Arquivo por etiquetas: lloureiro casteyano

Loureira (Prunus laurocerasus)

Inflorescencias d’úa loureira nun parque d’Uvieo (22/3/2021).

A esplicación de cómo chamamos as especies de seres vivos que nos arrodían é variada. Ás veces, a denominación vén da evolución del nome que tían en latín; outras veces, a orixe resúltanos máis escura y hai que buscar a etimoloxía en palabras de linguas que se falaban antias da que Roma trouxera el latín al territorio. A esplicación tamén pode tar en dalgúa característica da pranta ou del animal (color, feitura, sabor, olor) que resultaba chamadeira y qu’acabóu sendo definitoria pra os falantes: paporrubio, herba brancal, farinento, herba sedeña, estoupóis, furafole, herba salada… Outra posibilidá é qu’atoparan úa asomeñanza con outras realidades: son casos como pouta loba, panqueixa… Y úa modalidá particular d’este xeito de denominación foi botar mao del nome d’outra especie aparecida, anque, pra diferenciala d’esta, amecéronye un sufixo ou un adxetivo. Os casos de parexas d’esta mena en galego-asturiano son muitos: malva/malvela, cocho/cochín, folgueira/folgueirón, xungo/xunga, largata/largato arnal, roseira/roseira brava, pesegueiro/pesegueiro bravo, ortiga/ortiga mansa, nabo/nabo bravo, paxaría/paxaría de Dios… Ás veces, esa vía aplicóuse pra especies alóctonas, que veron de fóra, y entoncias el máis fácil foi piyar como referencia el nome da autóctona máis asomeñada. É el caso da loureira (Prunus laurocerasus), que, anque nun ten miga que ver col loureiro (Laurus nobilis), é, como él, úa especie das foyas perennes, duras, alargadas, sempre cua color verde escura, ademáis de dar us frutos pequenos y mouros condo madurecen. Á especie forasteira tocóuye el sufixo feminino pra estremala da autóctona, que ten el sufixo masculino.

A loureira procede d’Asia Menor y chegóu á Europa pra poñerse como árbol ornamental en parques y xardíos. Medra axina y úsase muito como zarramento y pra ferye formas fradándola. El sou fruto é aparecido a úa lorbaga de loureiro ou a úa cereixa (precisamente, a loureira é del xénero Prunus, como as cereixeiras). Anque en Asturias sía úa especie cultivada, a semente chegóu a os montes y naceron exemplares ventureiros. Por eso podemos atopar dacondo dalgún exemplar nel medio d’un souto, destacando verde nel inverno entre os troncos encoiros dos castañeiros.

Tanto as foyas como a pebida del fruto tein un composto qu’al reaccionar col augua crea ácido cianhídrico. Se se degruma úa foya entre as maos, cheira a almendras amargas. Anque este árbol clasifícase como especie velenosa, cuntáronme en Vilanova d’Ozcos que de nenos comían as súas lorbagas. Debe ser qu’a pebida nun chegaba a desferse na dixestión, claro, porque se non pode ser mortal. Na Ovellariza, nese conceyo, al árbol chámanye lorbagueira, que tamén recoyen como denominación en galego-asturiano pra esta especie Bertu Ordiales y Guillermo César Ruiz na súa Guía de los árboles d’Asturies. É úa pena que nun citen a procedencia concreta dos datos. Tamén dan os nomes de loureira y lloureira. Eu rexistréi loureira en Batribán (Vilanova d’Ozcos), Vilarín (Castripol) y Penafonte (Grandas), y nel vocabulario de Mántaras (Tapia) recoyín a forma loureiro castellano.

Dúas loureiras que naceron ventureiras nun castañeiral en Santuyano (Mieres), camín de Brañanoceo (24/2/2018).

Hai outra especie autóctona del mesmo xénero, Prunus lusitanica, qu’é aparecida a Prunus laurocerasus y que tamén s’usa en xardíos. Anque é mui mui escasa y ta pouco documentada en Asturias, quizáis puido ser a primeira que recibíu ese nome feminino pra estremala del loureiro, denominación que, por asomeñanza, heredóu a especie alóctona al ferse máis conocida y estendida. Nun conozo datos sobre el nome popular en galego-asturiano de Prunus lusitanica. En galego chámase acereiro, azoreiro ou loureiro de Portugal.

Na zona xeográfica del galego-asturiano unde se dan resultaos palatales laterales, nun atopéi datos de lloureira. Os que xuntéi pra chamar a Prunus laurocerasus son sempre cua estructura lloureiro + adxetivo: lloureiro real na Roda (Tapia), lloureiro manso en Sarandías (Bual) y lloureiro casteyano (ou castiyano) en Cartavio (Cuaña) y en San Xuyán, Llobredo y Villar (El Franco). Todas as denominacióis contrapóin el lloureiro autóctono (Laurus nobilis) cua especie forasteira y descríbenla nos adxetivos como cultivada y vida de fóra d’Asturias. El calificativo de real aplícase ás veces a especies que pintan de máis distinción qu’outras aparecidas, como neste caso a del país.

