Arquivo por etiquetas: espadana

Espadana (Iris pseudacorus, Xiphion latifolium, Typha spp.)

Flor d’espadana da especie Iris pseudacorus. Mántaras (Tapia) (6/5/2017).

En dalgúas fotos veyas da festa del Corpus, anque sían en branco y mouro, estrémanse ben nel tarrén as espadanas. Ese era el xeito tradicional d’estrar as cayes ou camíos pral paso da procesión, ademáis de semalos tamén con ramías de cioyo y foyas de flores. Era un adorno ben máis xinxelo qu’as alfombras primorosas que s’amañan na actualidá en Castripol con materiales del máis variao, incluíndo macarróis, borra de café y concos de calitro.

Pola súa feitura y dureza, as espadanas son mui al xeito pra cubrir el tarrén, pro pode qu’houbera dalgún significao metafórico detrás d’ese uso da pranta nel ritual. José García, nel sou El habla del Franco, recorda el asomeñanza da foya da espadana con úa espada y señala que pode tar queréndose representar un xesto de pleitesía del poder humano, pisao pol paso del corpo de Cristo. Así y todo, nestas cousas sempre hai tradicióis precristianas que se perden na noite dos tempos, por usar a espresión mansuñada. Ei ta se non el uso das espadanas pra estrar as fontes na noite de San Xuan, como me cuntaba Emilia Fernández en San Xuyán (El Franco).

Os sitos unde se dan as espadanas son os espadanales, anque un topónimo de Lloza (Cuaña) como Espanadedo pode tar falándonos d’outro xeito máis veyo de chamaryes, se pensamos qu’ese sufixo –edo ten que ser un abondativo y que polo tanto a palabra sufríu úa metátesis (un cambeo de sito das consonantes): espadan- + edo > espadanedo > espanadedo.

Espadanal en flor delantre de Ca el Marineiro, al pé del Río de San Antonio, en Mántaras (Tapia) (2/5/2016).

A primeira dificultá qu’atopamos al falar da espadana é identificar qué pranta designa en galego-asturiano. Y é qu’hai máis d’úa especie con ese tipo de foya, y hasta de xéneros distintos, el que favorece que las conózamos a todas cua mesma denominación. Xa se ten falao de que muitas especies nun tein un nome popular y tamén, como é este caso, de que ben veces úa, dúas ou máis especies reciben da xente el mesmo nome. El da espadana é un exemplo evidente qu’ademáis tamén pasa noutras linguas vecías. Aparte, a cousa complícase porque os nosos vocabularios nun dan datos claros.

A especie máis común das qu’entran en xogo é Iris pseudacorus, pranta que se dá en sitos moyaos y que bota nel pico da pranta úas flores grandes y marelas impresionantes pola súa complexidá. Da mesma feitura, anque das flores azules, é Xiphion latifolium, que se pode atopar en pradeirías nel monte y que s’usa tamén en xardíos. Tanto a das flores marelas como a das flores azules son da familia das Iridaceae; hai máis especies d’esta familia que se poden atopar pol estremo occidental asturiano y que seguramente reciban ese mesmo nome popular, como Iris foetidissima, que ten úas flores azul claro sobre un fondo amarelao.

Peteiro de Xiphion latifolium nun prao subindo pral Colláu Pando, en Morcín (15/6/2013).

Outras tamén chamadas espadanas son as especies del xénero Typha que se dan na nosa zona: Typha latifolia y T. domingensis. Nun son tan abondantes como Iris pseudacorus, anque tamén son prantas características de sitos anagaos, por exemplo, nas veiras de lagúas ou ríos unde remansa el augua. Botan úa vara que s’usa pra fer cuetes y que noutras zonas recoyen pra texer con elas asentos pra siyas, alfombras y cestas. É un xénero bon de reconocer porque por entre as foyas da pranta destacan as inflorescencias na parte d’enriba das varas, como se foran puros, y qu’é unde tán as flores femininas. Xa na punta da vara, y máis dalgada, ta a inflorescencia masculina.

