Arquivo por etiquetas: tartagueira

Tártago (Euphorbia helioscopia)

Un tártago na veira d’un camín en Sontolaya (Morcín) (30/3/2013).

Os tártagos (Euphorbia helioscopia) son prantas d’úa traza chamadeira que salen nas veiras dos camíos y en terras de vaco. El que fai máis conocida a esta especie é el feito de ter dentro úa sustancia como leite. Entre os máis veyos recórdase el uso dos tártagos como purgantes. De seguro que por eso en Mántaras (Tapia) a os qu’eran mui enchedoiros dicíanyes: «¡Había que darche tártagos!». Nun sei qué partes da pranta nin qué cantidades s’usarían, pro el zume é velenoso y inrita as mucosas.

Nun hai muitos datos del nome popular d’esta especie nos vocabularios de galego-asturiano, agá el de tártago nel de Mántaras y nel da Veiga, que, anque nun dá el nome científico, diz que ten efectos purgativos, col qu’haberá que pensar qu’é a Euphorbia helioscopia. En Salave, al pé de Mántaras, déronme el nome de tartagueira y hai tamén úa Fonte da Tartagueira nel Franco, que pinta que ten que ver con esa pranta. Nun é miga rara esta sufixación –eira ou –eiro pra nomes de prantas (por poñer un caso conocido, acebro y acebreiro).

Nun hai que confundirse con tártago ‘tipo d’abrespa grande’, que tamén s’usa en galego-asturiano, anque, qu’eu sepa, non nos sitos unde a palabra xa s’usa prá pranta. Recóyese en Bual y en Castaedo y Monón (Ayande), unde tamén falan da tartagueira como sito unde crían esos insectos. En Santolín (Ibias) tamén me falaron dos tártagos como abrespas grandes que pican muito. En galego, tártagoVespa crabro’ ta constatao, en continuidá cos datos eonaviegos, en toda a zona del sur de Lugo, y tamén se recoye nel Bierzo.

¿D’únde vén a sinonimia entre a pranta y el insecto? Na etimoloxía da palabra pódese atopar dalgúa esplicación. Según Coromines, tártago vén del latín tártarus ‘inferno’, palabra que despóis  pasóu a chamar al pouso que s’apega ás paredes dos toneles de viño, y esto tuvo que ser por causa das propiedades abrasadoras que ten a sustancia. Como el tártaro tamén é purgante, as propiedades da pranta levarían a qu’a xente ye chamara tártaro (con cambeos posteriores na terminación por analoxía con outras palabras). Esa comparanza col inferno abrasador, ben sei, apricaríase tamén con esas abrespas de picadura tan gafa.

A palabra tártago úsase en casteyano y en galego, pro pra chamar a outra pranta del mesmo xénero, a Euphorbia lathyris, qu’é máis rara en Asturias y qu’hoi cultívase en medio mundo pra sacarye un aceite que s’usa prá industria química, pra pintura, berniz, plásticos, cosméticos… del mesmo xeito qu’el aceite de ricino, qu’é d’outra especie da familia Euphorbiaceae, el Ricinus communis.

En galego a os nosos tártagos chámanyes garridos, herba das maleitas (el que fala das súas propiedades melecieiras contras as calenturas) y outras denominacióis derivadas de leite: leiteriña ou herba leiteriña. Outro tanto pasa col portugués: herva maleita, herva maleiteira, leitarega, leiteira

En asturiano, en continuidá cua denominación da Euphorbia helioscopia nel Navia-Eo, chámanye tártagu (con outras variantes como tártabu, tártaru, tártamu), pro tamén caxona, llechar y llecherina (cua variante occidental l.leitarina).

En casteyano, el máis común é outro derivao de leite, lechetrezna, ademáis de lechera ou lecheruela. Fala das súas propiedades melecieiras que tamén se ye chame popularmente hierba curandera. Outras denominacióis casteyanas como carajera ou untapijas (hai que recordar el que se dixo sobre el inritante qu’é el zume que ten) pinta que tein que ver con dalgúa broma de mal gusto entre a mocedá rural.