Arquivo por etiquetas: llargato

Largato arnal (Lacerta schreiberi, Timon lepidus)

Santuyano 1

Un exemplar macho de Lacerta schreiberi asoleyándose núa parede. Santuyano (Mieres) (17/7/2021).

Ta ruin de determinar el nome popular de muitas especies, por conocidas que sían, y máis núa lingua como el galego-asturiano, tan falta de datos de fitonimia y zoonimia. Un exemplo é a denominación que ye damos ás dúas razas de largatos grandes que se poden ver na zona máis occidental d’Asturias: Lacerta schreiberi y Timon lepidus. Como se vai comprobar máis adelantre, chamámosyes largatos, largatóis y largatos arnales (cuas variantes palatalizadas na zona unde é característico ese fenómeno: llargato, llargatón, llargato arnal).

A primeira especie, Lacerta schreiberi, é a máis común en todo el territorio, mentres qu’a segunda, Timon lepidus, según os mapas de distribución actuales, é escasa y atópase sobre todo na montaña, en Grandas, Ibias y Ayande. A esplicación ta en que son sitos con un clima aparecido al mediterráneo, ecosistema propio d’esta especie.

Timon lepidus é meirande que Lacerta schreiberi. Pode chegar a ter hasta 90 cm de largura dende a cabeza hasta el pico del rabo. A súa color é entre averdosada y amarelada, con puntíos mouros, anque el elemento máis diferenciador ta nos machos, que lucen us redondelíos azules mui característicos nos laos del corpo. Esa é a motivación prá denominación estándar en casteyano: lagarto ocelado. El outra especie, Lacerta schreiberi, é máis pequena, d’hasta 40 cm. Tamén é averdosada, con pintías mouras, pro el máis chamadeiro é el pescozo azul del macho condo ta en celo. Así y todo, en casteyano chámanye lagarto verdinegro.

Como yes pasa ás largatas ou largatixas, os largatóis poden ceibar el rabo como técnica de supervivencia: déixanlo nas poutas del sou depredador y asina aprovetan pra poder fuxir. A pesar da súa traza, son inofensivos pral ser humano, anque é verdá que traban pra defenderse. Así y todo, normalmente escapan condo ven xente. Comen arañas, saltóis y outros insectos; tamén largatixas, ovos y frutas. Timon lepidus hasta pode cazar mamíferos pequenos, como ratos.

Del largato cuntábase que cua súa presencia avisaba á xente de qu’había colobras cerca. Berto Álvarez Peña escribíu un artículo pequeno sobre el reptil na revista Entrambasauguas recoyendo esta y outras tradicióis, como el uso del sou unto con fines melecieiros. Chámaye largato arnal, identificándolo como Timon lepidus, anque nas descripcióis que cita d’informantes del conceyo del Franco estos destacan qu’é azul, así que pode que se tían referindo al macho de Lacerta schreiberi. Nel caso da bibliografía galega, as denominacióis populares del largato que levan el adxetivo arnal identifícanlas normalmente con Timon lepidus, pro a verdá é que nun dispoño de datos definitivos pral caso del galego-asturiano porque tampouco os vocabularios son claros. A mía impresión, a falta d’outras informacióis, é qu’el término largato arnal (y variantes) úsase indistintamente pras dúas especies, máis se reparamos en que muitos datos d’esa denominación son de zonas unde nun ta constatada a presencia de Timon lepidus.

Santuyano 2

El mesmo largato, medio á solombra.

Entrando xa nos datos, hai que señalar qu’el nome máis común en galego-asturiano é el de largato ou largatón (llargato y llargatón na zona dialectal correspondente). Con ese acabo en masculino, os falantes estrémanlo das especies pequenas, as largatas, anque tamén hai unde a estas yes chaman largatos (ou llargatos). Pra desfer esa confusión, en muitos sitos bótase mao del aumentativo (largatón, llargatón), pro tamén ye poden amecer el adxetivo arnal.

El vocabulario da Veiga recoye largato y el de Bual, llargato, mentres qu’os d’Eilao, Ponticella y Monón y Castaedo rexistran llargatón (cua variante largatón na zona d’Eilao unde dicen lume, leite, lobo…). Hai qu’apuntar qu’el vocabulario de Bual tamén recoye a forma llagarto. Sin estremar entre as dúas especies xa ditas, eu recoyín largato nel Valín (Castripol), Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres) y Penafonte (Grandas); llargato, na Roda (Tapia); largatón, en Cachafol (Eilao) y en Mourentán, Santolín y Fandovila (Ibias); y llargatón, nel Monte (Navia). A estos datos hai qu’amecer el llargato del que fala un informante de Romeye (El Franco) nel artículo xa citao d’Álvarez Peña.

