Arquivo por etiquetas: Holcus lanatus

Herba brancal (Holcus lanatus)

Prao en Mántaras (Tapia) chen d’herba brancal (9/7/2013).

Chamamos herba ás especies vexetales que tein el rabo tenro y verde, sin partes de madera. Chamámosyo al herba sedeña (Brachipodium pinnatum), al herba da maldición (Oxalis latifolia), al chantaxe (Plantago major), al herba salada (Rumex acetosa), al herba abeyeira (Melissa officinalis), al tarrelo (Taraxacum officinale) y hasta al arbanzolo (Centaura nigra). Pro agora quería referirme a esas herbas que normalmente salen nos praos, que valen de forraxe al gao y que condo medran tein úa espiga nel pico da pranta; esas que podemos arrincar a payía y levala na boca mentres pasiamos núa tarde de primavera, vaya. Hai muitas especies, que reconocemos intuitivamente pol tipo d’espiga que tein: alargada, de bolías, embrocada pra baxo, máis gorda, máis dalgada… Así y todo, son poucos os datos lexicográficos qu’hai en galego-asturiano pra chamar a este tipo de prantas: ou é qu’os labradores nun precisaban estremar con un nome cada úa d’elas ou, ben sei, é que nun se fexo un labor sistemático de recoyida. Por desgracia, agora vai tar máis malo de saber esos nomes: todo s’esqueice y cua perda del idioma tradicional tamén se perden os xeitos de chamar esa realidá vexetal que nos arrodía.

Úa d’esas especies herbáceas búa de reconocer y da que conocemos el nome popular en galego-asturiano é el herba brancal (Holcus lanatus). Trátase d’un herba que bota úa paya pra riba que pode chegar al metro. Ten úa traza gorda polas foyas anchas que la envolven, é un pouco peluda (d’ei el epíteto de lanatus ‘lanudo’) y d’un color verde abrancazao, ás veces hasta tirante a azul. Esa traza carnosa que ten toda a pranta vaiye ben col feito de qu’é bon forraxe y que la come ben el gao. As espigas tein muita gra y van dende el color branco típico a os tonos máis acolorazaos. Condo as espigas tán abertas y as flores que la forman tán maduras, tein úa traza ben diferente, pro a especie é búa de reconocer igual.

Pódense ver as inflorescencias zarradas y abertas del herba brancal. Praya de Xagón, en Gozón (17/6/2012).

Nun repararon miga nesta especie os nosos vocabularios. Namáis el de Mántaras recoye el nome que ye dan alí al Holcus lanatus: herba branca. Pro, pol que sei, é nome máis estendido el d’herba brancal, qu’é el que recoyín en Vilarín (Castripol), nel Chao das Trabas, Villarín, Villar y Llobredo (El Franco), y en Anlleo (Navia). Eso de brancal é un adxetivo mui noso qu’aplicamos, contraposto a moural, pra estremar especies vexetales como as uces, os toxos ou as cereixeiras. Se miramos os vocabularios galegos y asturianos, vemos que brancal ou blancal, ademáis de nel galego-asturiano, úsase nel galego oriental y nos puntos máis occidentales del asturiano en Navia, Villayón y Ayande. Igual convén recordar qu’esto del -r- en palabras como branco, cravo, fraque, igresia ou prato é úa característica típica del galegoportugués (dáse dacondo en dalgúas palabras del asturiano como brusa ou prazoleta). É un fenómeno que, como outros muitos característicos da nosa lingua, ta reculando ás carreiras pola presión da fonética máis acasteyanada, pro, así y todo, a normativa ortográfica, con bon criterio, manténlo.

En casteyano a forma máis estendida é úa forma irmá da nosa herba brancal: heno blanco. Hai outros xeitos de chamarye como holco, hierba macerguera, cañota, hierba triguera… Tamén se ye chama pasto cervuno, nun sei se referido al color acolorazao da espiga ou a que poda ser tido na tradición popular casteyana como un forraxe pra os venaos.

Os vocabularios galegos recoyen feo branco, denominación que nun sei se é popular ou non, y herba triga ou herba trigueira, supoño que polas espigas grandes que ten, aparecidas de dalgún xeito ás del cereal. En portugués chámanye erva lanar, erva molar ou erva mansa, nomes todos referidos ás súas características, ben de ser lanuda ou ben de ser bon forraxe. En asturiano tamén hai a denominación popular referida al color, patablanca, pro outros nomes como gallopita, peñerines y vitola tein outras esplicacióis, dalgúas quizabes referidas a xogos infantiles feitos cua espiga da pranta.