Arquivo por etiquetas: esquibo

Esquilo (Sciurus vulgaris)

Un esquilo nel parque d’Isabel a Católica, núa postura mui característica d’elos. Xixón (7/10/2021).

De rapacín sempre yes chamaba ardillas. Así era como nos referíamos a elas condo nel brao íbamos a os pinales de Mirayos, en Mántaras, cua escopeta de perdigóis. Ben deitaron os probes animalíos da nosa falta de punteiría. Conformábamonos con atopar, como indios das películas, os señales da súa presencia: as piñas rañadas meticulosamente hasta deixaryes namáis el carozo. Foi máis adelantre, de mozo, al empezar a interesarme pol vocabulario del galego-asturiano y a perguntar en sitos da montaña, condo me deron un nome autóctono: esquilo. Tía ben cerca el lugar del Esquilo, al pé da Ría del Eo, pro a min, condo sentía ese nome, sempre se me renembraba a esquila del mar y nunca pensara nel roedor como esplicación pral topónimo castripoleño. Tamén col esquilo ten que ver el lugar taramundés dos Esquíos, anque neste caso cua perda del -l- intervocálico propia del galego. Pro en todo eso reparéi muito despóis.

El esquilo (Sciurus vulgaris) é habitante habitual dos montes de coníferas, anque se ven tamén en soutos de castañeiros y d’outras especies caducifolias. Na marina estremooccidental d’Asturias foi desaparecendo axina el monte autóctono, sustituído polos pinales (y últimamente polos ocalitales), así que nelos pódese reparar ben na presencia dos esquilos al atopar nel tarrén as piñas rañadas. Perguntando pola denominación d’este animal en San Xuyán (El Franco), pasóume un caso mui chocante que ten que ver col sou hábitat. A resposta que me deron, anque se basaba núa crencia que nun tía fundamento na realidá, levaba úa carga simbólica interesante y que me pintóu mui poética. Nun libro da Xunta Xeneral editao pra festexar a Semana das Letras Asturianas del 2010, cuntéi el anécdota. Foi nun microrrelato que tituléi «Sciuridae», a familia de roedores unde se clasifican os esquilos:

«Miréi se quedaban pilas á grabadora y perguntéiye a Milia el última palabra, úa que nas terras da marina sempre me dicían en casteyano.

—Cómo ye chaman aquí a us animales qu’andan saltando entre os pinos, que son roxos, del rabo llargo…

—Ai, esas son as ardillas —dixo ella segura. Taba avezao ás decepcióis léxicas, así que seguín intentándolo.

—¿Y nunca sentíu outro xeito de chamaryes? ¿Esquil… os?

—Ai, si, esquilos. Pro… esos nun ch’andan entre os pinos. Esos andan entre os castañeiros. Y tein el rabo así un pouco diferente y el llombo máis apegarao…

Díxolo Milia de San Xuyán y eu créoyo. A mía llingua sigue viva entre os castañeiros».

Outro esquilo dos muitos que se poden ver nel parque xixonés.

Quizabes porque na marina a palabra ta mui perdida y precisamente son d’esa parte os máis dos estudios lexicográficos, nun hai muitos datos publicaos sobre a denominación en galego-asturiano de Sciurus vulgaris: recoyen esquilo os vocabularios de Ponticella (Villayón) y de Castaedo y Monón (Ayande), mentres que, según datos de Manuel Menéndez y Rodríguez-Castellano, en Ibias dicen esquibo. En conto á información inédita qu’eu fun xuntando, dixéronme esquilo en Sanzo (Pezós), Cachafol y Navedo (Eilao), Vilarín (Castripol) y San Xuyán (El Franco). Col resultao velar sonorizao en –g-, esguilo, dixéronmo en Tormaleo (Ibias), mentres qu’as demáis variantes que rexistréi presentan a perda del -l- intervocálico, ás veces cua introducción posterior d’un -b- antihiático. Apuntéi esquío na Ovellariza y Cimadevila (Vilanova d’Ozcos), Teixeira (Samartín d’Ozcos) y en Castro y Penafonte (Grandas), mentres qu’esquibo dixéronmo en Ibias, nos llugares de Santolín, Mourentán y Carbueiro. Hai que reparar en qu’en conceyos como nos Ozcos ou Grandas, na fala actual manténse el -l- cuase dafeito (molín, mola, calente, xelar, ladrales…), anque hai palabras unde s’amostra a perda, como en pao (palo) ou fío (filo).

Os vocabularios galegos recoyen as formas esquilo, esquío y esquibo, anque namáis atopéi referencias xeográficas das últimas dúas variantes, precisamente da zona apegada a Asturias, en Burón y Suarna. Rexístranse tamén resultaos sonorizaos na reiz, como esguiro y esguiriño, ademáis d’arda y ardela, formas éstas últimas que nun incluyen os diccionarios normativos actuales y qu’enlazarían col resultao estándar casteyano. Y é qu’ardilla é un diminutivo d’úa forma harda, d’orixe prerromana, qu’einda se diz, ás veces con aspiración inicial: jarda (y con equivalentes en valenciano, farda y fardeta). Con outros diminutivos, inda hoi ye chaman ardica en muitos sitos da península, y ardita en Latinoamérica. En conto a Portugal, danse tanto as formas con -l- como sin él, anque a denominación estándar é esquilo. En asturiano chámanye esquil y esquilu, y tamén se dan resultaos sonorizaos: esguil y esguilu.

García Arias, al estudiar as formas asturianas, remítelas, dende el grego, al latín sciurus, a partir d’úa forma con metátesis *squirus. Por causa da facilidá propia del noso roedor pra gabiar polos árboles, del sou nome asturiano nacería el verbo esguilar ‘engarabitar, engatar’ y d’ei, por estensión, crearíase el acepción de ‘esbarar, esnidiar’. Ésta ta recoyida tamén en galego-asturiano, nel vocabulario de Monón y Castaedo (Esguilóu pola xelada y menuda culada que llevóu), anque al animal alí chámanye con -qu-: esquilo.

Hai máis linguas unde a partir da mesma reiz se conservan formas con resultao velar oclusivo xordo -k-: dende el francés écureuil ou el inglés squirrel hasta el aragonés esquiruelo, pro de seguro qu’úa ben conocida nel ámbito hispánico é a forma del catalán: esquirol. Todas vein d’úa denominación vulgar latina con diminutivo, scuriolus. A palabra esquirol empezóu a usarse en Cataluña nel s. XIX, nel contexto das folgas nas fábricas, pra chamar a os que rompían el paro y iban trabayar. Se nos puxéramos en plan etimolóxico, hoi sería como chamaryes esquilíos.