Arquivo por etiquetas: matagallías

Gamota (Asphodelus albus)

Inflorescencia d’úa gamota. La Cuesta Ayones (Uvieo) (2/4/2017).

A xente que víamos a televisión en Asturias nos anos sesenta y setenta del siglo pasao sabíamos qu’el antena repetidora prá zona central taba nel Gamoniteiru. Sempre que marchaba el señal da tele, salía el letreiro cuas barrías de colores y el nome d’aquel sito, un pico da serra del Aramo pra riba de Muriel.los (Quirós). El que nun saberán tantos é qu’ese topónimo ten detrás a palabra gamonita, qu’é ún dos nomes en asturiano da especie Asphodelus albus, pranta qu’en galego-asturiano chamamos gamota y en casteyano chaman gamón ou vara de San José.

Hai máis sitos por toda Asturias que levan derivaos del nome popular da pranta, lugares como El  Gamonal, Gamones, Gamoneda, Gamonéu y Camonéu. Nel estremo occidental asturiano a palabra nun deu pé a topónimos de poblacióis, anque si a topónimos menores, como úa fonte na serra del Couz, na parroquia de Ponticella (Villayón), que se chama Gamoedo, cua esperable perda del -n- intervocálico.

A gamota é úa pranta ben chamadeira que se pode ver nos ribóis con muita pedra, nas veiras dos montes y nas pradeirías das brañas. A chanteira bota arrentes del tarrén un  peteiro de foyas aparecidas ás da espadaina. Amura nel medio úa vara larga que nel pico ten as flores, brancas y cos estambres acabaos núa antera anaranxada. Da que se vai subindo pola punta d’esa vara as flores tán máis xuntas y zarradas. As reices da gamota son da traza d’un tubérculo y conócense popularmente, según recoye el vocabulario de Bual de María Teresa López, como coyóis de gamota. Usábanse, cocidos na caldada, pra dar a os cochos. Y tamén se tein comido en tempos de fame, como se foran patacas. A vara queimada, mezcrada con cinza, usábanse en dalgús sitos como romedio prá tiña.

Hai refráis asturianos sobre a gamota que dicen que nun val como indicadora de que chega el tempo pra subir el gao al porto, porque é pranta que sal mui cedo, antias de qu’haxa herba abonda: Nun te fíes del gamuetu, que ye fíu del mal tiempu; fíate de la folguera, que ye yerba más verdadera. En Piloña ta recoyida outra variante con referencia á súa reiz: Nun te fíes del gamón, que sal de roín coyón; fíate del felechu, que vien por so derechu. Condo as flores da gamota se volven fruto, el pico da pranta énchese de bolías. Según a tradición de Ponticella (Villayón), dependendo de que tía máis ou menos chía d’esos frutos, así iba nevar nel inverno.

El nome máis xeneral da pranta en galego-asturiano é el de gamota, que ta recoyido nos vocabularios de Mántaras, Ponticella, Eilao, Bual, y Monón y Castaedo (Ayande). Nas encuestas feitas nos anos treinta y corenta del siglo pasao pral Atlas Lingüístico da Península Ibérica, recóyese a forma gamota en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) y Bual. Ademáis, señálase qu’en Salgueiras chámanye gamón á vara da pranta. Aparte, eu recoyín datos da palabra gamota nel Chao das Trabas (El Franco), Brañatruiye (Castripol) y Cachafol (Eilao).

Hai formas en galego-asturiano pra esta especie que remiten a outro étimo. En Monón y Castaedo chámanye tamén pita y en Anlleo (Navia) el nome que me dixeron foi el de matagallías. Nun sei cuál poda ser a motivación pra esta referencia al ave, pro é verdá qu’en asturiano á pranta tamén ye chaman pitaciega, y en muitos sitos a vara que bota conócenla como pitapitón ou pitaciega. García Arias, partindo da diferenciación que fain en Teberga entre a pitaciega prá vara florida y gamones pras flores na punta que nun abriron, encontra úa asomeñanza cua disposición nel xogo da pitacega, unde un neno nel medio cos oyos tapaos ta arrodiao d’outros cos oyos destapaos, pro véxolo un pouco forzao como comparanza pra dar pé al nome da pranta. Así y todo, esas pitas y esas galías nel nome en galego-asturiano dan que pensar.

