Arquivo por etiquetas: limueiro

Limueiro (Citrus x limon)

Limueiro nel espigo del sur núa casa de Mántaras (Tapia) (12/7/2016).

Os árboles frutales acompañaron y deron alimento al ser humano nel sou paso de nómadas a sedentarios. Primeiro pañóu a fruta das razas bravas y despóis, con inxertos y máis inxertos al largo de muitas xeneracióis, chegóu a ter os frutales que vemos nos nosos hortos y cortías. El limueiro (Citrus x limon) é úa d’esas razas amansadas. Con úas flores brancas mui guapas das qu’han a salir máis tarde os limóis, el limueiro ten fruta cuasemente todo el ano y podemos dispoñer d’ela sin ter qu’ir á tenda porque vai botando limóis novos mentres outros xa madureceron.

Orixinario d’Asia, foron os árabes os que trouxeron el limueiro á península ibérica. Tamén esta especie aprende ben nel noso occidente, por mui al norte que tíamos, al pé das casas, defendida del vento y nas paredes del sur. Ese viaxe continental vese precisamente na etimoloxía da palabra limón, que chegóu a nosoutros da mao del árabe laimún ‘limón’ (y éste del persa limu ou limun).

El símbolo de multiplicación (x) nel nome científico, que xa salíu condo falamos dos amorodos (Fragaria vesca) al referíremonos ás fresas labradas (Fragaria x ananassa), significa que tamos delantre d’un híbrido lograo pol ser humano, que cruzóu outras especies aparecidas pra chegar a ter el que buscaba, neste caso, a fruta del tamaño y sabor al xeito. Hai discusióis sobre cuáles foron as especies que se cruzaron pra ter el limueiro qu’hoi conocemos, anque todos coinciden en qu’úa d’elas foi Citrus medica, el árbol das cidras, qu’é un fruto que s’usa na reposteiría.

Os limueiros que se vén al pé de dalgúas casas recórdannos el uso que se ye dá al limón xa d’antigo nas cocías pr’aromatizar postres. A súa paraza bótabase, y bótase, ás papas d’arroz (ou arroz con lleite), ás roscas (ou rosquiyas), a os cereixolos (ou fereixolos, ou fiyolos) y a outros postres tradicionales máis esqueicidos como el deventre, que se fía na vexiga d’un cocho. Normalmente, agá pras papas d’arroz, a paraza rílase pra qu’el sabor a limón teña máis presencia. Tamén se mezcra el sou zume con augua y azucre, despóis d’estrumar ou estruñar us contos limóis, pra téremos úa bebida refrescante qu’agora chamamos limonada pro qu’en galego-asturiano eu sempre sentín chamarye, sin máis, augua con limón (ou llimón).

Limueiro ou llimueiro (neste caso, na zona oriental de resultaos palatales, unde dicen llume, lleite, aquella) son os nomes que ye dan en galego-asturiano al noso arbolín. A forma con l- inicial recóyenla os vocabularios de Mántaras y A Veiga y a que leva ll- ta nos da Roda y El Franco. Acevedo y Fernández recoyen os dous resultaos: lim– y llim-, anque na variante cuatrisílaba: (l)limoeiro. Eu apuntéi llimueiro en Rozadas (Bual) y llimoeiro nel Monte (Navia). El vocabulario de Bual recoye a forma limoneiro, y eso que cuase todo el conceyo, quitando os lugares da Baxada y Brañavara, é de resultaos en ll-. A verdá é qu’el nome d’este árbol híbrido sufre un proceso de casteyanización que leva a hibridismos lingüísticos como este, unde nin se perde el -n- nin, na zona unde lo fai, palataliza el l-. A mesma situación dáse en galego col caso del –n-, porque, ademáis da forma patrimonial limoeiro, recóyese tamén limoneiro. Outro tanto pasa en asturiano: é común sentir limonal ou limoneiru, nel sito dos autóctonos palatalizaos llimonal, l.limoneiru ou llimoneiru.

Flores de limueiro. Mántaras (Tapia) (12/7/2016).

