Arquivo por etiquetas: ribeiro

Ferreiro (Phoenicurus ochruros)

Ferreiro macho pousao núa cana nun parque da Florida (Uvieo) (22/11/2020). Pódese ver a coloración máis clara pola parte d’embaxo.

Se pasiades por un porto de mar del occidente asturiano, de seguro qu’ides a ver dalgún ferreiro (Phoenicurus ochruros). É un paxarín pequeno qu’aveza a pousarse nas barandas dos muelles y qu’anda muito polas arribadas, engalando mentres busca insectos que comer. El máis chamadeiro d’esta especie é el sou rabo da color del ferro ferruyento. El corpo é escuro: nos machos é mouro con úa pintía branca nas alas y nas femas y exemplares inmaduros é entre cardoxo y apardazao. Condo el ferreiro ta pousao, fai movementos nerviosos agachándose y erguéndose y sempre ta axenegando el rabo. Quizábes por ese comportamento aparentemente atolarao, en Tapia y alredores chámanye a tola.

Trátase d’un páxaro migrador que chega cua primavera y marcha alredor del outono, pro muitos exemplares viven aquí todo el ano, sobre todo os da costa. Gústanye as paredes, tanto dá que sían d’úa arribada, d’úa canteira, d’un penedo ou d’un edificio. É nesos sitos precisamente unde anía.

Exemplar inmaduro nel pico d’úa pedra na praya del Sareyo, en Serantes (Tapia) (20/8/2021).

Pr’atopar datos de cómo se chama en galego-asturiano, ben deitamos de qu’esta especie fora úa das encuestadas pral Atlas léxico marinero de Asturias, d’Emilio Barriuso, como páxaro habitual na veira del mar. Se non, cua pouca sorte que temos na recoyida d’ornitonimia nos nosos vocabularios locales, íbamos ter mui pouca información. Hai muitos anos, tuven a sorte d’acompañar al autor del capítulo d’este atlas dedicao á fauna volátil, Fernando Álvarez-Balbuena, filólogo y ornitólogo, nas súas entrevistas a marineiros nos portos del estremo occidental asturiano. Pasméi da súa facilidá pra describir perfectamente con un par de frases ou xestos a feitura y os avezos de cada especie pra qu’os entrevistaos puideran identificalas. Pois ben, según os datos recoyidos daquela, chámanye ferreiro da cova nas Figueiras, tizón y tola en Tapia, ferreiro nel Porto y paxaría del mar en Ortigueira.

En conto a os vocabularios locales, el da Veiga recoye el nome de mauriza, mentres que nel de Mántaras (Tapia) rexistréi as denominacióis de tola y de ferreiro. Escoyín este último como nome principal pral ave porque tamén mo deron noutros puntos del occidente y, dentro da variedá de denominacióis qu’hai, é el xeito de chamarye a esta especie que máis se repite y en máis conceyos. En Penarronda (Castripol) apuntéi ferreiro da cova, mentres que ferreiro a secas dixéronmo en Piñeira (Castripol), El Viso (Tapia), Valdepares (El Franco) y Navia. En Salave (Tapia) recoyín el nome de ribeiro; en Casarego, nel mesmo conceyo, tola; y en Zreixido (A Veiga), mourizo. Pra rematar este recorrido terminolóxico, nel punto máis al leste del estremo occidental asturiano unde teño datos, en Sante (Navia), a denominación popular que me deron foi rabirrubio. É chamadeiro este dato islao tan oriental porque é el nome estándar que se propón en galego, polo que supoño que será el máis estendido en Galicia.

Ferreiro macho pousao nun poste da baranda del muelle de Tapia, al pé d’Entrasislas (22/8/2021).

Resulta evidente en dalgúas das denominacióis qu’acabo d’espoñer qu’a motivación pral nome ta na color del paxarín, ben del rabo ou ben del corpo. El nome naviego de rabirrubio é irmao en estructura del nome de paporrubio que se ye dá en búa parte del occidente asturiano a outra especie da mesma familia, Erithacus rubecula: sustantivo da parte del corpo + adxetivo cua color que ten, anque neste caso el qu’é rubio é el rabo y non el papo.