Estas identificacióis qu’acabo de describir sácanse dos datos das publicacióis que recoyen vocabulario del galego-asturiano, pro, como se dixo, nun son mui definitivos porque os máis d’elos botan mao da definición en casteyano ‘espadaña’, que nel Diccionario da Real Academia Española ta referido namáis al xénero Typha. Efectivamente, en casteyano esas prantas chámanse espadañas, pro tamén tein outros nomes populares como enea, bohordo ou incluso fusos ou puros, por causa da feitura da inflorescencia. A especie Iris pseudacorus, ademáis de lirio amarillo, qu’é el nome máis común en casteyano, tamén recibe nomes como lirio espadañal ou espadaña fina.

Acevedo y Fernández son os primeiros en recoyer nel sou vocabulario de 1932 a palabra espadana y aparte rexistran el acepción referida al remate del cabeceiro da igresia unde se poin as campás. Tamén nel libro sobre a fala del Franco identifícase a palabra col xénero Typha. Nel vocabulario da Roda pintan referirse, ademáis d’a éste xénero, á especie Iris pseudacorus (‘lirio’, poin como segunda acepción), qu’é a identificación que recoyín nel vocabulario de Mántaras. Nel da Veiga namáis se define a palabra como ‘espadaña’. Recoyín datos d’espadana, como a pranta das flores marelas, en Serantes (Tapia); Valdepares, San Xuyán y Villar (El Franco); nel Valín, As Campas y Vilarín (Castripol); y en Vilarín, na parroquia ibiana de Taladriz.

Espadanal da familia Typha en Penarronda, na fronteira entre os conceyos de Tapia y Castripol (3/8/2016).

A orixe da palabra ta nel latín spatha ‘pala del texedor’, ‘espátula’, ‘espada’, reiz á que se ye amecéu un sufixo –anna qu’evolucionóu a -n- en galego-portugués y na zona máis occidental del asturlionés, y a -ñ- (espadaña) nel resto del asturlionés y nel casteyano. Pro, como imos ver, a palabra sufríu outra evolución posterior a espadaina, cruzándose con ese sufixo despectivo tan chamadeiro que se dá noutras palabras en galego-asturiano como pedricanzaina, conainas, morondaina, pumpurruyainas, tarambaina… y que tamén chegóu á palabra rondaina ‘roldana’. Os datos que temos nel estremo occidental asturiano da variante espadaina son del metá oriental. Dixéronme espadaina nel Chao das Trabas y Llobredo (El Franco), Lloza (Cuaña), Andés (Navia) y Cachafol (Eilao), referido a Iris pseudacorus, pro tamén me deron a mesma palabra en Salcedo (Navia) pra chamar ademáis al xénero Typha. Recoyen a forma os vocabularios de Bual (que pinta referirse ás dúas prantas) y de Monón y Castaedo, máis al sur, na serra d’Ayande, anque pol color da flor que dá na definición debe ser Xiphion latifolium. Esta forma espadaina sigue máis al oriente, na fronteira xa col asturiano occidental, como se recoye nos vocabularios naviegos de Tox y de Santa Marina y Vigu.

En galego chaman espadana ou espadaina a Iris pseudacorus (tamén lirio amarelo, espadana amarela, xavana…) y a outras prantas da familia Iridaceae, como Iris foetidissima, pro tamén ás especies del xénero Typha (con outros nomes como palla real, palla pipa, tufa, bufo, anea…). Tamén a palabra designa en galego úa peza del telar y úa peza del molín, seguramente pola súa feitura estrapelada y alargada. En asturiano, chaman espadaña (espadaina y espadana na parte occidental y centrosureña) a os dous xéneros, anque hai nomes máis concretos según a especie. Fueya ou yerba’l bregón é a especie Iris foetidissima porque a pranta usábase pra sanar úa enfermedá del gao chamada asina en asturiano (ben sei qu’é a malura nel remoyo das vacas que se chama recayo en galego-asturiano). Úa flor tan espectacular como a de Xiphion latifolium recibe el nome de coyón de llobu. Tamén ta recoyido en asturiano pra chamar á espadana el nome d’espadón.

Advertisements