Arquivo por etiquetas: polygonum-persicaria

Pesegueiro bravo (Polygonum persicaria)

Prantas de Polygonum persicaria en Sontolaya (Morcín) (2/11/2014).

El pesegueiro bravo (Polygonum persicaria) ten as foyas mui aparecidas al pesegueiro, alargadas y picudas, anque con úa mancha escura nel medio. Ei acaban as asomeñanzas col árbol frutal, porque os labradores considéranla un herba ruía. Son chamadeiras nela as flores, qu’amañan úas espigas ou panículos de color arrosao y que se poden ver nel brao y hasta últimos del outono. Os rabos da pranta, acolorazaos, tán chíos de nougos, qu’é el que significa en grego polygonum. É un herba que se pode ver nas veiras dos camíos, entre meizales y pataqueiros, en terras de vaco… Ese persicaria del nome específico da especie ten el mesmo étimo que deu a palabra pesegueiro. Del latín persicum veu el noso pésigo ou pesco, el albérchigo casteyano ou melocotón.

Os estudios del galego-asturiano repararon pouco nel Polygonum persicaria y nun s’encontran datos publicaos agá el pesegueiro bravo recoyido nel vocabulario de Mántaras y el pesqueiro bravo del vocabulario de Ponticella (Villayón) (nel oriente del Navia-Eo al pesegueiro chámanye pesqueiro). Pesegueiro bravo é úa forma qu’ougüín en Godella, Villar y Miudes (El Franco), y nel Val d’Obanza, Brañatruiye, As Campas y El Valín, os cuatro nel conceyo de Castripol. El nome de pesqueiro bravo déronmo en Llobredo (El Franco) y nel Xeixo, na parroquia naviega de Piñeira. Núa aportación a este blog, falábannos d’úa pranta que chaman en Andés (Navia) arbolanzo de pesqueiro. De seguro qu’é a mesma especie da que tamos falando.

Outro nome mui estendido en galego-asturiano pral Polygonum persicaria é el de pulgueira, forma qu’apuntéi en Llobredo, Villarín (cua variante purgueira), A Braña y El Chao das Trabas, todos del conceyo del Franco, y nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo. A esplicación d’ese nome ten que tar en que s’usaría pra sanar as picaduras das pulgas ou pra tornalas. Sábese qu’as foyas tein propiedades curativas pra úlceras y mancaduras nel peleyo, anque tamén me cuntaron que ye chaman asina porque pica y hai que ter cuidao de nun degrumar os oyos despóis de tocar na pranta. Pode que tuveran falando d’outra especie irmá, Polygonum hydropiper, conocida en casteyano como pimienta de agua, de foyas tamén aparecidas, anque sin esa mancha tan característica. Eu, por se acaso, nun fixen a proba.

Flores en espiga de Polygonum persicaria. Sontolaya (Morcín) (2/11/2014).

En galego chámanye aparecido a nosoutros: herba pexigueira y herba pulgueira, ademáis d’outro nome que vén da comparanza col xeito das espigas da pranta: herba do galo, crista de galo ou galocrista. En portugués chámanye máis ou menos igual: erva-pessegueira y erva pulgueira. Ei se ve el parentexo lingüístico de todas as variedades galego-portuguesas.

En asturiano hai poucos datos claros sobre el nome popular d’esta especie, pro si ta recoyido el nome de pulguera en sitos como Busmargalín (Navia), Tinéu y Sobrescobiu.

Tamén el casteyano botóu mao del parecido col pesegueiro pra boutizar a pranta y por eso dayundes se ye chama hierba pejiguera, ademáis de duraznillo y hierba de Santa María. Pol xeito das flores, chámanye tamén moco de pavo, cresta de gallo ou gallocresta.