Arquivo por etiquetas: pollicipes pollicipes

Porcebe (Pollicipes pollicipes)

Porcebes núa regandixa das pedras d’Entrelouxas (qu’os marineiros chaman A Picuda), pra fora da praya da Palomba (Tapia).

Nel brao de 1990 anduven recoyendo a toponimia da parroquia de Tapia, que despóis publicóu el Academia da Lingua Asturiana nun librín. Pra os nomes dos ribeiros, pedras y postas faléi con marineiros veyos y pescadores de vara. Prestóume lamar comprobar cómo yes chamaban a úas pedras unde bate el mar al nordeste del Horro y das Cricas y que toda a xente de Tapia conocerá de sobra: As Porcebosas. Eu xa sabía qu’en Mántaras chamábanyes porcebes a os famosos crustáceos (Pollicipes pollicipes). Anque por culpa del peso que ten el casteyano sempre haberá quen pensa qu’eso son pronunciacióis incorrectas, el topónimo As Porcebosas era pra min úa demostración de qu’a pronunciación patrimonial einda se mantía nesas pedras chamadas asina por ser sito con muitos porcebes.

Digo esto porque os datos que dá el Atlas del Léxico Marinero de Asturias d’Emilio Barriuso, indispensables y valiosísimos pra esta cuestión, poden dar úa impresión falsa: recoye a forma porcebe en todos os portos da zona del galego-asturiano (As Figueiras, El Porto y Ortigueira), agá en Tapia, unde recoye percebe. Tuvo que tratarse d’un despiste na encuestación, porque eu sentín ben veces a forma porcebe a marineiros tapiegos veyos. A palabra tamén ta recoyida nos vocabularios de Mántaras, El Franco y A Veiga, unde rexistran ademáis a variante percebe. En Valdepares (El Franco) y na Villallonga, lugar da parroquia d’Andés (Navia), tamén me deron a forma porcebe.

José García, seguindo a Coromines, esplica a palabra como un derivao de pollicipede > polcébede > porcebe. A forma latina é un composto de pollex ‘pulgar’ y pes ‘pé’, porque a feitura del crustáceo asomeña un dido. Precisamente ye chamamos uña á parte branca qu’el porcebe ten nel pico y , al corpo mouro y cilíndrico que lo agarra á pedra. Esa uña, formada por úa serie de placas, defende al animal y tamén deixa que manteña a humedanza condo queda al descuberto al vazar a marea.

Pr’arrincar os porcebes, laboría qu’os porcebeiros chaman cavar, úsase a cavadoira, úa ferramenta con un pico del xeito d’úa espátula. É el qu’en galego chaman rasqueta y en asturiano, bistonza ou bistoncia.

Peteiro de porcebes na praya da Palomba (Tapia).

El Atlas de Barriuso recoye dalgúas denominacióis específicas del porcebe dependendo d’únde y cómo medróu, porque nas regandixas das pedras, unde nun dá el sol, ten el pé máis alargao y é menos sabroso. En Tapia, chámanye da sombra y nel Porto, aguarón. Al de pé máis gordo y duro chámanye en Tapia gavioteiro, como noutros puntos da costa asturiana, unde ye chaman gavioteru ou gaviotera. Evidentemente, ás gaviotas tamén yes gusta el marisco.

Ver os porcebeiros trabayando nas pedras unde bate el mar é abondo pra entender por qué é tan caro el producto. Este crustáceo é dos de precio máis alto y a súa captura aumentóu tanto qu’as autoridades tuveron que poñer temporadas de veda y topes de quilos y de porcebeiros por cada porto pra qu’a especie nun se descastara das nosas costas.

El avezo de comer os porcebes dáse tradicionalmente en Galicia y Asturias, pro, neste mundo unde se globalizan as delicatessen (pra os que lo poden pagar, claro), é normal que tían de moda en todos os sitos. Saber saben a mar, anque haxa quen pense que, pral que costan, nun é pra tanto.

¿Cómo se chaman os porcebes nas linguas vecías? En conto al asturiano, Barriuso recoyéu nel sou Atlas a forma porcebe en Veiga (Navia) y Ouviñana (Cuideiru), anque é xeneral a denominación con -e- na reiz: percebe. Na zona unde fain os plurales en –es (de faba, fabes; de casa, cases), a partir del plural percebes os falantes crearon un plural les percebes y, polo tanto, un singular perceba (pasóu igual con outras palabras d’este xeito y por eso en asturiano se diz una cacagüesa ou una picatosta). Y, neste xogo de variantes, tamén se creóu úa forma masculina, pro col sufixo -u típico d’este xénero: percebu y, por perda del -b-, percéu.

En galego, a forma máis común é percebe, anque tamén tán constatadas variantes como precebe, precebre, percebre… Aparte, rexístranse denominacióis como bota, pol xeito del crustáceo, y percebe mexón, percebe mexín ou mixote a secas, referido al que chisca el uña al zarrarse.