Arquivo por etiquetas: Rumex crispus

Carbén (Rumex crispus)

Chanteira de carbén na veira d’úa pista en Güeñu (La Ribera) (26/5/2015).

Condo de neno acompañaba nos meses de brao a os vecíos al eiro ou al herba, sempre me chamaba el atención el procuro col qu’arrincaban os carbéis, aquelas prantúas con reices tan largas. Miraban de qu’a gra nun cayera na terra y iban tiralo todo al camín. Ben sei que nun era un romedio mui efectivo pra descastala de todo, pro é chamadeira a luita que mantían con esa especie. Agora que tantos caseiríos deixaron a labranza y que se ven tantas terras comidas polos carbéis, nun podo máis que pensar nel trabayo dos labradores al largo de centos y centos d’anos axeitando el paisaxe, tamén el vexetal, a golpe de fouz y eixada.

Pro xa me desviéi del que quería falar: del carbén (Rumex crispus), esa pranta qu’é parente achegada del herba salada (Rumex acetosa). Na traza aparécense un pouco, anque el carbén, entre outras cousas, ten muita máis rama. Ademáis, as foyas, son ovaladas ou lanceoladas y avezan a ser algo rizadas polas veiras, d’ei el epíteto latín de crispus ‘enrizao’. Así y todo, trátase d’úa especie polimórfica, que varía muito na súa traza, nel xeito das foyas y das inflorescencias, y qu’hasta amaña híbridos con outras del xénero Rumex. Escoyín a especie Rumex crispus pral título, pro ben podía amecerse R. obtusifolius, ou tamén R. conglomeratus, outra raza mui aparecida que se dá en sitos enchagozaos y que seguro que tamén ye chaman carbén.

El carbén é úa pranta ben reconocible condo bota as inflorescencias, y máis condo madurecen, que se volven mui encarnadas. É búa de ver a últimos del brao entre el herba que nun se segóu ou nas veiras y terras de vaco. A pesar de que se considere úa herba ruía, antano usábase, según me cuntaron en Mántaras, como herba melecieria prá diarrea, porque ten muito tanino. Tamén tía aplicacióis en romedios naturales pra dalgús males de vacas y burros.

As variantes del nome popular pra esta especie tein as súas voltas, como imos ver. Pra empezar ta a cuestión ortográfica: dependendo del vocabulario, us escríbenla con –b– y outros con –v-. Como pinta qu’a etimoloxía lévanos á palabra carbayo (y en todo caso nun remite a ningúa -v- heredeira d’un –u– del latín), regularizo con –b– os datos bibliográficos.

Xa se ten dito qu’el máis habitual é qu’os vocabularios nun poñan el nome científico das especies, anque neste caso, al ser tan conocida como herba ruía y con muita gra, a identificación lendo a descripción é máis ou menos evidente (alomenos entre as especies de Rumex que xa comentamos). Recóyese a forma carbén nos vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual y Ponticella; carbés, nos da Veiga, Eilao y Bual; y carbesa, nún dos de Bual. En Tox (Navia), xa na parte del asturiano, chámanye carbena. El estudioso galego Xoán Babarro recoye as formas carbé na Grandela (Tapia), carbén en Santa Gadía (Tapia), as dúas femininas, carbea na Cova (A Veiga), carbesa en Millarado (Santalla d’Ozcos) y carbaza en Bustantigo (Ayande).

Os datos inéditos propios que podo amecer son carbén en San Xuyán (El Franco) y Vivedro (Cuaña); carbés, na Barrosa (Tapia), Armal (Bual), Sanzo (Pezós) y A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos); carbesa, nos Niseiros (Castripol), Busdemouros (Vilanova d’Ozcos) y Santalla d’Ozcos; y carbena, en Villouril (Navia), unde tamén me deron el sinónimo rabaza. Máis variantes: carbéis nel Valín y Obanza (Castripol), y en Navedo (Eilao); carbéi, en Villar, Miudes y Godella (El Franco), y en Brañatruiye (Castripol); carbea, nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo; y carbueira en Arbón (Navia).

Namáis en San Xuyán recoyín carbén como palabra feminina (A carbén nun se descasta), col que, reparando nos datos de Babarro, nun descarto que dalgún dos nomes que recoyín pudieran ser femininos, porque non sempre cho dicen col artículo ou dentro d’úa frase, pro a verdá é qu’el máis xeneral é qu’as formas pra esta pranta que nun acaban en -a sían sustantivos masculinos, tanto nel qu’eu conozo como nos vocabularios publicaos.