El nome del árbol en galego-asturiano vén d’amecer a limón (ou llimón) el sufixo –eiro, típico na nosa fitonimia (pesegueiro bravo, espieiro, acebreiro, binteiro…). A evolución propia da zona implicóu a cayida del -n- y, posteriormente, deuse el zarramento del –o-, col paso d’hiato (mo-ei > mu-ei) a triptongo (-muei-), col que chegamos a úa palabra trisílaba: li-muei-ro.

Como se dixo, Acevedo y Fernández dan nel sou vocabulario as formas cuatrisílabas limoeiro y llimoeiro (quizabes por eso el libro sobre a fala del Franco, mui atento al obra publicada en 1932 por aquelos dous estudiosos, tamén apunta esta variante). Nun podo evitar pensar que pódamos tar delantre d’úa reconstrucción etimoloxicista porque a pronunciación habitual nel galego-asturiano del centro y norte del Navia-Eo (y precisamente el vocabulario d’Acevedo y Fernández ta recoyido sobre todo en Bual y El Franco) é con triptongo, querse dicir, trisílaba: li-muei-ro (ou lli-muei-ro).

É chamadeiro el proceso de zarramento vocálico que se dá nesa zona central y norte nas palabras unde se perdéu el -n-. Por exemplo, a vocal tónica precedente tendéu a zarrar: chea > chía, cadea > cadía, grandoa > grandúa… Outro tanto pasóu cua vocal átona condo precedía al –n-, que tamén zarróu: cear > ciar (vese igual na toponimia: Siares, A Siara…). Ás veces ese zarramento vocálico levóu a qu’el hiato pasara a ferse triptongo, como nel caso de limueiro (ou en palabras como almetrueiro, carbueiro, lacueiro, lambueiro, formadas a partir d’almetrón, carbón, lacón ou lambón + -eiro). Puido pasar tamén qu’a secuencia vocálica se reducise: caeiro > queiro, chaeira > cheira. Pois ben, esos resultaos tan evolucionaos nel vocalismo nun los atopamos todo alredor d’esa zona xa dita: nin na veira máis occidental del Navia-Eo, nin nel sur, nin noutra tiría estreta al oriente, xa pegando col asturiano, en Navia y Villayón. Pode interpretarse qu’el foco innovador en conto á esa evolución tuvo na marina y que foi irradiando esa influencia hasta chegar a ter a estensión que ten agora, sin atanguer as veiras occidental y oriental nin el sur del Navia-Eo. Nun chama el atención el caso da veira occidental y sur porque ta en continuidá col comportamento vocálico del resto del galegoportugués, pro ¿por qué nesa tiría oriental de poucos quilómetros al pé del asturiano nun se deu a evolución zarradora? Pode verse nel caso del dato cuatrisílabo que recoyín nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo (lli-mo-ei-ro), irmao d’outros exemplos con perda de –n– que tamén apuntéi allí (a-tor-bo-a-o, mon-to-a-da; y non *a-tor-bua-o ou *mon-tua-da). ¿Poderá ser que nesa franxía fronteiriza a perda del -n- nun fora tan veya como máis al occidente y que polo tanto nun sufrira a evolución nel vocalismo que si sufríu el resto da parte centro-septentrional? Ten toda a traza, máis vendo os saltos y mezcras de características del galegoportugués y del asturlionés qu’atopamos en poucos quilómetros en sitos de Navia y Villayón. Dependendo dos fenómenos, pinta como se se puxera úa toira de galegoportugués por derriba d’outra toira d’asturlionés, ou al rovés. En tempos máis modernos ben puido moverse us quilómetros al leste a fronteira da cayida del -n-. Ei temos topónimos como Val.lías ou La L.lagoa, en Villayón, unde vemos na mesma palabra a palatalización en –l.l- del asturlionés y a perda del –n– del galegoportugués.

Empecéi falando de limueiros y limóis y acabéi, como sempre, metido nos carricovos da dialectoloxía. Nun hai romedio.