Arquivo por etiquetas: tarrello

Tarrelo (Taraxacum officinale)

Flor de tarrelo en Sontolaya (Morcín) (28/11/2014).

Se hai úa pranta búa de reconocer esa é el tarrelo (Taraxacum officinale). As súas flores marelas pódense ver dende antias da primavera y pol brao, pro tamén volven salir nel outono. É chamadeira a mota ou papus que bota despóis a flor y que tanto temos soprao de nenos. É el xeito que ten a pranta d’estender a semente. As foyas da chanteira nacen arrentes del tarrén y son largas y repinicadas. Tamén é propio del tarrelo qu’el rabo da flor ten dentro un líquido como leite.

Hai pouca sinonimia en galego-asturiano nel caso del nome popular d’esta especie, máis aló da palatalización del -l- nos conceyos del metá nororiental del Navia-Eo, unde dicen tarrello. As dúas formas recoyen Acevedo y Fernández nel sou vocabulario, ademáis de recordar cómo a xente cortaba a pranta cua foucía pra dar a burros y cochos. Tamén tán recoyidas as dúas variantes en Eilao, conceyo partido entre ele y elle (por exemplo, na parte máis oriental dicen Eillao ou Aillao). Nos vocabularios da Veiga y Mántaras vén tarrelo, y tarrello nos de Ponticella (Villayón), A Roda (Tapia) y Castaedo y Monón (Ayande). Hai úa segunda forma de chamarye á pranta: Xoán Babarro recoye en Abres (A Veiga) leituga tarrela. El vocabulario da Veiga tamén brinda como sinónimo de tarrelo a palabra leituga, y esplica que tarrelo, -a úsase como adxetivo pra chamar a úa persona d’estatura mui baxa. Aparte, ta a denominación de mexacán, que tamén recoyen este vocabulario y el da Roda.

Entre os datos qu’eu fun xuntando nestos anos tán tarrelo en Zreixido (A Veiga), El Valín y Brañatruiye (Castripol), Cachafol (Eilao), Sanzo (Pezós), y Bustapena, Busdemouros y Salcedo (Vilanova d’Ozcos); y tarrello en San Xuyán, Arancedo, Villar y Llobredo (El Franco), y en Anlleo y Villouril (Navia), anque cua pronunciación yeísta d’este conceyo: tarreyo. En Centiales, na parroquia de Cecos (Ibias), apuntéi a forma carrelo.

Chanteira de tarelo entre el herba. Sontolaya (Morcín) (28/11/2014).

En galego tamén chaman carrelo á pranta na Fonsagrada y en Suarna, ben cerquía d’Ibias. Outras formas en galego son leitaruga, leituga (as dúas relacionadas col leite que ten el rabo da flor), mexacán y mexanacama, ademáis de tarrelo ou tarrela. A cousa complícase porque tarrelo non sempre se corresponde en Galicia col Taraxacum officinale, senón qu’hai sitos unde s’usa pra chamar outra especie distinta (Konopodium denudatum), que ten úa reiz del xeito d’úa bola. Así y todo, se miramos os datos publicaos y reparamos na súa procedencia xeográfica, vese qu’os sitos unde se chama tarrelo ou tarrela al Taraxacum officinale son da parte máis oriental de Lugo, el que concuaya cos datos lugueses de carrelo.

Os datos del asturiano fálannos del tarriellu (ou tarriel.lu, cua pronunciación típica del asturiano occidental) y d’outras denominacióis como cardeña, cardencha, cardu suave (relacionadas todas cua palabra cardo) y llechar, llechón, llecharina (relacionadas con leite). El caso é que botando un oyo á repartición xeográfica de tarriellu pódese ver qu’é úa forma propia del asturiano occidental, de Pravia pral occidente.

El resume é que tarrelo, cuas variantes fonéticas xa ditas, piya úa zona compacta qu’incluye el occidente asturiano y a franxa oriental de Lugo. Einda máis: el adxetivo tarrelo, -a que recoye el vocabulario da Veiga tamén se recoye, y con ese significao, en Láncara, na parte de Sarria, al oriente de Lugo.

Mota ou papus d'un tarrelo. Cada ún d'esos pelos axuda a qu'el vento leve a semente da pranta. Sontolaya, Morcín (22/11/2014)

Mota ou papus d’un tarrelo. Cada ún d’esos pelos axuda a qu’el vento leve a semente da pranta. Sontolaya (Morcín) (22/11/2014).

¿Qué foi primeiro, el nome da pranta que medra arrentes ou el adxetivo pra chamar á xente mui baxa? Ta malo de saber. A esplicación máis intuitiva pra esta palabra falaríanos d’un derivao de terra (igual que lo é tarrén), que nos daría a entender daqué que nace al pé del tarrén, sin rabo, como é el caso da chanteira d’esta pranta. Outros estudiosos, como Pensado, aventuran un diminutivo de tarro, por comparanza col fruto da pranta. García Arias propón un grecismo en latín, pteris ‘tipo de folgueira’, amecido al sufixo diminutivo –ellum (*pteridellum), anque tampouco nun esqueice a influencia que puido ter na evolución a palabra terra.

En casteyano as denominacióis máis estendidas son diente de león, amargón, amarguera, meacamas y achicoria amarga. Y é qu’a reiz seca da pranta ten sido usada como sustituto da chicoria, hai quen fai ensalada cuas foyas (que, según dicen, son ben amargas) y as propiedades diuréticas da especie son conocidas dende antigo. El feito de que fora un herba melecieira témolo nel sou nome específico, officinale, que Linneo, el inventor del sistema binomial pra chamar ás especies, discurríu pral caso de que s’usaran na cocía ou nas melecías.