a primavera, sobre todo al ameicer y al escurecedín. Aquí pódese ouguir un macho cantando.

IMG_0612

Exemplar inmaduro na cortía d’úa casa de Mántaras (Tapia) (23/7/2020).

El escritor tapiego Manolo Galano (A Roda, 1922-2016), qu’ademáis era músico, tamén se ten referido al noso páxaro. El protagonista del sou relato «Recordos del último brao», publicao nel primeiro númaro da revista Trabatel y despóis recoyido nel libro Faraguyas, cunta el impresión que ye deixara a música del ave: «Grande tamén me pintaba, daquela, a naranxeira qu’asolombraba a ventá del meu cuarto y na que pasaba as noites un merbo que polas mañás cedo me daba un concerto qu’eu tanto ye agradecía. Hasta qu’un día paróu de cantar, deixóume prantado sin máis esplicacióis, y foise. Pode qu’en busca de parexa. El que nun sabe el merbo é qu’inda teño grabados na mía cabeza aquelos trinos sous qu’escuitéi hai setenta anos». Cuntan Acevedo y Fernández nel sou vocabulario de 1932 que condo el páxaro canta dende el pico d’un árbol ta anunciado cambeos del tempo, normalmente que vai chover. Esa crencia tamén la recoye José Antonio Fernández Vior en Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, unde esplica qu’el merlo (así ye chaman alí), condo canta nel pico del árbol osma el bon tempo, anque se lo ouguimos cantar pro nun lo vemos, osma el mal tempo. As crencias populares son asina, anque las desminta a realidá úa y outra vez.

El feito de qu’haxa úa diferenciación tan clara na parecencia del macho y da fema favorece que na súa denominación os falantes crearan a terminación correspondente en -a y en -o, dependendo del xénero. Así y todo, eu, que perguntéi abondo por cómo ye chaman a esta ave, precatéime de qu’en muitos sitos aplícase úa das dúas terminacióis en xeneral sin dar máis se é macho ou fema. Al ser un páxaro conocido, os vocabularios de galego-asturiano recoyen abondos datos, anque hei a completalos cos que xuntéi inéditos. Os rexistros máis veyos son os de merbo y merlo, seguramente de Navia y Castripol respectivamente, que Braulio Vigón cita nel sou Vocabulario de Colunga (1896) y qu’esplica que yos dera «el señor Álvarez-Cascos». Son as dúas formas que tamén se recoyen nel vocabulario da Veiga. Ramón García González (Castripol, 1870-1938) usa a forma merlo nus versos en galego-asturiano publicaos en 1912 nel periódico Castropol. Acevedo y Fernández recoyen nel sou vocabulario merbo y mermo, neste segundo caso indicando qu’é palabra bualesa. A forma merbo rexístrase en Mántaras, A Roda y El Franco, mentres que merba recóyese na Roda (Tapia) y Arbón (Villayón). El vocabulario de Bual confirma el dato d’Acevedo y Fernández y recoye mermo, mentres qu’a forma feminina, merma, rexístranla os de Bual, Eilao, y Monón y Castaedo (Ayande). Úa denominación diferente de todo, tordo y torda, pral chamar al macho y á fema respectivamente, recóyela el vocabulario de Ponticella (Villayón).

IMG_2077

Merma pousada nun árbol nun horto del Cristo (Uvieo) (23/3/2021).

Con estos datos publicaos xa s’empezan a dibuxar as zonas das denominacióis de Turdus merula en galego-asturiano, pro cos datos inéditos que dou agora tou na fe de que quedan muito miyor estremadas. Déronme merba nos llugares naviegos del Monte y Andés, y nos cuañeses de Valentín, Vivedro y Cartavio. A forma merbo recoyínla en Lantoira, Sabugo, El Valín, Penarronda y As Figueiras (Castripol), Serantes y El Rabote (Tapia), Valdepares (llugar del Franco unde tamén hai úa casa con ese nome: Ca el Merbo), Vivedro y Ortigueira (Cuaña), y en Navia, Sante y Villouril (Navia).

A denominación de merma apuntéila en Penzol (A Veiga), Os Niseiros, Brañatruiye, El Castro, Leirío, Obanza, Vilarín, Santa Colomba, Vior, Añides, El Preiral y As Campas (Castripol), Penadecabras (Tapia), Villarín, El Chao das Trabas, A Nogueira, Lludeiros, San Xuyán y Llobredo (El Franco), Cova, Ouria y Castriyón (Bual), Cachafol, Sarzol y Navedo (Eilao), Pezós, Valdedo (Samartín d’Ozcos), Grandas y Castro (Grandas), y en Corondeño (Ayande). De Grandas tamén me deron a variante mérmora. A forma masculina, mermo, recoyínla en Obanza, Balmonte, A Bouza, As Campas y Tabes (Castripol), Rapalcuarto y A Brañela (Tapia), El Chao das Trabas, Villar y Miudes (El Franco), Ouria (Bual) y en Penafonte (Grandas).

En conto al nome de merlo, déronmo en Santalla (Santalla d’Ozcos), Batribán, Bustapena, Penacova y Busdemouros (Vilanova d’Ozcos), Ouria (Taramunde), A Antigua (San Tiso d’Abres), A Mundiña, Folgueiras, Porzún, Tremiado, Zreixido y Molexón (A Veiga), y en Aldianova, Arguiol, Tabes, Presa, Barres y As Figueiras (Castripol). A forma merla recoyínla en Batribán (Vilanova d’Ozcos).

