Arquivo por etiquetas: figal

Figueira (Ficus carica)

Figos einda verdes na figueira de Ca Diaguín, en Mántaras (Tapia) (11/7/2012).

A fruta era úa lambuada prá sociedá rural d’antano, unde el dulce nun era cousa de cadaldía como agora. Y, entre a fruta, os figos eran ben apreciaos, porque ademáis el anada ta pouco tempo nel árbol. As figueiras (Ficus carica) prantábanse al pé das casas, guardadas del vento, pra que, chegada a maduración, os figos tuvesen a mao y lonxe d’amigos dos frutos ayíos.

Se penso unde nacín, en Mántaras (Tapia), vénme el olor dulzón dos figos estrapelaos alredor da figueira da mía casa, que se prantóu en 1930, condo os amos volveron d’América. A os sous 87 anos, el árbol podía ser máis grande, se nun fora porque meu padre, pra que nun asolombrara muito a casa, cortóuye úa das dúas canas grandes que tía. Pro tamén se me renembra a figueira de Ca Estebanín y el sol entrando pola ventá da cocía peneirao polas foyas del árbol, que medrara col agua que salía fora pol pipelo del auguadeiro. Tamén me vexo enredando con outros nenos buscando gorrióis na figueira de Ca el Bourio. Al cabo, é un árbol sempre presente na casa, como el cabanón, a corrada ou a cortía. Veu ás nosas terras hai muito tempo: vén prantándose dende antigo y pinta que chegóu da zona mediterránea dende el sur da península ibérica.

A xente sempre fala de figos de San Xuan y figos de San Miguel, porque hai exemplares de figueira que son bíferos, querse dicir, que dan dúas anadas: úa al empezar el brao y outra al acabar este y empezar el outono. A primeira anada son frutos que saliron das flores femininas del árbol y que quedaron sin madurecer nel outono anterior. El que fain é madurecer cua primeira calor da primavera del outro ano. Son as brevas, moradas por fora, máis grandes y alargadas y menos dulces qu’os figos. A palabra breva vén del latín bífera ‘que dá dúas anadas’ (> bebra > breva). Tamén breva pode referirse a un tipo de cigarro puro grande y nel vocabulario da Veiga recóyese a espresión tar feito unha boa breva, querse dicir, ser un elemento de cuidao. Al árbol chámanye en galego-asturiano breveira, anque sía a mesma especie.

Tamén son Ficus carica os exemplares ventureiros que botan ademáis flores masculinas, normalmente árboles bravos que nacen nel monte, entre as penas, como as cabras. Son os que se conocen en casteyano como cabrahigos y en asturiano como cabrafigales (d’ei vén el topónimo Cabrafigal, lugar da parroquia naviega de Vil.lapedre).

En conto a os nomes de Ficus carica en galego-asturiano, son el resultao da evolución romance del nome latín del árbol (ficus) máis el sufixo típico pra os frutales: dependendo da zona, ben el sufixo galegoportugués (-eira), ben el asturlionés (-al). Recóyese a palabra figueira nos vocabularios da Veiga, Mántaras, A Roda, El Franco, Bual y Eilao. Nel de Ponticella (Villayón), figal, mentres que máis al sur, nel vocabulario de Monón y Castaedo (Ayande), recóyense as dúas formas. En Ibias dixéronme figal en Castaosa y Mourentán (nas parroquias de Sena y Seroiro, respectivamente) y figueira en Marentes. En Andés (Navia) dicen figueira, pro máis al leste, en Tox, na parroquia naviega de Vil.lapedre, dicen figal, según recoye el vocabulario publicao d’este lugar.

Figos maduros a primeiros d’outubre, al pé d’outros sin madurecer. Mántaras (Tapia) (7/10/2016).

Anque con estos datos xa se pode osmar el reparto territorial qu’hai entre os dous resultaos, podemos afinalo muito máis cua información que nos deu el ETLÉN (Estudio da transición lingüística da zona Eo-Navia), unde precisamente perguntábamos pola palabra. En continuidá con todo el territorio galego-portugués, recoyéuse figueira nos puntos d’encuestación de Vivedro, San Xuyán, Mántaras, El Valín, Zreixido, O Chao, A Garda, Bustapena, El Pato, Os Niseiros, Armal, Navedo, Pezós, Labiaróu, Teixeira, Castro y Valdeferreiros. Y recoyéuse figal nel Monte, Poxos, Corondeño, San Salvador, Vilamayor y Fandovila, en continuidá territorial cuas formas asturianas figal y figar. Polo tanto, xa sabemos qu’a fronteira entre os resultaos galegoportugueses y asturlioneses ta nel Navia-Eo: baxa en dirección norte-sur deixando prá veira oriental parte del conceyo de Navia y vai desviándose axeitín en sentido suroeste, quedando na zona de figal os conceyos de Villayón, cuase todo Ayande (na parte noroccidental pinta que convive con figueira) y cuase todo Ibias, cua escepción da parroquia dos Coutos y a parte que pega con Grandas por Marentes, que xa cain na zona del resultao figueira. Ese territorio de resultaos asturlioneses sigue contra el sur pol Bierzo (Lión) y Seabra (Zamora), y hasta entra en Galicia nel estremo sureste da provincia de Lugo y nel máis oriental d’Ourense.

Figueiras y figos deixaron dalgúa marca na fraseoloxía en galego-asturiano. Ún dos ditos populares, que, el demáis, é común cuas linguas vecías, é el que diz ¿Amigos? Pol tempo dos figos, usao pra dar a entender qu’el interés é a causa d’esa amistá y que dura tanto como el anada nel árbol. Al cabo, vén ser úa proba del apreciaos qu’eran os frutos. Acevedo y Fernández recoyen un ditame muito máis completo: Nel tempo dos figos somos amigos; en acabándose os figos, adiós amigos. Outro dito é el de Figos na figueira, farros na ribeira (en Mántaras tamén me dixeron a variante farros na farreira), que fala del tempo miyor pra pescar ese pexe (Symphodus melox).

Ben sei que por comparanza con un figo pequeno hai en galego-asturiano outras palabras cua mesma reiz: figueira ou figa é úa verruga nel teto ou nel ventre d’un res. Pra quitalas, antano atábanse con úa serda ben preta hasta que secaban y cayían. Tamén se ye chama figa (ou cigua) al amuleto d’acebache cua forma d’un puño.

Sitos unde ten habido muitos exemplares del noso árbol poderon dar pé a topónimos. Na nosa zona el exemplo máis conocido é el lugar pixoto d’As Figueiras, del que nacéu el xentilicio figueirolo. Pro hai máis lugares eonaviegos, como A Figueira (Cuaña), A Figueiría (Ayande) y, con outro sufixo diminutivo, A Figueirola (El Franco), equivalente al Figueiroa galego. Col nome del fruto, ta a famosa na contornada A Fonte del Figo, nel ribeiro del mesmo nome en Salave (Tapia).