Na palabra largato dáse un cruce con largo, porque a forma etimolóxica sería lagarto, sin esa metátesis del -r-. El resultao lagarto (>largato) procede de *lacartus, variante da denominación qu’el reptil tía en latín clásico: lacertus. A palabra largato (y llargato) ten outra acepción en galego-asturiano, a de ‘tumor que sal nas pezuñas das vacas’. Tamén en galego se constata lagarto pra chamar a bultos nel peleyo dos animales. Nun sei a razón d’esta amplación semántica da palabra, agá que teña que ver cua tradición qu’hai en Galicia de pensar qu’os largatos botaban un veleno pol tarrén qu’al pisalo provocaba afeccióis cutáneas. Outro aspecto qu’hai que ter en conta é el uso tradicional del unto del largato pra curar problemas dermatolóxicos nos pés, así que por ei tamén pode vir úa esplicación. Aparte, chámanye lagarto en galego al corveyón da vaca y a úa parte dos lacóis del cocho, así que nun sei se por un fenómeno de metonimia esa parte da pata puido dar nome al mal nas pezuñas ou se foi al rovés, ou se poderá haber dalgúa asomeñanza entre el reptil y a forma d’esa parte del corpo.

Campiello

Dous largatos macho (Lacerta schreiberi) amarrándose. Anque a foto ta un pouco desenfocada, ten interés pol momento que se captóu. Campiello (Uvieo) (28/4/2019).

El outra clas de denominación en galego-asturiano, a composta del sustantivo máis el adxetivo, ta recoyida en dalgús vocabularios, anque cua variante asnal, de seguro qu’un cruce con asno: Acevedo y Fernández y El Franco, llargato asnal; Mántaras, largato asnal. Tamén eu rexistréi esta denominación nel Valín (Castripol) y en Bustapena (Vilanova d’Ozcos). Os demáis datos que recoyín son cua variante arnal: largato arnal na Veiga dos Molíos y Vilarín (Castripol), na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) y en Santalla; llargato arnal en Ortigueira y Lloza (Cuaña) y en Villar (El Franco); a esto habería que sumar a mesma denominación dada por un informante de Miudeira (El Franco) nel artículo d’Álvarez Peña. Acevedo Huelves recoye ademáis el nome de llargatón arnal.

En galego, chámanye lagarto arnal, asnal ou arnao, normalmente referido a Timon lepidus. Outra denominación é sardón, nel sur de Pontevedra, en continuidá col portugués sardão. As formas con metátesis, larg-, en galego tán recoyidas namáis na veira máis oriental de Lugo, en continuidá cos resultaos del galego-asturiano. Tamén en galego debe haber cruces nas identificacióis: el nome de lagarto ferreño aplícase a Lacerta schreiberi, pro tamén a Timon lepidus. El adxetivo arnal (arnao, asnal, arnaz, arnás) ten un uso limitao en galego porque namáis se conoce combinao con us poucos sustantivos referidos a especies: á folgueira, al toxo y al largato. Polo tanto, a definición que dán os vocabularios d’arnal é a de ‘grande, bravo, del monte’. Tamén s’aplica ás espías que salen nel peleyo, quizáis porque poden ser grandes y dolorosas. É el qu’eu conozo en galego-asturiano como espía carnal, qu’antias interpretaba como un xeito d’estremala da espía vexetal, pro qu’agora dudo se nun será un caso d’etimoloxía popular a partir d’un hipotético *espía arnal. El adxetivo arnal ben sei que vén del sustantivo arna ‘paraza del árbol’, palabra d’orixe prerromana.

Largata (Iberolacerta, Podarcis, Psammodromus, Zootoca)

Exemplar de Podarcis muralis. Brañanoceo (Mieres).

A largata ou largatixa é ún d’esos bichos qu’acompañaban os nosos enredos infantiles condo nel brao andábamos todo el día por fora. Asomadas nas regandixas das paredes, asoleyándose al calorín das louxas, fuxían prás escuridades das súas covas condo osmaban peligro. Reparábamos nas que yes faltaba el rabo y axina aprendémos na escola qu’eran quén a perdelo pra fuxir dos sous depredadores. Mentres el rabo quedaba buligando solo, elas escapaban. El feito de que podan botar outro novo deu que pensar a os científicos, qu’investigan os mecanismos celulares d’ese milagre polas aplicacióis que pode ter prá rexeneración de texidos humanos.