Einda nun salira outra denominación máis qu’hai en galego-asturiano, propia del conceyo d’Ibias: cochosa. Apuntéila en Mourentán, A Barca, Carbueiro, Marentes, Santolín y Tormaleo.

Polo tanto, xuntando todos os datos que s’acaban d’espoñer, sácase a conclusión de qu’el tipo de denominación máis estendida territorialmente nel estremo occidental asturiano pra Turdus merula é el de merm-, razón pola que tituléi a especie col nome popular de merma. A zona de distribución d’este tipo coye el estremo oriental del conceyo da Veiga (parroquias de Meredo y Penzol), a montaña y cerca da marina del conceyo de Castripol (parroquias de Balmonte, Presno y Piñeira), dalgún lugar de Tapia, búa parte del interior del conceyo del Franco (parroquias de Llobredo, A Braña, Arancedo, Villalmarzo y Miudes), y os conceyos de Bual, Eilao, Pezós, Ayande, Grandas y Samartín d’Ozcos.

Tamén piya abondo territorio a zona unde s’usa el tipo merb-: a marina de Castripol (parroquias de Piñeira, San Xuan, Barres y As Figueiras) y tamén a dos conceyos de Tapia, El Franco, Cuaña y Navia, con avances contra el interior por Villayón, por exemplo. El vocabulario da Veiga recoye merbo, anque nun dá datos de localización. Compróbase qu’en Castripol y Tapia hai puntos unde convive col tipo merm-.

El outro tipo de denominación, en continuidá, como axina s’ha a ver, cua denominación galega, é a forma merlo/merla: esténdese polos conceyos de San Tiso d’Abres, Santalla, Vilanova, búa parte da Veiga (parroquias d’Abres, A Veiga, Piantón y Meredo) y entra pola marina de Castripol (parroquias de Siares, San Xuan, Barres y As Figueiras) compartindo presencia en dalgús sitos cua forma merbo. Quizabes el peso da vila axudóu al avance contra el oriente del conceyo da forma merlo.

IMG_1756

Exemplar macho buscando comida entre el herba inda orbayada nel parque del Monte Altu (Uvieo) (22/11/2020).

Anque merlo/merla é resultao frecuente en Galicia, tamén col diminutivo, merliño, en galego escoyéuse como denominación estándar outra forma mui usada, con metátesis, melro. El nome ibiano de cochosa ten continuidá territorial al sur, pol Bierzo, y al leste, pol oriente de Lugo y Ourense, con outras variantes aparecidas: cochorda, chocorosa, cochorra, cochorro, cotrosa, cochocha, cochoco, cochoza y cochoso; esta última variante ta rexistrada al pé d’Ibias, na Fonsagrada (Lugo).

El resultao mierla/-o, cua diptongación asturiana, recóyese nel estremo suroccidental d’Asturias, na Estierna (Ibias), forma que sigue contra el sur polos territorios de lingua asturlionesa del Bierzo, Babia, Oumaña y Maragatos (Lión). Tamén a denominación de cochosa ten continuidá nestos territorios, cua variante cochorla, recoyida en Palacios (Lión).

Se miramos pral norte, a Navia, na fronteira entre el galegoportugués y el asturlionés, atopamos en Tox, en continuidá col resultao merba, a forma asturiana diptongada mierba, anque a variante mierbu ta recoyida tamén en sitos como Candamu ou nos conceyos del Cabu Peñes, zona unde se recoye a variante mierma recoyida ademáis noutros puntos del asturiano occidental. En Cadavéu (Valdés), chámanye la nierbe y úa variante aparecida, nierba, dase máis al sur, na parte de fala asturiana d’Ayande. Sobre esta reiz, al amecerye el sufixo –atu/-ata creóuse úa denominación mui común en asturiano: nerbatu/-a, ñerbatu/-a. É como ye chaman núa zona mui amplia: hai datos dende Pravia y Cuideiru hasta Cabranes y Casu. Máis pral oriente predomina a denominación de miruellu/-a, forma que tamén ta recoyida en puntos del occidente. Aparte, constátase el nome de tordu/-a nel sur da zona central, en conceyos como Morcín, Mieres ou Llangreo.

Pra esplicar el tipo cochosa, el filólogo galego Aníbal Otero pensa que se trata d’úa voz onomatopéyica. Quizabes arromende ese cacarexar atolarao del ave condo escapa engalando: coch, coch, coch… Pra esplicar el tipo tord-, a color ten que tar detrás, pro é qu’ademáis era el nome latín d’un ave da mesma familia, mui aparecida na feitura, Turdus philomelos, á qu’hoi tamén ye siguen chamando tordo.

Ten máis voltas a etimoloxía dos outros tipos que citamos. Xosé Lluis García Arias, pra esplicar as formas asturianas, pensa nel nome latín d’esta especie, mérula, del que resultaría a forma mierla. A partir d’este resultao, a labialidá del m– estenderíase á consonante del outra sílaba, axudao pola analoxía col verbo mermar. Y como -b- y -m- articúlanse mui aparecido, qu’as dúas son bilabiales, é normal a confusión entre merb– y merm-. Tamén habería úa confusión temprana das nasales m-/n- que levaría á forma nierba, orixe, amecéndoye el sufixo diminutivo, das formas nerbatu/-a, ñerbatu/-a. García Arias, ademáis, pensa nel cruce col latín nervus ‘nervio’, idea que concuaya muito ben cos movementos del noso páxaro, anque tamén é verdá que cos dos máis d’elos.