Arquivo por etiquetas: gallos

Galos (Linaria triornithophora)

Galos na veira del camín cerca de Viapará (Morcín). (3/7/2016).

A estas alturas del que sabemos das denominacióis populares das especies vexetales a naide ye ten que sorprender qu’úa pranta poda recibir máis d’un nome pra chamarye. Y nun falo de variantes d’úa palabra, qu’eso xa é conocido de sobro (y precisamente sempre recoyemos todas as que podemos): toume referindo a denominacióis diferentes de todo. É el caso dos galos (Linaria triornithophora), esas flores tan chamadeiras con esos picos pr’abaxo que s’asocían pola feitura cos páxaros, igual que pasa con outras especies vexetales como os conocidos como pitíos. El epíteto del nome científico, triornithophora, significa precisamente ‘tres cabezas de páxaros’.

Úa dificultá amecida á determinación del sou nome popular é que dalgúas das súas denominacióis úsanse pra especies d’outros xéneros ou familias. Costa caro entoncias poñerye un pouco de xeito al panorama fitonímico al hora de buscarye á pranta un nome máis ou menos estándar pr’aclaráremonos. É verdá qu’eso xa é labor de despacho y non tanto de recoyida de caleya. Pra ser ben, primeiro de tomar decisióis é bon ter primeiro muitos datos de campo. El problema é que pouca xente s’ocupóu nestos anos de recoyer vocabulario y agora chegamos un pouco tarde: eran a xente veya a que máis sabía, y a esa, nos tempos modernos, nun ye daban muito asenso. Nun sei se xa lo teño dito aquí dacondo: os veyos qu’entrevistéi nos anos 80 del siglo pasao sabían muito máis da lingua tradicional qu’os veyos d’agora (dos que vou camín de formar parte…). Así y todo, todo dato actual é importante y nun se pode perder oportunidá ningua de recoyelo.

Os galos, qu’en casteyano conócense como gallos, pajaritos ou conejitos (outra vez as comparanzas con animales), son prantas que florecen na primavera y brao. Ademáis Linaria triornithophora é un endemismo del noroeste peninsular, querse dicir, que namáis se dá nesta zona. Ta bon de ver nos valaos y suqueiros, y nas veiras dos montes. As flores son violeta ou rosa, abrancazadas dacondo, col gorgoleiro amarelao, y tein un pico pra baxo, pouco curvao, qu’é máis largo qu’el resto da corola. Nacen en peteiros nel pico da pranta al pé das foyas, que son pequenas y lanceoladas, en verticilos, querse dicir, en grupos de tres a cinco á mesma altura, cada pouco.

Costa caro escoyer úa denominación pra titular esta especie porque os nomes tán mui repartidos pola xeografía del Navia-Eo y ás veces conviven dous nun mesmo sito. Outra vez os vocabularios son mui pouco falangueiros, así que vou basarme sobre todo en datos inéditos recoyidos por min.

Alredor da comparanza cos galos, ás veces cua forma palatalizada propia del metá oriental y ás veces col diminutivo, recoyín as denominacióis de galos en Vilarín (Castripol), gallos en Andés y na villa de Bual, galíos en Serantes y Casarego (Tapia), y gallíos en Lloza y Ortigueira. Hai que recordar, como xa se víu, qu’en galego-asturiano tamén se pode usar esta clas de denominación pra outras prantas con flores de feitura chamadeira, como el ortiga mansa (Lamium maculatum) ou os pitíos, del xénero Rhinanthus.

Peteiro de galos na veira d’un monte en Mántaras (Tapia) (15/7/2012).

En Arbón (Villayón), chámanyes gallíos de mel. Y é qu’os nenos chupaban el piquín que ten a flor y d’esa dulzura amañáronse outras denominacióis como a que recoyín nel meu vocabulario de Mántaras, herba del mel, ou a que me deron en Cartavio (Cuaña): meleira. Pral conceyo de Grandas danse outras variantes como estoupamelos (Penafonte) y chupamelos (na villa de Grandas), unde se mezcran as reices de verbos como estoupar ou chupar. Tamén en Grandas me deron a forma melíos. Hai que dicir qu’estos nomes relacionaos col néctar aplícanse ás veces a outras especies con flores que se chupaban.

Nel vocabulario de Ponticella (Villayón), chámanyes paxaríos, outra posibilidá de comparanza máis xeneral. Tamén ye dan este nome nun blog sobre El Valledor (Ayande) y dixéronme qu’era denominación usada en Cartavio y Ortigueira (Cuaña).

Y queda outro peteiro de nomes usaos tamén pra chamar prantas de flores de feitura aglobada como os estoupóis (Digitalis purpurea) y outras qu’imos ver máis adelantre, Aquilegia vulgaris. Tou falando de denominacióis basadas na comparanza cos calzóis, y ademáis cos calzóis que gastaría un cuco. Recoyín pra Linaria triornithophora el nome de calzóis de cuco en Llobredo (Cuaña) y Santalla d’Ozcos. Outra variante é calzóis del cuco, que me deron en Trelles (Cuaña) y Monón y Castaedo (Ayande). Tamén pode ser en singular, calzón de cuco, que me dixeron que s’usa en Marentes (Ibias). Alí unde al páxaro ye chaman cuquelo tamén cambía el nome da flor: dixéronme calzóis de cuquelo en Vilanova (Ayande) y Carbueiro (Ibias), y calzóis del cuquello en Monón y Castaedo (Ayande). A denominación calzóis de cuco tamén se dá, por exemplo, na Fonsagrada y na Pontenova, xa na provincia de Lugo.

Pro el cruce de nomes cos estoupóis dáse tamén al rovés. Al falar de Digitalis purpurea xa se señalóu qu’en puntos d’Ayande chámayes gallopos, úa referencia diminutiva a os galos qu’acabamos de ver pra chamar a Linaria triornithophora.

En galego as formas máis comúis, ademáis de galos y paxariños, son arreitó, reitó, arroitó, arroutó, routó… Tamén esporas, núa comparanza del pico da flor cuas espolas que se poin nel calzao pr’aguiyar el cabalo. É a denominación estándar en portugués: esporas-bravas. Como s’apuntóu, tamén se dan denominacióis relacionadas cos calzóis del cuco. Ás xa ditas hai qu’amecer formas como calzas de cuco y pantalois de cuco.

En asturiano danse dúas das posibilidades que xa se viron: dende gallos ou pata de gallu hasta calzones de cuquiellu ou flor del cuquiellu.