Arquivo por etiquetas: ranidae

Ra (Ranidae)

Ra nos Llagos de Silva, en Salave (Tapia) (21/8/2021).

Condo os que fixemos a EXB estudiábamos en Ciencias Naturales a metamorfosis, a ra era a protagonista das esplicacióis. D’este xeito entendíamos cómo aquelos ovos tresparentes envoltos núa especie de babaya que víamos nas poceiras acababan sendo ras despóis de pasar pola etapa de cuyarapos.  Dende que salían del ovo con un rabín hasta que chegaban á feitura das ras, primeiro tían que sufrir, entre outras tresformacióis, a metamorfosis dos sous órganos internos: pasaban de ter branquias a ter pulmóis. Esplicábannos que tamén cambiaban as súas estremidades: sumíaseyes el rabo y iban salíndoyes as patas traseiras (as famosas zancas de ra) y despóis as delanteiras. Era d’esas veces na escola en que che falaban de cousas que conocías, del tou alredor. Nas nosas espedicióis nel brao a os Llagos de Silva ben que se sentían cantar as ras hasta enxordecer a ún. Era chegar ás veiras y axina todas as que taban al pé pegaban un bon brinco y chumbaban nel augua.

As ras son anfibios del orde Anura, da familia Ranidae. Hai úas poucas especies d’esta familia en Asturias, pro a máis común na nosa terra é Pelophylax perezi, a ra verde. Trátase d’úa raza endémica da península ibérica y del sur de Francia.

El nome en galego-asturiano de ra é úa evolución perfectamente normal dende el latín rana, cua perda esperable del -n- intervocálico, como pasa en mazá, ventá, campá, irmá ou mañá. Nun sei qué pasa con esta clas de palabras col sufixo latín –ana, que tán mui acasteyanadas. D’ei que muita xente hoi diga rana. Así y todo, a forma patrimonial ra ta constatada de sobro en ben fontes escritas: dende el vocabulario d’Acevedo y Fernández publicao en 1932 hasta el estudio de Celso Muñiz sobre a fala d’Ayande, pasando polos vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual y Eilao. Tamén teño datos inéditos d’esa forma apuntaos nel Valín y Vilarín (Castripol) y en Mourentán y Santolín (Ibias).

El vocabulario del galego-asturiano local qu’incluye el libro Castaedo y Monón en poucas palabras recoye a palabra ra, anque la usan pra referirse a un coleóptero, un esgarabeyo, Timarcha tenebricosa, sobre el qu’hai muita tradición popular de que provoca úa enfermedá nel gao se lo come al pacer: el mal da ra. Jesús Suárez López recoye nel sou Fórmulas mágicas de la tradición oral asturiana ensalmos que se dicían nel occidente asturiano (incluíndo da nosa zona lingüística os conceyos de Navia, Villayón, Eilao, Ayande y Ibias) pra mirar de curar ese mal. Apunta a hipótesis de dalgús estudiosos de qu’el nome vénye pola traza del tumor que ye sal al gao debaxo da lingua, aparecido á panza d’úa ra. Por certo, nun ta de máis esplicar qu’ese mal nun é por causa del bichín, claro. Dende el punto vista lingüístico, anque nesos sitos s’use ra pra chamar a outra realidá, el que nos importa é qu’a orixe é a mesma: rana > ra. Ademáis, deuse un fenómeno interesante y é que nesos lugares ayandeses, al quedar esa palabra ra pral coleóptero, pral noso anfibio botaron mao d’outro nome, ropa. Evidentemente, nun ten miga que ver cua roupa, senón que se trata d’un diminutivo de ra. El paso intermedio témolo non mui lonxe, en Ponticella (Villayón), unde ás ras yes chaman raopas. Ese sufixo –opa ben podía ser el mesmo qu’hai en casopa ‘casía pequena’ y, en asturiano, col sou equivalente diptongao -uepu/uepa, en lladruepu, -a ‘ladrón de pouca entidá’. Así que raopa > ropa ben puideron usarse primeiro pra chamar ás fases previas á etapa adulta del anfibio y despóis, por esas reacomodacióis que se dan muitas veces nos campos léxicos, acabaron usándose pra chamar al adulto.

Ra flotando nel Río de Penarronda (Castripol) (1/8/2007).

Hai úa palabra relacionada cua ra que recoyen dalgús vocabularios del estremo occidental asturiano y qu’é un casteyanismo chegao da mao del culto católico nel Xoves Santo: cantalarrana. Chámanye asina a úa carraca de madera que ten un mango con úa roda dentada nel pico unde vai pegando úa lingüeta al darye voltas.

Nun conozo muita máis variedá nas denominacióis en galego-asturiano da ra, anque tamén se nos abre outro campo interesante nel vocabulario pra chamar ás fases anteriores da metamorfosis del anfibio. Esa feitura que ten al principio, condo namáis é cabeza y rabo, deu pé a que se comparara con úa cuyar, anque amecéndoye diminutivos: por eso ye chaman cuyarín (Acevedo, Bual), cuyaría (Acevedo, Mántaras, A Roda, El Franco, Ponticella) ou cuyarapo (Mántaras, Castaedo y Monón, Bual, Eilao, Ponticella). Eu recoyín tamén a forma feminina, cuyarapa, en Villalmarzo (El Franco) y resultaos con consonantismo de tipo galego, cullarapo, na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) y en Caldevila, na parroquia ibiana de Santolín, unde apuntéi a variante collarapo. Aparte, el vocabulario de Castaedo y Monón recoye a forma renacuayo, denominación esta qu’é máis común en asturiano. Ten tamén úa acepción figurada aplicada pral neno pequeno.

En galego tamén se diz ra, pro, igual que na zona máis occidental de Galicia dicen irmán ou mazán, alí tamén dicen ran. Aparte, amañáronse variantes como arrá/arrán. A os cuyarapos chámanyes con denominacióis como culler, cullarapo, cullareto, cágado, cabezolo, cabezudo, cagacho, cagulo, cagote…

En asturiano al anfibio adulto chámanye rana ou xaronca (ademáis d’outros xeitos menos estendidos como saltonasapa ou sapaguera), pro hai muita variedá pra chamar a os individuos que tán nas fases previas: cuyarapa ou cuyarina (tamén cucharapa, cucharina), rencuayu, rancuayu, renacuayu, ranacuayu… Hai que destacar outras denominacióis pra os cuyarapos formadas amecéndoye a rana un diminutivo: raneta, ragüeta, ranuecu. Trátase d’un mecanismo irmao del que se debéu dar nas denominacióis en galego-asturiano de raopa y ropa.