En conto a os nomes veigueños de mauriza y mourizo, vein d’amecer a mouro el sufixo –izo, col valor de ‘tirante a’. Cua mesma idea de destacar a color amourazada del corpo sería a denominación de tizón que se recoye nel atlas de Barriuso como variante tapiega. Pode ser úa influencia del nome casteyano estándar, colirrojo tizón, máis se reparamos en que convive nesa contornada cos sin duda autóctonos de tola y ferreiro. Así y todo, tizón ‘garabuyo a medio queimar’ é palabra patrimonial y concuaya muito ben cua traza moura del paxarín. Quizáis tamén ten úa motivación cromática el nome de ferreiro. Xa me referín á cuestión al falar del charchar (Saxicola rubicola) y del paporrubio (Erithacus rubecula) porque hai sitos unde yes chaman a estas especies ferreiro ou ferreirín. Elucubraba eu se a razón sería pola color, qu’asomeña el ferruyo, ou sería pol canto, porque puidera, botándoye muita imaxinación, arromendar el golpe del martelo na incra. Precisamente recordaba qu’esta última é a esplicación que ye dan al nome casteyano d’outro páxaro, el herrerillo (Cyanistes caeruleus). Anque hai ornitólogos que describen dalgúa parte pequena del canto del ferreiro como un chirlar metálico, nun me parece que sía tan chamadeiro como pra caracterizalo. ¡Pro quén sabe!

Neste ferreiro macho pousao al pé del ribeiro de Represas (Tapia) pódese ver ben cómo as alas rectrices del rabo son escuras, mentres qu’as das veiras tein a color característica del ferruyo. (11/9/2021).

Como nun podía ser d’outro xeito, tamén atopamos esas motivacióis nos nomes galegos da especie. En conto ás cromáticas, según datos del proyecto A Chave, con recursos léxicos en galego pra todos os ámbitos dos seres vivos, úsanse nomes como rabirrubio, qu’escoyen como principal, negreira, páxaro carbón y carboeiro. Y basaos nos sous movementos ou nos sitos unde avezan a vivir, tán as denominacióis de tremerrabos, chincoparedes y pedreiro.

En asturiano pasa outro tanto. En conto á color, tán nomes como el de carbonera ou carboneru (cua variante cagoneru), el de rabu coloráu y el de raitán moru, denominación que tamén eu recoyín en Priañes (Uvieo), ademáis da de moro a secas en Lladines, nel mesmo conceyo. É evidente a contraposición que se dá neste caso col paporrubio ou raitán (Erithacus rubecula), páxaro da mesma familia y aparecido de dalgún xeito al ferreiro, máis se lo comparamos con outra especie del mesmo xénero, Phoenicurus phoenicurus, que ten el papo colorao como el paporrubio. Outro tanto pasa cua denominación que recoyín en Santuyano (Mieres) pra chamarye al ferreiro: raitana. Pro hai máis posibilidades: a partir da observación del sou avezo de mover tanto el rabo, creóuse el nome popular de temblarrabos, como el tremerrabos galego.

Outro exemplar macho de ferreiro al pé del ribeiro de Represas, en Tapia (11/9/2021).

¿Y qué diz el Atlas de Barriuso nos portos da zona del asturiano? Recoyéronse poucos datos: en Veiga (Navia), reicha; en Cuideiru, ferreiru; y en Candás, salvachiro. Na denominación naviega pode qu’haxa el cruce xa comentao cuas denominacióis populares d’Erithacus rubecula (que nel lugar veigueño da Mundiña chaman reicha), ou de Saxicola rubicola, especie conocida en puntos achegaos del conceyo de Valdés como richarte. É chamadeiro el nome que ye dan en Cuideiru, porque empata cua denominación del galego-asturiano.

Despóis de toda esta información, xa nun hai escusa condo véxamos ese paxarín mouro que nun para d’abalar el sou rabo ferruyento. Temos nomes de sobra pra boutizalo.