Arquivo por etiquetas: herba da maldicion

Herba da maldición (Oxalis latifolia)

Oxalis latifolia nun meizal de Mántaras.

Oxalis latifolia nun meizal de Mántaras (15/07/2012).

El herba da maldición (Oxalis latifolia) é úa especie búa d’atopar nos meizales y nos hortos. Ten as foyas aparecidas al trebe, anque nun salen fendo un ramín como este. Son máis ben grandes (d’ei el nome específico de latifolia) y tirantes a triangulares. Nel mes de xuyín, derriba del verde del herba da maldición, vense as pintías de color que poin as flores moradas que bota.

É úa especie alóctona, que veu de fora, orixinaria de México, anque debe levar ben anos entre nosoutros pra que s’estendera un nome popular. En Europa considérase úa pranta invasora ruía prá labranza. É mui aparecida á Oxalis acetosella, herba autóctona que ten as foyas máis pequenas y arredondiadas qu’as da Oxalis latifolia, ademáis de ter as flores brancas. D’ei qu’os nomes populares s’apriquen ás dúas especies indistintamente. Xa el vocabulario d’Acevedo y Fernández (1932) fala de qu’a xente cría qu’a semente vera nel lastre dos barcos ingleses, polo qu’haberá que supoñer que tán referíndose á latifolia.

A identificación esacta ta mala de saber nos vocabularios porque nun avezan a poñer el nome científico correspondente. Na nosa zona, ademáis del vocabulario d’Acevedo y Fernández, tamén recoyen el nome d’herba da maldición el vocabulario de Bual y os de Villayón, A Roda y Mántaras. Estos tres últimos si poin el nome científico y dicen qu’é a acetosella, anque eu mesmo dudo de cómo fixen esa identificación nel meu vocabulario de Mántaras. Daquela levábaye a un botánico as especies máis difíciles pra que mas identificara, pro teño medo que neste caso concreto m’esfoutara noutros vocabularios, cousa que ben veces leva a estender os equivocos de libro a libro. Recoyín tamén ese nome d’herba da maldición, pinta que referido á latifolia, en Santolín (Ibias), Castro (Grandas), Navedo (Eilao) y Obanza, Brañatruiye y El Valín (Castripol). En Anlleo (Navia), chámanye el herba la maldición.

Flores del herba da maldición (15/08/2014)

Flores del herba da maldición cerca del Forcao, Salave (15/07/2014).

El demáis, el uso popular del mesmo nome pras dúas prantas tamén se dá noutras linguas. En casteyano chámase aleluya, pan de cuclillo ou acederilla, pol sabor ácido que tein. Y é qu’estas especies tein ácido oxálico, que se ten usao pra luitar contra el escorbuto y outros males. Acórdome ben de neno que mazcábamos as foyas. Por enredar y probar; non muitas, que tampouco nun sabían tan ben. Consumindo muita cantidá poden ser tóxicas porque estorban a dixestión.

En asturiano el nome máis común pras dúas especies é el de boliche, anque tamén ye chaman planta ou yerba la maldición. Eu mesmo recoyín en Cadavéu (Valdés) a denominación de yerba la desfeita, anque tamén me debín engañar na identificación poñendo Oxalis acetosella, condo era O. latifolia. En galego ten nomes como pan de cuco, pan de can, trevo acedo ou herba da fame (¿aquela zuna nosa de nenos por mazcala será un recordo d’avezos máis antigos pra engañar a fame?). El nome d’herba da maldición ta recoyido tamén en sitos del estremo oriental de Lugo, testando con Asturias (Burón, Suarna, Cedofeita).