Arquivo por etiquetas: pardel

Tordo (Turdus philomelos)

 

Tordo nel parque de Vega (Uvieo) (11/1/2021).

El tordo ou malvís (Turdus philomelos), que son os dous xeitos máis populares de chamarye en galego-asturiano, é úa das aves que tein un canto máis melodioso. Igual qu’a merma (Turdus merula) y cuase todas as especies del xénero Turdus, son páxaros que descatan polo guapo que cantan. El macho del tordo ponse nel pico d’un árbol ou d’un louxao y empeza a cantar frases curtias y mui claras, ben veces copiadas d’outros páxaros, que vai repetindo y mudando por outras. Hasta máis de cen pode ter nel sou reportorio.

El tordo é grandín, da feitura da merma, anque un pouquín máis pequeno, pro a coloración é diferente de todo: pardo por derriba y branco amarelao nel papo y por debaxo, unde destacan as pintas marróis con forma de punta de frecha apuntando pra enriba, y del pico escuro cua parte d’embaxo marela. Al rovés qu’a merma, nun ten dimorfismo sexual, querse dicir, que nun cambía a color del plumaxe ou a grandura del corpo dependendo de se é macho ou fema. Os tordos son bus de ver en eiros, praos y parques, picotiando nel tarrén buscando minocas, viermos, frutos, bichíos… É mui característico cómo al andar espurren el corpo pr’adelantre y despóis érguense y poinse a velar alredor. Nel norte peninsular crían y viven todo el ano, anque camín d’outubre empezan a chegan poblacióis del norte d’Europa fuxindo del frío.

Hai outra especie máis de Turdus qu’é residente habitual nas nosas latitudes: Turdus viscivorus, el máis grande d’este xénero, que podemos velo muitas veces erguido y ben teso, cuas alas como colgando. Y hai outros tres que chegan namáis a pasar a invernada: Turdus iliacus, el máis pequeno, chamadeiro pola mancha ferruxenta que ten debaxo das alas; Turdus pilaris, tamén con úa mancha ferruxenta, pro nel papo; y Turdus torquatus, el único d’estos que presenta dimorfismo sexual: os machos son mouros y as femas apardazadas, os dous con un babeiro branco.

Os tordos cazáronse muito y empezaban a escasiar. Nel occidente asturiano comíanse guisaos ou con arroz y tamén se piyaban pra ter en xaulas y sentilos cantar. Ben deitaron, y deitamos, de qu’agora a súa caza ta prohibida.

Nel mesmo parque y el mesmo día. El pico ta dexobao d’andar buscando a comida entre a terra.

Nun é un páxaro nel que repararan os vocabularios dialectales de galego-asturiano. Namáis recoye el sou nome autóctono el de Mántaras, y tamén hai dalgún dato nel ALPI (Atlas Lingüístico de la Península Ibérica), pro teño máis información que puiden xuntar das mías pezquizas. Os rexistros máis abondantes son os de tordo, denominación que me dixeron en Folgueiras, Zreixido y Abres (A Veiga), Busdemouros (Vilanova d’Ozcos), Penafonte (Grandas de Salime), Santolín y Tormaleo (Ibias), Castaedo (Villayón), Anlleo y Andés (Navia), Ortigueira (Cuaña) y Balmonte (Castripol). Datos máis veyos son os das encuestas del ALPI, que recoyeron tordo en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos), Cuantas (Ibias), na villa de Bual y en Freal (Navia).

En conto al nome de malvís, recóyese nel vocabulario de Mántaras y nas Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga de Fernández Vior. Tamén apuntéi malvís nel Valín (Castripol), Bustapena y Penacova (Vilanova d’Ozcos), A Roda y Serantes (Tapia) y Carbueiro (Ibias). En Balmonte (Castripol) y Zreixido (A Veiga) constatéilo convivindo cua denominación de tordo.

Relacionao cua color del ave, déronme dúas denominacióis que quizáis tán mezcradas con nomes conocidos d’outras aves tamén d’esa coloración: pardel en Cartavio (Cuaña) y pardón en Penafonte (Grandas). 

