Arquivo por etiquetas: sacaveira

Sapagueira (Salamandra salamandra)

Sapagueira núa acera del Cristo (Uvieo) al escurecedín despóis de chover.

Hai un conto en asturiano de Milio Rodríguez Cueto mui chocante (y maxistral, como é avezo nél) titulao «La engarradona» unde fabula col aparición d’un isla delantre da costa occidental d’Asturias. Pol xeito alargao que ten vista dende el aire, axina ye sacan un nome y ei empeza el xareo: os galegos chámanye A Pinteguiña y os asturianos, La Sacaverona, mentres qu’os d’entre el Navia y el Eo queren chamarye A Sapagueiría. Y hasta salen us reintegracionistas que defenden el nome en portugués, A Salamandrinha. El relato, del ano 2005, é úa parábola irónica sobre as amarregas mediáticas qu’houbera a miudo entre Asturias y Galicia por causa del debate lingüístico, pro se lo trouxen aquí é porque é mui al xeito pra reparar na variación xeográfica qu’hai nas denominacióis populares de Salamandra salamandra. Efectivamente, os nomes máis estendidos en cada zona son estos tres que nos presenta Milio R. Cueto: en Galicia, píntega; nel estremo occidental asturiano, sapagueira; y nel resto d’Asturias, sacavera.

A denominación de sapagueira piya cuase todo el territorio unde se fala galego-asturiano. É a forma que recoyen os vocabularios d’Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, El Franco, A Veiga, Bual, Eilao, Ponticella, y Castaedo y Monón. Tamén Lorenzo Rodríguez-Castellano la recoye en Berducedo (Ayande). Eu xuntéi datos orales de Serantes (Tapia), As Figueiras, El Valín y Vilarín (Castripol), Vilela (San Tiso d’Abres), A Ovellariza y Penacova (Vilanova), Santalla, Penafonte (Grandas), Carbueiro, Mourentán y Santolín (Ibias), Sanzo (Pezós), Cachafol (Eilao), Andés (Navia), Vivedro (Cuaña) y Valdepares (El Franco). En Tormaleo (Ibias), nel esquino máis suroriental del noso occidente, dicen sacaveira, en continuidá cua denominación que ye dan na Estierna, territorio vecín, tamén ibiano, pro de fala asturiana. Seguindo contra el leste nesta lingua, en Cangas recóyese tanto sacavera como sapaguera. Nel norte del Navia-Eo, a transición é diferente nas terras vecías de fala asturiana: nos vocabularios de Tox y de Santa Marina y Vigu, recóyese sapaguiera, con ese sufixo feminino tan característico da fala d’esas parroquias naviegas de Vil.lapedre y Veiga, mentres qu’en Valdés y Tinéu a denominación popular é sapaguera. Según a bibliografía, hai qu’avanzar máis contra el leste, hasta Pravia ou Salas, pr’atopar datos de sacavera, qu’é a forma máis estendida pol resto d’Asturias y hasta pol norte de Lión, unde tamén ye chaman sacaruela, vaquiruela ou vaquigüela. Máis al sur, en zonas de fala asturlionesa como Aliste ou Seabra (Zamora), úsanse denominacióis como salamanquesa, salamanca ou salamántica.

Volvendo á literatura, d’esta volta en galego-asturiano, vén muito ben recordar un conto de Belén Rico Prieto, «El cuspe das sapagueiras», unde a escritora veigueña bebe da tradición popular del medo a estos bichos pra crear úa historia mui guapa que contradice esa crencia. É verdá qu’a xente del medio rural aprendéu a teryes noxo y respeto ás sapagueiras porque sempre se dixo qu’eran peligrosas, que mordían ou que nun se podían tocar porque tían úa baba que queimaba el peleyo ou fía bóchigas. Dalgúas afeccióis cutáneas como el coxiyo pensábase qu’eran por culpa d’entrar en contacto con bichos como a sapagueira. Mesmamente, el etnógrafo Alberto Álvarez Peña recoyéu en Fonteta (Ayande) a crencia de que pra curar a súa mordedura había que matala y queimala na lareira pra despóis refregar a mancadura cua cinza. Toda esa peligrosidá é falsa: son bichos inofensivos. É verdá que pra defenderse d’outros animales bota úa sustancia tóxica polos poros del corpo y pode cuspir, pro namáis provoca enritación se despóis de tocala esos didos van a os oyos ou a boca. Y tampouco nun morden, que nun tein nin dentes nin veleno na boca. Outra cousa é qu’os sous oyos saltóis y a súa coloración tan chamadeira, marela y moura, relumando entre el herba moyada, poda meter tarrexido a daquén.

Sapagueira con un tono máis escuro de marelo, nel mesmo sito.

Nun ta de máis recordar qu’a sapagueira é un anfibio, non un reptil, a pesar da súa traza aparecida a úa largatixa. É un bicho d’avezos máis ben nocturnos, anque tamén se pode ver de día, en ambientes húmedos, como despóis de chover: na ciudá sal pras aceras que tán al pé de zonas de terra. Hai dúas especies en Asturias, a común (Salamandra salamandra) y a del rabo largo (Chioglossa lusitanica), qu’é pequenía, con outra coloración menos chamadeira; trátase d’úa especie muito máis escasa qu’é un endemismo nel noroeste da península ibérica.

Según García Arias, a parte final da palabra sacavera vén del latín varius ‘pinto, de muitos colores’. Podía buscarse nel verbo sacar a esplicación á primeira parte del nome, pro iba ser ben rara a combinación verbo + adxetivo pra formar a denominación del noso anfibio. Por eso el estudioso tebergano pensa que sacavera é en realidá un derivao posterior (por cruce con sacar y saco) de sapaguera, que sería úa evolución d’un orixinal *sapavera ‘sapa pinta’.

As denominacióis galegas son variadas, ademáis de píntega. Tamén na parte máis oriental de Lugo ta constatada a forma sapagueira, igual que pasa con sacaveira, que se recoye en sitos tan achegaos á nosa zona como Mondañedo ou A Ribeira de Piquín. Outros nomes usaos en Galicia son becha, bicha, pinchorra, sacarrancha, saramaganta, salamántiga ou salamanca. En Portugal, ademáis de salamandra, usan variantes como salamântega, saramântiga, saramela ou saramaganta.

En conto al casteyano, a forma estándar de salamandra nun nos pode esconder qu’hai outras denominacióis populares como tiro, común en Andalucía. Como xa se ten apuntao, en casteyano temos a complicación de qu’ás veces consideran variantes dialectales palabras de territorios de Lión, Zamora ou Estremadura qu’en realidá pertenecen á zona del asturlionés ou del galego-portugués. Por eso costa caro saber se dalgúas denominacióis que se citan como variantes casteyanas son de territorios claramente casteyanos dende el punto de vista lingüístico. Con esta salvedá, atopamos formas pra chamar al noso anfibio como vaquiruela, salamandresa, salamanquesa ou salamántiga, anque estas formas últimas cua reiz salaman– úsanse máis ben pra outros bichos como a largatixa d’augua (Triturus spp.) ou tamén pra Taurentola mauritánica, un reptil que nun lo hai en Asturias.

En dalgúas das denominacióis vistas ta claro el cruce col nome da ciudá de Salamanca. Coromines y Pascual esplican esa interferencia porque xa dende últimos da Edá Media había alí universidá y a xente pensaba qu’era sito d’actividades nigrománticas, unde s’enseñaba maxa. Como a sapagueira sempre fora un animal asociao al alquimia medieval, envolta nun feixe de supersticióis, esa confusión entre salamandra y Salamanca deuse fácil.