Gamotas nel monte, entre La Vega Bovies y Brañacé (Morcín) (15/6/2013).

En asturiano, ademáis das formas que s’acaban de comentar y a xa mencionada de gamonita, son tamén comúis denominacióis como gamón, gamoneta ou gamoniella, ás veces pra referirse á flor, outras á vara y hasta a cualquera vara dalgada y larga. Na veira máis occidental del sou territorio lingüístico xa atopamos el equivalente á nosa gamota: en sitos como Cangas ou na parte d’Ayande que fala asturiano, á pranta chámanye gamuetu. En Tox (Navia), gamuotu y gamuota é ‘gamayo, cana con foyas’.

Se reparamos nel nome que ye dan en Galicia, gamón é forma usada tanto prá pranta como prá vara da pranta, pro a máis estendida por todo el territorio é a denominación d’abrótega y variantes (abrótea, abórtega, abóitega, abriota, abroita, abródiga…), que proceden del latín abrótanum, variante d’abrótonum, palabra que nesta lingua designaba outra especie vexetal. Xa se falóu d’ese étimo latín pra esplicar úa denominación en galego-asturiano como abrogo ‘amorolo’ (Fragaria vesca). Como pasa na zona occidental del asturiano con gamuetu, na veira máis oriental de Lugo dáse a forma gamota, recoyida en sitos como A Ribeira de Piquín ou Navia de Suarna, col dato amecido de que ye chaman gamón á vara da pranta. Todo ese territorio de gamota/gamuota/gamuetu esténdese pral sur, nel Bierzo, unde chaman gamota ás foyas da pranta y pitacega á vara, y en Ermisende, na veira de Zamora máis apegada a Ourense y Portugal, unde úa gamota é un exemplar novo d’Asphodelus albus, especie qu’alí chaman gamón.

¿D’únde vén a palabra gamota? Xa el estudioso galego Anibal Otero, que recoyéu ben vocabulario nel oriente lugués, propoñía pra ela el étimo cálamus, qu’en latín significaba ‘cana’, ‘rabo, renovo d’úa pranta’ y despóis ‘pluma pra escribir’. García Arias ten analizao el tema máis en fondura y amece outras posibilidades. Propón partir d’ese étimo hasta chegar á palabra asturiana gamu ‘palo con gancho pra pescar’ (cálamus > cá(r)amu > gá(r)amu > gamu). Con un sufixo aumentativo xa temos el gamón y con outros sufixos diminutivos chegamos a gamonita, gamoneta y gamoniella.

A verdá é qu’a palabra gamo tamén ta recoyida en galego-asturiano, anque con outro significao: é úa dopra feita con varas retorcidas pra enganchar a lata del vasadoiro al xugo, pro ta clara a relación semántica cua idea de palo ou vara. El nome de gamota sería un diminutivo amañao col sufixo –ottus (anque en feminino), que debe tar tamén en palabras nosas como queirota, piyota, pañota, gaviota ou pixoto. Con outro sufixo despectivo amecido á reiz gam– teríamos outros términos tamén asociaos semánticamente, como gamayo ‘cana’,  gamayeira ‘cadía da que colga el pote na lareira’ ou gamuza ‘garabuyo usao pr’alumar’.

Outra vía evolutiva a partir d’ese étimo, apunta García Arias, foi que nun se perdera el -r-, y d’ei salíu a palabra asturiana garmu ‘vara dalgada y seca d’ún árbol, garabuyo’. A familia resultante é mui grande tanto en asturiano como en galego-asturiano, cuas vacilacióis típicas entre bilabiales (-m-/-b-). Nel noso caso, son palabras como garabuyo, garabito, engaramar, engarabitar

Advertisements