Nel occidente asturiano podemos atopar seis especies de largatas, úas máis comúis qu’outras. Del xénero Podarcis temos tres: Podarcis muralis, a das paredes, a máis conocida, propia das terras máis baxas; P. bocagei, qu’é a especie que la sustituye da qu’avanzamos hacía Galicia; y P. guadarramae, qu’aparece nel sito das outras dúas nas terras máis calentes del Río Navia. Y despóis hai outras tres especies de tres xéneros distintos: Zootoca vivipara, largata pequena propia dos sitos mui moledos; Iberolacerta monticola, que se pode ver al sol nas rouñeiras y penedos dos montes, chamadeira pola súa color verde; y Psammodromus algirus, especie del rabo largo, propia del sur peninsular, pro que s’atopa tamén nos sitos secos del curso alto del Navia. Todas son especies da familia Lacertidae, unde tamén se clasifican os largatos grandes, conocidos en xeneral como largatos arnales… pro esos déixolos pra outra vez.

Largata (ou llargata nas zonas del metá oriental) é a denominación con máis estensión xeográfica nel Navia-Eo. Recóyese largata nel vocabulario d’Eilao y na encuesta feita en Cuantas (Ibias) pral Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) en 1947. Podo completar estos datos con outros inéditos, porque tamén me deron ese nome en Cachafol (Eilao), A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos), Penafonte (Grandas) y nos lugares ibianos de Marentes, Mourentán, Santolín y Fandovila. A forma correspondente na zona palatalizadora, llargata, recóyenla os vocabularios d’Eilao, Ponticella (Villayón), Monón y Castaedo (Ayande) y dála Acevedo Huelves (con yeísmo: yargata) como propia de Cuaña. Eu constatéila neste conceyo, en Trelles, como llargata. Aparte, é el resultao que se rexistra na villa de Bual na encuesta feita en 1931 pral ALPI.

Anque compite como denominación pra os largatos grandes, tamén hai muitos sitos unde al reptil pequeno ye chaman con xénero masculino: largato. Constátase nas encuestas del ALPI feitas en 1947 en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) y As Campas (Castripol) y tamén la apuntéi eu en Obanza, Vilarín y A Veiga dos Molíos (Castripol) y en Bustapena (Vilanova d’Ozcos). El resultao con inicial palatal llargato recóyelo el vocabulario del Franco y constatéilo en Rozadas (Bual) y nos llugares franquíos de Llobredo, Villar y Miudes.

El outra denominación máis estendida en galego-asturiano é a formada sobre largata col sufixo –ixa: largatixa recóyenlo os vocabularios de Mántaras (Tapia), A Veiga y Acevedo y Fernández, y rexistréila tamén nos lugares de Vilela (San Tiso d’Abres), Serantes (Tapia), El Valín (Castripol) y Cachafol (Eilao). A forma llargatixa ta nel vocabulario da Roda y nel d’Acevedo y Fernández, y aparte déronma tamén en Valdepares (El Franco).

Hai otro tipo de sufixación, localizada nel conceyo de Navia y na veira costeira máis oriental de Cuaña, propia del asturiano, qu’é llargatexa. Recóyela el ALPI en Freal y tamén ma deron en Andés (Navia) y Origueira (Cuaña). Ta ademáis a variante llargatesa, qu’Acevedo Huelves dá como propia de Navia (recóyela col yeísmo propio da zona: yargatesa). É a forma que predomina en toda a zona del asturiano, alternando cua reiz etimolóxica (l.lagart-, llagart-) y col sufixo –exa. A pesar d’estos datos naviegos, al pasar á zona del asturiano occidental, volvemos atopar os resultaos sin sufixación: l.largata en Vigu, Veiga, Tox… Y tamén en Villayón, Valdés y Tinéu, unde dicen l.largata ou l.lagarta.

Exemplar d’Iberolacerta monticola. L’Aramo (Riosa).

Xa se víu qu’ás veces conviven nun mesmo punto máis d’úa denominación. Y pode darse el caso de qu’haxa palabras que sabemos que son sinónimas noutros sitos pro que nel lugar en cuestión úa d’elas namáis s’use con outra acepción distinta. Pasa en Bual, unde os vocabularios recoyen llargata y llargato pra chamar al reptil, pro llargatexa defínese nel vocabulario d’Adelina Fernández y Susina Pérez como ‘que ye gustan os contos’. Ademáis, definen llargata como ‘faladora’ (é acepción despreciativa contra a muyer que recoyen máis vocabularios de galego-asturiano, tamén pra largatixa ou llargatixa). Hasta hai el verbo llargatexar ‘andar con contos’. Os vocabularios dialectales reflexan muito ben el machismo cultural qu’asigna (y polo tanto critica) este tipo de comportamentos namáis ás muyeres.

