Arquivo por etiquetas: roseira dos cais

Roseira brava (Rosa canina)

Flor de roseira brava en Sontolaya (Morcín) (4/5/2014).

A rosa é un tópico literario dende sempre. Sendo como é úa flor tan guapa, ten el peró de qu’as foyas lougo esmorecen, así qu’era inevitable qu’os poetas botaran mao d’esa idea pra falar del pasaxeiro qu’é todo: a mocedá, a vida… Y einda la fai máis suxerente como metáfora el feito de qu’a rosa teña esas espías traicioneiras que contrastan cua súa guapura.

As rosas dos xardíos, grandes y de colores espectaculares, son el resultao de muitos inxertos das razas bravas buscando cos cruces esas características. Pro del que quero falar é das outras rosas, as máis modestas, as que salen ventureiras nos valaos, ésas das flores máis pequenas y que duran einda menos qu’as outras. Hai muitas razas y ruías d’estremar entre elas porque se dá muita hibridación, así que tituléi cua especie máis común (y tamén úas das máis variadas), Rosa canina, das flores arrosadas ou brancas. Al final del brao y condo empeza el outono, esas flores dan paso a un fruto mui chamadeiro, un pouco alargao y de color encarnao, col que se pode fer mermelada. É el que chaman en casteyano escaramujo ou tapaculos.

Á pranta que dá as rosas de xardín chamámoye en galego-asturiano roseira. Xa lo diz esa cuarteta que canta Xosé Ambás y que recoyéu en Ayande, na parroquia de San Salvador, a conocida como parroquia nova del Valledor: «En Vilalaín nun hai rosas, / que secaron as roseiras. / En Fonteta si las hai, / tamén hai mozas solteiras». A cántiga, anque con outros lugares de protagonistas, cántase tamén por toda Galicia. Esta distribución territorial da rima é posible porque son todo zonas unde s’usa el sufixo –eira, tamén prá pranta. El nome de roseira é un derivao de rosa creao con ese sufixo típico del galego-portugués pra estos cometidos y que xa se víu ben veces noutras denominacióis de prantas, en feminino ou en masculino (aveyaneira, maceiro, bidureira, castañeiro, limueiro, binteiro…).

Recoyen a palabra roseira todos os vocabularios de galego-asturiano, anque namáis el del Franco fala d’ese nome pra referirse tamén á raza ventureira. Así y todo, pral interior del territorio del Navia-Eo, en Ibias alomenos, entra a solución asturiana rosal, de xeito aparecido á distribución xeográfica que tein outros dobretes xa comentaos como a figueira/a figal (Ficus carica). Quizáis por eso a palabra é alí feminina: úa rosal.

A fitonimia tradicional, querse dicir, a denominación qu’a xente ye dá ás prantas, aveza a repetir os métodos. Ún d’elos é que, condo hai úa raza ventureira mui aparecida a outra que se labra na casa, bótase mao del nome d’ésta y améceseye el adxetivo bravo (noutras linguas penisulares el qu’usan é silvestre, montés, borda, bastarda, etc.). Polo tanto, como temos a roseira nos xardíos, á que vemos nel monte y nos valaos chamámoye roseira brava. Ese é el nome que sentín en Mántaras (Tapia) y que me deron tamén, nel mesmo conceyo, en Serantes, ademáis de nas Campas (Castripol), Valdepares (El Franco), Cartavio (Cuaña) y Sanzo (Pezós). En Carbueiro (Ibias), rosal brava. En Trelles (Cuaña) y Cachafol (Eilao), a forma que me dixeron foi en masculino: roseiro bravo.

Frutos da roseira brava núa zona de monte cerca da Premaña (Uvieo) (8/9/2014).

Tamén é avezo estremar a raza ventureira relacionándola nel nome con dalgún animal y amecéndoye da raposa, da colobra… ¡y einda máis se dá frutos encarnaos! Precisamente en Penafonte (Grandas) chámanye roseira dos cais. Nun é miga raro, porque en Galicia tamén ye chaman rosa de can y a esos frutos coloraos que dá, peros de can. Hai que recordar qu’el epíteto específico da especie, canina, fai referencia ás espías da pranta por comparanza cos queiros dos cais.

Pro einda hai outro xeito de chamarye á roseira brava na mesma parroquia grandalesa: escarpieira. A comparanza das espías da pranta cua escarpia ‘gancho, torno pra colgar’ ou col escarpidor ‘peñe’ pode tar detrás del nome, anque a interpretación que daban era qu’al andar entre elas rompíanyes todos os carpíos.

Al son das denominacióis galegas basadas nel asomeñanza cuas silvas ou artos (Rubus spp.), en Pardiñas (Taramunde) conocen a pranta como silvamar, variante que tamén ta recoyida a poucos quilómetros, nel conceyo lugués da Ribeira de Piquín, unde tamén ye chaman silva madre.

Pra rematar este recorrido, en Tormaleo (Ibias) déronme el nome d’escambrón, que xa conocemos pra chamar a outras especies con espías, como el espieiro ou el abruñeiro, cuas que muitos avezan a confundilos.

En galego, ademáis da denominación común de roseira ou roseira brava, ta a que xa se comentóu relacionada cuas silvas, que son prantas mui aparecidas. Son nomes como silvo macho, silva macha, silva madre, silva de mar, silvamar, silvarda, silvardo, silvarro... Noutro xeito de chamarye, el d’escambroeiro, dáse a confusión con outras razas con espías xa vista en galego-asturiano. Hai outra clas de denominacióis galegas unde, reparando tamén cuas del asturiano qu’axina imos ver, deben tar metidas dúas palabras: pola comparanza col fruto arredondiao, el garavanzo; y pode que pola comparanza das espías, d’esta volta non cos queiros d’un can senón col pico encorvuao del ave rapaz, el gabián (Accipiter nisus). D’ei virían nomes como gabanceira, agavanzo, agavanza ou agarbanza.

En asturiano, como acaba de señalarse, tamén se cruzan garbanzu y gavilán: tán recoyidas denominacióis como gabanza, gabancera, ganzabera, garbancera, garbanceru, espín garbanceru, garbanzal y artu gavilanceru. Precisamente, al fruto chámanye dayundes garbanzu. Evidentemente, tamén hai nomes relacionaos con rosal: rosal de los matos, rosal d’espín y, con referencia animal y demoníaca, rosal de la raposa, rosal del diantre y rosal del diablu. Outros xeitos de chamarye, relacionaos con artu, son artu les mores y artu moriscu. Tamén hai rexistraos nomes como garameta y arza.

Se podo fer un chiste fácil, el tema das denominacióis das rosáceas y outras familias aparecidas é un tarrén chen d’espías: a xente confunde úas especies con outras y as identificacióis nun tán mui claras, así qu’el panorama habería que completalo con máis datos pra estremar el que son sinónimos xeneralizaos de verdá d’outros que poden ser confusióis individuales sin máis. Pro, como xa se dixo tantas veces, chegamos un pouco tarde, condo se tán esqueicendo os nomes das cousas na lingua tradicional da terra.