Arquivo por etiquetas: lampara

Lámpara (Patella spp.)

Lámparas apegadas a úa pedra del ribeiro de Represas (Tapia). Tán arrodiadas de cascarín.

Condo vexo os cascareiros das escavacióis arqueolóxicas, con montueiras de cáscaras de moluscos tiradas polos seres humanos en etapas prehistóricas, renémbraseme condo atopábamos cascarías de lámparas (Patella spp.) alredor da casa en Mántaras (Tapia), al escavar na terra. Abrancazadas de todo, medio desfeitas, tríannos á cabeza a imaxe d’antepasaos nosos indo al ribeiro a elas y tirando al horto as cáscaras despóis de comelas. Eran os tempos en que da cocía nun salía cuase basura porque todas as sobras dábanse a os cochos y nun había envoltorios de plástico. Nun soi tan veyo, pro acórdome de mía madre mandándome ir buscar á tenda úas galletas de canela pra convidar a úa visita que chegara. El tendeiro abría a caxa das galletas, sacaba úas poucas, pesábalas y metíamas nun paquetín de papel. Nin faraguyo de plástico.

Pois ei ta a lámpara, un molusco humilde que sempre tuvo presente na dieta da población dos sitos achegaos al mar. Agora nun s’usa tanto na cocía porque se considera mui duro en comparanza con outros máis apreciaos como as ameixolas ou os carneirolos, pro alomenos na mía contornada as lámparas avezaban a comerse sobre todo con arroz. Aparte, condo éramos nenos tamén xugábamos cuas súas cascarías: afurancándolas, fíanse xartas enfilándolas nun cordelín ou nun breimante. Y tamén, espetadas nel cabo d’un paliquín, eran úas cuyares bárbaras pra xugar a fer a comida.

Íbamos ás lámparas al ribeiro con un cuitelo veyo pra fer palanca meténdolo pola regandixa que deixan mentres tán tranquilas apegadas ás pedras, porque, se las tocas, agárranse a elas como úa ventosa. Anque pinten tar paradías, móvense axeitín pra pacer ouca por alredor. Pra evitar úa pesca incontrolada qu’acabe cua especie, en Asturias ta regulao y tasao: nun se pode fer se nun se ten licencia de pesca de recreo. Así y todo, siguen véndose nas prayas braniantes emporondaos nas pedras col sou caldeirín pañando nelas como se fora un supermercao de baldre.

Hai cuatro razas de lámparas que se dan na zona y que son ruías d’estremar se nun se yes dá a volta y se ve el corpo. Einda é máis difícil se son exemplares novos, porque hai muita variación na cáscara dependendo del hábitat. A especie máis común é Patella vulgata, que ten úa cáscara ovalada non mui picuda y que vive unde cubre a marea. Hai Patella depressa (tamén conocida como P. intermedia), qu’é máis estrapelada, da punta da cáscara mui descentrada, con costelas irregulares, tirante a triangular, un pouquín máis pequena y da color clara; Patella ulyssiponensis (tamén conocida como P. aspera), cónica y qu’é a que chega a ser a máis grande; y Patella rustica (tamén conocida como P. lusitanica), de feitura cónica, a máis picuda das cuatro, cuas estrías mui dalgadías, que se dá un pouco máis prá terra, unde chega el folaxe pro non sempre a marea.

A erosión del mar y el arena, ademáis del acción de microorganismos, pode acabar cuas estrías y el pico das cascarías das lámparas. Represas (Tapia).

En conto al nome, os vocabularios da zona rexistran lámpara (Mántaras y A Veiga) y llámpara (A Roda, El Franco), formas as dúas que recoyen Acevedo y Fernández. Barriuso dá nel sou Atlas Léxico Marinero de Asturias os nomes de lámpara nas Figueiras y en Tapia, y de llámpara, cua palatalización lateral característica d’esa zona, nel Porto y Ortigueira. Nun recoye nomes distintos pras cuatro razas, agá pra os exemplares de P. rustica con ouca na cascaría, que chaman gavioteira en Tapia, como noutros portos da zona del asturiano, unde ye chaman gaviotera. Así y todo, esta denominación aplícase en dalgús sitos a esta especie en xeneral, sin falta de que teña vexetación. Como viven el máis del tempo fóra del augua, dizque valen d’alimento ás gaviotas, y d’ei el nome que ye dan. En Mántaras, un marineiro veyo díxome el nome de lámpara vaca. En portos como Xixón ou Llastres, chámanye llámpara de la lluna.

A min, ademáis, dixéronme a forma llámpara en Cartavio (Cuaña) y en Andés (Navia), anque ésta con yeísmo, yámpara.

A denominación en asturiano xa se víu qu’é llámpara, cua variante l.lámpara nos sitos da costa occidental unde se dá esa pronunciación. Según os datos de Ríos Panisse, nos portos galegos máis achegaos al occidente asturiano, Rinlo y Ribadeo, dicen lámpara, pro máis al oeste, en todos os portos hasta Cariño, xa na provincia da Coruña, dicen lámparo. A partir d’ei éntrase na zona de lapa, nome qu’alterna con outros como cuco, cunco, cuncón, arneirón, conchela, conchelo, copo… Pro, en pasando Fisterra, contra el sur, en dalgús sitos chámanye lamparón y, xa nel outra veira del Miño, nel porto de Caminha (Portugal), volve recoyerse el nome de lámparo. Así y todo, tamén s’escuitan na costa atlántica denominacióis como lampra y lampro que tein que proceder d’úa síncopa da vocal postónica en lámpara y lámparo. Tamén se diz en galego llápara y a correspondente forma sincopada llapra, núa palatalización ben chamadeira pra esta lingua.

Aparte, Ríos Panisse, que tamén encuestóu nas Figueiras, recoye alí lámpara y lamparilla. Nun din constatao esta segunda denominación, pro seguramente a pronunciación sería lampariya. Dalgús estudiosos nun atenden a ese detalle por consideralo yeísmo ou quizabes por seren elos yeístas y nun estremar os dous sonidos. A forma lampariya, anque con outro significao, el de ‘lámpara d’alumar pequena’, ta recoyida na zona xa nel vocabulario d’Acevedo y Fernández, publicao en 1932. Nun é descartable que se trate d’un cruce col nome del utensilio.

Tanto lámpara como llámpara pra chamar al molusco pintan vir del nome latín lappaArctium lappa, pranta que ten us frutos con us ganchíos que fain que s’apeguen á roupa’, como comparanza cua capacidá d’agarre á pedra que ten el molusco. Coromines escoye esta opción etimolóxica y non a del latín lapis ‘pedra’, anque García Arias propón a posibilidá de que llámpara se trate d’un diminutivo *lappula ‘pedriquía’.