A palabra largata, -o (ou llargata, –o) vén da sonorización romance a -g- d’úa variante *lacarta ou *lacartus da denominación del reptil nel latín clásico: lacertus ou lacerta. De lagarta pasóuse a largata con úa metátesis del -r- por cruce col adxetivo largo. En puntos del centrooriente asturiano hai outro xeito de chamarye, llacierta ou llancierta, que vén da reiz latina clásica.

En conto á forma sufixada largatixa (ou llargatixa), considérase úa adaptación fonética del casteyano lagartija, porque el resultao galego correspondente sería –illa y el asturiano, –iya (como clavija/caravilla/caraviya/calaviya). Pinta qu’é tamén el caso d’outros empréstamos casteyanos que s’axeitaron fonéticamente en galego-asturiano como envasixa, partixa, rendixa ou botixo. En galego, a palabra lagartixa, estendidísima por toda Galicia, nun se recoye nos diccionarios normativos y en portugués, unde si figura, señálase que vén del casteyano antigo. Efectivamente, máis aló de repunancias normativizadoras, se é un casteyanismo ten que ser mui veyo pra que s’axeitara fonéticamente y s’estendera tanto como ta estendido.

En galego lagartixa y lagarta son os términos máis usaos: predomina a primeira forma contra el leste y a segunda contra el oeste. Aparte, en Lugo, nos puntos máis achegaos a Asturias, danse resultaos con metátesis (largatixa), como en galego-asturiano. Outras formas que s’usan en galego son cádigo y lagartiña. Esta última denominación, con sufixo autóctono, tamén s’usa nel sur del asturiano occidental, en Ayande (l.lagartina), y nel norte de Lión (l.lagartina, llagartina).

Nel caso da denominación d’este reptil é mui interesante enanchar el campo de visión y botar un oyo á distribución das denominacióis na península. Como se víu, é úa palabra que s’encuestóu pral ALPI y ben deitamos de que, como mostra, casualmente, tán dispoñibles online na web del Atlas as respostas pral nome da largata.

D’este xeito, pódese comprobar qu’en portugués tamén se diz lagarta (nel estremo norte, con úa búa parte de resultaos con metátesis: largata), pro tamén s’usan formas como salagarta ou sardanisca. Eso si, de Lisboa pral sur a denominación xeneral é lagartixa (dacondo largatixa), en continuidá xeográfica col lagartija que s’estende por toda Andalucía. En casteyano, como se comproba nel ALPI, hai muitas máis formas de chamarye: sangartana, sargantana, sangartesa, salagartija, relantija, regaltiz, regatena, regaltena, regaltina, regaltesa, ligaterna… y hasta lagartesa en puntos de Cantabria y País Vasco.

Mapa elaborao a partir dos datos del ALPI con resultaos del tipo lagarta y lagartixa (y variantes).

É chamadeira a distribución peninsular del nome del reptil. Pode botarse úa raya dende el Eo hasta el Cabo de Palos que xebra a península en dúas partes. D’ese xebre pral sur, mandan os resultaos –ixa/-ija. Aparte da zona grandísima de lagartija nel ámbito territorial del casteyano, estrémase úa franxa de lagartixa que baxa pola fronteira entre as provincias de Lugo y A Coruña, que sigue pol leste da d’Ourense y pol noreste de Portugal (nos distritos de Bragança y Guarda), córtase y despóis coye todo el sur portugués.

Vese tamén qu’a forma con metátesis, largatixa (ou llargatixa), dáse sobre todo nel Navia-Eo y nel leste de Lugo, ademáis de nus poucos puntos soltos de Portugal y Andalucía (largatija). Vendo el mapa del ALPI pode adiviarse, polo tanto, qu’a forma lagarta (largata, llargata, l.largata, l.lagarta) sería a propia del estremo noroeste peninsular y que nesa zona entróu úa cuña de lagartixa (largatixa, llargatixa) en continuidá col territorio casteyano de lagartija. D’este xeito, el territorio de lagarta quedóu xebrao núa zona meirande, a da lagarta y largata galega y portuguesa, y noutra máis pequena, a da largata, llargata, l.largata, l.lagarta del estremo occidental asturiano.