Tamén en galego ye chaman así á loureira en dalgús sitos: loureiro real. Pro ademáis úsanse loureira, loureiro romano y loureiro castellano, nome éste recoyido na fronteira con Asturias, na Ribeira de Piquín (Lugo). En asturiano, a denominación máis común é a de llorera ou llaurela, porque muita xente considérala a fema del loureiro. Ordiales y Ruiz, nel libro xa dito, recoyen ademáis outros nomes como llorea reina, lloral montés, lloréu bravu, lloréu montés ou llorezal. Según estos datos, agá nel caso de llorea reina, as denominacióis con adxetivo, en contra del que se podía esperar, deixan el matiz bravo prá especie alóctona y non pral autóctona.

En conto al casteyano, el nome estándar é laurel cerezo, anque tamén se manexan outras denominacióis como laurel liso, laurel real, lauro real, laurel romano, loro y nomes d’orixe culta como lauroceraso.

Lorbagas maduras núa loureira nel xardín del hospital de Xarrio (Cuaña) (29/8/2021).

Seguro qu’haberá quen ye resulte chamadeiro el adxetivo casteyano, con -y-. A pronunciación que sentín nos lugares del Franco unde recoyín el nome del árbol foi claramente esa y ademáis en falantes non yeístas, qu’estremaban claramente -ll- de -y-. Tamén se pode sentir ese adxetivo en arcuños de casas da zona, como A Casa da Castiyanía, en Serantes (Tapia) (que vén d’un arcuño anterior, el Casteyano) y a da Castiyana en Lludeiros (El Franco).

Pra entender este resultao con -y- en galego-asturiano hai que reparar primeiro nel que pasa en asturiano. Como ben esplica García Arias, nesta lingua déronse dous resultaos autóctonos a partir del latín castellum: castiellu y castiyu > castíu (neste segundo caso, al poñerye outro sufixo diminutivo: –ículum). Outro tanto pasóu col nome del territorio, del que tamén se recoyen denominacióis en asturiano como Castiya, Castía (-y– > Ø) y Casticha (nas zonas unde –y– deu -ch-, como vieyu/viechu, muyer/mucher). Pasóu igual col xentilicio, porque hai datos orales de casteyanu y casteyana. Polo tanto, eso mesmo debéu pasar en galego-asturiano, alomenos nas zonas del norte y del oriente de resultaos con -y- (veyo, muyer, etc.). Así y todo, del topónimo namáis sentín a pronunciación Castilla. A esplicación pode tar nel peso del prestixo da pronunciación á casteyana: el dato mantarego de loureiro castellano, pronunciao con -ll-, debe ser un exemplo d’esto. Pro nun é descartable qu’en galego-asturiano haxa personas non yeístas que digan *Castiya, igual que se diz casteyano ou castiyano.

En conto al -i-, pode ser por analoxía col topónimo (de Castiyacastiyano) ou miyor, ben sei, por un zarramento al tar en posición átona (casteyano > castiyano). En casteyano el topónimo é Castilla, resultao normal del sufixo –ella: Castella > Castiella > Castilla. El xentilicio (y el glotónimo, claro) é con -e-, castellano, como evolución da vocal breve latina, que nun diptonga. Tamén é autóctono d’acordo cua evolución da súa lingua el resultao catalán: Castella, castellà. Así y todo, noutras linguas usan formas partindo del topónimo casteyano y d’ei amañaron el xentilicio, como en francés (Castille, castillan), italiano (Castiglia, castigliano) ou inglés (Castile, castilian). En portugués, anque botan mao del etimolóxico Castela, el xentilicio qu’usan é el de castelhano, porque el patrimonial castelão é un arcaísmo documental qu’hoi déixase pra referirse al amo d’un castelo.

El acabo en -ano, -ana del adxetivo en galego-asturiano fai evidente que se trata d’un resultao non patrimonial, d’úa palabra que chegóu á lingua nun época posterior á de condo operaba a cayida del -n- intervocálico (germanu > irmao, planu > chao, plana > cha). Ese -n- manténse en cultismos, como mediano ou plano, ou en empréstamos d’outras linguas: temos en galego-asturiano xentilicios como asturiano, americano ou outras palabras como anano, caramocano, chalano, rociano, paisano, ufano, ventano...

Nel galego escrito usóuse castillano y castellano muito tempo, d’acordo cua realidá da lingua oral, al pé de formas arcaicas como castelán y castelao, hasta que s’escoyéu como nome normativo prá lingua el de castelán.