A palabra tordo vén del nome que se ye daba a este xénero d’aves en latín, turdus, anque tamén ye chamaban así a pexes da mesma color. Según destaca García Arias, quizáis xa d’entoncias seña el uso del nome como adxetivo cromático. Qu’eu sepa, como tal en galego-asturiano namáis s’aplica a os cabalos con pelo entre mouro y branco, con pencas escuras. Del mesmo étimo turdus pinta vir el noso verbo tordiar ‘andar entornándose pra un lao y pra outro, andar en ciszás por causa d’un mal ou por tar enfilao’. Y hasta s’usa el término despectivo torda pra chamar a daquén que nun é mui listo. Esas ideas d’andar con dificultá ou tar un pouco afatao tein toda a traza de tratarse de desprazamentos del significao a partir del nome del páxaro. Os estudiosos destacaron xa hai muito tempo el avezo del tordo de fartarse d’olivas ou uvas y quedar despóis tresposto pra esplicar espresióis en casteyano como tener cabeza de tordo, comparanza que s’aplicóu non solo al que taba mariao senón tamén al que nun tía muita listeza, así qu’el verbo casteyano aturdir pode ter esa orixe, como esplica Coromines.

Outro tordo nel parque de Vega (Uvieo) (13/1/2021).

En conto a malvís, os etimólogos búscanye a orixe nel nome del ave nel francés antigo, malvis, qu’hoi é mauvis. El caso é que tuvo fortuna na península, sobre todo nel norte. Xa se víu qu’a denominación atópase por muitas partes del territorio del galego-asturiano, anque sin amañar úa zona compacta y ás veces convivindo cua máis xeneral de tordo. En asturiano úsase muito: hai datos dende Cangas del Narcea hasta Llanes y dende el Cabo Peñes hasta Quirós, y tamén nel noroeste de Lión. Como pasa col galego-asturiano, malvís compite col nome de tordu. A cousa complícase porque en muitos sitos d’Asturias chaman tordu non a Turdus philomelos, senón a Turdus merula, querse dicir, á nosa merma, así que nun é raro que nesos sitos ye chamen tordu malvís ou torda malvís, pra estremalo del outro tordu. As confusióis tamén se dan en galego-asturiano: citéi máis atrás el dato de tordo pra Turdus philomelos que me deran de Castaedo, en Ponticella (Villayón), pro nel vocabulario d’esa parroquia recóyese tordo aplicao claramente a Turdus merula

A distinción entre tordo y tordo malvís recóyela Aníbal Otero nel galego máis oriental, pro nun dá máis datos d’a qué especies corresponden. A denominación de tordo ou torda é a máis xeneral en Galicia, anque é verdá que malvís ta recoyido en muitos diccionarios galegos, aplicao sobre todo a Turdus iliacus. É chamadeira el aplicación d’este nome a úa das especies de Turdus que chegan de fóra nel inverno, porque tamén hai datos d’esto en puntos del norte peninsular como en Palencia (malvís) ou en Cantabria (malvís francés).

Francisco Bernís, ornitólogo y estudioso dos nomes vernáculos das aves na península, chega á conclusión de que nel ámbito lingüístico casteyano tordo especializóuse sobre todo pra referirse a outros páxaros, os estorníos, y que foi nas demáis zonas lingüísticas (y enténdese que tamén nas de contacto) unde s’aplicóu ás especies del xénero Turdus. Así y todo, el panorama é mui complexo y hai confusióis entre especies del xénero ou xeneralizacióis a todo el xénero. A denominación estándar en casteyano, mui estendida, é zorzal, qu’é palabra d’orixe árabe y que ten variantes como zarzal, torzal, zarzalero… Eso si, en toda a xeografía del casteyano úsanse outros xeitos de chamarye como tordo, tordo pardo, tordo blanco, torda, torda parda, torda francesa, tordilla, tordeja, malvís, malviz, charra, merla parda, mierla blanca