Arquivo por etiquetas: llin

Lin (Linum bienne)

Flor de lin nun prao de Mántaras (Tapia) (30/4/2016).

Noutros tempos, hai xa ben anos, el lin labrábase en todo el occidente asturiano pra fer roupa. Ademáis, núa economía froxa y sempre nel límite da subsistencia, a venta da tela era úa axuda prá economía familiar. Hasta os comerciantes importaban lin del Báltico porque el del país nun era abondo y os intermediarios vendíanlo despóis a os labradores pra que lo trabayaran, filaran y texeran. Cua chegada del algodón, y despóis cua xeneralización das fibras sintéticas, a labranza del lin foi deixándose y quedóu namáis nas zonas máis isladas del occidente.

Condo andaba perguntando nel brao por nomes de prantas, os labradores veyos de Mántaras y de Salave señalábanme pra úas herbas con úas flores pequenías, d’un azul mui clarín, y dicíanme qu’era el lin que quedaba d’aquelos tempos d’antano en que se semaba. Pro a cousa pinta máis complicada dende un punto de vista botánico. El xénero Linum ten un feixe d’especies distintas y sufríu un proceso d’hibridación entre elas qu’ás veces fai amolada a súa clasificación, basada sobre todo en cuestióis morfolóxicas asociadas al sou reparto xeográfico pol mundo. A especie labrada hoi en día, da que se saca el filo pra fer tela, é Linum usitatissimum. Al parecer, a especie que podemos atopar nos nosos praos, Linum bienne, é el ancestro del que provén a raza que se labra, pro eso foi despóis d’úa escoyeta feita al largo da historia entre os exemplares cuas características máis al xeito prá finalidá que se buscaba. As dúas especies, L. usitatissimum y L. bienne, tein el mesmo númaro de cromosomas y poden cruzarse entre elas, polo qu’a súa clasificación ten dao muito que falar y escribir. Mesmamente, nun tempo chegaron a considerarase como subespecies (Linum usitatissimum subsp. usitatissimum a primeira y Linum ussitatissimum subsp. angustifolium a segunda) d’outra especie que las englobaba, Linum usitatissimun. Agora clasifícanse como especies distintas, anque hai especialistas qu’atesan qu’a raza cultivada é en realidá úa quimera clasificatoria formada por un feixe de razas escoyidas pol ser humano prá labranza.

El lin bravo que se pode ver nestos tempos atopámolo nos praos soliaos condo chega a primavera, y sobre todo nel brao, porque empezan a destacar as florías, pequenas pro chamadeiras, entre el herba. Son mui guapas y delicadas, d’un color azul abrancazao; se se repara nas foyas das flores, vense nelas us nervios azulaos máis escuros. Tamén chaman el atención as anteras (as puntas dos estrambres), de color azul intenso. Outro xeito de reconocer a pranta del lin é polas capsulías redondas, acabadas en pico, cos cinco sépalos alredor, nas que despóis ha a salir a semente, a liaza, que s’usaba tamén pra fer cataplasmas.

A palabra lin ta recoyida na nosa terra nos vocabularios de Mántaras y A Veiga; a forma palatalizada, llin, ta nos da Roda, Monón y Castaedo, Acevedo y Fernández, y Bual. Eu anotéila en Bustapena (Vilanova), O Chao (San Tiso), Zreixido (A Veiga) y Pezós (lin), y en Salave (Tapia), Vivedro (Cuaña), Rozadas (Bual) y Corondeño (Ayande) (llin). El resultao en galego-asturiano é sempre en –in, acabo asturlionés que s’estende tamén pola franxa máis oriental das provincias de Lugo y Ourense. Nel resto del galego os resultaos son en –iño (con perda de –n– y aparición d’un -ñ- a partir da vocal tónica nasalizada). En asturiano, a forma llin (ou l.lin, según as zonas) é propia d’úa franxa que vai pol noroccidente, en continuidá col Navia-Eo, y chega hasta el Cabo Peñes, mentres que nel resto del territorio dizse llinu (ou l.linu).

Á pranta del lin é búa de reconocer nos praos condo empeza a botar a flor. Mántaras (Tapia) (30/4/2016).

As lieiras (ou llieiras) eran os sitos unde se labraba el lin. Ei tán topónimos como A Lieira (Castripol, Grandas), Liares (Ibias) ou Liñeiras (Santalla d’Ozcos), unde se ven os dous resultaos posibles na zona del -n- intervocálico latín: a desaparición característica del galego-asturiano y a palatalización posterior, propia de galego y portugués, que se dá nas veiras máis occidentales del Navia-Eo.

Pro tamén noutros topónimos vese el rastro histórico da labranza del lin: despóis de coyida a pranta, esta metíase a amolecer en pozos al xeito nos ríos, os córrigos, palabra veya qu’einda se recorda en muitos sitos, pro da que noutros nun queda máis testimonio que na toponimia menor. Por exemplo, en Mántaras, el Río de San Antonio camín da súa desembocadura nel ribeiro de Represas en Tapia conócese como El Río dos Córrigos. Mesmamente, a poucos quilómetros al leste, en Salave, cerca del lugar de Picocegueiro, hai úa terra que se chama Llares ou Lliares y que ta derriba d’un regueiro que tamén se conoce como El Río dos Córrigos.

En sitos como Pezós einda apuntéi dalgúa palabra que se recordaba relacionada col trabayo del lin. Por exemplo, qu’a pranta mazábase con un mazón de madera y a ese labor chamábase gramar (verbo que noutros sitos úsase pral feito d’amasar muito el pan). Tamén na Veiga me cuntaron qu’el lin recoyíase en mañuzos que se levaban despóis a un córrigo, unde quedaban un tempo a remoyo. Estendíase despóis nun prao pra que secase y, desque taba enxuito, fíase en mañuzos outra vez y levábase á casa, unde se mazaba col mazote pra que cayera a gra. A pranta íbase pasando despóis pol rastrel, un aparato con pinchos cos que s’iba xebrando a estopa, máis basta, y el cerro, qu’é el lin miyor, col que se fía úa sarga máis fina qu’a d’estopa. Así y todo, a palabra máis común pral aparato é restelo ou restrelo (cuas variantes correspondentes na zona de palatalización: restello, restrello). Nel libro de Marcelino Lozano sobre os lugares ayandeses de Monón y Castaedo chámaye rastello. Esplica que primeiro a pranta pisábase col pisón, que podía ser un mazo al xeito d’un balancín, qu’al calcar sube y al soltar baxa y maza nel lin; ou ben dúas trabas embisagradas, úa con regos y el outra con salintes, qu’al zarralas machacaban a pranta. A bastedá da estopa ilústrala Lozano col dito ¡Es más basto qu’úas bragas d’estopa!

En 1927, el filólogo y etnógrafo alemán Fritz Krüguer anduvo investigando pol suroccidente asturiano y das súas pezquizas por Ibias sacóu os datos que despóis publicóu, en 1948, nun artículo en portugués sobre el lin nel valle del río Ibias, unde na parte de Degaña einda daquela se labraba. Ei describe dafeito todo el proceso largo que levaba convertir a pranta en filo y ilústralo con úas fotografías ben interesantes.

Advertisements