Chanteira nova de carbén. Güeñu (La Ribera) (26/5/15).

En conto a os nomes que se recoyen en galego prá nosa pranta, atópanse dificultades d’interpretación. Os aparecidos a carbén, dos que se recoyen muitas variantes, anque muitas veces nun poin el nome científico, ta claro pola descripción que son dalgún tipo d’estas especies de Rumex que tamos vendo: son formas como carbéis, carbés, carbesa, carbea, cardea, cardén. Tamén ye chaman lampaza, y labaza y labarza, formas estas dúas que conozo nel Navia-Eo, pro pra outra especie distinta de todo (Apium nodiflorum). Pra complicar máis as cousas, aparte, os estudiosos galegos identifican nomes como carbéis, carbea, carbé, carbeña… col Carum verticillatum ou col Carum carvi, el alcaravea casteyana, tamén chamada algarabea en sitos de Galicia.

Se miramos pral leste, ademáis da carbena xa dita de Tox (Navia), en asturiano tamén hai as denominacióis carbana y carbaza prá nosa especie.

A primeira conclusión ante este panorama de variantes é que se dán cruces, sufixacióis y voltas entre singular y plural, ademáis de cambeos de xénero. De carbéis (plural de carbén), puideron ir reinterpretándose singulares como carbéi, carbé ou carbés. Outro tanto se pode dicir del xénero: a partir de carbén ou carbés puideron amañarse femininos como carbena ou carbesa. Y hasta chegóu, por etimoloxía popular, a relacionarse col carbón (carbueira). Na zona fronteiriza de Navia esas dúas formas carbea y carbena tein traza de ter que ver cua vacilación na perda del –n– intervocálico, anque nel outro estremo del Navia-Eo y en Galicia, unde tamén se recoye carbea, costa caro saber se houbo un -n- intervocálico que se perdéu ou hai que relacionalo con esa forma algarabea da que falamos antias.

El reparto xeográfico de sinónimos nel Navia-Eo dános úa tira norte de carbén (con variantes del tipo carbéi, carbé, carbena, carbea) y, da qu’avanzamos contra a Montaña y contra el oeste, entramos na zona de carbés (cua variante carbesa). Na veira máis oriental, apegao a os resultaos del asturiano, tán as denominacióis carbaza y rabaza, forma esta unde pinta que se cruzan outros elementos (¿raba?, ¿el nome casteyano da especie, qu’é romaza?).

Terra chía de carbéis al pé de Penarronda (Castripol) ().

Terra chía de carbéis secos, al pé de Penarronda, nel brao (Castripol) (1/8/2015).

A palabra carbén y familia, según muitos etimólogos, pinta vir d’úa reiz prerromana, querse dicir, anterior á chegada del latín a estas terras da mao de Roma: carb-. D’ei viría tamén a palabra carbayo. García Arias ten defendido esta teoría, pro nas súas últimas publicacióis quer miyor partir del latín cálamus ‘cana’, que, despóis de dalgúas evolucióis fonéticas, cruces con outras palabras y ameceduras de dalgús sufixos, pode tar na orixe de términos como carba, carbayo, cádaba, garabuyo, gamayo, engaramarse, engarabitar, garabato

Einda queda outro xeito de chamarye en galego-asturiano al carbén. Deixéila pral final porque xa nun é del mesmo étimo: payega. Trátase d’un nome que s’usa en Ayande, anque nun sei a estensión que ten nel sur del Navia-Eo. Recóyelo el vocabulario de Monón y Castaedo, y tamén mo deron como propio de Llago, del Valledor y, cua pronunciación pallega, del conceyo de Grandas. Estas denominacióis, abondo tresparentes na forma, pintan a sustantivación d’un adxetivo formao cua reiz paya (ou palla) y el sufixo –ega ‘propio de’, ‘cuas cualidades de’. Tamén deixéi adrede pral acabo el outra denominación da especie en asturiano, paniega, quizabes a máis estendida. Nun deixa de resultar chamadeira el asomeñanza dos dous nomes. El que nun me concuaya é qu’a pranta puidera chamarse asina por ter as cualidades del pan (pral asturiano) y da paya (pral galego-asturiano) a un tempo. Outra posibilidá é qu’ese pan sía col sentido de ‘cereal panificable’, qu’é úa acepción conocida, y qu’ese sufixo tuvese que ver col idea de ‘propio de’. ¿Poderían relacionarse entoncias estos nomes cua paya del trigo ou del centén y col feito de qu’a especie avezara a salir como herba ruía entre as terras labradas d’esos cereales y se considerara úa herba payega (ou paniega)?